Cuarto artigo da serie "A globalización linguas"
Fonte: Instituto Cervantes

Español-Portugués como linguas globais

O español é a lingua materna de case 500 millóns de persoas no mundo, mentres que é a terceira lingua máis estudada no planeta. Pola outra banda, o portugués conta con cerca de 300 millóns de falantes nativos e según o Instituto Camoes, o portugués conta con 160.000 persoas que estudan a lingua lusófona. Tanto o portugués como o español son idiomas cunha larga traxectoria histórica, partindo do latín e evolucionando ata o idioma resultante da actualidade. 
Apartados xeográficos Outros
Palabras chave Galicia internacional
Idiomas Galego

O español é a lingua materna de case 500 millóns de persoas no mundo, mentres que é a terceira lingua máis estudada no planeta. Pola outra banda, o portugués conta con cerca de 300 millóns de falantes nativos e según o Instituto Camoes, o portugués conta con 160.000 persoas que estudan a lingua lusófona. Tanto o portugués como o español son idiomas cunha larga traxectoria histórica, partindo do latín e evolucionando ata o idioma resultante da actualidade. 

En 1492, cando Cristobal Colón chegou a América, non se fixo simplemente unha colonización territorial, senón que tamén realizouse unha colonización lingüística. Conforme pasou o tempo, as linguas que se falaban na actual América do Sur foron perdéndose e o idioma dos colonizadores pasou a ser a lingua utilizada polos colonos nos aspectos da súa vida diaria. Debido ao anterior, o español é a lingua oficial de 15 países que forma o continente americano. Non debemos esquecer tamén o territorio filipino, no que o español foi un idioma oficial ata o ano 1976 e sigue a utilizarse na actualidade. 

O portugués é a lingua oficial de 9 nacións do mundo, é ten unha historia similar á que ten o español. Neste caso, os portugueses chegaron en 1500 a Brasil, é proclamaron o país americano como unha colonia, e non foi ata 1822 que estes conseguiron a súa independencia do país lusófono. Ao igual que fixeron con Brasil, durante o período imperialista no século XIX, os portugueses partiron cara o continente africano e colonizaron países como Angola, Santo Tomé e Príncipe ou Guinea Ecuatorial que actualmente son algúns dos membros das PALOP (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa)

A pesar de que o portugués estea entre as dez primeiras linguas máis falada do mundo, non conta coa oficialidade en institucións públicas coma o FMI ou a OMS. Polo contrario, o español non sofre esta situación e é unha das linguas oficiais de as dúas organizacións mencionadas e mais doutras institucións moi relevante no plano das relacións internacionais como pode ser a ONU. 

Pode ser que a lusofonía non estea instaurada nos ámbitos das relacións internacionais públicas ao mesmo nivel no que está o español, pero iso non significa que non estea a ser utilizada en outros contextos globais, un dos ámbitos onde o portugués está a utilizarse máis é no mundo das redes sociais ou internet. Como menciona o Profesor Ricardo Tavares Lourenço da Universidade Metropolitana na súa aula maxistral Portugués: lingua global, trátase da segunda lingua máis utilizada en plataformas sociais como Facebook ou Twitter e tamén hai un incremento na cantidade de materiais que están sendo traducidos da lingua portuguesa a diferentes idiomas. 

Ao igual que o portugués, o español tamén está tendo un importante crecemento no mundo audiovisual. En plataformas como Netflix, podemos obter un importante catálogo de series e películas na lingua castelá. Como exemplo podemos empregar La Casa de Papel, serie española que podemos atopar entre as 10 series máis vistas no mundo en 2021. 

No caso de Portugal e España, teñen unha relación estreita desde hai moitos séculos xa que, formaron parte do mesmo Reino, comparte unha raíz lingüística e teñen dous nexos que os une: O galego e a Galiza.