Unha análise de Martín Boado Carro (estudante en prácticas da USC)

Kirguistán marca o camiño democrático de Asia Central

O pasado domingo 4 de outubro celebráronse as eleccións máis democráticas e competitivas ata a data en Asia Central. Os cidadáns kirguises elixiron deste xeito un novo parlamento baixo as regras establecidas na nova Constitución do ano 2010. 

O partido do carismático presidente Almazbek Atambayev – Partido Social Demócrata (SDPK, en adiante) – revalidou goberno nunhas eleccións nas que, case por primeira vez dende a independencia do país, ían contar con una oposición forte e ben organizada. O 27,4% dos votos obtidos polo SDPK tradúcense en 38 asentos sobre os 120 cos que conta o Parlamento, polos 28 escanos (20% dos votos) obtidos polo principal partido da oposición, Respublika-Ata Jurt. Catro partidos máis conformarán un Parlamento no que o Ar-Namys non puido superar o albor do 7% para obter novamente representación. O Kyrgyzstan Party (12,8%) será a terceira forza, seguida por Onuguu-Progress (9,3%), Bir Bol (8,5%) e Ata Meken Socialist Party (7,7%).

Apartados xeográficos Asia
Idiomas Galego

O pasado domingo 4 de outubro celebráronse as eleccións máis democráticas e competitivas ata a data en Asia Central. Os cidadáns kirguises elixiron deste xeito un novo parlamento baixo as regras establecidas na nova Constitución do ano 2010. 

O partido do carismático presidente Almazbek Atambayev – Partido Social Demócrata (SDPK, en adiante) – revalidou goberno nunhas eleccións nas que, case por primeira vez dende a independencia do país, ían contar con una oposición forte e ben organizada. O 27,4% dos votos obtidos polo SDPK tradúcense en 38 asentos sobre os 120 cos que conta o Parlamento, polos 28 escanos (20% dos votos) obtidos polo principal partido da oposición, Respublika-Ata Jurt. Catro partidos máis conformarán un Parlamento no que o Ar-Namys non puido superar o albor do 7% para obter novamente representación. O Kyrgyzstan Party (12,8%) será a terceira forza, seguida por Onuguu-Progress (9,3%), Bir Bol (8,5%) e Ata Meken Socialist Party (7,7%).

A importancia destas eleccións transcende polo seu anómalo carácter competitivo e máis transparente respecto a comicios anteriores na rexión centroasiática. Trátanse das eleccións con máis gasto electoral en marketing político na historia de Kirguistán (televisión, prensa escrita, flyers,…), o cal explica o auxe competitivo e imprevisible das mesmas. O crecente número de partidos que terán representación no parlamento racha coa tendencia despótica e centrada nunha soa persoa ou partido que caracteriza á maioría de gobernos na rexión, dotándose dunha maior pluralidade que axude a sentar as bases dunha democracia parlamentaria.

Estas disputadas eleccións en Kirguistán rompen co estereotipo de Asia Central como rexión autoritaria, se ben axudou a entrada en vigor da Constitución firmada no 2010, que, entre outras cousas, prevé que o control do poder resida nunha única persoa, unha máis xusta competición entre opositores, un límite de representación parlamentaria do 60% ou que garante o control das minorías sociais sobre os comités. Pese a todas estas melloras que foron advertidas por observadores locais e internacionais, tamén rexistráronse algunhas irregularidades que sinalaron ao presidente Atambayev e ao seu partido por un uso controlado dos medios de comunicación estatais máis do sector público con fins electorais. Outras acusacións sinalan a varios partidos nunha posíbel compra de votos e subornos. Con todo, as eleccións gozaron dunha maior transparencia nas contas dos partidos, ademais dun maior profesionalismo político nas listas electorais en detrimento dos membros máis ricos.

Aínda que se fixeran melloras democráticas, foron unhas eleccións con certa controversia. O goberno implantou un ano antes das eleccións un método de identificación biométrico e dixitalizado, polo cal todo cidadán que optara a que se lle recoñecera o seu voto debía superar os trámites de rexistro. Isto provocou que centos de miles de persoas non puideran rexistrarse para ter dereito a voto, ben porque non entraron dentro do prazo establecido polo goberno ou ben porque non se contou coa enorme cantidade de kirguises que migraron cara outros estados (Rusia, Kazajstán ou EUA, maioritariamente) na procura de oportunidades laborais. En total, rexistráronse preto de 2,7 millóns de persoas. Este método impúxose coa finalidade de paliar o fraude electoral e evitar, deste xeito, que se votara máis dunha vez por persoa. Con todo, algúns organismos internacionais como a Organización para a Seguridade e Cooperación na Europa (OSCE) criticou a falta e a xestión da información respecto á identificación biométrica, o cal provocou unha menor participación electoral. A controversia da identificación dixital aumentou coa destitución da xuíza Klara Sooronkulova, por impugnar a resolución do test biométrico de identificación tan só uns meses antes e que posteriormente foi anulada.

Unha vez pasadas as eleccións, os partidos teñen a responsabilidade de formar un goberno en coalición que confronte os principais problemas que sacoden ao país centroasiático. A corrupción segue estando á orde do día nas institucións. Ademais, o crecente nacionalismo extremista máis o achegamento do radicalismo islámico son temas importantes da axenda. Cómpre ademais atallar o declive económico ruso, que afecta a milleiros de kirguises na diáspora. O goberno ten tamén que seguir xestionando con man esquerda as tensións étnicas, especialmente entre uzbekos e kirguises, que xa sacudiron o país no ano 2010. Neste senso, haberá que seguir aumentando a porcentaxe desas minorías étnicas e sociais na vida pública, que aínda segue nun nivel moi baixo no caso das mulleres, que conforman tan só o 22% do parlamento. Porén, algúns observadores destacan a escasa capacidade reformista que ofertan a maioría de partidos, se cadra coa excepción de Respublika-Ata Jurt, aínda que dependerá de quen entre na coalición de goberno.

Omurbek Babanov, líder do principal partido opositor, obtivo un gran resultado electoral, destacando coma un dos principais candidatos de cara ás eleccións presidenciais do ano 2017. A supremacía no poder de líderes como Babanov ou Atambayev explícase pola crecente desafección política da mocidade, o cal representa un dos aspectos pendentes de mellora para os próximos anos. Segue a existir moita inestabilidade e divisións internas dentro dos partidos, ao tempo que segue a primar o liderado individual sobre o traballo colectivo.

Estas eleccións deben marcar as pautas do progresivo establecemento de sociedades máis democráticas na rexión de Asia Central. Deberan tomarse como un exemplo de competencia e seguir mellorando na área de transparencia, coa finalidade de que os países centroasiáticos deixen atrás un sistema político baseado no autoritarismo dunha oligarquía política acomodada no poder. Por todo iso, o novo goberno de coalición ten a obriga de seguir pulando polo establecemento dun réxime democrático cada vez máis transparente, competitivo e limpo que amose aos demais países centroasiáticos o camiño a seguir de cara a unha sociedade máis igualitaria e xusta.