Unha reflexión de Teresa Barro

Por qué non acertan as pesquisas de opinión

As pesquisas de opinión non acertaron nas eleccións xerais do Reino Unido e non acertaron tampouco no referendo da Grecia. No Reino Unido a única que acertou, e con exactitude, foi a que se fixo a pé de urna. Esa foi a que usou a BBC para o seu programa de seguimento das eleccións, e aquela noite os comentaristas políticos da propia BBC e dos demais mídia non podían acreditar que fora saír o resultado que esa pesquisa anunciaba, que lles parecía impensábel e que, porén, revelou un electorado intelixente e que non se deixou manexar. O mesmo sucedeu có referendo da Grecia: segundo as pesquisas de opinión, os do si e os do non andaban empatados, mas non foi así e o resultado deixou sobresaltados aos valentóns da Unión Europea que nunca pensaron que perderían a xogada.

Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

A razón de que as pesquisas non consigan acertar nestes últimos tempos é a grande mudanza que houbo na política. Os políticos e as elites até agora podían contar có apoio fiel dos devotos, mas estalles pasando o que lles pasou ás igrexas de todas relixións, que xa ninguén lles fai caso e ninguén cre no que din. Acabou a devoción ¨relixiosa¨ ás ideoloxías de calquera tipo, e iso é de seu unha revolución que pode mudalo todo.

Até agora os votantes votaban ao partido que representaba as súas crenzas mais fondas. Ese partido era a súa relixión e o votaban, aínda que non sempre lles agradase o que facía, porque tiñan fe nas ideas e crenzas que representaba. Os partidos convencionais usaron esa fe para abusar, como fixeron as igrexas coas relixións. Os votantes agora xa non teñen esa fe cega e entenden o que sucede nos países e no mundo moito mellor que os políticos, que pensan que todo segue como antes.  Aos políticos convencionais ninguén lles fai caso, como ninguén fai caso do que din as igrexas, e os políticos e as elites irán quedando cada vez mais sen saber como reaccionar porque non entenderán nada e non poderán crer que xa non poden usar os catecismos ideolóxicos.

As pesquisas de opinión non acertan porque están pensadas para a política baseada en ideoloxías  ¨relixiosas¨ que contaba con fieis devotos, e esa devoción, que as elites