Oriente Medio: Atrapa o momento, inicia a guerra

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego

Atrapa o momento, nos enseñan os clásicos, e o brutal e eficiente aparato de seguridade israelí sabe que estes son os mellores días para iniciar unha guerra. As tropas americanas están na zona, a piques de ser vencido o seu inimigo de turno, e desexosos de atopar outro. A amizade israelí-americana é forte coma nunca, ó tempo que a hostilidade contra os árabes é alta nos Estados Unidos. O Presidente Bush ten permiso do Congreso para "erradicar o terrorismo" por os "medios que xulgue necesarios", alá onde o atope. A esperanza israelí é convencer ós americanos de que comparten imimigos.

A tal fin, Israel acentúa as suas represalias, e escala nas suas provocacións. A grotesca Administración Palestina, con todos os seus atributos de poder, está a ser literalmente pulverizada. O propio Arafat é ridiculizado, amenazado, insultado e humillado. "Están tolos", din moitos comentaristas, "non se dan de conta de que o sucesor de Arafat será moito mais radical". Danse de conta, e por iso insisten en provocar unha insurrección xeral, apoiada por Arafat ou contra él. Se ten que haber unha guerra rexional, que sexa agora.

Sen dúbida, o propósito israelí de agravar o conflicto está concertado cos seus amigos en Washington. A semana pasada dez poderosos senadores (Libermann et alii) solicitaban a expulsión de Sadam Hussein do poder en Iraq. Na propia Administración Bush, o sinistro tándem Wolfowitz-Perle manobra nas sombras para incriminar a Iraq nos ataques, e envelenar as relacións cós árabes moderados, especialmente Arabia Saudita. Ambos están dentro e están alto. O Gran Falcón Wolfowitz é adxunto a Rumsfeld na Secretaría da Guerra e Richard Perle (espíritu maligno que non oculta a súa dobre lealdade a Israel e a Estados Unidos) preside o Consello de Política de Defensa.

Os dous pertencen á rama burocrática dun grupo pechado de xentes, os chamados neoconservadores, que combinan un férvido proisraelismo có desexo dunha hexemonía americana no mundo, un "imperialismo benigno" que impulse a Historia cara adiante. Na súa audacia, este grupo remitiu recentemente unha carta aberta ó Presidente Bush na que lle solicitaron que extendera a guerra contra Iraq e o grupo Hizbollah e os seus patrocinadores, é dicir Líbano, Siria e Irán. A misiva terminaba cunha velada amenaza: "O noso propósito ó escribirlle esta carta é a de asegurarlle o noso apoio, sempre que faga (as you do) o que se necesita facer para conducir o noso país á victoria". Os asinantes da misiva ocupan postos clave dos espacios de opinión nos medios americanos: Kristol, Kagan, Fukuyama, Kirkpatrik, Krauthammer e o propio Perle.

A pesar da forte presión interna, na Administración Bush parecen moitos os cansados cós desmáns do lobby israelí, e os seus afáns por declarar a guerra ó mundo árabe. A vertente sensata da Administración (Powell e Rumsfeld) non atopa razón estratéxica para malquistarse con mil millóns de musulmáns en apoio de 5 millóns de xudeus. O outro grupo de poder no Washington republicano, o Big Oil (Bush Sr, Cheney, Rice, e en xeral os financiadores da campaña de Bush Jr.), non tén ningún interese en facer mellor o mundo, e moito menos en enemistarse cos seus socios árabes. Eles só buscan un entorno adecuado para pozos e oleoductos.

O máis claro destes momentos confusos é que a máquina da guerra está encendida e non se pode parar. Por riba de republicáns e demócratas, proárabes e proxudeus, está o War Party, ese enorme complexo militar-industrial-tecnolóxico-político-académico-mediático que saca proveito do Imperio. A doada victoria afgana fortaleceu ós sectores máis belicistas e os estrategas republicanos están a estudiar cómo seguir así outros tres anos, pois é sencilla a política interna e cómodas as eleccións, cando o Presidente se converte en Comandante en Xefe.

A elección do próximo obxectivo, Iraq ou Líbano, Somalia ou Indonesia, non será resultado dunha seria reflexión estratéxica, senón dunha loita a morte nos pasillos de Washington DC, cidade que, segundo as linguas maledicentes, é o máis importante dos territorios ocupados por Israel.