Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Etiquetas
Idioma
IGADI 21 de Novembro de 2019 Mansilla Blanco

Cooperación transfronteiriza como eixe xeopolítico: o caso da Iniciativa Gran Tumén (IGT)

Un dinámico foro multilateral en Asia do Noroeste

Creado en 1995 como Programa para o Desenvolvemento da Área do Gran Tumen, a Iniciativa Gran Tumén (IGT) está actualmente conformada pola República Popular de China (RPCh), Rusia, Mongolia e a República de Corea (Corea do Sur). Xapón e a República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte) son tamén socios do IGT, fortalecendo a capacidade deste foro multilateral por propiciar unha plataforma transfronteiriza de cooperación e desenvolvemento que permita o achegamento entre “inimigos históricos” como son ámbalas dúas Coreas e Xapón. O IGT amplía tamén a súa esfera a través do seu apoio ás iniciativas chinesas da Franxa e da Ruta.

Historicamente, a rexión debe o seu nome ao Río Tumen, que transita entre China, Rusia e Corea do Norte e desemboca no Mar de Xapón. Nesta rexión predomina a etnia coreana, toda vez é maioritaria a vixilancia das autoridades de Corea do Norte no río Tumen. Con todo, o avance da IGT permite consolidar un foro multilateral no que predomina o pragmatismo e a cooperación. En 1995 asinouse a Área de Desenvolvemento Económico no Río Tumen, entre Rusia, China, Mongolia, Corea do Norte e Corea do Sur, un dos escasos acordos nos que Pyongyang e Seúl participan directamente.

Actualmente, a Rexión do Gran Tumen (RGT) que forma a estrutura rexional do IGT, está conformada polas provincias chinesas de Jilin, Heilongjiang, Liaoning e a Mongolia Interior; a Rexión Oriental de Mongolia; o Territorio Prymorsky de Rusia; e os portos orientais surcoreanos de Busan, Sokcho, Ulsan e Pohang. Compre considerar o carácter transfronteirizo existente no IGT a través de Rusia, China e Mongolia, toda vez Corea do Sur é o único membro non fronteirizo. O desenvolvemento económico da RGT permite observar importantes recursos industriais en petroquímica, enerxía, minerais, agricultura, metalurxia, parque automotor, téxtil e manufactura, así como relevantes atractivos turísticos.

O Plan de Acción Estratéxica 2017-2020 do IGT establece, entre varios aspectos, o “fortalecemento das asociacións con Xapón e Corea do Norte e a súa participación na IGT para a cooperación e a prosperidade común dentro no Noroeste de Asia”. O IGT conta igualmente co apoio do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Toda vez, en 2015, durante a XXI Conferencia de Gobernadores de Asia do Noroeste, celebrado en Jilin (China), decidiron “apoiar e participar” nas iniciativas da Franxa e da Ruta.

En 2017 ampliouse este compromiso para crear un círculo económico en Asia do Noroeste, como importante polo de cooperación e de desenvolvemento. China aposta tamén por converter á IGT nunha “organización internacional independente”.

A presenza das dúas Coreas outorga a este foro un carácter xeopolítico estratéxico nun momento de frecuentes e tensas negociacións no relativo á “desnuclearización” da península coreana e a posibilidade de propiciar unha histórica apertura diplomática entre Pyongyang e Seúl.

O peso de China e Rusia no IGT fortalece igualmente a alianza estratéxica cada vez mais acelerada entre Beijing e Moscova, que ten incidencia noutras plataformas rexionais (baixo iniciativa rusa) como son o Foro Económico Oriental (FEO) e outras incluso de carácter militar, tales como os exercicios conxuntos entre Rusia, China e Mongolia realizados no marco do programa Vostok 2018 e 2019, ao que igualmente foi convidado un membro da OTAN, Turquía.

Como no IGT, no FEO tamén participan Xapón e as dúas Coreas, aspecto que amplía visiblemente estas iniciativas en Asia do Noroeste como auténticos foros multilaterais a escala rexional, partindo inicialmente dunha experiencia de cooperación transfronteiriza. Un modelo propio que, como outras experiencias transfronteirizas en Europa e América Latina, pode constituírse como unha referencia a escala global.

 


 

 


 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais