Documento escrito e traducido ao galego por Luís Antonio González Fancisco, orixinariamente publicado en castelán polo OIET (Observatorio Internacional de Estudios sobre Terrorismo).
images psico2

Psicotrópicos, narcotráfico e terrorismo xihadista

Porto de Salerno (Italia), 01 de xulio de 2020. Efectivos do GICO (Gruppi d'Investigazione sulla Criminalità Organizzata) da Guardia di Finanza de Nápoles incáutanse dun cargamento de estupefacientes dunha magnitude non coñecida ata a data. Interceptáronse perto de 84 millóns de pílulas cun peso de 14 toneladas dunha sustancia denominada captagon. No comunicado de prensa da Guardia di Finanza recóllese, citando á DEA (Drug Enforcement Administration) estadounidense, que o Daesh produce esa sustancia nos territorios nos que aínda mantén influencia e controla a súa venda.

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
Idiomas Galego

Porto de Salerno (Italia), 01 de xulio de 2020. Efectivos do GICO (Gruppi d'Investigazione sulla Criminalità Organizzata) da Guardia di Finanza de Nápoles incáutanse dun cargamento de estupefacientes dunha magnitude non coñecida ata a data. Interceptáronse perto de 84 millóns de pílulas cun peso de 14 toneladas dunha sustancia denominada captagon. No comunicado de prensa da Guardia di Finanza recóllese, citando á DEA (Drug Enforcement Administration) estadounidense, que o Daesh produce esa sustancia nos territorios nos que aínda mantén influencia e controla a súa venda.

O actualmente non tan efectivo aparato propagandístico dos xihadistas referiuse á nova no número 242 do seu semanario en árabe al-Nabā’. A publicación do Daesh exteriorizaba a sorpresa da organización ao asocialos co carregamento de drogas interceptado. Achacaba esa circunstancia a un intento das autoridades italianas para encubrir a personas de relevancia implicadas no feito e responsabilizaba ao réximen de Bachar al Assad do tráfico desta sustancia  tamén coñecida, dunha maneira un tanto efectista, coma a “droga dos xihadistas”.

O captagon (ou biocapton) ten coma principio ativo a fenetilina, un derivado da teofilina e da anfetamina con potentes efectos estimulantes, cuxa producción escomezou no 1961 a farmacéutica alemana Degussa AG. Nos seus estadios iniciais foi destinada ao tratamento de menores con déficit de atención por hiperactividade, depresión e narcolepsia. Ao elevar a presión arterial coma as anfetaminas, tamén se destinou ao tratamento de enfermos con patoloxías cardíacas.

O captagon produce no organismo a supresión do apetito, un aumento da enerxía e a desaparición da sensación de cansazo. Estes efectos manifestánse poucos minutos despois do seu consumo e mantense ao longo dun período de tempo de entre 10 e 12 horas. A partires da década de 1980 descartouse seu uso médico e prohibiuse debido fundamentalmente ás súas propiedades adictivas

O espazo de maior implantación desta droga é o norde de África e, por riba de todo, os países da península arábiga.

images psico2

No tráfico de captagon chegou a estar implicado ata un membro da familia real saudí. O príncipe Abdulmohsen bin Walid bin Abdulaziz e outros catro acompañantes foron detidos o 23 de novembro do 2015 no Aeroporto Internacional Rafik Hariri de Beirut cuando ían voar con destino á localidade de Hail, ao norde da Arabia Saudí. A bordo do avión atopouse cocaína e dúas toneladas de captagon no que supuxo a maior operación contra o narcotráfico desa sustancia llevada a cabo no aeroporto libanés

O val da Bekaa, no Líbano, o sul da Turquía e o norde da Siria, son zonas nas que se elaboraba e distribuía o captagon moiuto antes de que estalase no 2011 o conflito civil sirio. Nunha información da axencia Reuters, datada en xaneiro do 2014, citábase a un traficante de drogas do val da Bekaa quen afirmaba que a producción no Líbano experimentara un descenso do 90 por ciento dende o ano 2013 atribuíndo esta caída a que parte da producción podería terse desprazado a territorio sirio.

Pola súa posición xeográfica, Siria foi perante moito tempo un sitio de paso para cargamentos de droga destinados a Xordania, Irak e os países do Golfo que tiñan orixe en distintos puntos de Europa, Turquía e Líbano. O estoupido da guerra civil trouxo outras derivadas coma o enfeblecemento, ou directamente a desaparición, das estruturas estatais co conseguiente incremento da porosidade das súas fronteiras. Todo isto nun entorno emerxente dunha variada poliarquía armada non estatal.

No marco da 32ª Conferencia Internacional de Loita contra as Drogas celebrada en Cartagena de Indias (Colombia), Yuri Fedotov responsable da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC), sinalou que os talibáns afganos e os xihadistas na África occidental, o Sahel e Medio Oriente estaban tendo beneficios do tráfico de drogas. Este obteríase de maneira directa ou tamén indirectamente a través do cobro de impostos por permitir esa actividade. Fedotov apuntou que tanto o Daesh coma Jabhat Al Nusra (actualmente denominada Hay’at Tahrir al-Sham) facilitaban o contrabando de precursores químicos precisos para a producción de Captagon.

A relación do xihadismo e o narcotráfico non é un fenómeno novo.  Sirva coma exemplo que os terroristas chechenos, facendo uso dos contactos obtidos por Shamil Basayev (1965-2006) no Afganistán estableceron redes de tráfico de heroína. Pola súa banda, o Movimento Islámico do Uzbekistán, vinculado ao Daesh, colaborou cos talibáns efectuando labores de protección das redes de tráfico de drogas ademáis de facilitarlles os recursos necesarios para a elaboración de heroína procedentes da China e de Rusia. Como contrapartida, seus militantes obtiñan entrenamento e refuxio.

Al Qaeda tampouco foi allea a este fenómeno. No ano 2000 seu líder, Osama Bin Laden, comprou unha importante porción dos stocks de opio existentes no Afganistán antes de que os talibáns prohibisen o cultivo da adormideira. Tres anos despois, as forzas armadas dos Estados Unidos asaltaron unha embarcación no Golfo Pérsico que portaba un cargamento de opio valorado en máis de tres millóns de dólares. Na mesma operación foron detidos dous terroristas vinculados a Al‐Qaeda.

En xunio do 2018  a Combined Joint Task Force Operation Inherent Resolve mediante un comunicado de prensa anunciaba a destrucción dun alixo incautado perto da ciudade siria de At Tanf en maio dese mesmo ano. A operación foi executada por Jaysh Maghawir al-Thawra (MaT), milicia encadrada na Coalición. O alixo, cuxa propiedad foi atribuída ao Daesh, estaba composto por máis de 300.000 pílulas de captagon cun valor no mercado negro duns 1.400 millóns de dólares (uns 1.180 millóns de euros). Segundo o comunicado: “A pesares da apariencia de pureza islámica o Daesh, seus criminais terroristas son coñecidos consumidores e traficantes de drogas”.

A relación entre estimulantes e o  campo de batalla ven de moi lonxe. Os hoplitas gregos consumían opio misturado con viño, os vikingos cogumelos alucinóxenos e os guerreiros zulús, dagra, unha variedade do cannabis por citar tres exemplos. O emprego de drogas con fíns tácticos seguiu, e segue, vixente. Na II Guerra Mundial os combatentes de tódolos bandos consumían anfetamina, chegando os nazis a experimentar cunha droga, a DI-X, coa que buscaban facer invencíbeis aos seus soldados. Estaba composta por metanfetamina, cocaína e un opiáceo. Esta sustancia foi probada en campos de concentración e nunca chegou a ser administrada ás tropas. Máis recentemente, exércitos coma o francés e el estadounidense  facilitaron ás suas tropas comprimidos de modafinil unha sustancia que inhibe o sono e os síntomas de fatiga durante 72 horas.

Precisamente a resistencia ao cansanzo, e tamén á fame, foi posta a proba polos dez integrantes do comando do grupo xihadista asentado en Pakistán Lashkar-e-Taiba que perpetraron unha serie de atentados na cidade india de Mumbai en novembro do 2008. Mediante o emprego de artefactos explosivos e fusís de asalto, os terroristas executaron unha serie de ataques coordinados contra un centro xudeo, un restaurante, un hospital, unha estación de tren e dous hoteis. A consecuencia diso, foron asasinadas 164 personas e feridas outras 308. Os xihadistas lograron resistir ás forzas de seguridade ao longo de case 60 horas. Segundo fontes indias, na escea dos atentados foron atopadas xiringas que contiñan restos de cocaína e LSD. No sangue dos terroristas detectáronse trazas de drogas así coma de esteroides, sustancia que faría máis levadeiro o intenso entrenamento ao que terían sido sometidos antes de executar a cadea de atentados.

No  2015, Daveed Gartenstein-Ross, experto en terrorismo xihadista en The Foundation for Defense of Democracies (FDD), sinalaba : “Al Qaeda en Irak, que é o antecesor do ISIS, era coñecida por ter combatentes que tomaban anfetaminas que lles permitirían soportar a dor ao sufrir impactos de bala”. Neste sentido, un informe (2016) de Global Initiative against Transnational Organized Crime, recolle que con frecuencia nos cadáveres de terroristas de Daesh foran atopadas bolsas con pílulas no seu interior. Ademáis, suliñaba os esforzos do “califato” por facerse con opiáceos sintéticos coma o tramadol para o seu emprego no campo de batalla xa que suprime a dor e aumenta a capacidade física.

Para Paul Rexton Kan, profesor da Escola de Guerra do Exército dos Estados Unidos, o consumo de drogas facilita unha serie de ventaxas aos grupos xihadistas xa que fainos máis proclives a cometer todo tipo de atrocidades. Iso contribúe a reforzar a súa macabra reputación na psique daqueles aos que se enfrontan. Ademáis, ao suministrar sustancias deste tipo a menores de idade, ou incluso a meniños, facilítase a su conversión en instrumentos letais incapaces de calcular o risco para as súas propias vidas cando son dirixidos aos combates.

Segundo un informe (2019) do European Monitoring Centre for Drugs and Drug Addiction (EMCDDA),  dun total de 69 xihadistas que participaron en atentados en chan europeo no periodo comprendido entre os anos 2012 e 2017, ao menos cinco terroristas, o que supón un 7% do total, tiñan consumido psicotrópicos nos días ou horas previos a perpetración dos ataques.

No Corán defínese o alcol coma procedente da “actividade de Satanás” co fin de suscitar “a enemistade e o odio” para alonxar aos creentes “do recordo de Deus(1) polo que o seu consumo está taxativamente prohibido, non sendo tan explícito con outras sustancias.

Así, a finais do século VII e comezos do VIII, introduciuse o consumo de hachís entre os musulmáns coincidindo coa expansión dos mongoles liderados por Genghis Khan. Cando a sociedade musulmana empezou a sufrir as súas nocivas consecuencias, eruditos relixiosos comezaron a establecer analoxías entre o seu consumo e o do alcol. O prestixioso teólogo Ibn Taymiyya, con frecuencia citado tendenciosamente polos xihadistas, indicaba: “En canto ao hachís o tóxico maldito, é similar aos outros tóxicos, e tódolos tóxicos están prohibidos (haram) por consenso académico. [...] O consumo de intoxicantes está suxeto a castigos corporais (hadd)”.

A diferencia do alcol, no Corán non hai referencias específicas a estas drogas, habendo por contra evidencias do emprego das mesmas nos primeiros tratados de medicina do periodo islámico. Os médicos gregos xa recomendaban o uso do cannabis, ao igual que o do opio, cando existía unha necesidade terapéutica. Estas sustancias non se fumaban senon que  se introducían no organismo por vía oral ao crerse que facilitaba a dixestión así coma a “claridade dos pensamentos”. Na súa obra “Libro do  Canon da Medicina” (Kitab al Qanum fi al Tibb) o médico persa Al-Husayn ibn Abdullah ibn Sīnā (980–1037), comúnmente coñecido coma Avicena, recomendaba o hachís como analxésico efectivo para as cefaleas cuando o opio non facía efecto.

Esta interpretación, a do consumo por cuestións médicas e por ende de urxencia, tene unha particular relevancia xa que podería encaixar no principio de Zarurat, vocablo árabe cuxa traducción é “necesidade ou emerxencia”. Este principio pode ser interpretado coma un permiso para a realización de actos xeneralmente prohibidos se existisen razóns de suficiente entidade e fosen útiles para a supervivencia dunha persoa, suposto que se contempla no Corán(2). Outras citas coránicas, sosteñen o concepto de Taquiyya, o rexeitamento aparente ás prescripcións relixiosas en base a un estado de necesidade(3).

Abundando no concepto de necesidade, unha interpretación do dereito islámico permiten a xustificación da comisión dalgunha actividade delictiva mediante a aplicación de conceptos coma que “as prohibicións se volten permisibles por necesidade". O dereito islámico tamén recolle o principio de Maslahah, según o cal, en función de circunstancias particulares, é posible permitir algo prohibido se iso beneficia á comunidade.

Na propaganda do Daesh tamén se atopan referencias ás drogas. No número dous da revista Dabiq, publicada en xulio do 2015 recóllese, na súa páxina número 41, coma a “policía islámica” detivera ao maior traficante de drogas de Wilāyat Homs (a provincia de Homs na Siria). Na  páxina inmediatamente anterior reprodúcese a imaxe da porta de entrada de The State Company for Drug Industries and Medical Appliances situada ao norde da cidade iraquí de Mosul na que ondea a bandeira do “califato”. Un breve texto glosa a captura das instalacións na que foron intervidos unha gran cantidade de suministros médicos e fármacos, sen especificar de qué tipo, asegurando que estos serían empregados para “as necesidades médicas dos musulmanes”.

Nun vídeo difundido en decembro do 2017 co título “Failing Your State 2” o narrador conta coma os xihadistas desprazados a zonas de conflicto proviñan de comunidades nas que o “comportamento desviado” era algo habitual. A grabación establecía tres categorías de individuos: aqueles cuxa prioridade era a obediencia a Deus; os que apenas practican a relixión e os que se adican aos praceres da vida en lugar da adoración divina.

A relación xihadismo-consumo de drogas e/ou narcotráfico podería parecer a priori unha situación contra natura toda vez que un dos selos de identidad desta manifestación fenomenolóxica do terrorismo é unha rigorista, e distorsionada, interpretación da relixión musulmana, que é  contraria a este tipo de conductas. Esta cuestión non parece tan creara a la luz dos feitos, circunstancia que podería explicarse mediante o binomio redención-supervivencia.

No primeiro caso, a propaganda do Daesh mediante o bombardeo continuo de material adicado a mostrar o “califato” coma terra de promisión, e de redención,  favoreceu o desprazamiento ao territorio que tiña baixo seu control a individuos que no seu pasado recente terían tido problemas coas drogas. Sirva coma exemplo o caso dun grupo de mozos do Reino Unido que no 2015 decidiron emprender a “emigración”. Mentres se atopaban nun piso de seguridade do Daesh na cidade turca de Gaziantep un deles declarou que seus amigos lle dixeron que se incorporarían ao “estado islámico” onde  impera a Sharia e onde “Non habería bebida, drogas nin tentacións”.

No segundo apartado, a supervivencia, ten un gran peso a adaptación do terrorismo xihadista ao teatro de operacións no que actúa derivada da constatación empírica de que, respecto daqueles que considera “inimigos”, atópase ninha situación de inferioridade material, humana e financieira. No caso do consumo de drogas para acometer máis conveñentemente tanto atentados terroristas coma episodios de combate convencional, a praxis xihadista pode atopar acomodo na súa propia teoría.

Segundo Paul Rexton Kan, para os terroristas, o acto de inxerir psicotrópicos para mellorar o rendimento bélico é permisible xa que está nas antípodas de finalidades lúdicas ou hedonistas por ter coma meta última a consecución de obxetivos de clara inspiración relixiosa. Por iso, “o consumo de drogas non é inmoral, senón sagrado porque axuda a un individuo a vincular o terreal co divino”. Ademáis como apunta Justin Thomas, profesor asistente de psicoloxía e psicoterapia na Universidade Zayed dos Emiratos Árabes Unidos, no caso concreto do captagon, é plausible que os xihadistas non contemplan a sustancia coma “unha droga ou un narcótico porque non está asociado con fumar ou inxectarse”.

A adecuación torticeira dos preceptos da relixión islámica para a consecución dos seus fíns foi empregada con profusión polo terrorismo xihadista. Principios coma o Zarutat, máis orientado a saude das persoas, o Maslahah, ao beneficio comunitario efectivo, ou a Taquiyya, destinada a preservación da fe en épocas de persecución relixiosa poden ser conveñentemente manipulados pola retórica xihadista no seu propio beneficio. Non terían máis que aplicala taxativa “fórmula” do Daesh sobre o takfir (anatema) colectivo, segundo a cal certas prácticas, todas as que non coincidan coa súa particular doutrina, anulan a condición de musulmán dunha persona. Nese punto convértese automáticamente en kafir (infiel). Unha vez asignado este estatus seus béns, e a súa propia vida poden ser arrebatados sen contemplacións.

En base a esta lóxica, Anwar al Awlaki, prominente teólogo de Al Qaeda na Península Arábiga (AQAP), eliminado no Iemen en setembro do 2011, defendía a legalidade de  “despoxar aos infieis das súas riquezas en Dar al-Harb”, expresión esta última que pode ser traducida coma “morada da guerra”, que é o territorio no que para os terroristas é  lícita a xihad ata a implantación da Sharia. Al Awlaki, figura tamén respetada polo Daesh, insistía na conveñencia de roubar aos "incrédulos" para financiar súas actividades: “Queridos irmáns: a xihad depende en grande medida do diñeiro” e “sen riqueza non pode haber xihad”.

No número 11 da publicación dixital do Daesh, Rumiyyah, de xulio do 2017, o grupo terrorista, a par que exaltaba a figura dos criminais convertidos en xihadistas, nótese a tautoloxía, alentaba a práctica delictiva para reforzar a xihad. Por iso non sería en absoluto descartable canto menos a tolerancia por parte dos xihadistas do narcotráfico xa que este reportaríalles un interrelacionado doble beneficio: recursos financieiros e debilitamiento  dos kufar (infieis).

Anos antes, o xordano Abu Musab Al Zarkawi líder de Tanzim Qaidat Al Jihad fi Bilad al Rafidayn (Organización da Xihad no País dos Dous Ríos), a filial de Al Qaeda no territorio iraquí e que posteriormente convertiríase no embrión do Daesh, escribiu unha carta, que foi interceptada no ano 2005, na que solicitaba máis diñeiro procedente do narcotráfico e menos de donacións con orixen nos países do Golfo .

A pesares do interese despregado na cosmovisión do terrorismo xihadista en presentarse a sí mesmos coma o paradigma da pureza, o consumo e o comercio de sustancias estupefacientes amósase como rexeitable de todo punto, na realpolitik xihadista parecen tolerarse, cando non fomentarse, ambos supostos. Por cuestións seguramente máis estéticas que éticas, esta non constitúe unha práctica medular deste tipo de organizacións terroristas senón máis ben tanxencial.

Para poder superar as reticencias “pseudomorais” que estas actividades poidan supor, o xihadismo, do que o Daesh, é polo de agora o maior expoñente, non debería ter grandes problemas a hora de atopar subterfuxios na súa manipulada interpretación relixiosa para adornalos aínda cunha sorte de pátina de “mandato divino”. Manipulación teolóxica con interesados obxetivos teleolóxicos.

Neste status quo tamén cabe destacar que sería cair nun perigroso reduccionismo circunscribir o fenómeno xihadista a un problema de narcotráfico e o dos atentados a unha mera cuestión de consumo de drogas. O xihadismo puede recurrir a venda ilegal destas sustancias pero sen deixar de buscar outras vías de financiación como “piadosas” donacións ou a extorsión dos habitantes das zonas que ten baixo seu control.

Aínda que se ten dado episodios da comisión de atrocidades por parte de xihadistas que estaban baixo a influencia de sustancias psicotrópicas este non parece un fenómeno xeneralizado. O factor de impulsión máis potente do terrorista é seu propio convencemento. A alteración da súa escala de valores, na que non precisan a intervención de ningunha droga, permite facerlles crer que crímenes gravísimos son xustificados polos obxetivos que persiguen.

O “consumo” do fanatismo por parte dos actores implicados nesta manifestación de terrorismo ocupa o primeiro nivel de perigosidade xa que elimina calquer barreira moral que lles impida implicarse en accións violentas con finalidade letal en calquiera das súas múltiples variantes.

Ese é o verdadero elemento inspirador de individuos dispostos a matar e morrer, a morrer matando e, o que é pior, a matar morrendo.

Luis Antonio González Francisco.

[1] “¡Oh os que creedes! Certamente o viño, o xogo de maysir (xogo de azar), os ídolos e as frechas (método adivinatorio) son abominacións procedentes da actividade de Satanás. ¡Evitadea! Tal vez sexades os benaventurados”. “Satanás quería suscitar entre vos a enemistade e o odio mediante o viño e o xogo e apartaros do recordo de Deus, da pregaria…” O Corán, azora V (A Mesa), aleias 92-93, en Vernet, Juan, “El Coran”, Ed Óptima, Barcelona (1999), pp.111-112.

[2] Deus prohibiuvos comer a carne do animal que morrera, o sangue, a carne de marrau e o que se inmolou en nome de outro que non sexa Deus. Quen, forzado, sen intención nen trasgresión, coma, non cometerá pecado. Deus é indulxente, misericordioso” O Corán, azora XVI (A Abella) aleia 116. Vernet, J., pax. 199.

[3] Sobre quen renega de Deus despois da súa profesión de fe –exceptúase quen foi forzado pero cuxo corazón está firme na fe – e sobre quen abre seu peito a impiedade, sobre estos cairá o enoxo do seu Señor, e terán un terrible tormento”, “(…) Di: «tanto se ocultades o que hai nos vosos peitos coma si o mostrades, Deus coñece e coñece o que hai entre os ceos e a terra»…” O Corán azora XVI (A Abella) aleia 108 y azora III (A familia de Imram) aleia 23, en Vernet J., pp. 208 e 23 respectivamente.