Xapón: a nova política exterior de Naoto Kan

O pasado 20 de xaneiro, o primeiro ministro xaponés Naoto Kan realizou un discurso excepcional centrado na política exterior. Kan manifestou que a Alianza entre Xapón e EEUU constitúe un eixe fundamental da política exterior nipona, que debe manterse e cimentarse. Doutra banda, acerca da relación con China, Kan manifestou as súas inquedanzas pola necesidade de fortalecemento da defensa nacional xaponesa e pola activación da expansión marítima, aínda que declarou a súa vontade de mellorar a relación con Beijing e fortificar as “Relacións Recíprocas Estratéxicas” entre ambos  países.

Apartados xeográficos Asia
Idiomas Galego

Kan anunciou un relanzamento da Alianza nipona-estadounidense, arrefriada nos últimos anos. Por iso, o obxectivo deste discurso de Kan centrábase non só en ilustrar unha nova impresión do seu gabinete, remodelado a semana anterior, senón tamén para facer un chamamento a EEUU, ao tempo que o presidente Obama simultaneaba unha conferencia co presidente chinés Hu Jintao dando conta do reforzamento da súa relación con China. Este discurso significaría que o actual goberno xaponés deuse conta do fracaso da súa recente política exterior e que, polo tanto, Xapón debería restaurar a diplomacia tradicional.

Tendo como base esta reflexión, Kan manifestou cinco alicerces da nova liña de política exterior de Xapón: Alianza con EEUU; Nova Política Exterior en Asia; Política Exterior centrada na Economía; Contribución Global; e Nova Seguridade.

Acerca da Alianza con EEUU, Kan comparouna coas relacións humanas: “Unha vez que se establece unha boa relación, existe tendencia a pensar que esta dura para sempre. Con todo, é necesario facer un esforzo mutuo para mantela. Teño unha esposa e levo 40 anos con ela. Pero pode devolverme a pelota se descoido o esforzo”. Durante o anterior goberno de Yukio Hatoyama (setembro 2009-xuño 2010), Xapón prestou pouca atención a EEUU e outorgaba máis importancia aos países asiáticos. Por conseguinte, xurdiu unha discordia entre Tokio e Washington, sobre todo a principios de 2010. Por iso, Kan nunca se referiu no seu recente discurso á Comunidade do Leste Asiático que propuxo Hatoyama. A diferenza, Kan dixo pretender unha “Visión da Alianza nipona-estadounidense no século XXI”, cando visite este ano ao presidente Barack Obama.

En canto á política exterior en Asia, Kan explicou as relacións con cada un dos países da rexión. Con China dixo ter inquietudes polo fortalecemento da defensa nacional e cualificou de mágoa o recente choque pola illa de Senkaku. Pero dixo tamén que é importante fortalecer as Relacións Recíprocas Estratéxicas, co cal propuxo establecer un “Teléfono vermello” entre os máximos mandatarios de ambos países.

Con Corea do Sur manifestou o seu desexo de construír unha nova época para resolver o actual conflito na península coreana, asentando unha maior confianza co presidente surcoreano Le Myung-bak. Por iso, Xapón fortalecerá a colaboración con Corea do Sur e EEUU ante os problemas nucleares e militares con Corea do Norte. Igualmente, Kan referiuse á relación con Rusia, empeorada en 2010 pola reclamación da soberanía territorial sobre as illas Kuriles. Neste sentido, Kan manifestou o seu desexo de concertar un tratado de paz con Moscova.

No apartado da política exterior centrada na economía, Kan decidiu que 2011 será o primeiro ano de Kaikoku (abrir o país ao comercio exterior”) e de Heisei (“a era actual de Xapón”). Considerou tamén a transcendencia de participar no Acordo Estratéxico TransPacífico de Asociación Económica.

Acerca da contribución xaponesa á economía global, Kan considerou que o seu goberno vai tomar iniciativas para alcanzar un mundo sen bombas atómicas, unha perspectiva indeclinable para o único país que sufriu os efectos do lanzamento dunha bomba nuclear. Por iso, lembrou a importancia de converterse en membro permanente do Consello de Seguridade da ONU.

No quinto alicerce da súa “nova política exterior”, Kan referiuse aos novos “Principios Fundamentais do Plan de Defensa” aceptados o ano pasado, segundo o cal Tokio desprendeuse do “Poder Defensivo Básico” para construír un “Poder Defensivo Dinámico”. É dicir, Xapón adecuaría o seu poder defensivo para poder tomar medidas ante calquera crise, en especial na península coreana. Kan dixo que Xapón debería cambiar a súa tradicional visión de “país pacifista”, considerando que sería adecuado variar esta posición de “país pacífico” a aquel que se esforza por conseguir a paz mundial. Para iso, Xapón tomará parte activa nas operacións de mantemento da paz da ONU.

Resulta apreciable certa inestabilidade na política exterior xaponesa dos últimos anos. Na prolongada etapa de goberno do Partido Liberal Democrático (1955-1993) e (1994-2009), existían tres grandes grupos respecto da política exterior xaponesa, unha perspectiva que foi continuada polo actual goberno do Partido Democrático de Xapón (PDX). O “primeiro grupo” inclúe a aqueles que aspiran a conservar unha boa relación con EEUU. O “segundo grupo” incorpora a aqueles que desexan alterar esta relación a través dunha maior independencia de Washington, coa finalidade de fortalecer a Xapón na escena internacional, unha visión impulsada por Seiji Maehara, ex líder de PDX e actual ministro de Asuntos Exteriores. O “terceiro grupo” corresponde a aqueles que queren establecer unha boa relación con China, como son os casos do ex primeiro ministro Yukio Hatoyama e Katsuya Okada, ex líder do PDX e ex ministro de Asuntos Exteriores no gabinete de Hatoyama.

O recente cambio impulsado por Kan significa que a actual política exterior xaponesa volveu ás perspectivas do denominado “primeiro grupo”. É posible que Kan non posúa unha convicción tan firme sobre a política exterior como nos casos doutros ex líderes do PDX, pero aposta por unha nova liña ante o fracaso diplomático de 2010.

¿Poderá Kan superar deste xeito ese fracaso?. Unha política exterior que cambia tan facilmente de acordo coas circunstancias perde cada vez máis a confianza internacional. É importante manifestar unha continuidade do goberno e da súa política exterior. É por iso que a conxuntura actual debe permitir a Xapón “cravar os ollos” na situación xeral das relacións internacionais a longo prazo e levar a cabo unha política exterior máis coherente.