Unha Historia para o S.XXI: Do Acordo Ortográfico á entrada de España na CPLP

No ano 2012 un grupo de activistas reintegracionistas e a Academia Galega da Lingua Portuguesa (nacida formalmente en 2008) decidiron promover unha iniciativa lexislativa popular para promover a lusofonía en Galicia. Seis meses despois conseguiran 17.000 sinaturas e despois de distintas fases de negociación cos grupos políticos presentes na altura no Parlamento, aprobouse por unanimidade a - Lei nº 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos coa lusofonia, máis coñecida coma Lei Paz Andrade. Froito dun consenso tan amplo a Lei entra nun folio estándar, sen precisar nin plans nin prazos para o seu desenvolvemento.

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Idiomas Galego

Sete anos despois a política linguística ao respecto do portugués renovouse de maneira notable, con fitos coma o especial desenvolvemento de actividades lusófilas impulsadas por distintos departamentos da Xunta de Galicia (Do Arritmar ao Exporta en Galego), o apoio ao desenvolvemento audiovisual da TVG con Portugal, ou a lóxica da participación do CCG (Consello da Cultura Galega) na CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa). Sen embargo, a inmensidade do camiño por percorrer, especificamente no proceso de introdución do portugués na aulas (con certificado de lingua internacional) debuxa a contorna principal das sombras da Lei, nese paso tan preciso da valorización económica do idioma inmediata. En calquera caso as posibilidades do portugués en Galicia avanzan, do número de estudantes ao twitch lusófono da TVG.

Décadas atrás Valentín Paz Andrade, ademais de empresario e xurista, tamén participou do reintegracionismo da época, sendo un dos promotores e vicepresidente da Comisión galega do Acordo Ortográfica, organizada para participar no Acordo Ortográfico entre Portugal e Brasil. A historia da participación galega, e tamén africana, das reunións de Río de Janeiro de 1986 e 1990 en Lisboa, ben daría para un filme que reivindicase unha das mellores caras da lusofonía e do Acordo Ortográfico. Neste 2021 no que España entrará na CPLP coma observador asociado, compre voltar os ollos a historia da lingua ou a aquela viaxe a Brasil de 1986, para cimentar o papel de Galicia nesta operación que vén.

Tamén haberá que poñer en valor o fío activo da nosa participación na lusofonía nas últimas cinco décadas, desde o mundo cultural, académico e científico, sindical, político, da cooperación ao desenvolvemento…. Desde un camiño ou outro, Galicia conectou coa historia global da lusofonía, chegando a momentos especialmente narrativos, coma a aparición de defensores, entre personalidades notables dos países de lingua oficial portuguesa, de trocar o nome de lusofonía por galeguía (2005, Luiz Rufatto).

No 2021 no que a entrada de España na CPLP será outro accidente provocado por aquela iniciativa popular Paz Andrade (así coma a moi importante Declaración do Parlamento de outubro de 2018, da solicitude de ingreso de Galicia) haberá que esixir a vaquiña polo que vale, desde un compromiso colectivo capaz de trazar un futuro conectado internacionalmente desde a lingua. Os portos, as industrias, os mercados ou a cultura, que nacen da comunicación e a lingua, apuntan no horizonte dun S.XXI incerto coma cómplices necesarios para unha identidade multiplicadora, que ademais de na lusofonía, posiciónanos no Estado, na Unión Europea ou na China (Macau).

Así as cousas non podemos máis que agardar un papel protagonista para Galicia na entrada de España na CPLP, así coma un posicionamento activo das nosas institucións para garantilo.