Distribuir contido

Europa

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2284 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

06/07/2011
04/07/2011

Aínda que hoxe xa o saiba todo o mundo, é importante que o diga alguén do prestixio e autoridade mundial de Joseph E. Stiglitz: a UE non está rescatando a Grecia, senón aos bancos alemáns, como con toda claridade responde nun inquérito que recentemente se lle fixo en España (El País. Año 35).

04/07/2011
04/07/2011

Dicíame Lois Tobío na súa casa da rúa Bonetero ao pouco de caer o muro de Berlín, que Alemaña retornaría ao epicentro da política continental. “Todos a aprender de novo alemán”, sentenciaba. Semellaba que as cousas ían discorrer por outro camiño.

24/06/2011
24/06/2011

“Si un obreiro británico, cando fai quinielas, aposta por un cabalo ou un can tendo en conta cál é o seu pedigrí, ¿por qué non han de ser os millor educados membros da Cámara dos Lores os depositarios da nosa confianza tendo en conta os poderes de liderazgo que herdaron?”, escribía un lector ao xornal londinense The Daily Telegraph, alá polo ano 1969, nunha das moitas veces que se estaba debatendo a posibilidade de transformar a Cámara dos Lores nunha especie de senado elexido por sufraxio popular.

15/06/2011
13/06/2011

E agora tamén Portugal. Tamén o futuro dos portugueses está nas mans dos acredores, das fracasadas políticas económicas do FMI e dos “mercados”. Seguindo o mesmo camiño –o da ruína- de Irlanda e Grecia, camiño ben coñecido en todo o mundo polos seus contundentes fracasos.

09/06/2011
07/06/2011

O 29 de xaneiro do ano pasado o presidente da Xunta, o conservador Alberto Núñez Feijóo, era recibido no palacio lisboeta de São Bento, residencia do primeiro ministro portugués, polo socialista José Sócrates. Feijóo propúxolle ao Goberno luso naquel encontro, segundo relatou na súa comparecencia posterior en solitario ante a prensa galega, o impulso conxunto de varios proxectos.

09/06/2011
06/06/2011

Son moitos, e moi sinalados, os seus fracasos como gobernante e poucos os seus éxitos. O que, coas eleccións á vista, se ve que o pon fóra de si –algo para o que, no seu caso, non se precisa moito aguillón. É máis, o seu hiperactivismo vaise mudando a unha sorte de carreira atolada e sen fin.

01/06/2011
30/05/2011

Se os plans de austeridade deseñados para as crises grega, islandesa e portuguesa non son outra cousa que unha maneira de axudar a que os bancos alemáns e franceses cobren as súas débedas, pero sen que garantan o crecemento económico, non é desavido pensar que en Europa chegaremos a situacións de pobreza e de deterioro impensables.

16/05/2011
16/05/2011

En dous referendos Islandia negouse a pagar aos especuladores ingleses e holandeses as estafas e fraudes dos seus bancos e do FMI. Ademais, levou aos tribunais aos culpables, nacionalizou a banca e promoveu unha Asemblea Constituínte coa finalidade de que o país se redefina constitucionalmente.

04/01/2011
04/01/2010

Cómo elexir socio para gobernar

“Todolos gobernos son coalicións, expresas ou tácitas, e as expresas adoitan teren millor saúde”, dixo non hai moito tempo un importante membro do Partido Liberal-Demócrata británico, Lord Jenkins.

12/12/2010
13/12/2010

Cinco fases ou etapas dunha crise viña distinguir Lawrence H. Summers nunha obra na que analizaba as causas, a prevención e a curación das crises financeiras internacionais.

04/12/2010
04/12/2010

O caso irlandés, como o grego, e o portugués ou o español calquera día, pon ben de manifesto a existencia real dun poder á marxe dos gobernos, unhas veces en conivencia con estes, outras por escasa decisión política e outras porque sinxelamente non hai maneira de opoñerse a el.

19/10/2010
18/10/2010

Non é certo que Sarkozy  radicalice o movemento social francés, pero si que o está alporizando, que é outra cousa moi diferente. Porque Sarkozy non é un radical (no sentido de alguén que vai á raíz das cousas), senón un populista perdido na súa impopularidade, un demagogo, un sectario.

18/10/2010
15/10/2010

O Partido Socialista de José Sócrates presentará este venres un orzamento digno aos ollos dos intereses financeiros internacionais. Avanzará con decisión no camiño apuntado desde a máis descarnadamente neoliberal UE de todos os tempos e o FMI. Institución esta última que, curiosamente, nada di do Estado con máis peso no seu seo, os Estados Unidos, que están a optar por unha vía diferente da europea, teoricamente a errada.

13/08/2010
21/11/2010

Irlanda se endeudó y se está hundiendo como España. Hoy toda Europa paga las consecuencias. Además, Portugal es hoy el próximo candidato a sufrir el contagio de la crisis continental

Poco tiempo duró la paz en la eurozona, compartida por dieciséis países europeos. Después de que el FMI y el Banco Central Europeo (BCE) rescataran a Grecia en mayo pasado de la bancarrota con un préstamo de 110.000 millones de euros a tres años, bajo durísimas condiciones económicas y sociales, los líderes europeos se fotografiaron sonrientes en Bruselas, dando por cerrada la crisis.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais