Anovar coa diáspora

A relación da Galicia territorial coa diáspora reclama novos enfoques. As comunidades galegas no exterior organizadas arredor dos centros galegos encaran non só o reto do relevo xeracional senón tamén a renovación da súa propia misión. Concibidos como expresión da preservación da identidade e do fomento da solidariedade, o certo é que a súa problemática é moi diversa pero seguen constituíndo un referente da nosa marca-país. Os centros galegos, a relación coa Galicia territorial e a aprehensión da nova realidade global, precisan un salto cualitativo que os asocie máis coa nosa creatividade a todos os niveis e a proxección do país no mundo. É por iso que sen minguar nas súas funcións tradicionais, os centros galegos deben abrirse ás sociedades de acollida e converterse en centros onde se poida Vivir Galicia no exterior, é dicir, en espazos onde se dea conta desa nova realidade que é Galicia e desa outra propia Galicia que no exterior vive á marxe dos propios centros por consideralos anquilosados. Cómpre por iso especialmente sumar a eles dous activos, o dos galegos relevantes que están fóra e as novas olas de profesionais que emigraron produto da crise. Que calquera cidadán, sen importar a súa nacionalidade de orixe, poida vivir Galicia achegándose aos centros.

Noutra orde, animado polo recente ditame do Parlamento europeo, o debate sobre o voto electrónico en vez do voto rogado é procedente. A caída da participación co voto rogado foi espectacular. No censo estatal, do 31,8 por cento de 2008 pasouse ao 6,3 por cento de 2016. O cambio de procedemento empeorou o problema. A cuestión das garantías pódese resolver mellor cunha aplicación informática axeitada. O Parlament en Cataluña ten en trámite unha lei que permitirá o voto electrónico aos cataláns residentes no exterior. Pero o debido aproveitamento do capital humano que representa a diáspora non debe limitarse ás formas do exercicio do dereito de sufraxio. Deberamos habilitar estruturas e mecanismos que permitiran optimizar eses recursos fuxindo das inercias que tanto caracterizan as políticas de Galicia neste asunto. Hai experiencias no mundo de países con diásporas importantes que merecen ser estudadas e deberamos seguir con interese e aplicación as súas innovacións. E achegar Galicia ás redes internacionais onde se procuran intercambios de experiencias.

Por outra banda, unha reforma legal debera abordar a cuestión da representación da diáspora. A diáspora pode elixir directamente os seus propios representantes ao Parlamento galego. Será esa a maneira efectiva de garantir non só a participación formal senón unha implicación mais activa e produtiva nos asuntos do país.