Escocia foi a primeira paraxe de David Cameron na serie de visitas realizadas aos gobernos devolvidos. Na foto, á dereita, o Primeiro Ministro escocés, Alex Salmond, nunha visita ao President da Generalitat de Catalunya, José Montilla.

Escocia e a “axenda de respecto” de David Cameron

Inmediatamente despois do establecemento do acordo de goberno entre conservadores e liberaldemocratas, o xa primeiro ministro tory, David Cameron, puña a andar a que pasou a ser chamadaaxenda do respecto, que tiña como obxectivo principal transmitir ás autonomías británicas que o goberno central vai contar coas súas autoridades e as súas xentes na lexislatura que comeza.

Apartados xeográficos Nacionalismos
Idiomas Galego

Inmediatamente despois do establecemento do acordo de goberno entre conservadores e liberaldemocratas, o xa primeiro ministro tory, David Cameron, puña a andar a que pasou a ser chamadaaxenda do respecto, que tiña como obxectivo principal transmitir ás autonomías británicas que o goberno central vai contar coas súas autoridades e as súas xentes na lexislatura que comeza. Pretendíase fomentar a idea dun “novo comezo”, en palabras do propio Cameron, nas relacións entre un goberno conservador e as institucións devolvidas, levando en conta a desafección tradicional entre ostories e as autoridades autónomas escocesas, galesas e norteirlandesas.

A idea é que as relacións vaian o suficientemente ben como para que as autoridades autónomas axuden á coalición gobernamental conservadora-liberaldemocrata a executar un severo corte do gasto público nos próximos anos, tentando ademais evitar que este e o inevitable malestar que del se derivará veñan a ser utilizados como argumento-forza polos sectores independentistas.

Escocia foi a primeira paraxe de David Cameron na serie de visitas realizadas aos gobernos devolvidos. Na foto, á dereita, o Primeiro Ministro escocés, Alex Salmond, nunha visita ao President da Generalitat de Catalunya, José Montilla.A primeira das tres visitas producíase a Escocia, onde os conservadores non contan con boa prensa e onde nas pasadas eleccións de maio apenas foron capaces de atinxir 1 asento de 59. A isto ha de engadirse que é gobernada por un partido independentista que pretende someter a causa da secesión a referendum e que existe o temor, fundado, de que o actual goberno central liderado por conservadores evoque aquel da Dama de Ferro, de infame memoria para a nación do norte. Era, pois, lóxico e intelixente que David Cameron outorgase ao caso escocés unha atención preferente.

Con todo, se pretendía gañar, aínda que fose un pouco, o corazón do país máis septentrional do Reino Unido, debía levar algunha cousa debaixo do brazo. E así era: ofrecía poder atrasar o corte do gasto público até 2011 no territorio escocés, garantía unha parte dos beneficios derivados da extracción de petróleo no mar de Escocia e comprometíase a implementar as recomendacións de maior autonomía recollidas no relatorio da Comisión Calman, incluíndo as referidas á fiscalidade.

Nunha altura en que se espera que Alex Salmond presente, en breve, o seu proxecto de lei para a convocatoria do referendum de independencia, cabe agora preguntarse se as consecuencias dos ofrecementos de David Cameron irán ser as esperadas ou todo o contrario.

Dun lado, o atraso da implementación do corte do gasto público foi ofrecido, ademais de a Escocia, a Gales e Irlanda do Norte, tendo isto causado un comprensible malestar nas nacións inglesa e córnica, que teñen a sensación de que van soportar en solitario os rigores da crise económica internacional. Provoca isto un resentimento que, no caso escocés, vén sumarse á idea amplamente estendida de que Escocia conta con mellores servizos públicos dos que se pode permitir grazas a que llos pagan os ingleses.

Doutro lado, non falta quen pense que o debate sobre a devolución de certa autonomía fiscal a Holyrood podería acabar sendo unha discusión sobre a atribución dunha fiscalidade plena. Unha tal proposta contaría co apoio dos nacionalistas escoceses, que verían nisto un paso máis de cara á independencia total mais, paradoxalmente, podería contar con apoios doutros sectores ideolóxicos, incluíndo os tories. Ao cabo, se é certo que Inglaterra está a dar a Escocia máis do que recibe, outorgar á segunda autonomía fiscal sen ofrecer ningún complemento inglés, sería un modo de implementar o ansiado corte no gasto público escocés, probablemente con boa aceptación do goberno de Holyrood.