Distribuir contido

Latinoamérica

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2465 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

28/10/2019
28/10/2019
Praza Pública (Galicia)

A contundente vitoria electoral de Alberto Fernández nas presidenciais arxentinas (48,10%) predín posibles reestruturacións tanto a nivel de liderados como de tendencias políticas a nivel rexional. Con crises persistentes a nivel institucional en Perú, socioeconómicas en Chile e Ecuador e postelectoral en Bolivia, a rexión tamén rexistrou comicios presidenciais en Uruguai (a definir en segunda volta) e municipais en Colombia (cunha severa derrota para o uribismo). O contexto ofrécese así proclive a eventuais cambios na recente configuración da arquitectura política e de integración rexional, particularmente en casos concretos como a incerta continuidade de plataformas como o Grupo de Lima, moi activas dentro da crise venezolana, e a recuperación de espazos dende a esquerda vía Foro de São Paulo e Grupo de Puebla.

23/10/2019
23/10/2019
Ciudad CCS (Venezuela)

Tensións in crescendo polarizan o espazo sociopolítico

A crise social e política acaecida recentemente en Ecuador, parcialmente aplacada tralo acordo entre o presidente Lenin Moreno e o movemento indixenista CONAIE, xunto ás violentas tensións sociais en Chile, a crise institucional en Perú e as incertezas pos-electorais en Bolivia, catalizan as aínda visibles consecuencias derivadas do descontento cidadá ante a actual representación política e a aplicación de “paquetazos” e medidas de austeridade impulsadas polo FMI. Este cóctel explosivo aumenta este malestar ante a corrupción institucionalizada (caso Odebrecht) e particularmente polo cadro de recesión económica derivada da caída dos prezos das materias primas, o cal obstaculiza o gasto público expansivo experimentado por diversos gobernos de esquerdas durante a década de 2000.

10/10/2019
09/10/2019
Sermos Galiza

En entrevista para Sermos Galiza, Roberto Mansilla, analista do IGADI e experto na política en Latinoamérica, cre que “a precariedade da estabilidade política” ecuatoriana fai “impredicíbel” o desenlace do conflito. No contexto actual, a chave interprétase na gran capacidade de mobilización e de presión política que ten a CONAIE (Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador).

09/10/2019
09/10/2019
IGADI

A rexión andina volve a confrontarse cos seus conflitos e dilemas. Compre así observar as actuais crises políticas in crescendo en Ecuador e Perú, o retorno da loita armada en Colombia por parte dunha facción das FARC, a interminable traxedia humanitaria venezolana, cunha indefinición política con repercusións na contorna rexional. Estas crises anteceden a dous procesos electorais presidenciais (Bolivia, 20 de outubro; Arxentina, 27 de outubro) cruciais para definir se estamos ante un novo (re) equilibro político rexional. Gravitando en torno á situación venezolana, este contexto pode anunciar outra recomposición de forzas políticas na contorna suramericana.

01/09/2019
01/09/2019
Aljazeera.com

Apart from foreign policy considerations, one of the main drivers of Trump's policy on Venezuela is the 2020 vote.
Carlos Eduardo Pina is a Venezuelan political scientist who is currently working as a researcher-collaborator with the Academic Network on China and Latin America and the Caribbean.

In January this year, US President Donald Trump stunned many in Venezuela by giving his backing to opposition leader Juan Guaido after he proclaimed himself acting president of the country.

31/08/2019
31/08/2019
IGADI

Unha reflexión de Álvaro Verzi Rangel, sociólogo venezolano, Codirector do Observatorio en Comunicación y Democracia e do Centro Latinoamericano de Análisis Estratégico (CLAE, www.estrategia.la).

Cuando se cumplieron seis meses desde que Estados Unidos reconoció al autoproclamado Juan Guaidó como presidente interino de Venezuela, Washington amenazó al presidente constitucional Nicolás Maduro, al señalar que tiene un "corto plazo" para dejar el poder con "garantías", si no quiere enfrentar la justicia internacional y nuevas sanciones.

29/08/2019
29/08/2019
Global Americans (EUA)

Mientras el presidente interino de Venezuela, Juan Guaidó advierte de un “Madurazo” en camino—el cierre de la Asamblea Nacional—el régimen usurpador de Nicolás Maduro, muy afecto a la magia y las creencias espiritistas, parece ahora encomendarse a una especie de “milagro político”: el posible retorno del “kirchnerismo” a la presidencia argentina.

22/08/2019
22/08/2019

O pasado 28 de xuño a Unión Europea e o MERCOSUR chegaron a un pacto histórico. Tras mais de dúas décadas de negociacións, ambas partes asinaron un acordo de libre comercio que se ben aínda non está nin finalizado -fallan negociacións que seguen en curso- nin ratificado polos países membros, comeza a perfilar os seus pasos finais, mais aínda cando se comeza a falar de que certas cláusulas permitirían aplicar algúns puntos dun tratado que aínda se estima que demorará, coma mínimo, dous anos en (se chega) entrar en vigor.

13/08/2019
13/08/2019
IGADI

Unha análise de Ángel Israel Rivera Ortiz. Universidade de Porto Rico

O feito de que a situación aínda colonial existente entre Porto Rico e EUA está en crise é unha realidade que ven manifestándose fai algún tempo. En 2003 evidenciouse esta situación coa saída da Mariña de Guerra de EUA da illa-municipio de Vieques e da súa última gran base no territorio non incorporado de Porto Rico: Roosevelt Roads. Con isto, Porto Rico perdeu gran parte da importancia xeopolítica y estratéxico-militar que tivo no pasado para EUA.

08/08/2019
08/08/2019
IGADI

O “Consejo Nacional de Evaluación de la Política de Desarrollo Social” de México ven de publicar este 5 de agosto un estudio sobre a evolución da pobreza, tanto a nivel estatal como nas 32 entidades federativas que compoñen o país para o ciclo 2008-2018. Un período sumamente interesante no nivel económico en canto inclúe todo o ciclo posterior á gran recesión e recuperación posterior nun país fortemente dependente do gran foco da crise (os EUA) e na esfera política, pois atinxe primeiro os últimos anos do ex presidente Felipe Calderón (2006-2012) e despois o mandato completo do controvertido Enrique Peña Nieto (2012-2018).

01/08/2019
01/08/2019
Praza Pública

A recente designación de Brasil (31 de xullo) como socio militar estratéxico de EUA fóra da OTAN, confirma a sincronía absoluta nas relacións entre as administracións de Donald Trump e de Jair Bolsonaro, erixido este practicamente como o seu principal aliado hemisférico xunto á Colombia do presidente Iván Duque. O trato preferente de Washington a Brasilia ten obviamente implicacións no taboleiro xeopolítico hemisférico, con especial incidencia cara contextos críticos como Venezuela, así como na adopción de políticas económicas, de integración rexional e de inmigración que reforzan esa sintonía entre ambos mandatarios.

26/07/2019
26/07/2019
Global Americans (EUA)

A new process of international dialogue to solve the crisis in Venezuela is taking place in the Caribbean island of Barbados. After the frustration caused by the failure of previous negotiations, especially the Santo Domingo talks in 2018, and the uncertainties surrounding the dialogue process initiated in Oslo in 2019, will the Barbados round produce a credible solution?

08/07/2019
08/07/2019

O último libro de Alfredo Toro Hardy “The Crossroads of globalization. A Latin American View” (World Scientific 2018) é unha magnífica síntese sobre a historia da globalización e os seus principais desafíos inmediatos, como tamén de medio e longo alcance. Non é un repaso á globalización desde o cosmopolitismo baleiro ou algún non lugar, se non que o texto nace desde o propio título, das luces e sombras abertas no continente latinoamericano pola historia.

04/07/2019
04/07/2019
Global Americans (EUA)

The role of the Bolivarian National Armed Forces (FANB) in the current Venezuelan political and institutional crisis has been the subject of a raft of analyses, public statements, Tweets, and expectations. Essentially, the FANB are considered key to balancing or even unblocking the political and institutional course of future Venezuela.

18/06/2019
18/06/2019
IGADI

A directora executiva do Fondo Monetario Internacional, Christine Lagarde, ven de recoñecer que dende Washington subestimaron os efectos da recesión na Arxentina, de xeito que o principal debedor do ‘seu’ organismo con mais do 60% dos créditos concedidos polo FMI está nun momento especialmente crítico. Agora, as previsións do Centro de Estudios Latinoamericanos para a Arxentina sinalan en ata un 1,3% a caída da economía nacional para o presente exercicio.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais