Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
ECO 1 de Marzo de 2012 Ríos

Cuba e nós

Brasil deu novas mostras recentemente da independencia da súa política exterior. A visita a Cuba de Dilma Roussef valeulle algunhas críticas por abeirar a cuestión dos dereitos humanos pero o que estea libre de culpa neste asunto que tire a primeira pedra. Moitos dos críticos con este proceder logo, tamén por intereses, fan a vista gorda noutras latitudes, de Asia a Oriente Medio, poñamos por caso. Brasil sabe que as cousas en Cuba desta vez teñen que moverse e está tomando posicións firmes evitando que outros, que tratan de blindar as súas expectativas cara unha Cuba post-Castro obrigando aos demais a absterse, condicionen de forma absoluta e exclusiva o futuro.

É certo que as cousas van lentas en Cuba, ata para os cubanos mesmo, ata para o PCC, como evidenciou o propio Raúl Castro na conferencia extraordinaria de finais de xaneiro. O motor é o problema, oxidou durante décadas de dogmatismo e intransixencia.

O esforzo interno é básico. O principal obstáculo para as transformacións que o país precisa é esa mentalidade caduca que prima entre as capas burocráticas. Probablemente a cidadanía cubana adaptaríase mellor e mais rapidamente ao cambio de mentalidade que Raúl lle reclama aos temerosos e conservadores cadros do partido comunista. Os malos hábitos que frean o desenvolvemento están tan incorporados ao sistema e vai custar que os removan os mesmos que os converteron en males crónicos. É un problema estrutural de gran calado, ao que se suman outros déficits no político que van mais alá da corrupción ou da perennidade nos cargos por mais que se intenten presentar os monopolios agora como opcións “martianas”. Pero tamén saben que isto todo non pode quedar en nada. E por iso é o momento de arriscar e facelo a sabendas de que unha volta atrás condúceos directamente ao suicidio. E en Brasilia sábeno porque dispoñen de información solvente, alén de ir en consonancia coa súa visión das relacións internacionais.

O apoio exterior a ese proceso é esencial e o de Brasil, clave. Pode actuar de revulsivo e dinamizador en moitos planos. Respectando o dereito a buscar camiños propios, máis nestes tempos en que cada día xorden buratos negros no noso mundo feliz. Reinventrse é un imponderable para todos.

Galicia ten un papel nesta “actualización” cubana. Contamos con importantes resortes e potencialidades en diversos campos que agardan instrucións e liderados converxentes. As dimensións, sen nós ser ningún xigante suramericano, son as apropiadas en termos de escala. Mesmo habería posibilidade de triangular accións coa nosa diáspora no Brasil. En anticiparse radica o éxito. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais