Mansilla Blanco

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Mansilla Blanco, Roberto

Nome: 
Roberto

Analista do IGADI.
rmansilla@igadi.org


389 artigos publicados
Revista ZETA (Venezuela)
17/02/2017
A súbita dimisión de Michael Flynn como asesor de seguridade nacional do presidente Donald Trump, tras recoñecer os seus contactos co Kremlin, non só se converte na primeira crise do novo goberno republicano senón que imprime máis confusión e incógnitas sobre cal é a dimensión exacta da influencia rusa na Casa Branca.
Praza Pública (Galicia)
10/02/2017
Son cada vez mais perceptibles os síntomas de asunción dunha etapa de reestruturación dentro dos actores que gravitan na política venezolana. Coa previsible desarticulación do diálogo entre goberno e oposición, o aprazamento sine die das eleccións rexionais e a desactivación de feito do referendo revogatorio, o 2017 anuncia enroques e incluso recambios tanto na composición dos liderados como nas estratexias políticas a mediano e longo prazo tanto no goberno como na polarizada oposición. Nesta ás veces confusa correlación de equilibrios internos intúense diversos escenarios, particularmente enfocados no paulatino deseño de hipotéticas candidaturas con perspectiva de posicionarse de cara ao horizonte electoral presidencial 2018. Paralelamente, amósase un contexto de crecente escepticismo por parte da cidadanía sobre a viabilidade dos próximos procesos electorais como factor de resolución da prolongada crise política venezolana. 
La Voz de Galicia
04/02/2017
“O mundo está en apuros pero ímolo endereitar”. A lapidaria frase do novo presidente estadounidense Donald Trump para xustificar as súas primeiras medidas en materia de política exterior, incrementan dun xeito irreversible o caudal de preocupación que amosa a súa polémica presidencia.
Praza Pública (Galicia)
27/01/2017
Compre observar con atención o desenvolvemento do V Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da CELAC celebrado o 25 de xaneiro na localidade de Bávaro, en República Dominicana. Coincidindo coa chegada de Donald Trump á presidencia en EUA e do impacto das súas primeiras medidas, en especial a controvertida orde executiva de elevar o muro anti-inmigración na fronteira con México, a evolución do cumio da CELAC define igualmente síntomas de cambios de percepción e posibles fendas dentro deste organismo hemisférico, en gran medida motivados polos recentes cambios políticos.
Revista ZETA (Venezuela)
27/01/2017
Auspiciadas por Rusia, Turquía e Irán, as conversas de paz para Siria que se levan actualmente a cabo en Kazajstán supoñen a pedra angular que o presidente ruso Vladimir Putin agarda deseñar no novo contexto global. Así, Moscova busca ampliar a súa influencia a través do eixe euroasiático nun contexto de confusas expectativas para Occidente, en particular trala asunción presidencial de Donald Trump na Casa Branca, do Brexit en fase de definición e do inquietante calendario electoral europeo para 2017.
Tempos Novos (Galicia). Xaneiro de 2017
30/12/2016
Se o contexto mundial para 2017 estará determinado pola imprevisión, a guerra que vive Siria desde 2011 podería ironicamente alcanzar un punto de inflexión decisivo, en gran medida posibilitado pola determinación do eixe conformado por Rusia, Turquía e Irán de exercer a súa influencia á hora de prover algún tipo de solución de feito do conflito. Con todo, a inevitable fragmentación territorial de Siria encarna un dos mais graves dramas humanitarios da “posguerra fría”, cunha xeración de sirios atomizados pola guerra e o éxodo refuxiado ante a impasible inacción da comunidade internacional. 
IGADI
30/11/2016
Grandes incógnitas xorden á hora de tentar interpretar cales serán as prioridades de Donald Trump co respecto á política exterior estadounidense. As mesmas tórnanse aínda máis grises cara un concerto hemisférico que para Washington preséntase preventivamente determinado por incertas aperturas (Cuba), tensións fronteirizas (México, NAFTA), crises periféricas (Venezuela) e a dimensión rexional da cada vez mais acentuada presenza chinesa. A visión de Trump sobre América Latina interprétase principalmente como un apéndice das súas percepcións sobre a complexa composición multicultural da sociedade estadounidense, destacando a súa reaccionaria e virulenta posición contra a inmigración de orixe hispano. Marcando distancias cara unha área xeográfica e xeopolítica aparentemente de escaso interese para a súa próxima administración, non é descartable considerar que Trump iniciará unha política de pragmático e expectante distanciamento cos seus veciños hemisféricos, en aras de acometer outros escenarios de calado mais estratéxico, en particular Rusia, Europa e China.
Palavra Comum (Galicia)
24/11/2016
Son cada vez maiores as especulacións enfocadas nunha presunta invasión militar turca a Siria, a través da denominada “Operación Escudo do Éufrates”. De eventualmente certificarse, asistiríamos á primeira invasión militar en Siria por parte dun país membro da OTAN que, ironicamente, ten reorientado nos derradeiros meses un xiro xeopolítico de cariz “euroasiático”, especialmente manifestado coa súa entente con Rusia. Alén das pretensións xeopolíticas establecidas polo cada vez mais autocrático presidente turco Recep Tayyip Erdoĝan, cuxa masificación da represión interna consolídase ante a opaca reacción occidental, este súbito xiro dos acontecementos por parte de Erdoĝan en Siria supón un cambio de ecuación de carácter disuasivo e preventivo, a fin de asegurar os intereses turcos ante a próxima asunción presidencial de Donald Trump e para neutralizar as inquietudes atlantistas sobre a definición xeopolítica de Ankara. 
Palavra Comum (Galiza)
14/11/2016
No seu polémico libro Who Are We? The Challenges to America’s National Identity (2004), o politólogo estadounidense Samuel Huntington advertiu das presuntas ameazas á identidade nacional estadounidense tanto no plano interno como externo, identificando respectivamente á crecente inmigración latinoamericana (principalmente de orixe mexicano) así como ao terrorismo islámico. Tomando en conta os resultados dos recentes comicios presidenciais estadounidenses, debe observarse con atención o efecto que o factor das identidades, sexan de carácter étnico, racial, relixioso, de xénero e incluso clase social, tiveron na inesperada vitoria do candidato republicano Donald Trump. O contexto electoral 2016 expresa unha complexidade latente que ven ilustrando os serios contrastes nos que se desenvolve desde fai anos a sociedade estadounidense, nos que o factor da identidade e un crecente descontento co establishment no poder ven configurando expresións ás veces confusas en materia de elección e representatividade política.  
Praza Pública (Galicia)
08/11/2016
Cun ritmo case frenético, colateralmente contextualizado de cara aos resultados dos comicios presidenciais estadounidenses previstos para este 8 de novembro, estanse desenvolvendo na actualidade diversos acontecementos en Oriente Próximo particularmente definidos polos intereses estratéxicos de contención ao Estado Islámico. Neste sentido, Moscova e Washington trazan as súas respectivas liñas de actuación e de definición das súas áreas de influencia en torno ás ofensivas militares contra o grupo xihadista nun corredor identificado entre Alepo e Raqqa (Siria) e Mosul (Iraq), un pulso do que non escapa a propia opinión pública. Co símil no centenario acordo de Sykes-Picot (1916) que definiu as fronteiras actuais de Oriente Próximo, o que actualmente acontece en torno ao eixe Alepo-Raqqa-Mosul intúe o pulso decisivo pola reconfiguración estratéxica do status quo rexional, en gran medida enfocados en quen ocupará a presidencia da Casa Branca a partir de xaneiro de 2017.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais