Morán

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Morán, Manuel

Nome: 
Manuel
Foto: 

Manuel José Morán García naceu en León en 1954. Pero aos tres meses, e debido á profesión do seu pai -veterinario rural-, trasladouse a vivir a GALICIA, rexión na que pasou boa parte da súa vida xuvenil, en diversas poboacións, pero sobre todo na Coruña. Estudou Dereito na USC, promoción 1972-1977. Despois de varios anos vivindo fóra de GALICIA, tanto en cidades españolas como europeas, en 1985 empezou a traballar na Xunta de GALICIA.

Funcionario do Corpo Superior desde 1992, ocupou diversos postos, case sempre vinculado á área das relacións exteriores, en especial os temas relacionados coa UE. 

Entre 1993-1999 dirixiu a oficina en Bruxelas da Fundación GALICIA EUROPA. 

Xubilado desde 2020, segue por vocación o día a día dos temas internacionais, formando parte de entidades como o IGADI.


1 artigos publicados
08/09/2022
O 24 de febreiro de 2022 converteuse nunha data mais a engadir á historia da humanidade e, en especial, á historia de Europa. Nese día comezou a invasión dun país europeo por parte doutro país, en parte europeo e en parte asiático. O primeiro conflito bélico en chan europeo no século  XXI.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais