Mansilla Blanco, Roberto

Colaborador do IGADI.


 


Artigos de Mansilla Blanco, Roberto

A “paz do século” de Trump

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
“É a paz do século”. Fiel a súa estridencia e grandilocuencia, así cualificou Donald Trump o principio de acordo presentado este 28 de xaneiro en Washington, orientado a eventualmente concretar unha solución de “dous Estados” entre Israel e Palestina. Pero alén do “histórico” dun acordo unilateral que beneficia claramente ao seu aliado israelí, o mesmo …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

A “pasión persa” de Trump

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A tensión militar in crescendo entre EUA e Irán ten un claro carácter efectista nun 2020 político e electoral para Donald Trump. Toda vez, esta tensión traduce igualmente os intereses de diversos actores, non só de Washington e Teherán, por reconstituír as súas respectivas esferas de influencia estratéxica dentro do mapa xeopolítico entre Oriente Próximo …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

OTAN en crise, Eurasia en ascenso

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Mentres en Londres dábase inicio (3-4 decembro) ao mais tirante cumio da OTAN coincidindo co seu 70º aniversario, Putin e Xi Jinping fortalecían a asociación estratéxica entre Rusia e China inaugurando o “megaproxecto” de gasoduto Siberia Power, que subministrará 38.000 millóns de metros cúbicos de gas natural ruso a China a través de 3.000 quilómetros. …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

Cooperación transfronteiriza como eixe xeopolítico: o caso da Iniciativa Gran Tumén (IGT)

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomacia
Creado en 1995 como Programa para o Desenvolvemento da Área do Gran Tumen, a Iniciativa Gran Tumén (IGT) está actualmente conformada pola República Popular de China (RPCh), Rusia, Mongolia e a República de Corea (Corea do Sur). Xapón e a República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte) son tamén socios do IGT, fortalecendo a …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

BRICS: eran outros tempos

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Comercio en vez de xeopolítica. Intereses bilaterais en vez de multilateralismo. O recente Cumio de Brasilia 2019 marca o momento e o estado actual dos BRICS, lonxe das esperanzas esgrimidas nos seus inicios (2001) por fortalecelo como paladín das “potencias emerxentes” na construción dun novo sistema global para o século XXI. O baixo perfil en …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

Sen Evo

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Lula libre pero Evo fóra. Mentres o ex presidente brasileiro saía da prisión tras verificarse que o seu xuízo estaba “politicamente viciado”, un dos seus mais estreitos aliados, o agora ex presidente boliviano Evo Morales, renunciaba á presidencia, tras presión das Forzas Armadas motivada por semanas de mobilizacións populares contra un presunto fraude electoral realizado nos comicios presidenciais do pasado 20 de outubro. Precisamente, unha auditoría …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

A era do descontento global

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A atención nas protestas que vense levando a cabo en América Latina non debe descoidar outros escenarios onde se presentan igualmente fortes manifestacións de malestar cidadá, tal e como se está observando actualmente coas protestas en Líbano e Iraq. O primeiro ministro libanés Saad al Hariri renunciou ao seu cargo tras días de protestas nas …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

(Re) equilibrios rexionais tralas presidenciais arxentinas

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A contundente vitoria electoral de Alberto Fernández nas presidenciais arxentinas (48,10%) predín posibles reestruturacións tanto a nivel de liderados como de tendencias políticas a nivel rexional. Con crises persistentes a nivel institucional en Perú, socioeconómicas en Chile e Ecuador e postelectoral en Bolivia, a rexión tamén rexistrou comicios presidenciais en Uruguai (a definir en segunda …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »

O malestar latinoamericano

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A crise social e política acaecida recentemente en Ecuador, parcialmente aplacada tralo acordo entre o presidente Lenin Moreno e o movemento indixenista CONAIE, xunto ás violentas tensións sociais en Chile, a crise institucional en Perú e as incertezas pos-electorais en Bolivia, catalizan as aínda visibles consecuencias derivadas do descontento cidadá ante a actual representación política …

Mansilla Blanco, Roberto Ler máis »