Distribuir contido

Nacionalismos

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2209 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

04/03/2010
04/03/2010

Ao goberno de Alex Salmond, Primeiro Ministro escocés, acábaselle o tempo para dar cumprimento a unha das súas promesas electorais: dar a palabra ao pobo escocés para que poida pronunciarse sobre o seu futuro constitucional e, máis especificamente, sobre a posibilidade ou non de se autodeterminar, separándose do Reino Unido e constituíndose en Estado independente.

04/02/2010
04/02/2010

Nos últimos días do mes de xaneiro intensificáronse os contactos e negociacións arredor da devolución das competencias en materia de xustiza e policía de Westminster, sede das institucións políticas centrais do Reino Unido, para Stormont, localidade de Belfast que acolle o executivo e parlamento norteirlandeses.

03/12/2009
15/03/2009

As tres mortes violentas rexistradas esta semana en Irlanda do Norte confirmaron tanto a capacidade dos grupos disidentes do IRA para poder seguir actuando como, paradoxalmente, a súa total marxinalidade política. Lamentablemente esta última pouco conta á hora de convencelos de que os ataques e os atentados contra membros das forzas de seguridade dificilmente lograrán a retirada absoluta dos británicos, argumento principal para xustificar os asasinatos.

27/10/2009
29/10/2009

O Primeiro Ministro escocés, o nacionalista Alex Salmond, do Scottish National Party (SNP), dous anos e medio despois de ter alcanzado o poder, continúa a aumentar a súa popularidade e a render positivas previsións electorais para o seu partido e, en xeral, para o nacionalismo e independentismo do país de Sean Connery, William Wallace ou Rob Roy.

18/05/2009
30/04/2009

O Scottish National Party (SNP), partido nacionalista que goberna Escocia desde 2007, cumpre neste mes 75 anos de vida, desde que un 7 de abril de 1934 fora creado a partir da unión do National Pary of Scotland e o Scottish Party. E, a poucas semanas de cumprir o seu segundo ano no executivo de Edimburgo, parecera que ten motivos para a celebración.

26/03/2009
29/03/2009

A voltas con Cosova, a diplomacia española semella atrapallada nun senfin de contradicións que veñen de lonxe e lastradas por unha dobre hipoteca difícil de saldar.

13/10/2008
16/10/2008

Na primavera de 2007 a nación escocesa daba un paso histórico ao dar a súa confianza maioritaria, por vez primeira, a unha formación nacionalista, o Scottish National Party (SNP). Isto traducíase na formación dun goberno do SNP, liderado por Alex Salmond, que contaba cun apoio parlamentar débil, ao ficar a súa formación con apenas 47 do 129 asentos do órgao lexislativo.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais