Distribuir contido

Acción exterior de Galicia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2334 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

07/05/2020
07/05/2020

O cambio climático é unha realidade. En pleno 2020 e tras décadas erradas no referente a conseguir unha proposta de éxito para mudar o patrón enerxético –e de consumo- no sistema económico dos principais países do mundo, a necesidade de facer transformacións profundas na nosa relación con entorno é unha demanda que vai mais aló do que voces illadas de grupos ecoloxistas, e comeza a posicionarse como un principio case transversal a calquera proposta realista de futuro.

05/05/2020
06/05/2020
Praza

Aínda que unha das primeiras medidas reactivas á propagación do Covid-19 foi o restablecemento das fronteiras, o certo é que o novo coronavirus pode saltalas con relativa facilidade. Como tamén o é que ningún país é quen, por si só, de liquidar a pandemia e que a solución pasa pola acción coordinada e multilateral mal que lle pese a quen tenta deslexitimar o papel da OMS, con todas as limitacións e servidumes que teña. Iso non quita que ata un país pequeno poida achegar expertise de alto valor para a comunidade internacional. Está sendo o caso de Taiwán, dunha extensión semellante a Galicia, que leva apenas media ducia de falecidos e menos de 500 casos confirmados cun proceder que o sitúa na vangarda. Non é o noso caso.

23/03/2020
23/03/2020

Ao longo de todo o planeta os irmandamentos entre Concellos son a acción icónica da acción exterior do local. Apoiados pola Unión Europea como ferramenta de construción de cidadanía europea, en Galicia tamén teñen moita presenza entre o noso municipalismo, especialmente desde os anos 80.

14/02/2020
14/02/2020

O artigo saíu publicado no número 76 da Revista Luzes, antes da convocatoria electoral autonómica do 5 de abril, polo que a entrada do proxecto de Lei no Parlamento fica suspendido sine die.

Para o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) o reinicio do curso en Galicia tralas vacacións de nadal ten un valor engadido especial. Agárdase para finais do mes de xaneiro a tramitación no Parlamento do proxecto de Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia, que virá a converter en obsoleto tanto o actual Decreto 178/2015, de 26 de novembro, polo que se regula a acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia, como a máis vella Lei de Cooperación ao Desenvolvemento, de 2003.

03/02/2020
03/02/2020

 

O pasado 11 de outubro de 2019, nun acto organizado pola Academia Galega da Língua Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela “Juventude, Diáspora e Mobilidade Académica” a Directora Xeral da CPLP (Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa) anunciou diante das persoas asistentes, entre outras, a Presidenta do Consello da Cultura Galega, a Vicerreitora da USC e o Director Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, que España comunicara verbalmente a vontade de adherir á CPLP como observador asociado.

02/01/2020
02/01/2020

O luns 25 de novembro reuniuse o Consello de Acción Exterior (CAEX). Órgao da Xunta de Galicia para a coordinación da acción exterior galega, desde 2009, ano da súa creación. A xuntanza do 25 de novembro, a nº6 na súa historia, tiña como tema central a presentación do proxecto de Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento.

27/12/2019
27/12/2019
Catálogo Exposición "Un relato no Mundo"

Estamos afeitos a ser considerados do Norte. Ou do noroeste, para ser mais precisos. Pasamos a vida convivindo con ese cardinal peninsular, así que só nos pode ser familiar. Pero, cal é o norte de Galicia? Vivimos sen norte? Para Plácido Castro, un dos nosos universalistas mais prezados, a orientación cara as terras célticas precisamente do Norte debía ser unha parte esencial, a máis importante, do que puideramos chamar a nosa política exterior intelectual, a cabalo dun Atlántico entendido como un lazo que axunta e non como un abismo que arreda.

16/12/2019
16/12/2019

A cada vez mais mainstream Axenda 2030 está concibida como unha estratexia global para traballar conxuntamente e a través das 17 dimensións identificadas (os 17 ODS) no camiño do desenvolvemento sostible. Mais a pesar de ter esa ambición global, trátase, en esencia, dunha axenda ben centrada na actuación local, no nivel de descentralización mais baixo que poida emprender accións expresamente centradas en actuar sobre o día a día das persoas e o entorno que nos rodea.

27/11/2019
27/11/2019
Revista ECO

Tralas eleccións locais de maio deste 2019 e a constitución dos novos Concellos e Deputacións o pasado 10 de outubro constituiuse a nova Comisión Executiva do Fondo Galego. O mandato, que rematará no 2023, verá o primeiro cuarto de século da entidade, que por cativa no económico, non debera pasar inadvertida no seu balance de resultados en relación á coordinación da acción exterior galega.

11/11/2019
11/11/2019

O 1 de outubro deu inicio o proxecto do IGADI “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” grazas á convocatoria de proxectos da Consellería de Turismo e Cultura, “O Teu Xacobeo”, xunto á colaboración para a súa financiación dos Concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Pontevedra. A iniciativa ten coma obxectivo promover as relacións de Galicia con China no horizonte do s. XXI, desde o contacto e o diálogo entre o Camiño de Santiago e a Ruta da Seda como itinerarios para o encontro multicultural no mundo global.

04/09/2019
04/09/2019

As relacións de Galicia con América desde o s. XIX son fundamentais para entender á comunidade galega actual e a que pode ser no futuro. A propia relación intercontinental tecida desde o Atlántico nuclea a configuración da identidade internacional da Galicia de 2019 e do seu perfil internacional tan singular, da lingua ao Camiño de Santiago ou os mundos celtas. Nese núcleo global atópanse a diáspora, os centros galegos e a epopea dos asentamentos e os retornos das comunidades galegas.

19/08/2019
19/08/2019

É un lugar común e tradicional na bibliografía de Relacións Internacionais apelar á razón de Estado coma o motor para os grandes consensos internos en relación aos asuntos internacionais. A necesidade de ter unha posición común na sociedade internacional enténdese, desde a razón de Estado, coma o posicionamento mínimo, previsible e leal compartido polas grandes maiorías con representación parlamentaria, no obxectivo de reforzar a imaxe, as capacidades, a influencia e as oportunidades no ámbito internacional por parte de calquera Estado.

29/07/2019
29/07/2019

(Libro Homenaxe a Argimiro Rojo Salgado)

O galeguismo dos anos vinte e trinta do pasado século e mesmo o reagrupado despois da guerra civil foron profundamente europeístas, cada un cos seus matices. A declaración de principios do Partido Galeguista (PG) incluía a alusión á “Galicia, célula de universalidade” que tiña en Europa unha primeira concreción inapelable. Figuras destacadas deste movemento como Plácido Castro ou Lois Tobío compartían fondas arelas neste sentido. Tamén outras posteriores, na posguerra, como Ramón Piñeiro ou Ramón Lugrís.

24/06/2019
24/06/2019
Sermos Galiza

A exposición que estes días pódese visitar en Vilagarcía de Arousa a propósito da Irlanda de Plácido Castro brinda unha oportunidade excelente para considerar a forza do poderoso argumento irlandés no seu discurso e imaxinario intelectual.

22/06/2019
24/06/2019
Praza

“Un galego séntese aquí máis perto da súa Terra ca en moitas rexións que só distan de Galicia uns centros de quilómetros”. Así o cría Plácido Castro, quen con só 26 anos pisaba aquelas terras irlandesas na compaña do doutor Flower, a máxima eminencia en cuestións célticas do British Museum, achegándose con el até as míticas illas Blasket. Un e outro forman parte do catálogo de grandes viaxeiros ás citadas illas documentado por Gerald Hayes e que inclúe nas súas obras algunhas fotografías realizadas por Plácido que poden admirarse nunha exposición recentemente inaugurada en Vilagarcía de Arousa.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais