Distribuir contido

Oriente Medio

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2284 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/10/2012
11/10/2012

Ante a escalada da tensión militar na fronteiria turco-siria nas derradeiras semanas, co intercambio de fogo entre efectivos das Forzas Armadas turcas e tropas sirias apostadas na fronteira, a Asemblea Nacional turca autorizou ao seu primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan a eventual utilización da forza militar na fronteira con Siria, intensificando as presións sobre unha eventual guerra entre Ankara e Damasco.

08/09/2012
08/09/2012
IGADI

There are two main international views when it comes to Syria's conflict. One is publicly led by the US and the other one by Russia. Both countries having strong particular interests on that country and the region.

25/08/2012
25/08/2012

Cunha Siria convulsionada pola implicación de intereses externos e internos que amplían cada vez mais o seu radio de actuación cara a veciña Líbano, compre observar con atención a intensificación doutro conflito latente en Oriente Próximo, como é o caso do Curdistán, o maior pobo a nivel mundial sen un Estado oficialmente constituído.

20/08/2012
20/08/2012
IGADI

Arredor do conflito que se está a desenvolver na Siria existen, grosso modo, dúas posicións sustentadas por dous bloques de países, un que no debate público lideran os EUA e outro que lidera a Rusia. Ambos os países con fortes intereses particulares no país e na rexión. No entanto, os medios de masa occidentais asumen unha posición fortemente parcial en favor do grupo dos EUA, baseándose en informacións non ofrecidas por corresponsais no terreo, senón por axencias terceiras que nalgúns casos non contan tampouco con corresponsais ou que, contando con eles, prefiren recorrer a fontes partidarias. É o caso do recorrente Observatorio Sirio de Dereitos Humanos, que nalgúns medios aparece referido como parte da oposición Siria, mentres que noutros tan importante información tende a ser, ou é sistematicamente, obviada.

20/07/2012
20/07/2012

Tres casos aleatorios como Siria, Libia e Exipto confirman un heteroxéneo mapa dentro dos cambios políticos que ocorren nos respectivos escenarios do mundo árabe, dando curso así a un panorama marcado pola volatilización, a atomización e a reacción do establishment encarada en preservar tanxencialmente as súas cotas de poder.

06/07/2012
06/07/2012

O 5 de xullo de 2012 celebrouse o cincuentenario da independencia alxerina, unha xesta alcanzada por este pobo tras case medio século de colonización francesa iniciada en 1830, e oito anos de guerra de liberación a partir de 1954, que culminaron na firma dos acordos de Evián (Suíza) en 1962.

15/06/2012
14/06/2012

Diversos colectivos galegos reunidos na plataforma “Stop Israel Nuclear” están actualmente impulsando unha campaña global que ten como obxectivo central conseguir que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas esixa ao Estado de Israel a apertura das súas instalacións nucleares e súa a inspección por parte da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA).

05/06/2012
01/06/2012
Tempos Novos

A dantesca matanza na localidade siria de Hula, notificada o pasado 25 de maio e que deixou máis de cen civís mortos entre eles decenas de nenos, incrementa a máis de 10.000 as vítimas mortais do conflito interno que vive Siria desde marzo de 2011. Esta matanza pode, dalgún xeito, marcar un “punto de non retorno” dentro do conflito sirio e, especificamente, para o cada vez máis illado réxime de Bashar al Asad.

01/06/2012
01/06/2012

O execrable masacre de Hula, en Siria, ilustra tanto as limitacións do plan de paz de Kofi Anan como tamén o debilitamento do réxime sirio. Dada a posición de China e Rusia no Consello de Seguridade da ONU, non é probable unha intervención armada internacional nin está claro en modo algún que  esta poida favorecer unha saída rápida e menos traumática do conflito.

18/05/2012
18/05/2012

Existe una creencia muy extendida acerca de que la historia la escriben los vencedores. En efecto, quienes logran imponerse en el campo de batalla mediante la superioridad de sus fuerzas armadas parecen también contar con una ventaja adicional: su mayor capacidad para dominar el discurso político sobre los acontecimientos. Sin embargo, el paso del tiempo proporciona una perspectiva más objetiva, mostrando que vencer no siempre es sinónimo de convencer.

05/04/2012
09/04/2012
Magazine Español, Venezuela

Estambul celebró el pasado 2 de abril la cumbre de “Amigos de Siria” en la que 50 países y 10 organizaciones internacionales buscaron una iniciativa política de presión al presidente sirio Bashar al Asad, para aparentemente acabar con el asedio de las milicias rebeldes en el interior del país árabe. A esta cumbre no asistieron la ONU, la UE, Rusia, China e Irán

20/12/2011
20/12/2011

Constatar a realidade do mundo árabe trala irrupción da súa denominada Primavera obriga a ofrecer un balance controvertido, considerando como indubidable que os cambios políticos no Magreb e o seu espallamento cara Oriente Próximo e o Golfo Pérsico coparon a atención internacional ao longo de 2011 e, con toda seguridade, seguirán a converterse nun tema de capital importancia a mediano prazo.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais