Álvarez Ares

Distribuir

Distribuir contido

Álvarez Ares, Marta

Nome: 
Marta
Foto: 

Realiza prácticas no IGADI. No último curso de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Compatibiliza os estudos coa práctica competitiva de Judo.


2 artigos publicados
25/02/2021
A ekecheiria ou tregua olímpica supoñía o cese de toda hostilidade entre as polis gregas durante o curso da celebración do festival deportivo de Olimpia, na Antiga Grecia. Este é, quizais, o símbolo máis claro e famoso da influencia do deporte na diplomacia, mais non o primeiro nin o último.  Xa os Maias  introduciron unha primitiva idea de “diplomacia deportiva”, utilizando os enfrontamentos deportivos para resolver disputas sen chegar á guerra. No resto das sociedades históricas, como no Imperio Romano ou a Idade Media, tamén tivo funcións políticas e diplomáticas, malia que non tanta repercusión.
17/02/2021
Dende que en 1896 Pierre de Coubertin inaugurara os primeiros Xogos Olímpicos Modernos, tan só as dúas Guerras Mundiais conseguiron evitar a realización de tres das súas edicións. A Covid-19 non logrou, polo momento, a súa cancelación, mais si fixo que por vez primeira na historia foran aprazados durante un ano. Tokyo acollerá en apenas cinco meses, desde o 23 de Xullo, a XXXII edición dos Xogos Olímpicos de Verán e, un mes despois, a XVI dos Xogos Paralímpicos, no medio dun contexto global de incerteza pola aínda presente pandemia que azotou o mundo enteiro nos últimos meses.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais