As 2ª Xornadas "A Coruña no mundo global do S.XXI" celebraranse o 23, 24 e 25 de novembro do 2022
acorunha hub

Pensando as cidades intermedias de alcance global dende A Coruña

Inspirada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 11 (Cidades e comunidades sustentables) e 17 (Asociacións para acadar os obxectivos) da Axenda 20230, esta nota reflexiona sobre cómo as cidades intermedias teñen as súas propias características e capacidades para cumprir un papel global nun contexto global no que as cidades asumen un papel relevante nas diversas axendas globais (cambio climático, desenvolvemento, entre outras). Para reflectir sobre iso, aquí destacamos como o traballo en rede e a colaboración entre axentes económicos e culturais contribúen á proxección exterior e á capacidade de atractivo territorial dunha cidade como A Coruña.

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Idiomas Galego

Con historias semellantes a outras cidades pequenas ou intermedias con multinacionais europeas como Ikea (Älmhut) ou Lego (Billund), INDITEX ten un importante impacto nas cidades onde se sitúan. Ademais do seu xa recoñecido impacto económico na cidade, hoxe INDITEX contribúe á proxección da Coruña como referente mundial da moda. Así se observa, entre outras accións, cos museos da cidade e as súas apostas por levar exposicións relacionadas coa moda. Entre 2021 e 2022, tras a dura experiencia do COVID, a cidade da Coruña realizou tres exposicións de moda. A Fundación Barrie de la Maza, en colaboración co Fashion and Textile Museum de Londres, organizou a exposición Textiles de Artistas para explorar a conexión entre deseño, moda e téxtiles. Pola súa banda, a Fundación Luís Seoane presentou a exposición 40añosdeEstiloVerino para repasar a historia da marca Roberto Verino e do deseñador ourensán. O Concello da Coruña coa Fundación Peter Lindbergh e o porto da Coruña organizaron a exposición Untold Stories na que se presentou unha retrospectiva dun dos fotógrafos de moda máis recoñecidos do mundo.

Estas experiencias en rede e colaborativas na Coruña demostran na práctica que a gobernanza da acción exterior dunha cidade global require mecanismos institucionalizados e unha participación ampla e inclusiva dos seus cidadáns. Hoxe A Coruña conta cunhas Bases de Acción Exterior que poden facilitar a organización, co perspetiva incluxente e plural, da toma de decisións na cidade para a súa proxección exterior. A colaboración entre axentes relevantes da cidade son só un exemplo das múltiples posibilidades que se poden dar entre barrios e sectores da cidade para dar sentido a unha coruña global propia do século XXI. A Coruña como cidade europea intermedia ten un conxunto de especificidades que a fan globalmente atractiva, o que traducida en políticas urbanísticas colaborativas axeitadas, A Coruña pode converter o seu papel global en beneficios para a vida económica e social da cidade e dos seus habitantes.