Distribuir contido

África

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2210 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

02/02/2011
31/01/2011

E agora Exipto. E con el Xordania e o Iemen. Parece que, ao cabo, se desencadeou o efecto dominó. Pero Exipto non é Tunisia: ten oitenta millóns de habitantes, é o país que lle quitou Suez ás potencias coloniais e que en 1973 desafiou a Israel. O que lle confire moito prestixio en todo o mundo árabe.

27/01/2011
28/01/2011
Revista ZETA - Venezuela

La rebelión popular en Túnez que acabó con el régimen autocrático de Ben Alí parece estar reproduciéndose en la vecina Egipto, tras las violentas protestas populares contra el presidente Hosni Mubarak. Una perspectiva que, igualmente, parece ampliarse en el contexto magrebí con las protestas en Argelia e, incluso, hacia el área mediterránea, como son los casos de Albania y Líbano.

17/01/2011
15/01/2011

Cada país segue unha dinámica propia que fai difícil unha nova era na rexión

Á luz dos máis recentes e dramáticos acontecementos no Magreb, resulta sedutor albiscar unha rebelión a gran escala contra os poderes establecidos na rexión. Sempre ávidos de xustiza e de promover revolucións fóra de casa, descoñecedores da evolución recente e a realidade sobre o terreo, os medios occidentais topáronse de súpeto cun gran titular xusto alén do Mediterráneo.

17/01/2011
13/01/2011

A explosión dun movemento violento de contestación ilustra o actual estado de cousas en Tunisia, un país que xogou a baza do aperturismo económico e a modernidade social á vez que no político mantívose impermeable ao cambio.

16/01/2011
16/01/2011
Le Mondial des Nations

(PDF)

01/11/2010
31/10/2010

É posible que tras os recentes acontecementos en Al Aiaún, que provocaron a morte dun mozo saharauí de 14 anos a mans da policía marroquí, o conflito saharauí ingrese nun período de inflexión moito máis atomizado e radicalizado, tomando en conta a parálise absoluta na que se atopan nos últimos anos as negociacións impulsadas pola ONU para celebrar un referendo independentista no Sáhara Occidental.

25/07/2010
23/07/2010

O Sahara Occidental comprende unha rexión con caladoiros pesqueiros de moitísimo valor administrados na actualidade por Marrocos. A principal beneficiaria das posibilidades pesqueiras deste territorio foi España xa nos anos da colonización do Sahara, e aínda hoxe como membro comunitario no marco do Acordo Pesqueiro UE- Marrocos asinado en xullo do 2005.

23/07/2010
22/07/2010

En maio de 2004 Sudáfrica era elixida sede do Mundial de fútbol. As altas cualificacións obtidas no informe técnico da federación, a experiencia cos mundiais de cricket e rugby e a oportunidade para mostrar África ao mundo eran os argumentos fundamentais.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais