Que é a diplomacia dixital?

Cando falamos da diplomacia dixital, facemos referencia á consecuencia natural da evolución das comunicacións nos séculos XX e XXI, as cales dan lugar a unha nova forma de interacción entre actores internacionais, entidades ou organizacions internacionais. Neste sentido, a práctica da diplomacia a través das plataformas dixitais está principalmente enfocada en ampliar as mensaxes da política exterior dos diferentes gobernos, sendo agora fundamental na comunicación estratéxica.

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
Palabras chave Galicia internacional
Idiomas Galego

Cando falamos da diplomacia dixital, facemos referencia á consecuencia natural da evolución das comunicacións nos séculos XX e XXI, as cales dan lugar a unha nova forma de interacción entre actores internacionais, entidades ou organizacions internacionais. Neste sentido, a práctica da diplomacia a través das plataformas dixitais está principalmente enfocada en ampliar as mensaxes da política exterior dos diferentes gobernos, sendo agora fundamental na comunicación estratéxica.

Tanto en situacións de crises como na actual pandemia provocada pola Covid-19, como en períodos ordinarios de actividade, a comunicación dixital é unha ferramenta clave para a actividade dos ministerios de exteriores e da súa rede de representacións e consulados porque ten o obxectivo primordial de chegar ao cidadán, utilizando as diferentes ferramentas e plataformas dixitais facendo uso das Tecnoloxías para a Información e a Comunicación (TIC’ s) transmitindo os seus intereses, atractivos, cultura, logros e desafíos da política exterior de cada país.

Existen dúas escolas de pensamento con respecto á diplomacia dixital: A primeira afirma que é unha nova ferramenta na condución da Diplomacia Pública, entendida como aquela dirixida á opinión pública, ao mundo empresarial e á sociedade civil en xeral, tendo como obxectivos a proxección dos valores e a toma de posición máis alá das fronteiras estatais. De maneira recente, coa globalización, a diplomacia pública evolucionou, e é agora onde cobra todo o sentido o que coñecemos como diplomacia dixital. É así, a partir dos anos 90, cando comeza unha nova forma de diplomacia, reestruturando novos intereses e necesidades mundiais, gobernamentais e sociais, produto do novo ecosistema dixital. Máis alá desta visión tradicional, outros especialistas sosteñen que a diplomacia dixital modifica a diplomacia pública tradicional, ao aumentar a capacidade de interactuar con públicos estranxeiros e participar activamente con eles, o que permite a transición do monólogo ao diálogo. Partindo de ambas as perspectivas o autor Ilan Manor adopta o concepto da Diplomacia dixital como “o uso crecente das TIC e as plataformas de redes sociais por parte dun país para lograr os seus obxectivos de política exterior e practicar a Diplomacia pública”.

O alcance global e o impacto das redes e medios sociais, que cambiou aínda máis coa emerxencia da Covid-19, modifica día a día a forma de relacionarse entre Estados e organizacións internacionais. Así, segundo din os expertos, o uso destas plataformas serve para alcanzar audiencias mais amplas, cumprindo obxetivos diplomáticos grazas ás ferramentas para difundir, recopilar e medir información. Ao tempo, a transparencia da que goza internet dalle a diplomacia a transparencia e a responsabilidade que tanto demanda a sociedade.

No caso España, ás redes sociais estableceronse coma un dos eixos da ciberdiplomacia co propósito de atender aos españois no extranxeiro, achegar aos cidadáns a actividade diplomatica e aumentar o coñecemento do exterior cara o noso país e a sua cultura.

En definitiva, a comunicación dixital é xa unha parte inherente do labor diplomático e neste marco as redes sociais constitúen o instrumento de maior inmediatez e relevancia. Son ademais unha panca decisiva nos ámbitos da diplomacia pública e da loita contra a desinformación e as noticias falsas. É probable que a diplomacia dixital penetre ata o fondo no ADN diplomático s os ministerios entenden a aceleración tecnolóxica como unha oportunidade de adaptación proactiva, basada no ecosistema e enfocada na rede. Se, por outro lado, a dixitalización non logra conter o contaxio emocional, o determinismo algorítmico e a entropía estratéxica, e moi probable que os ministerios desaceleren os seus esforzos de integración das tecnoloxías dixitais nas súas actividades.