Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 11 ao 17 de xaneiro de 2016

Taiwan Hebdo 3-2016

1.    Informe

Os resultados das  eleccións presidenciais e lexislativas do 16 de xaneiro en Taiwan ofrecen unha contundencia indiscutible. A vitoria de Tsai Ing-wen (lixeiramente inferior en porcentaxe á obtida por Ma en 2008: 56,12% fronte a 58,44%, pero cunha diferenza de votos superior aos tres millóns) e do PDP marcan o inicio dunha nova etapa na historia política de Taiwan. No arco parlamentario, á vitoria humillante do PDP cabe sumar como dato revelador a irrupción do PNP (Partido do Novo Poder) con 5 escanos, desaparecendo a UST.

1.    Informe

Os resultados das  eleccións presidenciais e lexislativas do 16 de xaneiro en Taiwan ofrecen unha contundencia indiscutible. A vitoria de Tsai Ing-wen (lixeiramente inferior en porcentaxe á obtida por Ma en 2008: 56,12% fronte a 58,44%, pero cunha diferenza de votos superior aos tres millóns) e do PDP marcan o inicio dunha nova etapa na historia política de Taiwan. No arco parlamentario, á vitoria humillante do PDP cabe sumar como dato revelador a irrupción do PNP (Partido do Novo Poder) con 5 escanos, desaparecendo a UST.

Eleccións presidenciais

 

Candidatos electos

Número

Candidatos

Partido

Votos obtidos

Porcentaxe de votos

 

1

Eric Chu, Jennifer Wang

Kuomintang

3 813 365

31.04%

Candidatos electos

2

Tsai Ing-wen, Chen Chien-jen

Partido Democrático Progresista

6 894 744

56.12%

 

3

James Soong, Hsu Hsin-ying

Partido o Pobo Primeiro

1 576 861

12.84%

 

Eleccións lexislativas

Escaños obtidos por cada partido

Nome do partido

Escaños

Porcentaxe (%)

Kuomintang

35

30.97%

Partido Democrático Progresista

68

60.18%

Partido o Pobo Primeiro

3

2.65%

     

Unión Solidaria Independiente

1

0.88%

Independientes

1

0.88%

Partido Nuevo Poder

5

4.42%

     
     
     
     

 

O KMT aceptou a súa derrota que Eric Chu cualificou de “humillante”, antes de presentar a súa dimisión. Ábrese agora un tempo de gran incerteza na formación nacionalista. O primeiro ministro Mao Chi-kuo tamén presentou a súa dimisión irrevocable ao presidente Ma Ying-jeou.

Por outra banda, si EUA fixo saber nas xornadas previas a súa disposición a traballar co ganador dos comicios, fontes oficiais de China continental fixeron saber que “non intervirá nas eleccións de Taiwan pero manterá a súa atención nas relacións a través do estreito”.

O Departamento de Estado de EUA o día 14 anunciou que Antony Blinken viaxará a Xapón, Myanmar, Corea do Sur e China Continental desde o 14 a 21 do corrente mes, chegando a China Continental logo das eleccións de Taiwán; mentres que o ex subsecretario de Estado de Estados Unidos William Burns viaxará a Taiwán directamente logo das eleccións. 

Tsai, quen será a primeira muller á fronte dos destinos de Taiwan, dixo durante a súa primeira alocución que “os taiwaneses utilizaron as urnas para escribir unha nova páxina da historia, para provocar o terceiro cambio de partido gobernante desde que existen eleccións libres e directas a presidente, e tamén para provocar o primeiro envorco electoral que se produce no Yuan Lexislativo”. Tsai salientou que o seu goberno traballará para que as relacións no Estreito sexan consistentes, predicibles e sostibles. Ademais, a presidenta electa fixo fincapé en que o novo goberno promoverá as relacións no Estreito a partir da base da Constitución da República de China e de acordo aos intereses da cidadanía. 

2.    Observacións de contexto

§  Taipei informou que trala novena reunión sobre o establecemento de oficinas representativas a ambos os dous lados do Estreito chegouse a un pacto preliminar aínda que ambas partes deberán dialogar máis sobre a interpretación do acordo e as medidas concretas para a súa implementación. 

§  As especulacións en torno á desaparición en Hong Kong de cinco persoas relacionadas coa comercialización de libros críticos con China continental, abriu en Taiwan un debate sobre o respecto da autonomía na rexión e o futuro das liberdades públicas en Taiwan no suposto de chegar a aplicarse a fórmula de “un país dous, sistemas” que inspira a reunificación e serviu de base para a retrocesión de Hong Kong en 1997.

§  Francia e Taiwan poderían iniciar un diálogo sobre políticas públicas a adoptar a nivel central e coas colectividades locais así como no plano da cooperación científica e industrial para encarar o desafío do cambio climático

§  Nunha visita ao centro de produción de armas de Nangang, Ma Ying-jeou felicitouse pola calidade dos equipamentos producidos mostrándose favorable a poñer os recursos do exército a disposición da poboación en caso de catástrofe natural. 

§  Taiwán e Canadá asinaron un acordo para a evitación da dobre tributación, o cal entrará en vigor o primeiro de xaneiro do ano 2017, despois de que ambos países completen os seus respectivos procedementos administrativos.

3.    Datos relevantes

§  As exportacións caeron en 2015 un 10,6 por cento en relación a 2014. Taiwan sitúase na oitava posición no ranking mundial de países exportadores.

§  Dos observadores chegados a Taiwan para as eleccións do 16 de xaneiro, os procedentes de Xapón foron os máis numerosos, seguidos polos xornalistas europeos e estadounidenses. En total, incluíndo a China continental, Hong Kong e Macau, o número de xornalistas acreditados roldou os 600. 

§  O número de electores para os comicios superou os 18,78 millóns. O 68,8 por cento concéntrase nas seis municipalidades especiais do país: Taipei, Nova Taipei, Taoyuan, Taichung, Tainan e Kaohsiung. 

§  A eléctrica pública estatal Taipower anunciou un plan de investimentos para os próximos quince anos por valor de US$12.020 millóns. 

§  Segundo a consultora “Apple House”, un 55 por cento dos potenciais compradores de casas reducirán a velocidade ou aprazarán os seus plans de comprar casas na primeira metade de 2016. As razóns apuntan ás eleccións e os impostos. 

§  Xapón é o destino turístico favorito para os viaxeiros taiwaneses: un 41 por cento, segundo “Visa Inc.”. 

§  Os indonesios representan o 41 por cento dos 550.000 traballadores inmigrantes en Taiwan. Constitúen o 79 por cento das empregadas do fogar existentes na illa.

4.    Nomes relevantes

§  David E.L. Lin, ministro de asuntos exteriores de Taiwan, asistiu á investidura presidencial en Guatemala de Jimmy Morales Cabrera. As relacións diplomáticas entre ambos datan de 1933. 

§  Tzu-yu, unha adolescente taiwanesa radicada en Corea do Sur e líder do grupo de pop coreano Twice, viu cancelado un contrato publicitario coa empresa chinesa de telefonía móbil Huawei tras ondear unha bandeira taiwanesa nun programa de televisión, sufrindo presións para ofrecer desculpas públicas por iso. O suceso converteuse nun escándalo que conmoveu á sociedade taiwanesa en plena xornada electoral.