O gran reto: a Axenda de Desenvolvemento Sostible

A xa mainstream Axenda 2030 estase a converter no axente catalizador de moitos dos procesos de transformación e desenvolvemento arredor de todo o global. A través dos doados de lembrar “cadriños de cores” -os 17 ODS- se instrumentan políticas e iniciativas sociais, económicas e medio ambientais, enfocadas a través de cinco eixos, as 5P (en inglés): planeta, persoas, prosperidade, paz e alianzas que deben, ao longo da próxima década, converter o noso mundo nun lugar mais habitable, xusto e sostible.

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
Palabras chave ods Obxectivos 2030
Idiomas Galego

A xa mainstream Axenda 2030 estase a converter no axente catalizador de moitos dos procesos de transformación e desenvolvemento arredor de todo o global. A través dos doados de lembrar “cadriños de cores” -os 17 ODS- se instrumentan políticas e iniciativas sociais, económicas e medio ambientais, enfocadas a través de cinco eixos, as 5P (en inglés): planeta, persoas, prosperidade, paz e alianzas que deben, ao longo da próxima década, converter o noso mundo nun lugar mais habitable, xusto e sostible.

Non é o cometido deste artigo entrar ao debate do que representa esta Axenda e as súas limitacións, senón considerar a necesidade de aproveitar as súas potencialidades e os espazos que ofrece para a actuar grazas a súa ampla aceptación e a consecuente asunción de obxectivos e metas por parte de todos os actores existentes. Sen embargo, en tanto que a súa lexitimación a través do seu uso ben merece unhas liñas que reconsideren tanta as súas orixes coma o seu rumbo, recomendarei encarecidamente que os lectores e lectoras que acudan a dous textos: por unha banda, e coma toma de contacto introdutoria, a do profesor José Antonio Alonso (2015): ”La Agenda 2030 para el desarrollo: ¿Es una agenda transformadora?”; e por outra, e cunha argumentación mais incisiva: “La Agenda 2030: ¿cambiar el mundo sin cambiar la distribución del poder?” ,de Ignacio Martínez Martínez e Pablo José Martínez Oses (2016).

Por baixando xa na súa aplicación, a días de que se presente o informe anual (2019) de cumprimento da Axenda 2030 e coa -agardemos- pronta formación dun novo goberno progresista no Estado español, é necesario poñer sobre a mesa a necesidade de abrir a debate a estratexia deste (en caso de existir) en relación có desenvolvemento sostible. Tras a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa e do PSOE ao goberno hai agora un ano, emprendeuse un cambio significativo con respecto á implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas, outorgando mais peso a este proxecto e comezando a construír as ferramentas necesarias para comezar a percorrer o camiño. Pero queda o mais difícil, que non é outra cousa que realizalo.

Este proceso de reestruturación aflorou e febreiro deste ano coa publicación do ‘Informe de Gobernanza’ sobre “los mecanismos e instrumentos de coordinación para la implementación de la Agenda 2030 en España” e a aprobación no Consello de Ministros da reestruturación do entramado institucional encargado de aplicala; a modificación do ‘Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030’, a creación dunha ‘Comisión Nacional para la Agenda 2030’ como órgano de cooperación entre o Estado, as Comunidades Autónomas e as administracións locais, e a creación dun ‘Consejo de Desarrollo Sostenible’ que funcione como órgano asesor e de colaboración que estableza unha interrelación coa sociedade civil. Ademais, tamén se reforzaron os eventos relacionados có seguimento e cumprimento da mesma para mellorar a súa posta en marcha(1).

E é que hai só un ano, e tras o balance anual da ‘Red de Soluciones para el Desenvolvemento Sostenible’ (impulsada por Nacións Unidas e o Observatorio de Sostenibilidade), o Estado español suspendía no cumprimento dos 17 ODS. E se ben é certo que nin un só país cumpría suficientemente como para acadar as metas definidas en 2030, o Estado español atopábase realmente lonxe dos outros países na cabeza (os nórdicos) e incluso nunha posición relativa peor ao de outros Estados coma Brasil, México ou Italia, de quen se valoraban positivamente medidas que aquí tardaron moito mais en adoptarse, coma a creación de órganos e unidades competentes para aplicar e coordinar a Axenda e outros que aínda non se deran como establecer Estratexias Nacionais para o Desenvolvemento Sostible.

Este é, sen dubida algunha, o seguinte paso necesario para aterrar na xestión política a Axenda 2030. Construír unha Estratexia Nacional de Desenvolvemento Sostible que substitúa e amplíe a “vixente” de 2007 para, polo menos de cara á próxima década, constituírse nunha prioridade absoluta para o Executivo que ven. Xa que, a pesar de que se trata dunha iniciativa global, que fai imprescindible a involucración de niveis superiores (como a propia Unión Europea) así coma lexislacións e harmonizacións suprarrexionais en moitos ámbitos, incluso para o cumprimento de moitos aspectos a nivel nacional, é esencial que exista unha senda sobre a que poidan circular as accións políticas sobre desenvolvemento sostible no terreo operativo onde se constrúen, e isto é o Estado-nación, o español neste caso.

Recuperando agora esa gran crítica que se lle fai a Axenda 2030, a ausencia de mais participación democrática na súa construción e dunha maior transparencia nos procesos decisorios, creo que é posible paliar, en certo modo, algunhas desas carencias na súa construción nacional. Para iso, a estratexia de desenvolvemento sostible debe ir máis aló, e deberá dotar de capacidade de discusión e decisión a poboación, articulada a través das diferentes posibilidades existentes, sendo así mesmo importante achegar esta axenda ás institucións subestatais -especialmente as entidades locais- en tanto que son as que mais posibilidades teñen para instrumentar esta axenda no día a día.

E isto non debe quedar nunha retórica baleira na que se apela a participación da “sociedade” e das “organizacións civís”, senón que é necesario entender toda a Axenda 2030 coma un proceso aberto que debe ser interpretado e aplicado por eses actores locais dos que falamos, cunha estrutura de “abaixo arriba”, para o que é imprescindible a súa consideración e participación na elaboración do documento estratéxico que plasme ese camiño cara a consecución das 169 metas de referencias.

Será imperioso tamén doutar ao Parlamento coas ferramentas e recursos necesarios para o control da mesma, de modo que se involucre, coma non podía ser doutro xeito, aos partidos políticos na súa correcta xestión e aplicación, sen prexuízo dos informes, controis e auditorías que se leven a cabo nos diferentes niveis subestatais e locais que garantan non só o seu cumprimento, senón a necesaria transferencia de coñecementos e procesos entre os mesmos. Esta gobernanza a diferentes niveis non debe representar un desdebuxo das responsabilidades, senón que unha vez asumida esta coma unha “estratexia de todos”, ten coma obxectivo aumentar tanto a súa calidade democrática coma as súas posibilidades de éxito.

Coma ben declaraban fai uns días de forma conxunta os altos cargos de tres grandes representantes do terceiro sector en España (Oxfam, WWF e UNICEF) “é necesario que o goberno se suba ao tren dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”. Articular todas estas demandas cruzadas e conxugalas cos intereses privados, que van mais aló do beneficio da maioría de poboación, e mais coas actuais correlacións de forzas nun mundo cada vez mais desigual, non é un reto sinxelo, pero xogámonos o noso futuro, xogámonos conseguir un planeta sostible, e se non empregamos esta xanela de oportunidade que nos ofrece a Axenda 2030, estaremos deixando escapar unha gran posibilidade de alcanzalo algún día.

 


(1) Informe de Gobernanza (Consello de Ministros 15/02/2019): https://www.agenda2030.gob.es/sites/default/files/INFORME_DE_GOBERNANZA_AC_2030_1.pdf