Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
17 de Maio de 2021 VV.AA.

Brigadas Ezzedin Al Qassam: O brazo militar de Hamas

Documento escrito e traducido ao galego por Luís Antonio González Francisco, orixinariamente publicado en castelán pola Revista Ejército

Alá é a súa meta, o Profeta é o seu modelo a seguir, o Corán súa constitución, a Xihad seu camiño, e a morte pola causa de Alá seu altísimo desexo." Lema de Hamas. Articulo 8 da súa Carta Fundacional (1988)

Hamas é o acrónimo de Harakat Harakat al-Muqawama al-Islamiya (Movemento de Resistencia Islámica), ademais é unha expresión árabe que pode traducirse coma “fervor” ou “celo”. Segundo o artigo 2  da súa Carta Fundacional (1988): “O Movemento de Resistencia Islámico é unha das alas da Irmandade Musulmán en Palestina”.

A organización coñecida coma os Irmáns Musulmáns (Jamiat al-Ikhwan al Muslimeen) foi fundada no ano 1928 por Hassan al Banna na cidade exipcia de Ismailiya. Seu corpus ideolóxico sustentábase en contrarrestar a secularización e a influencia estranxeira mediante o establecemento dun modelo social baseado nunha interpretación dos preceptos orixinais do islam.

Abdel Rahman al Banna, irmán  do fundador dos Irmáns Musulmáns visitou no ano 1935 a Hajj Amin al Husseini, gran muftí de Xerusalén e fundou o Comité Central para a Axuda de Palestina. No 1936 voluntarios dos Irmáns Musulmáns protagonizaron o que deu en chamarse a “rebelión do 1936”  ou a Primeira Intifada que durou ata o 1939 e que se opuña a política de Gran Bretaña de favorecer o establecemento de colonos xudeus en Palestina. Un ano antes do comezo da rebelión, no 1935, morría nun tiroteo o fundador de al-Kaff al-Aswad (A Man Negra), o xeque Ezzedin Al Qassam.

A primeira rama dos Irmáns Musulmáns en Xerusalén foi establecida de maneira oficial por Said Ramadan no 1945. Dous anos despois nas áreas controladas polo Mandato Británico establecéronse unhas 25 ramas dos Irmáns cunha adhesión estimada de entre 12.000 e 15.000 persoas. Despois do ano 1948 a sección de los Irmáns Musulmáns en Gaza recaeu en xurisdición exipcia mentres que a de Cisxordania pasou a estar baixo control xordano. Un dos dirixentes dos Irmáns Musulmáns de Xordania, Ziad Abu Ghanima, afirmou que a organización a que pertencía tiña presenza en Palestina dende moito antes da creación do Estado de Israel.

Entre o 1948 e o 1967, debido fundamentalmente a  presión do goberno de Nasser, os Irmáns Musulmáns non posuían unha  gran capacidade de influencia, circunstancia que cambiou trala vitoria israelí na chamada Guerra dos Seis Días e da súa ocupación de Cisxordania e Gaza. Os Irmáns Musulmáns evolucionaron e foron adquirindo máis presenza nas labores asistenciais, caritativas e de dawa, difusión da doutrina islámica, labores nas que estivo moi implicado o xeque Ahmed Yassin, futuro fundador de Hamas.

No ano 1982 estableceuse  o que logo sería a rama militar de Hamas: Mujahedin A-Falestinin (O Combatentes Palestinos) cuxa fundación se atribúe ao xeque  Salah Shehada. Tratábase dun grupo independente aínda que  ideoloxicamente aliñado cos Irmáns Musulmáns. Entre as súas funcións estaba o adestramento de militantes no emprego de armas e explosivos, a preparación de ataques contra obxetivos israelís e a adquisición de armamento e equipos para ser usados contra Israel. No 1984 as forzas de seguridade israelís interrumpiron esta actividade coa detención do xeque Ahmed Yassin que recibiu unha condena de trece anos de cárcere aínda que foi posto en liberdade en maio do 1985 no marco dun intercambio de prisioneiros. Por aquel entón tamén se tiña creada a Sección de Seguridade (Jehaz Aman) adicada a recopilar intelixencia para a detección de colaboradores coas forzas israelís e para a  súa eventual eliminación.

En decembro do 1986, forzas de seguridade israelís rexistraron unha dependencia da Universidade de  Al Najah, en Nablus  incautáronse de libros, folletos e carteis que contiñan imaxes que nunca antes foran vistas: un buque coas velas del islam, unha bandeira de cor verde e retratos do xeque Ezzedin al Qassam, nome que máis adiante sería adoptado polo brazo militar de Hamas, movemento fundado oficialmente o 14 de decembro do 1987.

A finais do 1986 e comezos do 1987, debido as recomendacións de dous responsables de seguridade, o xeque Yassin estableceu o MAJD, acrónimo árabe de Majmouath Jihad u-Dawa  (Grupo para a Guerra Santa e a Predicación). Esta unidade continuaba coa labor da Sección de Seguridade (Jehaz Aman) no ámbito da detección de colaboradores con Israel, que eran frecuentemente eliminados, e coa persecución daquelas actividades consideradas contrarias as ensinanzas do islam coma o tráfico de estupefacentes ou de material pornográfico. As unidades do MAJD pasaron a formar parte da rede Al-Majahadoun e, coincidindo co estoupido  da Intifada, no seo de Hamas foi desenrolándose unha organización militar sustentada en unidades preexistentes coma MAJD propiamente dito: as Brigadas Abdullah Azzam.

A mediados do ano 1991 xurdiron como ala militar de Hamas as  Brigadas Ezzedin al Qassam (En árabe "Ezz" significa apoio, adhesión ou orgullo, e "Din" significa relixión) A sección militar de Hamas fixa coma seu primordial obxetivo:

Contribuír no esforzo de liberación de Palestina e restaurar os dereitos do pobo palestino baixo as sagradas ensinanzas islámicas do Sagrado Corán, a Sunna do Profeta e as tradicións dos gobernantes e eruditos musulmáns distinguidos pola súa  piedade e devoción

No ano 2003, dende a cúpula de Hamas deuse inicio a unha campaña para crear o xerme dun exército popular en Gaza. Ao ano seguinte tras unha campaña de recrutamento, formación e adquisición de armamento, xurdiu unha organización cuxos compoñentes estimábanse en varios centenares e que recibía o nome de Al Murabitun.

Esta denominación procede do termo Al-murabit (homes do ribat) que derivou na expresión castelá  “almorávides”, un conxunto de diversos grupos tribais bereberes orixinarios do Magreb, artífices dunha ampla zona de control na rexión noroccidental do continente africano. Un dos seus rasgos distintivos  era o rigorismo que empapaba súas creencias. Tendo seu centro de operacións na ciudade de Marraquech, fundada en 1070, lanzaron unha campaña para frear aos reinos cristiáns na súa paulatina dominación de Al Andalus. Alxeciras foi testemuña do desembarco das hostes almorávides capitaneadas por Yusuf Ibn Tasfin que pouco tiempo despois, no 1086, derrotaba en Sagrajas, perto de Badaxoz, as tropas dirixidas porlo monarca cristián Alfonso VI.

Salah Shehada plantexou a necesidade de establecer unha separación entre ese exército popular, cuxa dirección segundo a intelixencia israelí foi encomendada a dous prominentes cadros de Hamas, Mohamed Deif e Ahmed Jabr, e as Brigadas Ezzedin al Qassam, en cuxa xénese Shehada tivo un papel predominante. Desa maneira, Al Murabitun pasou a ser unha sorte de reserva de efectivos para as Brigadas Ezzedin al Qassam.

A vitoria electoral de Hamas sobre Al Fatah na Franxa de Gaza perante as eleccións do 2007 propiciou que a súa rama militar se fixese  co control de vehículos e equipos militares inicialmente destinados as forzas de Al Fatah. Segundo fontes do Shin Bet, acrónimo hebreo de Sherut Bitachon Klali, Servizo de Seguridade Xeneral, dous meses despois da toma de posesión de Hamas foron introducidos de maneira clandestina en Gaza uns 150 lanzagranadas RPG, en torno a unhas corenta toneladas de explosivos e unha metralladora pesada Dushka de fabricación rusa. Naquel momento dende fontes da intelixencia israelí calculábase que a ala militar de Hamas contaba con cerca de 13.000 membros distribuídos en catro brigadas. Ademais, foi establecida unha unidade de seguridade con funcións policiais denominada Forza Executiva na que se calculaba que estaban integrados uns 6.000 individuos.

Sete anos despois da súa vitoria electoral, no año  2014, Al- Risala, órgano propagandístico de Hamas difundiu un informe no que se detallaba o organigrama das Brigadas  Ezzedin al Qassam elevando o número dos seus combatentes ata a cifra de 30.000 efectivos distribuídos en seis rexementos cuns 5.000 compoñentes cada un deles e repartidos en cinco batallóns. O despregue de estas unidades comprendería o conxunto do territorio da Franxa de Gaza.

O 85% del total dos integrantes das Brigadas  Ezzedin al Qassam estarían encadrado en unidades de Infantería cuxa principal misión é a de frear o avance das tropas israelís e auxiliar á Forza Executiva nas tarefas de manteñemento da seguridade interior da Franxa de Gaza así coma realizar labores de asistencia en caso de que se produxesen desastres naturais. A dotación destas unidades está composta por fusís de asalto Kalashnikov AK-74 e AK 103, M-16, metralladoras  Krinkov, e PKC e rifles de francotirador Dragunov. También contarían con granadas de man de produción propia.

A Unidade Blindada foi concibida para deter o avance de vehículos blindados israelís mediante o emprego principalmente dos lanzagranadas RPG-7 e RPG-29. Ademais contaría con misiles Malyutka, misiles antitanque Konkurs, misiles Fagot e misiles Kornet.

A Unidade de Defensa Aérea creouse no ano 2007 e posúe metralladoras Dushka, metralladoras antiaéreas ZPU 14,5 mm montadas sobre vehículos de tracción dianteira metralladoras PKC, lanzadores portátiles de misiles (MANPADs) Strela SA-7 e IGLA SA-18, misiles SA-24 Grinch e misiles Javelin.

A Unidade de Artillería é responsable da fabricación e o  lanzamento de  foguetes coma o Qassam 1, cuxa produción se iniciou no ano 2001, o Qassam 2 e o Qassam 3. Tamén produxo seus propios misiles  M-75 e conseguiu facerse con foguetes de fabricación rusa Grad e Katyusha procedentes do Líbano. A dotación desta unidade  completaríase con misiles R-160 Sejil-55 e J-80.

Na chamada “Operación Espada de Xerusalén” campaña armada de Hamas contra Israel en maio do 2021 Abu Ubaida,portavoz das Brigadas Ezzedin al Qassam afirmou que a súa organización “puxera en servizo” o misil Ayyash, cun alcance efectivo de 250 km que lanzou contra o aeroporto Ramon, perto da cidade de Eilat. O foguete leva o nome de Yahya Ayyash, un destacado dirixente de Hamas eliminado por Israel no 1996.

A Unidade Especial é a responsable da execución de infiltracións en territorio israelí. Está considerada coma a elite das Brigadas Ezzedin al Qassam e os seus integrantes contan con equipos de visión nocturna, fusís de asalto AK-103,  M-4, M-16, FN-FAL, FN 2000 , fusís para francotiradores Dragunov e Steyr 12,7 mm, lanzagranadas   RPG-7 y RPG-18, granadas de man e cargas explosivas.

Todas esas unidades entraron en funcionamento cando o Tsahal, as forzas armadas de Israel, despregaron a “operación Marxe Protector” sobre a Franxa de Gaza entre o  8 de xulio e o 26 de agosto do 2014. Naquel momento Hamas empregou a práctica totalidade das súas forzas ofensivas entre as que se incluían unha unidade naval para as operacións de infiltración marítima e, segundo a intelixencia israelí, outra máis equipada con parapentes para o desenrolo de operacións no interior do territorio de Israel. Hamas despregou ao longo  da Franxa de Gaza seis brigadas compostas por  entre 2.500 e 3.500 efectivos. Cada unha destas brigadas tiña baixo a súa responsabilidade un sector do fronte con Israel, estaban agrupadas en torno a un comandante rexional e compostas por unidades de infantería francotiradores, unidades de foguetes e morteiros e unidades antitanque.

O sistema defensivo plantexado polas Brigadas Ezzedin al Qassam fundamentábase en tres pilares: forzas terrestres, lanzamento de foguetes e as redes de túneles.

A forzas terrestres empregáronse de maneira dual tanto para operacións ofensivas contra Israel coma de maneira defensiva para tratar de frear a penetración en Gaza das unidades do exército israelí. A táctica empregada  foi o despregue de artefactos explosivos improvisados (AEIs), de equipos antitanque apoiados por unidades de morteiro e francotiradores.

No mes de xunio do 2014 o arsenal de foguetes en poder das Brigadas Ezzedin al Qassam  estimábase en torno as 6.000 unidades, moitos deles situados en redes subterráneas de lanzamento. Segundo informes elaborados pola rama militar de Hamas, desde territorio gazatí foron lanzados contra territorio israelí uns 3.600 foguetes distribuidos da seguinte maneira:

• 11 foguetes R160 de longo alcance.

• 22  foguetes J80 de rango medio.

• 185 foguetes M75 de rango medio.

• 64 foguetes M55 e Fajr 5  de rango medio.

• 3344 foguetes Grad, Qassam e Katyusha de corto alcance.

A intricada rede de túneles foi utilizada para o establecemento  de postos de mando e para a ocultación de armas, municións e persoas. Estes túneles tamén eran utilizados para establecer posicións e lanzamento de foguetes o que dificultaba en gran medida a interceptación por parte de Israel destes dispositivos. Ademais constituían o núcleo fundamental das operación de infiltración. As fozas armadas de Israel detectaron un total de 32 túneles, 14 dos cales penetraron no subsolo do territorio israelí e outros dous chegaron ata unha distancia da fronteira de 500 metros. Segundo a intelixencia de Israel, cada túnel quedaba baixo o ámbito de responsabilidade dun batallón que se encargaba da súa construción e de enviar a escuadróns de asalto ao interior do territorio de Israel para realizar accións ofensivas amparándose no factor sorpresa.

Estes escuadróns eran dun reducido número de membros e estaban fortemente armados con fusís de asalto, lanzagranadas e bombas de man. En ocasións vestían uniformes do exército de Israel o que contribuía a xenerar máis confusión. Perante a “Operación Marxe Protector” foron realizas seis operacións deste tipo que lle custaron a vida a 11 soldados israelís. A acción de maior envergadura ocorreu  o 29 de xulio do 2014, nun posto de seguridade israelí en Nahal Oz no marco dun intento de toma de reféns. Cinco militares de Israel perderon a vida mentres que un compoñente das  Brigadas Ezzedin al Qassam resultou morto ou ferido.

As Brigadas Ezzedin al Qassam foron responsables da morte dun total de 66 soldados israelís, cifra notablemente superior as 10 baixas causadas perante a “Operación Chumbo Fundido” no 2009. Fontes israelís informaron de que algunhas unidades palestinas vírense afectadas polo estres do combate pero que iso non foi un patrón xeneral.

En decembro do 2016 as brigadas sufriron un duro golpe cando foi asasinado en Túnez, na cidade meridional de Sfax Mohamad al-Zawahri, enxeñeiro que axudou a la fabricación e ao desenrolo de  aeronaves teledirixidas, cuxo modelo máis sobresaínte foi o dron tipo Ababil, empregado en Gaza perante a guerra do 2014. Nun comunicado difundido a través da axencia de noticias palestina MAAN as Brigadas Ezzedin al Qassam confirmaron que Al-Zawahri fora un dos seus comandantes ao longo dunha década e que a súa morte:

“…supuxo unha agresión a Resistencia palestina e as Brigadas Ezzedin al-Qassam e o inimigo deberá saber que o sangue do mártir non foi derramada en vano”.

En xaneiro do 2017 un alto mando do Exército de Israel no transcurso dunha entrevista afirmou que a ala militar de Hamas restablecera por completo súas capacidades militares trala “Operación Marxe Protector” do 2014. Concretamente tiñan reforzado súas redes de túneles e sos seus programas de misiles. O militar declarou que o material necesario para a fabricación de foguetes tiña sido introducido de contrabando na Franxa de Gaza a través do paso fronteirizo de Rafah, baixo control de Exipto.

Ao mes seguinte, en febreiro do 2017 Yahya Sinwar, un dos fundadores das Brigadas Ezzedin al Qassam, foi elexido tras unha votación segreda coma o máximo responsable de Hamas na Franxa de Gaza, sustituindo a Ismail Haniyeh co que o importante peso específico das Brigadas, xa de por sí notable, experimentou un aumento dentro do organigrama de Hamas, movemento que en maio do 2017 publicou un documento político que foi o primeiro dende a súa carta fundacional do 1988. Coma novidade, a pesares de que no recoñece a existencia de Israel, sí acepta a solución dos dous estados en torno as fronteiras do 1967. Tamén, posiblemente debido as presións de Qatar, seu principal valedor, foise a distanciado da organización da que xurdiu, os Irmáns Musulmáns de Exipto, prohibida en las monarquías do Golfo e no propio Exipto.

As forzas armadas de Israel non dubidan da importancia da capacidade das Brigadas Ezzedin al Qassam na fabricación de túneles unha rede que, tal e coma apunta o xornalista Mikel Ayestarán gran coñecederor do Medio Oriente, os gazatíes definen, non se certa retranca, coma “O Metro de Gaza”. En torno a fronteira da Franxa de Gaza Israel está a construír unha nova barreira subterránea e ademais a unidade de elite de enxeñeiros dos exército israelí denominada Yahalom duplicou seu número total de efectivos.

Outro tanto ocorre coas súas capacidades operacionais xa que, se ben os recursos bélicos de Israel son abrumadoramente superiores, as Brigadas Ezzedin al Qassam deron mostras, pola máis directa vía dos feitos, de gozar dun máis que respetable nivel operativo o que lle confire un elevado grado de peligrosidade facendo que non sexan ameazas de todo valeiras as palabras pronunciadas por un dos fundadores de Hamas, o desaparecido xeque Ahmed Yassin:

 

“As Brigadas Ezzedin Al Qassam actúan contra o inimigo sionista, onde sexa que este se atope”.

 

 

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais