medios de comunicacion min e1504125999563

Co pobo ucraniano, co pobo ruso

A liberdade de prensa e a liberdade de expresión son piares fundamentais dun estado democrático. O feito de votar cada certo tempo espazo convértese nunha pantomina si as persoas, os partidos políticos e as organizacións sociais non teñen a posibilidade de dirixirse á cidadanía, si non existen medios de comunicación libres e plurais que difundan as reflexións, as novas, as reportaxes e as investigación que nos axuden a formar opinión e tomar as nosas propias decisións.
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Palabras chave Galicia Rusia internacional
Idiomas Galego

A liberdade de prensa e a liberdade de expresión son piares fundamentais dun estado democrático. O feito de votar cada certo tempo espazo convértese nunha pantomina si as persoas, os partidos políticos e as organizacións sociais non teñen a posibilidade de dirixirse á cidadanía, si non existen medios de comunicación libres e plurais que difundan as reflexións, as novas, as reportaxes e as investigación que nos axuden a formar opinión e tomar as nosas propias decisións.

Liberdade de prensa e liberdade de expresión son dereitos fundamentais, e como tales están regulados, en España, en Suecia ou en calquera país minimamente democrático. A liberdade de expresión non ampara, por exemplo, o uso abusivo ou criminal da mesma, non ampara por o insulto, os ataques a intimidade das persoas, a vexación, non ampara a promoción da violencia, do crime.

A liberdade de promover un medio de comunicación, de difundir novas, non ampara tampouco un uso criminal dos medios. Un exemplo extremo do que non ampara a liberdade de prensa é o papel que xogou a emisora ruandesa Radio Televisión Libre das Mil Colinas (RTLM) durante o xenocidio ocorrido entre 1993 e 1994 naquel país. Aquela radio, xunto a revista Kangura, foi un instrumento nas mans dos radicais hutus para difundir o odio cara aos tutsis, a quenes os seus locutores denominaban “cascudas”. A Radio das Mil Colinas tamén era coñecida como Radio Machete, a arma preferida por aqueles que cometeron milleiros de asasinatos.

Pablo Iglesias, e non só el, saíu hai uns días en defensa dos medios rusos RT e Sputnik, segundo o ex-vicepresidente e fundador de Podemos, o peche das súas emisións en Europa, que promove a Unión Europea é un acto de censura. Paga a pena ler o artigo que publica en “Público”: “Censurar medios pro-rusos?”.

Tal e como o propio Iglesias afirma no seu artigo RT e Sputnik forman parte da estratexia de propaganda rusa a nivel internacional. Non é que sexan medios públicos rusos, non son medios con autonomía, non seguen ningún código ético profesional, responden única e exclusivamente aos intereses do goberno ruso. Non son comparables, como pretende facernos crer Pablo Iglesias nin á FOX, nin a CNN, nin á COPE nin á SER, que poden ter liñas editoriais que non nos gusten, que poden ter unha calidade cuestionable, ínfima se queremos, pero non son unha extensión do Estado, nin responden ante o Estado.

Pretendernos facer crer que os xornalistas deses medios rusos realizan o seu traballo de forma libre, é un simple engano. Ben, supoño que aqueles xornalistas que teñan abrazado a causa do imperialismo ruso traballaran con enorme liberdade. Hoxe en día o verdadeiro xornalismo libre en Rusia está baixo asedio, perseguido, os profesionais acaban na cadea por denunciar a corrupción das autoridades, tendo que exiliarse ou cun tiro na cabeza. No falo dos xornalistas de RT e Sputnik, claro. Botarlle unha ollada á web de Reporteiro Sen Fronteiras ilustrará esta afirmación con incontables exemplos.

Segundo a clasificación que Reporteiros Sen Fronteiras realiza anualmente da situación da liberdade de prensa en cada pais, Rusia situase no lugar 150 entre 180, iso si, un pouco mellor que o seu estado satélite Bielorrusia, que ocupa o lugar 158. Non é Reporteiros Sen Fronteiras a única organización que denuncia a situación dos xornalistas e do xornalismo en Rusia, son frecuentes as protestas e os informes de Amnistía Internacional ou Human Rights Watch. Si é verdade que cada vez hai menos ONGs rusas que denuncia a situación, pero non porque a situación mellore, no é iso, simplemente o goberno de Vladimir Putin acosa ás ONGs ata que pola seguridade os seus membros, temendo pola súa vida ou pola súas familias, optan por disolvelas, hai pouco foi Equipo 29, tamén Memorial.

RT e Sputnik son pezas estratéxicas na persecución e acoso aos xornalistas independentes e ás ONGs de calquera tipo, de dereitos humanos, de homosexuais, de defensa das minorías…

Cando en maio de 2021 o goberno bielorruso, de forma ilegal e con enganos, fixo aterrar, un avión de Ryanair para deter ao xornalista Roman Protasevich, a directora de RT e Sputnik correu a felicitar a Alexandre Lukashenko. Deixouno escrito en Twitter: “Nunca pensei que envexaría a Bioelrrusia por nada. Pero agora estou cimenta de certo xeito. Batka (Lukashenko) o fixo moi ben”. O delito de Roman Protasevich era dirixir unhas canles en Telegram, Nexa e Nexa Liv críticas co réxime do seu país.

En agosto de 2020 xornalistas de RT foron usados polo goberno bielorruso para romper a folga no medio de comunicación público BT, tomando o mando da cadea televisiva.

Hoxe vivimos a agresión imperialista dun país, Rusia, contra unha nación soberana, Ucraína. Un enorme Goliat contra un pequeno Davide. A loita dos ucranianos pola súa liberdade non só é nas rúas de Kiev, Járkov ou Mariupol. A loita do pobo ucraniano, a loita co pobo ucraniano, está tamén nas nacións democráticas europeas, nas súas prazas e nos despacho oficiais: nos non imos empuñar un fusil, pero podemos esixir que o noso goberno tome as decisións necesarias para apoiar a democracia ucraniana ante a agresión fascista.

As canles de propaganda do goberno ruso non son medios de comunicación, non son medios de información, son armas que se usan contra a independencia de Ucraína, e como tales armas de guerra é de xustiza paralas, impedir o seu uso. Non é censura: é solidariedade co pobo ucraniano, tamén solidariedade con xornalistas rusos perseguidos, solidariedade cos cidadáns rusos detidos nas manifestacións contra a guerra.

Querer, como fai Pablo Iglesias, facer pasar por vítimas, por heroes da liberdade de prensa a RT e a Sputnik, si é tomarnos por imbéciles. Pablo Iglesias saberá as razóns polas que se pon a carón dos verdugos.