Vinte anos do IGADI

O Igadi cumpre este 2011 dúas décadas de vida e, para empezar a celebralo, dedicou o seu primeiro acto do ano a un ferrolán inesquecible, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, embaixador galego no Reino Unido e pontífice entre Galicia e China, país polo que o director do instituto, Xulio Ríos, sente unha fascinación absoluta.