O avespeiro sirio

Os recentes ataques na capital libanesa Beirut contra un Centro Cultural iraniano e unha sé do grupo islamita libanés Hizbulá, con decenas de mortos e presuntamente reivindicados por un grupo yihadista vinculado á rede Al Qaeda, confirma a percepción de inevitable rexionalización do conflito armado que desgarra a Siria desde 2011, tomando como móbil de actuación unha aparente resposta ao apoio de Teherán e do Hizbulá ao réxime de Bashar al Asad en Damasco.

Apartados xeográficos Oriente Medio
Idiomas Galego

Os recentes ataques na capital libanesa Beirut contra un Centro Cultural iraniano e unha sé do grupo islamita libanés Hizbulá, con decenas de mortos e presuntamente reivindicados por un grupo yihadista vinculado á rede Al Qaeda, confirma a percepción de inevitable rexionalización do conflito armado que desgarra a Siria desde 2011, tomando como móbil de actuación unha aparente resposta ao apoio de Teherán e do Hizbulá ao réxime de Bashar al Asad en Damasco.

Coas crises de Ucraína e Venezuela en plena efervescencia, o conflito sirio vese paulatinamente relegado do centro de atención mundial, sumido na indiferenza a pesar da riada de mortes ocorridas nas derradeiras semanas por combates en localidades como Aleppo e Homs, ambas fortemente castigadas pola ferocidade dos mesmos. Con todo, a expansión do conflito sirio cara a veciña Líbano, un escenario previsible tomando en conta a concreción de actores e intereses existentes, determina probablemente unha nova fase do conflito.

Resulta evidente a fractura no seo da Coalición Nacional Siria e do seu brazo armado, o Exército de Liberación Sirio (ELS), a plataforma opositora al réxime de Bashar al Asad que conta co frontal apoio de EUA, Europa, Turquía e Arabia Saudita, así como do tácito pero non menos prudente apoio israelí. O avance das milicias yihadistas, como a Fronte Al Nusra e o Estado Islámico de Iraq e do Levante (EIIL), da a entender dunha “mini-guerra civil” dentro da oposición siria, nun pulso de poder que paralelamente intensifica a guerra contra o réxime de Bashar al Asad e os seus aliados, con especial incidencia na recente intervención do Hizbulá e de elementos da Garda Revolucionaria Islámica iraniana, e que permitiron ao réxime sirio fortalecer o seu control da capital Damasco e avanzar posicións noutras cidades.

A intensidade do yihadismo islamita, especialmente do EIIL, a través dos seus ataques en Siria e Líbano, confirma a inevitable rexionalización do conflito sirio, o cal pode colateralmente alcanzar á veciña Iraq, país que celebrará eleccións parlamentarias en abril próximo en medio dunha renovación dos ataques terroristas nas derradeiras semanas.

O contexto actual implica igualmente observar outros factores que poden influír no acontecer sirio. Un deles ten que ver coa complicada posición de Rusia, case absolutamente concentrada na gravidade da crise ucraína e no intenso pulso xeopolítico con Occidente. Paralelamente, os avances no acordo nuclear entre Irán e o G5+1, que evidencian certa distensión entre Teherán e Washington, supón un factor de irritación e preocupación constante para Israel e Arabia Saudita, en particular nas súas relacións con Washington.

 

Estes factores gravitan con diversos niveis de intensidades nun conflito cada vez máis rexionalizado, sumido na incertezas e nunha crise humanitaria en aumento, toda vez a comunidade internacional prefire agora, paulatinamente, diluílo e mirar cara outro lado.