O reparto de Iraq

Para EUA e Europa, a crise iraquí estase a converter nun rueiro sen saída basicamente provocado polas consecuencias establecidas pola invasión unilateral liderada por Washington e os seus aliados en 2003 e os inesperados cambios nunha xeopolítica rexional que anuncia outra transformación do mapa político de Oriente Próximo.

Apartados xeográficos Oriente Medio
Idiomas Galego

Para EUA e Europa, a crise iraquí estase a converter nun rueiro sen saída basicamente provocado polas consecuencias establecidas pola invasión unilateral liderada por Washington e os seus aliados en 2003 e os inesperados cambios nunha xeopolítica rexional que anuncia outra transformación do mapa político de Oriente Próximo.

 
               Neste sentido, o histórico anuncio da chanceler alemá Angela Merkel de prover de armamento e loxística ás forzas iraquís e ás milicias peshmergas dos curdos do norte de Iraq para loitar contra as milicias yihadistas de Estado Islámico de Iraq e do Levante (EIIL), ven a confirmar as erróneas expectativas occidentais sobre o caótico Iraq de posguerra. Un anuncio histórico porque desde a posguerra de 1945, a Constitución alemá establece a imposibilidade de enviar armamentos a zoas de conflito, prerrogativa que Merkel altera agora nun contexto tan volátil e incerto como é o Iraq actual.
 
               Para Washington, sumar a Alemaña, tanto como a Gran Bretaña e Francia, na configuración dunha fronte militar contra o EIIL, define os trazos dunha estratexia probablemente en cernes: a certificación da desintegración territorial do Estado iraquí, procreando a cámara lenta a configuración histórica dun Estado curdo ao norte de Iraq, cuxas repercusións xeopolíticas de cara a Turquía, Siria e Irán vense considerables.
 
               Alén dos recursos enerxéticos e hidráulicos do Curdistán iraquí, dos que EUA e os seus aliados tentan asegurar ante calquera eventualidade, Washington semella persuadido a tentar equilibrar un novo mapa xeopolítico rexional, onde os conflitos sectarios en Siria, Iraq e incluso Líbano poden dar curso a unha política de balcanización, se ben xa establecida con anterioridade polo seu aliado israelí pero que pode supor a reconfiguración dun Oriente Próximo atomizado e debilitado, unha perspectiva xa anunciada con anterioridade polos efectos consecuentes da post-Primavera árabe, en particular en Exipto.
 
Persuadido de que o seu foco estratéxico está en Asia-Pacífico, o presidente Barack Obama vese contrariado a abordar unha estratexia global para Oriente Próximo. Os canais de apertura cara Irán están dando froitos notables coa ampliación dos marcos de cooperación entre Teherán e o G5+1, razón pola que Obama busca acelerar un marco de distensión con Teherán a fin de decidir o futuro iraquí, coa previsible desintegración estatal de feito, onde os xiítas asuman un maior protagonismo e os curdos logren reivindicar o seu dereito soberanista.
 
Os riscos desta estratexia en cernes supón reactivar o secular conflito entre sunnitas e xiítas, que cobra unha intensidade maior no caso iraquí. O peso dos xiítas en Iraq e os trazos de entendemento entre Washington e Teherán deixan aos sunnitas iraquís ante fortes disxuntivas, un aspecto que pode tanxencialmente explicar o avance do EIIL dentro desta comunidade confesional. Paralelamente, o recen defenestrado ex primeiro ministro Nourri al Maliki, durante anos a peza chave do poder estadounidense en Bagdad caído en desgraza desde xullo pasado, tenta reconducir un novo movemento xiíta disposto a evitar unha maior preponderancia de Teherán nos asuntos iraquís.
 
Con todo, o pulso entre sunnitas e xiítas dirime igualmente a confrontación entre os dous actores con maior implicación na nova xeopolítica rexional, sendo estes Irán e Arabia Saudita, ao que debe sumarse con menor intensidade outras “petromonarquías” como Catar. O choque entre Teherán e Riad xa se observou na crise exipcia entre 2013 e 2014 que levou á lexitimación do golpe militar en mans do xeneral Fatah al Sissi e á represión masiva da Irmandade Musulmá exipcia, un aspecto que identifica os tentáculos sauditas, estadounidenses e israelís na xeopolítica rexional.
 
Aparentemente paralizado o interminable conflito palestino-israelí trala recente tregua en Gaza, o foco de atención estase incrementando en torno á área territorial comprendida entre Siria, Iraq e un eventual Curdistán independente. Está por ver en qué medida Teherán reaccionará ante a perspectiva dun Estado curdo nas súas fronteiras noroccidentais e, principalmente, Turquía, que un membro da OTAN que ven manifestando unha política autonomista menos prooccidental desde que chegou ao poder en 2003 o primeiro ministro e recen electo presidente Recep Tayyip Erdogan.
 
Neste sentido, Erdogan ten manifestado unha maior cooperación con Rusia, China e Irán que incomoda a Washington e os seus aliados, sen menoscabar que o fait accompli de observar un eventual Estado curdo nas súas fronteiras sudorientais persuadiu a Erdogan a iniciar contatos directos co presidente da Rexión Autonóma do Curdistán, Masud Barzani.
 
O labirinto iraquí traducido pola ofensiva do EIIL e a incapacidade occidental para prover dun marco de equilibrio e negociación deixa abertos diversos escenarios, onde a causa curda gaña enteiros, a razón do frontal apoio de Merkel, do premier británico David Cameron e do atribulado presidente francés François Hollande, de proverlles armamento loxístico.