Mansilla Blanco

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Mansilla Blanco, Roberto

Nome: 
Roberto

Analista do IGADI.
rmansilla@igadi.org


389 artigos publicados
Anuario CEID (Arxentina) 2016-2017
02/11/2016
Formalizada a reconciliación turco-rusa durante a visita do presidente turco Recep Tayyip Erdogan ao seu homólogo ruso Vladimir Putin o pasado 9 de agosto en San Petersburgo, pode intuírse con maior nitidez a concreción de pasos máis decididos no relativo a recrear unha especie de entente entre Ankara e Moscova que, progresivamente, permita definir as potencialidades dun eixe euroasiático, cun radio de amplitude tentativamente identificado entre o Cáucaso, Oriente Próximo, Asia Central e o sueste asiático. Con todo, xorden algunhas interrogantes a este repentino contexto xeopolítico: estamos ante a posibilidade de observar un audaz xiro xeopolítico anti-atlantista nun país membro da OTAN como Turquía?; Como incidirán estas expectativas dentro do laberíntico conflito sirio?; E de cara á sucesión post-Obama na Casa Branca?; Cabe agardar unha inmediata reacción contraria por parte do eixe atlantista? Todas estas interrogantes planean a gran escala dentro dun imprevisible contexto xeopolítico con capacidade de alterar substancialmente diversos intereses afirmados dentro do estratéxico (e non menos inestable) establishment euroasiático.
Praza Pública (Galicia)
27/10/2016
Determinada pola imprevisible volatilidade da crise venezolana, a misión vaticana destinada a reactivar o diálogo entre goberno e oposición transita por un complicado labirinto de pulsos, influencias e de presións nas que os focos de radicalización comezan a aparecer en escena. Neutralizada de feito a posibilidade dun revogatorio e temporalmente suspendidos os comicios rexionais previstos para decembro próximo, a tensión política volve ás rúas condicionando as expectativas dunha mediación que incluso polariza á propia plataforma opositora venezolana. Este escenario, así como a incerta mediación vaticana, dificilmente poderá reverter de inmediato o bloqueo institucional e político determinado por un choque de poderes incapaz de procrear un marco de consenso para solucionar a interminable crise política, así como as súas cada vez mais graves secuelas socioeconómicas.
Revista ZETA (Venezuela)
21/10/2016
O comezo da ofensiva iraquí para recuperar a estratéxica cidade de Mosul, ao norte do país árabe e en mans do Estado Islámico desde 2014, permite non só observar a maior operación militar na zona desde a invasión anglo-estadounidense de Iraq en 2003 senón na perspectiva de acelerar o control de esferas de influencia dentro dos presumibles cambios xeopolíticos que lle esperan a Oriente Próximo. Estratéxica pola súa condición de paso de oleodutos e proxectos hidráulicos, a recuperación de Mosul, así como a liberación da cidade siria de Alepo, permitirá crear un escudo de contención ao grupo xihadista islámico que se intúe imprescindible para Washington, especialmente coa mente posta nas próximas eleccións presidenciais estadounidenses.
IGADI
17/10/2016
Nun artigo anterior (“Repensar o Kurdistán”, http://www.igadi.org/web/analiseopinion/repensar-o-kurdistan) explicábase o histórico momento no que se atopa o Kurdistán de cara á eventual reconstitución xeopolítica que se presume para Oriente Próximo por mor dos intereses estratéxicos que se moven dentro do conflito sirio. A este escenario debe engadirse o efecto, directo e colateral, do contexto post-golpe en Turquía, particularmente trala decidida viraxe autocrática do presidente Recep Tayyip Erdogan. Por tanto, coincidindo coa recente visita a Galicia de Eyyup Doru, representante en Bruxelas do pro-kurdo Partido Democrático dos Pobos (HDP), a cuestión kurda merece ser revisada á luz destes recentes acontecementos. 
Sermos Galiza
13/10/2016
No marco dos comicios presidenciais de novembro próximo, a polarización electoral entre a demócrata Hillary Clinton e o republicano Donald Trump contextualiza a pulsación dunha serie de variables e perspectivas visiblemente antagónicas que inevitablemente definen os cambios que vive a sociedade estadounidense. As consecuencias desta polarización traducen un país inseguro polos efectos da crise socioeconómica, polos desafíos cara a súa vacilante hexemonía global e ante a aparente incapacidade do seu establishment por identificar e atender as demandas de reformas sociais e políticas.
