Incógnitas panameñas

As eleccións presidenciais panameñas previstas para o próximo 4 de maio merecen un lugar de atención ante a perspectiva de definir diversas variables de carácter xeopolítico para o istmo, considerado unha das “estrelas económicas” en ascenso no contexto hemisférico. Coas expectativas sobre a ampliación do Canle de Panamá a partir de 2016, en especial tomando en conta a potenciación da Zona Libre de Colón (ZLC), cobra incidencia a cada vez maior preponderancia do comercio exterior con China, país co que Panamá non mantén relacións diplomáticas oficiais a diferenza de   Taiwán, así como dos avances panameños para inserirse dentro da Alianza do Pacífico, aproximándose así á estratexia impulsada por Washington.

Apartados xeográficos Latinoamérica
Idiomas Galego

As eleccións presidenciais panameñas previstas para o próximo 4 de maio merecen un lugar de atención ante a perspectiva de definir diversas variables de carácter xeopolítico para o istmo, considerado unha das “estrelas económicas” en ascenso no contexto hemisférico. Coas expectativas sobre a ampliación do Canle de Panamá a partir de 2016, en especial tomando en conta a potenciación da Zona Libre de Colón (ZLC), cobra incidencia a cada vez maior preponderancia do comercio exterior con China, país co que Panamá non mantén relacións diplomáticas oficiais a diferenza de   Taiwán, así como dos avances panameños para inserirse dentro da Alianza do Pacífico, aproximándose así á estratexia impulsada por Washington.

Nos medios españois, Panamá foi noticia a comezos de 2014 ante a polémica suscitada pola construtora española Sacyr co goberno de Martinelli sobre concesións na ZLC. Dentro do plano electoral, as candidaturas con maiores posibilidades de alzarse coa vitoria son as do empresario José Domingo Arias, do actualmente gobernante Cambio Democrático (CD) e amparado polo presidente Ricardo Martinelli, seguido do ex alcalde de Cidade de Panamá, Juan Carlos Navarro, do opositor Partido Revolucionario Democrático (PRD). A maior distancia está a candidatura do vicepresidente e empresario Juan Carlos Varela (Partido Panameñista, PPa), un ex aliado de Martinelli.

Con todo, Panamá vese sacudido nestes días por unha serie de folgas indefinidas e protestas sociais no sector educativo e, principalmente, da construción, precisamente focalizadas nas zonas achegadas á ZLC e na capital. Estas protestas cuestionan dun xeito notable o modelo económico panameño dos últimos anos, constantemente avaliado polos organismos financeiros e as consultoras internacionais debido a taxas medias anuais de crecemento económico calculadas entre 7-8%. Este crecemento tivo especial incidencia nun imparable boom inmobiliario en torno á zona da ampliación da Canle, cuxa intensidade expandiuse ás zonas do interior do país.

Persuadidos polo impacto electoral destas protestas, os candidatos presidenciais veñen reforzando nos seus respectivos discursos de campaña sobre a necesidade de impulsar políticas sociais, de combate á corrupción, de diminución das desigualdades sociais e de crecemento inclusivo. Segundo estatísticas oficiais, un 35% dos panameños seguen a vivir baixo a liña de pobreza, con todo o goberno asegura que nos últimos anos os estes índices de pobreza baixaron nun 25%.

Paralelamente, o debate político vese polarizado pola excesiva preponderancia de intereses empresariais na contenda electoral, principalmente dentro dos medios de comunicación, beneficiados por redes clientelares de poder instaladas desde fai décadas dentro dos partidos políticos e da administración de xustiza(1).

Con todo, está por ver cal será o impacto político dos proxectos de ampliación da Canle de Panamá a partir de 2016, así como das eventualidades e incertezas de que o mesmo permita a Panamá dar curso a unha apertura diplomática co respecto a China.

Sendo Panamá un dos países hemisféricos que recoñecen a Taiwán, a ampliación da Canle permítelle ó mesmo tempo impulsar un comercio bilateral sumamente importante con China, considerado despois de EUA como o principal socio comercial da zona do Canle, así como un dos seus principais activos financeiros a través do Bank of China instalado no Centro Bancario Internacional de Panamá. O fluxo comercial chinés a través da Canle de Panamá achégase incluso á Costa Leste de EUA, considerado a máis importante da ruta comercial dende Asia, e que inclúe igualmente a Corea do Sur, Xapón e Taiwán, entre outros(3).

Así e todo, a activa presenza chinesa na Canle contraponse coa aceleración das negociacións panameñas para ingresar na Alianza do Pacífico, organismo creado en 2012 por México, Colombia, Perú e Chile e da que Panamá posúe o estatus de Membro Observador Candidato. En setembro pasado, Panamá asinou un Tratado de Libre Comercio con Colombia que foi ampliado cara México a finais de marzo pasado, colocándoa nunha estratéxica posición para ingresar na Alianza do Pacífico. O fluxo comercial deste organismo con Panamá ascendeu a US$ 5.000 millóns en 2012(4).

Balanceándose entre a ascendente relación comercial con China a través da Canle e as súas expectativas por ingresar nunha Alianza do Pacífico claramente constituída como punta de lanza hemisférica do proxecto de Washington establecido na Asociación Transpacífica (2011), Panamá bascula unha dualidade na súa orientación xeopolítica, onde o factor comercial cobra o peso estratéxico. Con todo, a campaña electoral panameña escasamente abordou estas perspectivas, diluídas ante problemas máis inmediatos como a corrupción e a desigual repartición da riqueza, lastres que cuestionan o“milagre económico” panameño.

 

 

 



(1) A imbricación de intereses entre empresarios ligados ao sector comunicativo e o poder político é unha tendencia constante de polarización na opinión pública panameña. Para maior información, consultar: “Televisoras opositoras son los verdaderos partidos”, La Opinión (Panamá), 27 de abril de 2014. Ver en: http://laopinionpanama.com/nacional/politica/televisoras-opositoras-son-los-verdaderos-partidos/

(2) “El comercio marítimo forja un nexo millonario entre Panamá y China”, El País, 11 de abril de 2014. Ver en: http://internacional.elpais.com/internacional/2014/04/11/actualidad/1397184071_025682.html

(3) “Panamá avanza hacia la Alianza del Pacífico: finalizaron las negociaciones con México”, Banco Interamericano de Desarrollo (BID), Carta Mensual INTAL, Nº 212, Abril de 2014. Consultar en: http://www10.iadb.org/intal/cartamensual/Cartas/Articulo.aspx?Id=b0352d5d-f6c1-4d71-8f4e-3eec2988d0ec&lang=es