Barro

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Barro, Teresa

Nome: 
Teresa

María Teresa Barro Muñoz-Ortiz, nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega afincada no Reino Unido. Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra ou Nós Diario, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres.


 


1 artigos publicados
12/09/2022
A morte da raíña Isabel veu ao final dun vrao de cambios vertixinosos na vida e na política do Reino Unido, cando non se sabía o que acontecería dun día para outro e todo eran surpresas. Foi como unha película chea de acción e emoción que empezou cando botaron fora ao Primeiro Ministro por trapaceiro e houbo que escoller o remplazo. Pero, no medio da turbulencia e o futuro incerto, a figura da raíña permanecía fora da política, emanando orde e estabilidade. Os británicos sentíanse protexidos por aquela muller cumplidora do deber e fiel ao seu país nos moitos anos nos que vira desde a Segunda Guerra Mundial até e perda do imperio e a criación do Commonwealth.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais