Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
El País 5 de Setembro de 2016 Ríos

Nova leña ao lume

Fonte: BBC

Tres son as cuestións principais que se dilucidaban nestes comicios, sen dúbida, os máis polémicos e cruciais dos últimos tempos en Hong Kong, feito reflectido na alta participación. Dunha parte, si o campo pro-democracia podería manter ou ata ampliar a súa franxa de apoio, cifrada en 27 escanos na lexislatura precedente. Doutra, calibrar o impacto electoral do activismo asociado á “Revolución dos Paraugas?. Para rematar, si os resultados poderían ou non servir de argumento para que o actual Xefe da Rexión Administrativa Especial, Leung Chun-ying, aspire a un segundo mandato o próximo ano.

A primeira cuestión é clave para avaliar a capacidade de exercer o poder de veto sobre as reformas legais auspiciadas por Beijing. É a retención destes escanos o que, a final de contas, impediu que a lexislación anti-subversiva ou o proxecto de introducir unha educación “patriótica” e unha restritiva reforma electoral saísen adiante no Consello Lexislativo. A oposición conservará este valioso atributo.

Coa Revolución dos Paraugas (2014) irrompe unha nova xeración no mapa político de Hong Kong ao abrigo de formulacións máis rupturistas. Persistía a dúbida sobre o seu impacto no campo demócrata, que podería chegar a dividir. Ao cabo, xubilou a históricos da oposición, radicalizándoa pola vía dun maior apego localista. Na veciña Taiwan, o Movemento Xirasol (2014) irrompeu no mapa político desarbolando a estrutura de partidos tradicional pero contribuíndo á vez á clamorosa derrota do pro-continental Kuomintang. A presenza desta nova forza no Consello Lexislativo está garantida e é un claro signo de que as novas xeracións non se conforman e esixen cambios. 

O significado da votación é tamén clave para a reelección de Leung Chun-ying. A súa impopularidade foi en paralelo á incapacidade para profundar no autogoberno e conter as intromisións do goberno central. A iso súmanse as dificultades económicas. Con estes resultados, Leung, que non decidiu se vai presentarse á reelección, non salva de todo a cara. O balance final do campo pan-demócrata pode levar ao goberno central a deixar caer a Leung. 

Os resultados encallan a política continental en Hong Kong. As insuficiencias e fraxilidades da fórmula “un país dous sistemas” alentan a novos sectores sociais que non dubidan en zarandear as inercias tradicionais, ben coñecidas polo goberno central. Están en cuestión os tabús do sistema establecido, incluída a inflexibilidade do Partido Comunista de China á hora de integrar as demandas de máis democracia e un sufraxio universal sen restricións. Si non move peza, Beijing ten dor de cabeza para tempo. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais