Por Luís Antonio González Fancisco
images IMAXE 1

Jama’at Nusrat al -Islam wal Muslim (JNIM) conglomerado xihadista da franxa saheliana.

O luns 19 de abril de 2021 unha patrulla contra a caza furtiva integrada por militares e gardas forestais na que ían os xornalistas españois David Beriain e Roberto Fraile, e o cidadán irlandés Rory Young cofundador da ONG Chengeta Wildlife, que asesora as autoridades de Burkina Faso dende xulio do 2020, foi obxeto dun atentado. No ataque foron asasinados os dous xornalistas, o activista irlandés e un militar burkinés. A acción foi reivindicada oficiosamente por Jama'at Nusrat al -Islam wal Muslim (JNIM) nunha comunicación que incluía imaxes do material capturado.

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
Idiomas Galego

O luns 19 de abril de 2021 unha patrulla contra a caza furtiva integrada por militares e gardas forestais na que ían os xornalistas españois David Beriain e Roberto Fraile, e o cidadán irlandés Rory Young cofundador da ONG Chengeta Wildlife, que asesora as autoridades de Burkina Faso dende xulio do 2020, foi obxeto dun atentado. No ataque foron asasinados os dous xornalistas, o activista irlandés e un militar burkinés. A acción foi reivindicada oficiosamente por Jama'at Nusrat al -Islam wal Muslim (JNIM) nunha comunicación que incluía imaxes do material capturado.

images IMAXE 1

Imaxe con material capturado distribuída polos xihadistas autores do atentado. Fonte: https://twitter.com/MENASTREAM/status/1387073170969088006

 

 “Unha das maiores derrotas dos inimigos  de Alá, na que morreron seus reis politeístas e os seus auxiliares, OS seus defensores e os seus valentes”.

Así foi como o cronista musulmán musulmán Ibn Abi Zar describiu a vitoria das tropas capitaneadas por Yusuf Ibn Tasfin fronte ao monarca cristián Alfonso VI. A batalla desenvolveuse perto de Badaxoz, en Sagrajas. Era o ano 1086. O 2 de marzo do 2017, a denominación árabe desa batalla, Az-Zallāqa, chamada así porque o terreo tornouse esvaradizo polo sangue vertido nos combates, foi elexida para dar nome a produtora responsable das comunicacións dunha nova organización xurdida da unión de varios grupos xihadistas que operan na rexión do Sahel.

Iyad Ag Ghaly, un tuareg natural de Malí, líder de Ansar Dine e cabeza visible da nova asociación incidiu na necesidade da fusión do seu grupo con Al Murabitoun, a Fronte de Liberación de Macina (FLM), e a rama de Al Qaeda no Sahel, Al Qaeda no Magreb Islámico (AQMI). A nova formación tomou o nome de Jama'at Nusrat al-Islam wal-Muslimin (Grupo de Apoio ao Islam e aos Musulmáns). Antes da difusión do vídeo no que se oficializaba a unión, publicitábase co lema “un só estandarte, unha organización, un emir”.

Iyad Ag Ghaly, compareceu xunto a Amadou Kouffa (FLM), Yahya Abu Hammam (AQMI Sahara), Abu Hassan Al Ansari (Al Murabitoun) e Abu Rahman Senhadji (AQMI). Nunha grabación de pouco máis de sete minutos de duración declarou:

"Nesta bendita ocasión, renovamos nosa promesa de lealdade aos nosos honorables emires e xeques: Abu Musab Abdel Wadoud, noso amado e sabio xeque Ayman al Zawahiri e ao emir do Emirato Islámico en Afganistán Mullah Haibatullah, que Alá os protexa e os apoie”.

images IMAXE 2

Fotograma do vídeo de presentación de Jama'at Nusrat al-Islam wal-Muslimin. De esquerda a dereita Amadou Koufa, Yahya Abu Hammam, Iyad Ag Ghaly, Abu Hassan Al Ansari e Abu Rahman Senhadji. Fonte: https://www.descifrandolaguerra.es/yihadismo-en-el-sahel/

 

Esta fórmula de anunciar o bayaat (xuramento de lealtade) ao líder dos talibáns afganos, xa foi realizada no pasado, incluso antes dos atentados do 11S, por Osama Bin Laden e polo seu sucesor, Ayman Al Zawahiri, cuxa organización, Al Qaeda, recibe, cando menos nominalmente, do dirixente dos talibáns, a quen denominan "Emir ul-Mu'minin", (O que dirixe aos fieis), a autorización para cometer atentados en calquera parte do mundo. Trátase dun mero formulismo xa que non hai indicadores da influencia dos talibáns sobre Al Qaeda fora do territorio afgano. Ghaly afirmou que Ansar Dine, Al Mourabitun e AQMI uníronse nun grupo baixo o mando dun emir contra “o inimigo cruzado ocupante”. Non fixo unha referencia específica a Katibat Macina (Fronte de Liberación de Macina) probablemente por consideralo parte de Ansar Dine.

Ansar Dine, cuxo nome significa “Os Defensores da Fe” foi fundando por Iyad Ag Ghaly, tamén coñecido coma “o león do deserto”, en decembro do 2011. Meses antes tíñase ofrecido coma líder do  Movemento Nacional para a Liberación de Azawad, sendo rexeitado polo grupo tuareg. No pasado Ghaly traballou coma diplomático para o goberno de Malí e foi negociador con AQMI para a liberación de reféns. No 2012 o grupo fíxose co control de Tombuctú, Kidal, Gao e os seus arredores implementando unha visión rigorista da sharia, a lei islámica. En xulio do 2012 destruíu na cidade de Tombuctú sete mausoleos que formaban parte do Patrimonio Mundial das Nacións Unidas. No ano 2014 o grupo non tivo moita actividade, circunstancia que variou no 2015 cando puxo en marcha unha violenta campaña sostida no tempo.

Katibat Macina foi fundada en xaneiro do 2015 por Amadou Kouffa, un relixioso natural de Malí pertencente a etnia fulani. O grupo tiña coma base de operacións a rexión de Mopti, no centro do país. Tomou seu nome dun estado fulani establecido na  zona no século XIX. A pertenza a esta etnia de Amadou Kouffa serviu coma reclamo para que fulanis pasasen a engrosar as filas da súa organización. Despois de que as forzas armadas francesas despregasen a Operación Serval en 2013 e expulsasen aos xihadistas da zona, as  tensións étnicas e os  abusos cometidos polo exército de Malí fomentaron as adhesións a Fronte de Liberación de Macina.

AQMI naceu o 25 de xaneiro do 2007 cando o GSPC (Grupo Salafista para a Predicación e ol Combate) cambiou a súa denominación pola de Al Qaeda no Magreb Islámico converténdose de maneira «oficial» na facción na rexión do grupo entonces dirixido por Osama Bin Laden. Seu liderazgo foi encomendado a Abdelmalek Droukdel, tamén coñecido coma Abou Moussab Abdelouadoud  ata entón dirixente do GSPC. Foi elexido polos 14 membros do Majlis al Ayan (Consello de Xefes), que renovan o cargo e o xuramento de lealdade con periodicidade anual. O grupo estableceu a súa área de operacións en Arxelia, ao leste de Mauritania, ao oeste de Níxer e o norte de Malí. En outubro do 2011 Abdelmalek Droukdel iniciou unha violenta campaña en Malí prestando tamén apoio financeiro, loxístico e militar a Ansar Dine.

Entre os fundadores de AQMI atopábase tamén Mokhtar Belmokhtar, veterano do xihadismo antisoviético no Afganistán e líder dun grupo que operaba na fronteira de Arxelia con Malí. A finais do 2012 creou seu propio grupo chamado Katibat al-Mulathamun (O Batallón de Aqueles que Firman con Sangue). No 2013 a súa organización foi responsable dun secuestro con reféns en Arxelia co resultado de 38 civís mortos e dun atentado suicida en Níxer que causou 26 víctimas mortais. Ese mesmo ano o grupo de Belmokhtar  fusionouse con outro grupo xihadista o MUYAO (Movemento para a Unicidade e a Xihad en África Occidental) adoptando o nome de Al Murabitoun, organización responsable de violentos atentados en territorio maliense.

No 2015, Belmokhtar converteuse en emir de Al Murabitoun e el 11 de novembro dese mesmo ano coordinou súas forzas con AQMI para atacar o Raddison Blu Hotel na capital de Malí, Bamako, secuestrando a 170 civís e matando a máis de vinte. O 4 de decembro do 2015, Abdelmalek Droukdel, líder de AQMI anunciou de maneira oficial a fusión do seu grupo con Al Murabitoun para manter la unidade contra inimigo cruzado ocupante en termos similares aos empregados na presentación de Jama'at Nusrat al-Islam wal-Muslimin (JNIM).

Tres días despois do anuncio da fundación do grupo, o 5 de marzo de 2017, JNIM realizou seu primeiro ataque contra unha base militar en Boulikessi, no centro de Malí asasinando a 11 soldados nunha acción reivindicada a axencia de noticias mauritana ANI.

Nos anos seguintes o grupo seguiu reivindicando varios atentados terroristas contra obxetivos diversos coma a embaixada francesa e instalacións militares burkinesas en Ougadougou (Burkina Faso) que deixou 11 mortos en máis de 80 feridos (2 de maio do 2018); contra instalacións da ONU no aeroporto maliense de Tombuctú  no que foi asasasinado un integrante da ONU sendo eliminados tamén 16 xihadistas (14 de abril do 2018) ou contra a sede da forza conxunta antiterrorista G-5 Sahel no que faleceron dous militares e un civil (30 de xunio do 2018)

O JNIM tamén recibiu importantes golpes das forzas antiterroristas. Hassan al-Ansari alias de Mohamed Ould Nouini, foi eliminado nun ataque francés en febreiro do 2018 en Malí e en xunño o emir de AQMI, Abdelmalek Droukdel, morreu xunto a varios dos seus colaboradores no norte de Malí nunha operación das tropas francesas e os seus socios locais.

images IMAXE 3

Ataques xihadistas  en África no período marzo 2017 a maio 2020). Fonte: https://newlinesinstitute.org/isis/isis-in-africa-the-caliphates-next-frontier

 

O Global Terrorism Index (GTI) 2020 do Institute for Economics & Peace sinala que "Sete dos dez países co maior aumento do terrorismo atópanse na África subsahariana: Burkina Faso, Mozambique, República Democrática del Congo, Malí, Níxer, Camerún e Etiopía".

Jama'at Nusrat al-Islam wal-Muslimin e soamente unha das organizacións terroristas que operan na zona do Sahel na que conflúen diversos actores armados, estatais, non estatais (xihadistas e bandas criminais) e paraestatais (grupos de autodefensa). Este statu quo, ao que hai que engadir a pobreza que asola a rexión conforma un escenario propicio para que se sosteñan no tempo esta organizacións terroristas que constitúen un elemento desestabilizador de primeiro orde.