Distribuir contido

Latinoamérica

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2474 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

17/04/2013
17/04/2013
Praza Pública (Galicia)

O permanente estado de tensión e convulsión postelectoral en Venezuela tralo axustado triunfo electoral de Nicolás Maduro (50,75% dos votos) nos comicios presidenciais do pasado 14 de abril abre o compás dunha incerta dinámica política no país caribeño e suramericano, a través dunha transición post-Chávez basicamente determinada por unha permanente polarización social e política que non semella esvaecerse senón, polo contrario, agudizarse.

12/03/2013
12/03/2013

América Latina está sentando un histórico precedente, orientado a someter ante a xustiza aos responsables do seu pasado mais doloroso e recente. A semana pasada comezou en Bos Aires un inédito xuízo contra os responsables do macabro Plan Cóndor que, durante as décadas de 1970 e 1980 e orquestrado baixo o amparo de Washington, permitiu a coordinación represiva das ditaduras de Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguai, Perú e Uruguai, na persecución e eliminación de opositores.

08/03/2013
08/03/2013
Tempos Novos (Galicia), abril 2013

Unha nova etapa política ábrese en Venezuela e América Latina trala morte de Hugo Chávez a comezos de marzo. Así e todo, non desaparecerá o seu legado político tanto como a plasmación do “chavismo” como forza motriz do proceso revolucionario seguirá a ser a tendencia política principal e hexemónica na Venezuela post-Chávez. Non obstante, as incertezas e interrogantes que se cernen en materia de liderado, actualmente en mans do presidente en funcións Nicolás Maduro, así como no relativo ao estilo de gobernabilidade e, principalmente, da reacción por parte dos colectivos e movementos sociais do “chavismo”, son factores que non minorarán as tensións e a polarización existente. En todo caso, o pragmatismo e a potenciación de certo nivel de consensos son aspectos que eventualmente orientarían unha “folla de ruta” focalizada na necesidade de garantir a gobernabilidade e estabilidade deste novo escenario post-Chávez.

07/03/2013
08/03/2013
El Progreso

A morte do presidente Hugo Chávez abre unha delicada situación institucional en Venezuela ao tratarse dun mandatario reelixido e en funcións. A Constitución de Venezuela establece no seu artigo 233 que ante unha "falta absoluta" do presidente ocorrida durante os primeiros catro anos do seu mandato débese convocar a eleccións xerais nun prazo de 30 días. Con todo, no caso de Chávez entra en xogo un elemento adicional. A súa recaída no cancro e a súa operación ocorreron durante os últimos días do seu mandato anterior. Pola súa delicada situación de saúde desde o 11 de decembro, cando foi operado por cuarta vez en Cuba, o presidente electo nunca puido formalizar o seu acto de investidura, establecido constitucionalmente para o día 10 de xaneiro.

01/03/2013
01/03/2013

A celebración a finais de febreiro en Caracas do X Consello Político da Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América (ALBA), mediu unha conxuntura plena de retos para esta plataforma de integración, en particular ante os recentes acontecementos políticos en Venezuela por mor dos problemas de saúde do seu presidente Hugo Chávez, a recente reelección presidencial do mandatario ecuatoriano Rafael Correa e o ciclo electoral que durante 2013 se celebrarán en diversos países latinoamericanos, moitos deles ligados directa ou indirectamente co eixe da ALBA.

07/02/2013
07/02/2013
Praza Pública (Galicia)

 

A práctica certificación da reelección de Rafael Correa nos comicios presidenciais previstos para o próximo 17 de febreiro confirma ao actual mandatario ecuatoriano, no poder desde 2006, como o líder político dese país con maior caudal de popularidade e capacidade de xestión para estabilizar un país outrora noticia polas súas constantes crises políticas e caídas presidenciais desde mediados da década de 1990.

11/01/2013
11/01/2013
Praza Pública (Galicia)

O clima de transitoriedade política que se vive actualmente en Venezuela por mor dos problemas de saúde do seu presidente Hugo Chávez, factor que condicionou a postergación momentánea da súa toma de posesión para un novo período presidencial o pasado 10 de xaneiro, clarifica a sensación de apertura dunha nova etapa dentro do proceso de cambios que vive o país caribeño e suramericano, desta vez coa case absoluta certeza da ausencia definitiva do seu máximo líder.

10/12/2012
10/12/2012
IGADI

Como punto de partida, cómpre sinalar que as relacións entre Brasil e EEUU non se caracterizan pola súa constancia senón pola sucesión dunha alternancia de filias e fobias(1). Mentres que durante os anos de mandato de Lula Da Silva (2003-2011), as relacións entre ambos países foron notablemente tensas, a situación cambiou dende que Dilma Rousseff chegou ao poder (2011). Foi a propia presidenta a que destacou que un dos seus obxectivos era o de camiñar cara unha relación cada vez máis estreita entre ambos. Co ánimo de acadar este obxectivo, Brasil está a modificar sensiblemente o seu modus operandi no que respecta á xestión de asuntos globais, e para iso, dunha banda, está a empregar medidas máis pragmáticas no canto de ideolóxicas e, por outra, evita adoptar posturas que puidesen levantar suspicacias en Washington(2). A primeira razón pola que Brasil decidiu modificar a súa estratexia cara o exterior co ánimo de agradar o máximo posible a EEUU pasa pola consecución do seu máximo propósito en política exterior: contar cun asento no Consello de Seguridade de Nacións Unidas(3).

19/11/2012
26/11/2012
Magazine Español (Venezuela)

La distancia política y económica entre Europa y América parece ser la tónica de las Cumbres Iberoamericanas de los últimos años. En esta ocasión, la realizada en Cádiz certificó que Europa está sumida en la crisis mientras América Latina marca su propia agenda, sin interferencias ni dependencias europeas.

01/11/2012
31/10/2012
IGADI

No mes de Outubro celebráronse as eleccións municipais en Brasil. A primeira volta tivo lugar o día 7, e a segunda, determinante para os concellos de máis de 200.000 habitantes, o pasado día 28. O interese destes comicios é maiúsculo debido a que os partidos que consigan o maior número de alcaldías, ou polo menos as máis importantes, serán os que conten cunha maior vantaxe comparativa para acadar a vitoria na seguinte cita electoral, neste caso a nivel estatal, que terá lugar dentro de dous anos, en 2014.

12/10/2012
11/10/2012

O protagonismo de América Latina no contexto internacional actual relaciónase co feito de constituír unha das áreas máis importantes en termos económicos. Como consecuencia do seu recente desenvolvemento e das históricas disputas entre os seus gobernos é, á par, difícil e sumamente necesario, identificar un líder rexional que asuma a tarefa de interlocución co resto dos centros de poder xeoestratéxico. Así, os dous referentes con maior posibilidade e capacidade para erixirse como tal líderes son Brasil e México.

11/10/2012
15/10/2012
Magazine Español (Venezuela)

Resalta el hecho que, observando un contexto internacional de tensiones y presiones y tras catorce años en el poder de un país fuertemente polarizado como Venezuela, Hugo Chávez obtenga una cuarta reelección presidencial de una manera tan incontestable como sólida.

27/09/2012
27/09/2012

Venezuela acometerá o próximo 7 de outubro unhas eleccións presidenciais que, unha vez mais, defínense como decisivas. Neste sentido, estes comicios denotan escenarios abertos que focalizan basicamente nas perspectivas dunha nova reelección presidencial para un Hugo Chávez que de novo comparece como candidato presidencial tras aprobarse en febreiro de 2009, vía referendo popular, unha reforma constitucional que permite a reelección indefinida.

03/08/2012
01/08/2012

Resulta indubidable que o MERCOSUR afronta unha nova etapa co recente ingreso de Venezuela, oficializado o pasado 31 de xullo. Entre outras variables, o ingreso dun socio estratéxico como Venezuela implicaría unha necesaria revitalización deste organismo de integración suramericano, anelado baixo a sensación de certa parálise nos derradeiros anos e visiblemente desprazado pola vitalidade doutras iniciativas de integración como UNASUR, a ALBA e a CELAC. Así e todo, este novo escenario non estará exento de complexidades e tensións.

06/07/2012
06/07/2012

Actualmente Brasil está a acadar un protagonismo indiscutible nas relacións exteriores españolas e galegas. Foi o propio Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, o que destacou que este país é un referente estratéxico para Galicia, un aspecto que é razoable se temos en conta que Brasil é, na actualidade, a 6ª economía mundial.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais