Os recentes ataques terroristas en París xeraron unha grande onda expansiva, especialmente en Europa, pero tamén mais aló, con moitos países fortalecendo a seguridade e intensificando os controis sobre os refuxiados, vítimas por partida dobre desta situación. Europa non é xa un lugar seguro. En EUA, varios gobernadores rexeitaron aceptar máis refuxiados sirios –a pesar da moita responsabilidade de Washington no estado das cousas en Damasco- co argumento das preocupacións de seguridade. Os primeiros datos que apuntaban a que un dos terroristas involucrados nos atentados de París tiña pasaporte sirio –resultou ser falso- e seica entrara como refuxiado, alentaba a idea de que podían camuflarse entre os refuxiados que fuxían da guerra. Unha hipótese que pasa por alto que os terroristas teñen outras vías alternativas e seguras e dificilmente optarían polo calvario de penurias e incertezas que tantas vidas custan aos refuxiados.

Europa , en proceso de deconstrución hai tempo, vai camiño de introducir controis fronteirizos mais estritos mentres, como aconteceu en EUA, un grupo crecente de estados amósanse reticentes a recibir refuxiados, deteriorando aínda mais a crise, só en aparencia mitigada porque desapareceu dos nosos televisores.
Na fronte paralela, máis voces reclamaron a urxencia dun acordo político sobre a crise siria. En Viena reuníronse Rusia, EUA e as potencias europeas e do Oriente Medio polo momento sen froitos sobre o calendario de transición. Mais doado pareceu o consenso sobre a prioridade que supón a loita contra Daesh, a expensas dunha cooperación sobre o terreo. Pero nun caso e noutro, segue sen estar clara a posición e determinación dos diferentes interlocutores. Como en tantas cousas, sobran cinismos e dobres varas de medir. Xa o dixera o noso Plácido Castro: a diplomacia é unha cousa tan delicada que non resiste a presenza da verdade.
Por mais que Francia, EUA ou Reino Unido, ou a propia Rusia sumen capacidades militares no Golfo para calmar as súas respectivas cidadanías, sen unha solución política que contemple horizontes de medio prazo será imposible evitar a reiteración desta traxedia e o terrorismo continuará a súa escalada. A violencia pola violencia leva a máis violencia. Crer que pode resolver o problema é unha ilusión. Por mais poderosos que sexan os gobernos occidentais e dispoñan do armamento mais moderno, sen iniciativas políticas de alcance derivaremos na impotencia.
Pero a cuestión central que todos eluden en Europa é a dimensión da nosa responsabilidade no que está a acontecer. Sen esa autocrítica só estaremos contribuíndo a disimular as aparencias por mais que o PS de Hollande e Valls, cos seus avións de combate sobre Siria, obteña bos resultados nas eleccións rexionais do 6 e 13 de decembro.