IGADI
06/10/2016
O derradeiro cuarto de século iniciado en 1991, determinado pola desintegración da URSS, o final da “guerra fría” e incluso a primeira Guerra do Golfo Pérsico que determinou a concreción da polémica “nova orde mundial” por parte de Washington, abriu ás portas a un amplo debate sobre as novas tendencias que se albiscaban nas relacións internacionais, particularmente a través de diversos autores que explicaron (e nalgúns casos contribuíron a definir) os trazos dun novo sistema internacional, comunmente denominado de “posguerra fría”. Coincidindo co 25º aniversario do IGADI, ofrécese a continuación unha breve sinopse orientada a reflexionar sobre o impacto e a vixencia das diversas teses, lecturas e interpretacións que exerceron unha gran influencia no debate dos grandes temas e das grandes problemáticas da nosa época. 
IGADI
04/10/2016
A vitoria do Non (50,3%) no referendo sobre os Acordos de Paz celebrados o pasado 2 de outubro en Colombia poden marcar un punto de inflexión nunha sociedade polarizada polo súbito final de 52 anos de conflito armado, pero aparentemente pouco convencida sobre o consenso necesario para pasar páxina da guerra e tentar afrontar a etapa post-conflito. Pero máis que os índices rexistrados polo Non, o mais salientable foi a elevada abstención (62%), un síntoma de preocupante apatía e silenciosa distancia de cara á que debería ser a consulta mais importante na historia contemporánea de Colombia.
Praza Pública (Galicia)
03/10/2016
O referendo cidadán que debía validar os acordos acadados polo goberno colombiano e a guerrilla das FARC, consolidando definitivamente o proceso de paz, fracasou este domingo, ao impoñerse o non por unha marxe moi estreita (50.21% fronte ao 49,78%), uns 53 mil votos. Na consulta só participou o 37,43% da poboación, unha apatía que determinou o triunfo dos contrarios ao acordo. O non impúxose nas zonas urbanas (sobre todo Medellín), mentres que as zonas rurais -as que máis sufriron a violencia- optaron claramente polo si. Falamos con Roberto Mansilla, analista do IGADI especializado na actualidade de América Latina, sobre as razóns do fracaso do referendo e as súas consecuencias inmediatas, tanto para o proceso de paz coma para o futuro do presidente Juan Manuel Santos.
Revista ZETA (Venezuela)
16/09/2016
O acordo entre Moscova e Washington de condicionar desde o pasado 12 de setembro un alto ao fogo en Siria, así como as expectativas de activar operacións militares conxuntas para combater posicións do Estado Islámico e da Fronte Al Nusra, determina a viraxe mais decisiva destinada a progresivamente neutralizar un conflito entrampado desde fai máis de cinco anos. No entanto, este súbito acordo fortalece os obxectivos xeopolíticos do Kremlin esgrimidos tanto en Oriente Próximo como dentro do espazo euroasiático, definidos pola activación dun eixe de cooperación con Turquía e Irán na perspectiva de manter en pe ao réxime de Bashar al Asad e condicionar unha eventual repartición de esferas de influencia no anunciado crebacabezas do post-conflito sirio.
Praza Pública (Galicia)
08/09/2016
Tras un paréntese de aparente inmobilidade, o contexto xeopolítico euroasiático está presenciando discretamente una serie de sucesos que apuntan a presaxiar posibles reconfiguracións de orde estratéxico, polo pronto incertos, e cuxos efectos colaterais poderían procrear a renovación de tensións dende o Cáucaso ata Asia Central. Á expectación causada pola súbita reconciliación entre Rusia e Turquía, observada como recreación do proxecto euroasiático definido como un claro desafío aos imperativos xeopolíticos do eixe atlantista, deben engadirse outros acontecementos que acrecentan a incerteza e as inquietudes. Entre eles destacan o proceso de transición de poder en Uzbekistán tralo pasamento do ex presidente Islam Karímov; o inédito ataque á embaixada chinesa na capital kirguiza, Bishkek; e a recente designación do tayiko Gulmurod Jalímov como o novo xefe de operacións do Estado Islámico en Siria e Iraq, o cal implica observar con atención un eventual revival do xihadismo islamita en Asia Central. O transfondo deste contexto anuncia implicacións estratéxicas que moi probablemente afectarán o establishment centroasiático.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais