Aliás, a debilidade sobrevinda ao Royal Bank of Scotland e ao Bank of Scotland terá impacto non só no emprego do país, mais tamén no capital disponíbel para todo tipo de eventos culturais e deportivos escoceses, dado o seu tradicional compromiso cos valores nacionais. (Foto: Sucursal en Londres do Royal Bank of Scotland).

Dificultades para a independencia de Escocia

Na primavera de 2007 a nación escocesa daba un paso histórico ao dar a súa confianza maioritaria, por vez primeira, a unha formación nacionalista, o Scottish National Party (SNP). Isto traducíase na formación dun goberno do SNP, liderado por Alex Salmond, que contaba cun apoio parlamentar débil, ao ficar a súa formación con apenas 47 do 129 asentos do órgao lexislativo.

Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

Na primavera de 2007 a nación escocesa daba un paso histórico ao dar a súa confianza maioritaria, por vez primeira, a unha formación nacionalista, o Scottish National Party (SNP). Isto traducíase na formación dun goberno do SNP, liderado por Alex Salmond, que contaba cun apoio parlamentar débil, ao ficar a súa formación con apenas 47 do 129 asentos do órgao lexislativo.

Con todo, o SNP atrevíase a anunciar en agosto de 2007 a posta en andamento da National Conversation, que envolvía a utilización de diversos instrumentos para a confrontación e compilación de argumentos dos diversos axentes do país e que podería culminar na celebración en 2010 dun referéndum en que a nación do norte británico puidese manifestarse en relación á futura ligazón política a manter co resto do Reino Unido, ou que mesmo puidese expresar a vontade de que as autoridades escocesas comezasen a negociar a creación dun futuro Estado independente.

Aliás, a debilidade sobrevinda ao Royal Bank of Scotland e ao Bank of Scotland terá impacto non só no emprego do país, mais tamén no capital disponíbel para todo tipo de eventos culturais e deportivos escoceses, dado o seu tradicional compromiso cos valores nacionais. (Foto: Sucursal en Londres do Royal Bank of Scotland).A estratexia para atinxir os apoios políticos e sociais suficientes para a independencia, obxectivo real do SNP, tiña dúas dimensións fundamentais. Dun lado, era preciso convencer a opinión pública da viabilidade dunha Escocia independente, para o que se recorría a referencias próximas consideradas admirábeis e semellantes, como Irlanda ou Islandia. Doutro lado, traballábase no desenvolvemento de políticas públicas encamiñadas a mellorar notabelmente o nivel de vida dos cidadáns escoceses en comparación co resto de territorios do Reino Unido, a fin de que a cidadanía percibise como mellor a administración dos asuntos desde Edimburgo en detrimento da de Londres.

Mais o SNP encontrou un rival inesperado e terríbel: a crise financeira. Pola súa causa, as exemplares referencias e Islandia ou Irlanda pasaban a ser contraproducentes ao estaren a padecer o pau económico-financeiro de modo especialmente intenso. Ademais, o goberno de Londres debía intervir para axudar a banca escocesa, fortemente afectada debido á súa dependencia dos créditos hipotecarios, co que tamén a imaxe do executivo londinense gañaba enteiros perante o executivo escocés, sen competencias nin capacidade para poder tomar medidas na materia. Aliás, a debilidade sobrevinda ao Royal Bank of Scotland e ao Bank of Scotland terá impacto non só no emprego do país, mais tamén no capital disponíbel para todo tipo de eventos culturais e deportivos escoceses, dado o seu tradicional compromiso cos valores nacionais.

Finalmente, aínda apareceron dous novos obstáculos, cuxo papel na evolución do proceso pro-independencia aínda está por ver, mais que non pintan nada ben. En primeiro termo, debe referirse o nomeamento dun novo Secretario de Estado para Escocia, Jim Murphy, que xa se autoproclamou garante constitucional, o que para el significa estar inexorabelmente en contra dun referendum que poida significar un pronunciamento a prol da independencia. O movemento é especialmente importante se temos en conta que o novo Secretario xa non terá que levar á vez a pasta de Defensa, como si facía o seu predecesor, Des Browne. Deste modo, tal como aseveraba no pasado 3 de outubro o Telegraph, “espérase que Jim Murphy goce dun maior perfil que o seu predecesor ao norte da fronteira (con Escocia), e máis tempo para atacar ao Sr. Salmond”. Finalmente, foi filtrado á prensa que desde o contorno do laborismo están a prepararse accións legais que impidan a celebración do referendum.