Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
Sermos Galiza 22 de Marzo de 2015 VV.AA.

Seguirá o problema da Grécia

Unha reflexión de Teresa Barro

Os gregos esperaban que a Union Europeia cederia na cuestion económica, como era o habitual até hai pouco, e fecharia os ollos para que Grécia non saíse da Union, igual que os fechou para que entrase nela sabendo que as contas que apresentaran eran falsas. Mas as cousas mudaron.

A prosperidade, que era un dos fundamentos e promesas da Union Europeia, foi sustituida por unha austeridade fraudulenta que trouxo espolio, pobreza e miseria.  A ¨paz¨, que era outro dos fundamentos, tampouco está nada segura no meio de outra guerra fría que pode virar quente en calquer momento.  A Franza, que tiña que ser o motor político dese bloco deseñado para o continente europeio por mentes de outro continente que non entenderon o que era Europa e pensaron que seria moi fácil facer un estado supranacional que funcionase como unha empresa multinacional, está en pésimo estado e sen rumo. E Alemaña, que tiña que ser o motor económico e a que dirixise a todos segun os deseñadores da nova Europa, encóntrase nunha situacion que non lle agrada e que a desasosega. Alemaña foi o país que mais se aproveitou do grande mercado que para ela representou a UE, e iso veulles ben ás elites políticas, mas os alemans saben que a economia europeia anda desencamiñada. O novo partido antieuropeísta, Alternativa para Alemaña, inquieta aos partidos tradicionais. Ainda que resulte difícil de imaxinar, non seria imposível que fose Alemaña a que, por motivos económicos e políticos, non quixese seguir na Union Europeia.

A Union Europeia non vai ceder frente a Grécia, porque Alemaña e os países do Norte non van querer e porque vai haber eleicions en países con governos que aplicaron a austeridade sen pensar nas consecuencias, e agora non poden permitir que ao novo governo da Grécia se lle fagan concesions que os deixarian quedar mal a eles. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais