Mansilla Blanco

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Mansilla Blanco, Roberto

Nome: 
Roberto

 


399 artigos publicados
IGADI
15/08/2011
En determinados círculos da opinión pública estadounidense está comezando a forxarse a idea de reincorporar a tendencia aislacionista, historicamente asentada na política exterior desde país.
IGADI
08/09/2011
Inmobilizada e con escasa reacción ante a dinámica de cambios dende o Magreb ata Oriente Próximo con motivo da “Primavera árabe”, o goberno dereitista de Benjamín Netanyahu apréstase a confrontar serios frontes en diversos ámbitos internos e externos, enmarcados nunha crise socioeconómica con claras implicacións na política interna e na xeopolítica rexional.
IGADI
03/08/2011
O asedio militar á poboación siria de Hama, que deixou ata agora máis dunha centena de mortos, incrementa en máis dun millar a cifra de vítimas mortais en Siria tras seis meses de protestas, un aspecto que da conta da reaccionaria posición do presidente sirio Bashar al Assad de solucionar, pola vía da forza e da represión, coa contestación popular máis numerosa e prolongada contra o réxime político dese país árabe.
IGADI
26/07/2011
De cara a asunción presidencial prevista para o próximo 28 de xullo, o futuro presidente peruano Ollanta Humala ven acelerando a constitución do seu gabinete gobernamental, tanto como impulsaba unha ampla xira rexional con claros visos de pragmatismo político.
A Nosa Terra
13/07/2011
Un semestre despois da vaga de cambios que actualmente seguen convulsionando ao Magreb e Oriente Próximo, o balance aborda unha sensación de esperanza, incerteza e contradicións. A denominada “Primavera de 2011” definitivamente mudo o mapa xeopolítico do mundo árabe pero a súa consolidación como avatar dos cambios democráticos deixa diversos escenarios abertos, sumidos na incerteza.
IGADI
28/06/2011
Diversas especulacións ocupan o escenario político venezolano ante a repentina e prolongada ausencia do seu presidente Hugo Chávez, operado de urxencia en Cuba a principios de mes tras unha xira que levouno por Brasil, Ecuador e a illa caribeña.
A Nosa Terra
27/06/2011
Se ben o presidente estadounidense Barack Obama anunciou esta semana o retiro paulatino de 33.000 efectivos militares estadounidenses de Afganistán a partir do próximo mes de xullo ata o 2012, dificilmente esta táctica estratexia de retirada de tropas signifique o final da misión da OTAN no país centroasiático.
IGADI
20/06/2011
Coa súa histórica visita a Porto Rico o pasado 14 de xuño, a primeira dun presidente estadounidense en cincuenta anos, Barack Obama relanza a súa campaña electoral 2012 a fin de proverse do apoio do influente voto portorriqueño en EEUU, prometendo impulsar un referendo que dirima o futuro estatuto da illa caribeña, actualmente Estado Libre Asociado de Washington.
A Nosa Terra
14/06/2011
Resulta incuestionable o carácter histórico do terceiro triunfo consecutivo do primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan e do partido islamita Xustiza e Desenvolvemento (AKP) nas eleccións lexislativas do pasado domingo 12, e que lle outorgan unha nova maioría parlamentaria. Deste modo, Erdogan e o AKP constitúen os actores máis decisivos na transformación política, social e económica experimentada por Turquía na última década, e que levou a este país a ser considerado actualmente como a 16º potencia económica mundial.
IGADI
07/06/2011
A ampliación por tres meses máis da misión da OTAN en Libia mentres se intensifica o apoio occidental aos rebeldes, co pretendido obxectivo de acabar co réxime de Muammar al Gadafi, contrasta notoriamente co silencio e a inacción internacional ante a crise iemenita, trala abrupta saída do poder do seu presidente Alí Abdulá Saleh e a posibilidade de renovación da guerra civil, así como da brutal represión do presidente sirio Bashar al Asad contra as protestas neste país, con estimacións dun milleiro de mortos.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais