Figueiras

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Figueiras, Xosé Manuel

Nome: 
Xosé Manuel

Colaborador do IGADI. Licenciado en Ciencias Políticas da USC, Master en Institucións e Políticas Europeas pola Universidade de Lovaina. Foi analista do IGADI, do que segue sendo colaborador. Na actualidade desenvolve a súa actividade laboral no Reino Unido como responsábel internacional para Latino América, Portugal e España de Tangent International Ltd.


6 artigos publicados
IGADI
15/11/2015
Hai pouco lin un libro que furga nas tensións europeas (“O euro, anos críticos”), vistas dende a óptica francesa. Nel se apunta a obviedade da tensión directa entre o pobo grego e alemán por razóns que conveñen a unha elite dentro do estado alemán, é dicir, e ao “stablishment” alemán, que a fin de contas é quen move os fíos do goberno teutón. Existe unha visión semellante dende outros puntos xeográficos europeos tamén.
IGADI
22/10/2013
In 2012 the global system has entered in an open crisis, as deep as the one of 1929. This is the crisis of a new form of imperial capitalism. This new capitalism has the centre of the financial power in all corners of the world, and also at the peripheral countries like India, China or Brazil. We are talking about some kind of no head configuration of the international order, where speculation and disorder increase the probability of economic calamity.
IGADI
24/08/2013
Non lonxe están os tempos nos que o apoio aos gobernantes se trocaba por billetes guindados dende o alto dunha balconada. Afondamos un pouco máis na requintada pseudo-democracia. Outro exemplo particular de populismo a bo prezo, sen proxecto de futuro, alén da teima de alcanzar ou permanecer no poder.
IGADI
06/08/2012
O gobernador de Sicilia, Raffaele Lombardo, dimitiu. Era un home que gañou as eleccións e corouse presidente cunha maioría afín do seu propio partido, e gobernou coa oposición. Hábil onde os haxa nas correntes da política. Propio do individualismo italiano.
01/08/2012
Veciños dun hutong (barriada típica da capital chinesa) no centro de Beijing, víronse inmersos nunha amarga disputa  orixinada pola  expropiación e a expulsión das súas casas para crear unha vez máis, as modernas estruturas arquitectónicas que caracterizan o urbanismo do país despois da chegada do capitalismo encuberto. As cidades chinesas están padecendo unha rápida transformación que acaba coas barriadas tradicionais precedentes, e crea unha importante burbulla inmobiliaria da que viven boa parte dos novos executivos en cidades como Xangai. As autoridades locais son habitualmente acusadas de usar prácticas pouco éticas, e corruptas, no seu intento de demoler as casas restantes para construír máis rañaceos.
IGADI
28/07/2012
Un dos elementos que deixan pegada na ollada dos viaxeiros por China, é a cortesía dos cidadáns cos estranxeiros. Pero tamén impactan as importantes diferenzas sociais, en concreto no acceso á prestación de servizos públicos, e a actitude das elites na loita polos recursos escasos. Un bo exemplo son as garderías, onde agroman as sementes do descontento nun país en constante reforma.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais