González Palau

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

González Palau, Daniel

Nome: 
Daniel
Foto: 

Director do IGADI.
dpalau@igadi.org


44 artigos publicados
24/08/2021
Na definición do goberno da Comunidade de Madrid de Isabel D. Ayuso, Toni Cantó foi designado coma Xefe da Oficina do Español, que a Comunidade creará cando menos para os próximos dous anos. Na nota de presentación da decisión apelábase ao poder global da lingua española e aos valores engadidos do mesmo para o posicionamento internacional de Madrid, coma capital europea e mundial do idioma de Cervantes.
29/06/2021
No ano 2012 un grupo de activistas reintegracionistas e a Academia Galega da Lingua Portuguesa (nacida formalmente en 2008) decidiron promover unha iniciativa lexislativa popular para promover a lusofonía en Galicia. Seis meses despois conseguiran 17.000 sinaturas e despois de distintas fases de negociación cos grupos políticos presentes na altura no Parlamento, aprobouse por unanimidade a - Lei nº 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos coa lusofonia, máis coñecida coma Lei Paz Andrade. Froito dun consenso tan amplo a Lei entra nun folio estándar, sen precisar nin plans nin prazos para o seu desenvolvemento.
24/05/2021
De maneira anual desde o ano 2010 o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) edita o Informe Nós No Mundo, coma publicación periódica de seguimento da acción exterior de Galicia. Na edición deste ano, a duodécima, a moi recente aprobación da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, marca un claro punto de inflexión.
REVISTA ECO
20/04/2021
Como cada ano saíu o noso anuario de relacións internacionais e política global, o IGADI Annual Report 2020-2021, nesta edición titulado: “Nova normalidade e sociedade de risco global”. O informe repasa polo miúdo os acontecementos do ano 2020, determinados polos impactos da Covid-19 na sociedade internacional, así coma o inicio dun 2021 con fortes problemas de dixestión.
REVISTA ECO
17/03/2021
Se co fin da Guerra Fría nacía en Galicia o IGADI (1991) coma centro de estudos internacionais, no 1997 editábase o primeiro Tempo Exterior en liña coa misión central da entidade: a promoción da nosa presenza internacional e a comprensión do mundo desde aquí. Naquela primeira etapa en páxinas amarelas e DIN A4 grampados, impresos de maneira trimestral, dábase conta das actividades e iniciativas do IGADI, acompañadas de artigos relevantes, que a estas alturas da globalización podemos identificar coma proféticos. Daqueles primeiros boletíns do Tempo Exterior, quédanos á espera da súa dixitalización, o arquivo dos mesmos entre o patrimonio documental de trinta anos que acumulamos na nosa biblioteca, no Centro Cívico Sur de Pontevedra.
REVISTA ECO
24/01/2021
Irán a por ti é unha novela do xornalista Félix Soria que saíu a comezos do especialísimo 2020 publicada por Medulia Editorial. É unha novela de personaxes, principalmente xóvenes, en convivencia, cooperación e conflito no contexto do final do franquismo e a loita pola democracia de comezos dos anos 70. A historia que vincula as distintas tramas das páxinas da novela desenvólvese nun piso compartido, entre distintos perfís sociolóxicos da época que advirten de onde viñamos e a onde nos dirixiamos, con fracturas das identidades ás materialidades e as ilusións todas da mellor transición do universo…
21/12/2020
Entre atónitos e convencidos de que non corren bos tempos, o 2020 e a historia da pandemia da Covid19 son en si mesmo o acontecemento social máis universal e conectado da historia da humanidade. Non o máis letal, nen o pior, por moi doloroso e abafante que puidera ser.
REVISTA ECO
23/11/2020
A historia de Galicia, principalmente determinada neste sentido pola nosa posición xeográfica, foi de sempre unha historia conectada ao mundo de maneira intensa. Especialmente desde o mar e as rutas marítimas globais, das orixinarias ás actuais. Nesa vibrante aventura de conectividade internacional de Galicia, Pontevedra terá o seu momento de máxima exposición coa aparición da Feira Franca a finais do S.XV, convertendo a cidade nun porto referencial das ruta comerciais en Europa, sendo a cidade máis poboada e próspera de Galicia durante 200 anos….
REVISTA ECO
12/11/2020
O compromiso coa lingua galega é un trazo fundacional do IGADI que vivenciei desde o primeiro día que entrei pola súa porta, na sede histórica de Baiona no ano 2009. O motivo dese empeño do IGADI, de 29 anos xa (1991-2020), ten dúas razóns esenciais. Primeiro, se o galego é a nosa lingua e un dos propósitos do IGADI é sensibilizar á nosa sociedade na transcendencia dos asuntos globais para desenvolver ideas e proxectos acordes cos nosos intereses exteriores, iso, por coherencia, débese facer na lingua propia. Segundo, porque se o IGADI ambiciona proxectar a Galicia no exterior debe facelo a partires de si propio, coa súa identidade xenuína, e iso, tamén, fai que só teña sentido partindo do galego e defendendo ao tempo que ese empeño non é excluínte con outras perspectivas, complementares e multiplicadoras, reafirmando a plenitude do noso compromiso, así como coa diversidade lingüística, coa vantaxe comparativa a todos os niveis da natureza internacional do galego na conexión co portugués.
REVISTA ECO
17/09/2020
En Galicia o monopolio mediático caricaturizado do Humor Amarelo arredor da imaxe chinesa en Europa, contrastou coa obra de Xulio Ríos arredor do mundo chinés xa desde os inicios dos anos 90, que alumea unha composición do planeta e da realidade da globalización como fenómeno universal, que axuda a interpretar o que acontece hoxe neste mundo de 2020 e incerteza radical de pandemia.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais