images artigos angola mapa

Angola 2012: MPLA mantén a hexemonía

Angola é unha fermosa terra cun potencial natural de desproporcionadas dimensións, aínda que isto na altura non se traduza nunha mellora das condicións de vida dos seus moradores, debido, en parte, ao seu convulso pasado e ao seu inestábel presente.

Apartados xeográficos Oriente Medio
Idiomas Galego

Angola é unha fermosa terra cun potencial natural de desproporcionadas dimensións, aínda que isto na altura non se traduza nunha mellora das condicións de vida dos seus moradores, debido, en parte, ao seu convulso pasado e ao seu inestábel presente.

Arestora, a república angolana atópase, ao igual que tódolos países que encaran un pasado de enfrontamento bélico ou a queda dunha ditadura, nunha etapa de transición marcada por catro trazos propios: a súa herdanza colonial, a súa inxente posesión de recursos naturais estratéxicos, a súa época pos-colonial virada cara o socialismo, e unha cruenta guerra civil que se alongou no tempo durante 27 anos.

Isto non impide que, unha vez superadas as súas disensións internas, a República de Angola comece a saír da súa endémica inestabilidade e a poñer en marcha un tímido proceso de normalización e consolidación democrática.

Neste ano 2012, mais concretamente, á altura do 31 de agosto, leváronse a cabo as terceiras eleccións da historia do país desde a ratificación do proceso de paz, as primeiras de carácter xeral (1) , favorecidas pola boa conxuntura económica pola que atravesa a nación e pola ausencia total de enfrontamentos armados.

De partida, xa se respiraba no ambiente que o MPLA (Movemento Popular de Libertação de Angola), partido que leva gobernando a vida dos angolanos desde que atinxiu a  independencia de Portugal, recuncaría, mais unha vez, no poder.

Á vista dos resultados electorais que a súa coalición obtivera fai catro anos (en setembro do 2008), antollábase complicado, salvo hecatombe, que a situación política do país mudara un ápice. (2)

Así pois, os prognósticos non se trabucarían e de novo, aínda que sufrindo un retroceso de até un 10% nos seus apoios, a plataforma electoral do MPLA imporíase sen maiores contratempos.

Desta forma, o seu incombustíbel candidato á presidencia, José Eduardo dos Santos (coñecido popularmente como Zédu), gozará de outros 5 anos máis no poder. Alén disto, este persoeiro é xa, de longo, o líder de África que leva máis anos continuados no cargo de Xefe do Estado (desde 1979), mérito só superado nun mes escaso polo presidente da Guinea Ecuatorial, Teodoro Obiang.

Será difícil no corto prazo arrebatarlle esta condición  posto que coa última reformulación da Carta Magna do país no 2010, adoptouse un sistema político presidencialista-parlamentario, onde o presidente de maneira indirecta, sae automaticamente elixido da opción política máis votada nos comicios e sobre el recae todo o peso do poder executivo, apoiándose, para esta tarefa, nos ministros de estado das casas civil e militar. Así mesmo, sobre a súa figura tamén descansa a designación dos gobernadores provinciais e dos administradores municipais.

Pola súa banda, o poder lexislativo exérceo a Assembleia Nacional, un Parlamento unicameral cuns membros que son elixidos por un período de 5 anos mediante sufraxio universal, libre e directo.

Esta Assembleia, á súa vez componse de 220 deputados, que son designados a través de 18 circunscricións electorais provinciais e unha única nacional, para levar a cabo un exercicio de controlo e supervisión do poder executivo (3). Desta maneira, o 31 de agosto, os resultados que atinxirían as nove coalicións políticas presentadas (moitas delas invalidadas pola restritiva Lei de Partidos Políticos que rexe ao país) (4) ás eleccións serían (5):

Censo

9.757.671

 

Censo escrutado

9.757.671

100%

Mesas

25.359

 

Mesas escrutadas

25.359

100%

Total de votos

6.124.669

 62,86%

Votos brancos

212.023

3,46%

Votos nulos

156.642

2,56%

Votos válidos

5.756.004

93,98%

 

 

Deputados a elixir: 220 (130 polo círculo nacional e 90 polos círculos provinciais, 5 en cada unha)

Partido / Coligação

Número de Votos

% Votos

Deputados (220)

Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA)

4.135.503

71,84%

175

União Nacional para a Independência Total de Angola (UNITA)

1.074.565

18,66%

32

Convergência Ampla de Salvação de Angola - Coligação Eleitoral (CASA-CE)

345.589

6,00%

8

Partido Renovador Social (PRS)

98.233

1,70%

3

Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA)

65.163

1,13%

2

Nova Democracia União Eleitoral (ND)

13.337

0.23%

-

Partido Popular para o Desenvolvimento (PAPOD)

8.710

0.15%

-

Frente Unida para a Mudança de Angola (FUMA)

8.260

0.14%

-

Conselho Político da Oposição (CPO)

6.644

0.11%

-

 

Comparando os resultados do 2008 e os de 2012, fica patente que o MPLA, a pesares de perder apoios (arredor de 400.000 votos e 16 escanos), segue a manter unha hexemonía incontestábel sobre a vida política do país.

Por outra banda, a oposición, devagariño, vaise consolidando na escena política e neste proceso electoral incrementa o seu número de deputados, de 29 a 45, así como a UNITA case redobrou o seu número de votos atinxindo xa, máis de un millón de apoios. E iso a pesares de que a agrupación CASA-CE, escisión súa, conseguise arrebatarlle un 6% de votos e 8 deputados.

Outro dato a ter en conta é a forte abstención, cunha taxa de incidencia que pasou desde un case irrelevante 12,5% até máis dun 40% se asumímolos votos brancos / nulos como unha forma de desentenderse dos comicios por parte do cidadán. Disto despréndese unha profunda desafección do pobo cara a súa dirixencia política, totalmente comprensible logo de case 4 décadas de imobilismo.

Por iso mesmo, o goberno do MPLA deberá poñer moita atención. Antes das novas eleccións xerais do 2017 ten que facerlle fronte a unhas eleccións municipais nas que o seu poder podería comezar a debilitarse. A oposición en lugares como Cabinda, Luanbo, Bié ou no distrito da capital Luanda, atinxiu até un 40% dos apoios.

Como consecuencia destes resultados, a oposición (UNITA, PRS e CASA-CE), como ven sendo habitual, non escatimaron esforzos en denunciar un suposto fraude electoral (entre outras cousas alegouse que preto do 35 por cento dos máis de 9,5 millóns de electores foran impedidos de votar, a través do que cualificaron como "manipulação fraudulenta" dos cadernos electorais), que non foi atendido nin pola CNE angolana nin polos observadores internacionais (entre os que estaban a UA e a CPLP) e mesmo o Fórum Parlamentar da SADC (Comunidade de Desenvolvemento da África Austral). Esta, a través dun comunicado público, considerou que se desenvolveran nun clima dominado pola tolerancia e o civismo e ata que o goberno fixera tódolos esforzos posíbeis por achegalas votacións até os lugares máis recónditos do país, polo que avalou o escrutinio: “as eleições gerais de 31 de Agosto em Angola representaram na generalidade um reflexo credível da vontade e desejo do povo angolano tendo sido por conseguinte livres e justas” (6).

En todo caso, pese ás dúbidas que elección após elección véñense suscitando, non se pode negar que o goberno de dos Santos ten ampliado, nos últimos tempos, a transparencia e liberdade dos procesos electorais, aínda que intúese que os seus meirandes apoios seguen obedecendo á continua presenza dentro do imaxinario social  dun profundo temor e desconfianza a que os tambores de guerra volvan a soar no interior do país e a perder certos privilexios obtidos  a través de toda a rede clientelar que leva tecido ao longo do tempo o MPLA mediante o controlo do poder financeiro e dos mass media. Ante isto, ou ante un panorama incerto, marcado ademais fortemente pola fragmentación e irresponsabilidade dunha oposición que máis semella obedecer a intereses tribais que ao desenvolvemento do país, a cidadanía finalmente remata acreditando pola paz e a estabilidade, que polo menos é algo que o MPLA leva subministrado, de mellor ou peor forma, durante o seu mandato.

De agora en diante, Dos Santos deberá pular por unha profunda reforma política, social e económica de Angola. A todas luces, a corrupción e a inequidade social, así como a puxante carestía da vida, están a abafar ao país internamente e a acrecentar profundas fendas sociais que poden dar lugar a novos conflitos de cariz violento.

Desde 2010, un número cada vez meirande de cidadáns vense botando á rúa en contra da súa xestión e demandando outra forma de facer política, maior redistribución da riqueza, participación política e verdadeiras reformas que configuren un Estado Social e Democrático de Dereito, do que se desprende que quizais a reforma política que estabeleceu que a figura do presidente sexa elixida de xeito indirecto, obedeza a unha estratexia por parte de Zédu orientada a protexela súa figura política.

O que ben se pode extraer destes comicios é que o motor da independencia, o MPLA, segue a selo referente político para o pobo soberano, enténdese como o movemento popular encargado de darlle vigor ao país e de consolidalo no plano internacional, aínda que o feito de que perda apoios cando controla ao seu antollo os medios de propaganda e as riquezas do país, é algo a ter en conta.

Agora ben, podemos dicir o mesmo da figura de José Eduardo dos Santos, consideralo como un “heroe” nacional como o finado Agostinho Neto, ou non é máis que un magnate que busca incrementalo seu patrimonio a conta da riqueza petrolífera do país?

Tendo en conta que o seu vice-presidente e número dous, así como previsible sucesor no cargo, é o ex número un do Conselho de Administração da SONANGOL (Sociedade Nacional de Combustíveis de Angola), Manuel Domingos Vicente, cunha carreira política meteórica, aterrando en xaneiro do 2012 na dirección do Ministério de Estado e da Coordenação Económica e só pouco máis de medio ano despois ascendeu á vice-presidencia, as cousas semellan ficar bastante claras. (Sen deixar de lado a figura da súa primoxénita Isabel dos Santos, de quen temos unha detallada caracterización no artigo do diario español El País que reproduzo (7).

En calquera caso, os tempos  ben parece que están a mudar. Angola arestora é unha verdadeira potencia económica emerxente, o que se está a traducir na aparición dunha poderosa clase media que, de xeito lóxico, ao incrementalo seu poder adquisitivo reclamará maiores garantías sociais, o que da lugar a que ou o MPLA aposta de xeito claro pola normalización e democratización do país ou pode ver como a pobreza e a necesidade social condénano ao ostracismo.

 

 


(1)  No ano 1992 leváranse a cabo simultaneamente eleccións lexislativas e presidenciais, onde o candidato da MPLA, dos Santos ficou a menos do 1% de obtela maioría absoluta, mas a UNITA non recoñeceu o resultado e reiniciou as hostilidades. Os comicios de 2008 foron de carácter lexislativo e neles novamente o MPLA arrasou, polo que introduciu unha reforma constitucional na que estabelecía que, en diante, aparcaríanse definitivamente os comicios presidenciais e que o candidato que ocupa o primeiro lugar na lista da coalición máis votada no proceso eleitoral automaticamente converteríase no Presidente da República, mandado que só poderá exercer dúas lexislaturas seguidas (o que non atemoriza a dos Santos, xa que lle garante poder seguir gobernando, se quere, até o ano 2022). Así mesmo, o seu número dous da lista tamén de maneira inmediata pasaba a exercela función de Vice-Presidente.

(2)  Preséntase táboa resume dos resultados globais das eleccións lexislativas dos días 5 e 6 de setembro do ano 2008 (http://africanelections.tripod.com/ao.html/)

Votantes Censados

4,828,468

Total de Votos

4,410,575 (91.3%)

Votos en Branco

458,310

Total Votos Válidos

3,952,265

 

Partido (Coalición)

% de Votos

Número de Escanos (220)

Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA)

81.64%

191

União Nacional para a Independência Total de Angola (UNITA)

10.39%

16

Partido Renovador Social (PRS)

3.17%

8

Nova Democracia União Eleitoral (ND)

1.20%

3

Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA)

1.11%

2

Partido Democrático para Progreso - Aliança Nacional Angolano (PDP-ANA)

0.51%

-

Partido Liberal Democrático (PLD)

0.33%

-

  Angola Democrática-Coligação (AD-Coligação)

0.29%

-

Partido de Apoio Democrático e Progresso de Angola (PADEPA)

0.27%

-

Frente para a Democracia (FpD)

0.26%

-

Partido da Aliança da Juventude, Operários e Campesinos de Angola (PAJOCA)

0.24%

-

Partido Renovador Democrático (PRD)

0.22%

-

Plataforma Política Eleitoral (PPE)

0.19%

-

Fórum Fraternal Angolano Coligação (FOFAC)

0.17%

-

 

(3)  No sistema electoral angolano, os deputados son elixidos por círculos electorais, existindo un círculo electoral nacional e círculos electorais provinciais, que se corresponden con cada unha das 18 provincias do país. Para a elección séguense os seguintes criterios:

  1. Elíxese un número de 130 deputados a nivel nacional, considerándose ao país coma un círculo electoral nacional único;
  2. Elíxese un número de 5 deputados en cada provincia do país, considerándose, neste caso, un círculo electoral provincial. Como Angola posúe 18 provincias, o número total de deputados designados a través desta fórmula é de 90 elixidos (18x5=90);

Á súa vez os 18 distritos provinciais son:

images artigos angola mapa

 

(4) Entre outras cousas, esta lei pune aos partidos políticos que non teñan obtido como mínimo un 0,5% dos votos nas eleccións. A través do seu artigo 33 establécese que un partido será automaticamente eliminado do rexistro se non atinxe esa porcentaxe de votos, e, polo tanto, será obrigado a refundarse baixo unhas novas siglas. Pola súa banda, o mesmo artigo tamén ditamina o mesmo destino para todas aquelas formacións políticas que non participen na contenda electoral durante dous comicios consecutivos, xa sexa en solitario ou coaligados, con programa electoral e candidato gobernamental propios. Algúns interpretan isto como un acto de boicots a calquera tipo de oposición política ao réxime instituído.

(5) Datos oficiais tirados da web da Comissão Nacional Eleitoral de Angola:(http://www.eleicoes2012.cne.ao/paginas/paginas/dat99/DLG999999.htm)

(6) ( http://www.cne.ao/noticias.cfm?id=495 )

(7)  Extracto titulado `` Una mujer muy poderosa ´´ tirado da reportaxe sobre economía global do xornal español El País, `` Angola, de compras en Portugal´´ publicado o 20 de febrero do 2011 na edición impresa do devandito xornal:  (http://elpais.com/diario/2011/02/20/negocio/1298209942_850215.html#despiece1)

Una mujer muy poderosa

Detrás de una gran parte de las inversiones angoleñas hay una mujer cuyo apellido es más conocido que su rostro. Todo el mundo sabe que Isabel dos Santos, de 37 años, formada en ingeniería en Londres, es la primogénita del presidente José Eduardo dos Santos, en el poder desde 1979, pero pocos podrían identificarla en una fotografía. La discreción es norma de conducta de esta prominente empresaria, cuyos tentáculos llegan a los más diversos ámbitos y países. Isabel dos Santos es cliente, por ejemplo, del satélite Eutelsat, que ha permitido la puesta en marcha del primer canal de televisión de pago en Angola, que la hija del presidente tiene en sociedad con Zon.

Sus inversiones están presentes en sectores tan diversos como las telecomunicaciones, la banca, la industria y la energía. Junto a la petrolera estatal Sonangol, es la mayor inversora en Portugal. La consultora AT Kearney valoró los activos de ambos en el 3% del PSI 20, el índice de la Bolsa portuguesa, equivalente a 1.813 millones de euros. La empresaria forma parte de la reducida élite, vinculada al partido en el poder, que domina el sector privado angoleño, según la OCDE.

Reacia a conceder entrevistas, una de las pocas declaraciones que quedó reflejada en un medio de comunicación es del año 2007. Isabel dos Santos se querelló por difamación contra la revista Sábado por un reportaje que relataba su ascenso en el mundo de los negocios y describía su boda "fastuosa" y su vida "bohemia". Para reivindicar su independencia, la hija del presidente escribió: "No represento a ningún interés y no represento a nadie, sino a mí misma. Hace más de 10 años elegí una carrera distinta e independiente de mi familia". -