davidalvarado

Alvarado Roales, David M.

Politólogo, xornalista, escritor e consultor especializado no norte de África e mundo árabe, é investigador asociado do IGADI. O seu último libro é “Rif. De Abdelkrim a los indignados de Alhucemas” (2017, Ed. La Catarata)


Artigos de Alvarado Roales, David M.

Capa do Tempos Novos de febreiro

Unha necesidade estratéxica e histórica para Putin

Apartados xeográficos Rusia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Fronte á ameaza de invasión da Ucraína por Rusia, os Estados Unidos e a UE avogan polo diálogo co amo do Kremlim, quen se sabe en posición de forza fronte a un Occidente debilitado, aínda baixo os efectos da pandemia e vítima das súas contradicións e divisións, e sempre lastrado na toma de decisións pola natureza democrática dos seus sistemas políticos. Moscova ten manifestado o seu rexeitamento a aceptar negociacións interminables, poñendo sobre a táboa condicións imposibles de asumir polo bando occidental, que na práctica significan acordar a Rusia un dereito de veto sobre as decisións da OTAN. A «finlandización» ucraína semella unha opción aceptábel, se ben Rusia non desleixará a integración progresiva de Kiev na súa Federación.

Pandemia e crise do soft power occidental

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Cando amaine a treboada e a pandemia estea baixo control, cal será a percepción que terán uns estados dos outros? Xa sexa o modelo de democracia británico, “les lumières” francesas ou as presuntamente inxentes capacidades de Washington, hai conceptos que vanse ver seriamente afectados e comprometidos pola crúa realidade da xestión da Covid-19. Porque os …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »

África e Covid-19, entre a vertixe e o abismo

Apartados xeográficos África
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O potencial impacto da propagación a grande escala da Covid-19 en África podería ter dramáticas consecuencias a máis dun nivel. Non existen medios consecuentes para un diagnóstico fidedigno da extensión do andazo, nin os réximes en liza se caracterizan precisamente pola súa transparencia informativa, pero no momento de redactar estas liñas todo apunta a que …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »

Covid-19 e redención da humanidade

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Desde a mesma xénese da humanidade tiñamos, no mellor dos casos, un 50% de probabilidades de sobrevivir tras padecer un andazo, xa fose este de orixe viral ou bacteriano. O ser humano pasaba frío cada inverno até o punto de que as baixas temperaturas se situaban na orixe de cíclicos e regulares falecementos masivos. Amais, …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »

Desunión do mundo fronte á pandemia

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O que hai unhas semanas xa non era un segredo, agora, en pleno azote do Covid-19, resulta unha clamorosa evidencia: a humanidade adoece de liderazgo. Fai augas a Unión Europea, proxecto mitificado e enchido de supostas virtudes, no que pretendemos albiscar a súa —sempre por chegar!— mellor versión, obviando flagrantes eivas e non asumindo que …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »

A trampa de Alxer

Apartados xeográficos África
Liñas de investigación Relacións Internacionais
 A renuncia a un quinto mandato do presidente Abdelaziz Buteflika e o inicio dun suposto proceso de transición suscita importantes dúbidas, poñendo en tea de xuízo as auténticas intencións do réxime. A oposición, que evoca unha “manobra dilatoria”, chama á prudencia e, sobre todo, a manter a presión contestataria para avanzar de xeito efectivo na …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »

O Estado Islámico directo ó corazón

Apartados xeográficos África
Hoxe máis que nunca, Tunisia é un símbolo. Un exemplo de democracia no "mundo árabe". Un país capaz de reinventar o concepto de "revolución", tendo expulsado a un ditador, Zine El Abidine Ben Alí, e encontrando vías de concertación entre islamitas e demócratas. Tunisia foi o berce da "revolución xasmín", que derivou na chamada "primavera …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »

Pendientes de un solo hombre

Apartados xeográficos África
Tras haber sido sorpresiva y nuevamente hospitalizado en el parisino hospital militar de Val-de-Grâce, de regreso el pasado jueves al Palacio de El Mouradia el jefe de Estado argelino, Abdelaziz Bouteflika, firmó el decreto que sanciona la celebración de comicios presidenciales el 17 de abril, según informó APS, la agencia de prensa oficial. Como ya …

Alvarado Roales, David M. Ler máis »