Pazos Vidal

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Pazos Vidal, Serafín

Nome: 
Serafín

Doutor en Unión Europea, Xefe da Oficina de Bruxelas e responsable the Política Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas.

Membro do Comité de Expertos de Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións, Coordenador do Grupo de Expertos de Cohesión do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) (2008-2018), Secretario dos membros escoceses do Comité das Rexións (2007-2020) e do Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa.  Relator técnico de varios Ditames do Comité das Rexións, Consello de Poderes Locais e Rexionais do Consello de Europa, Parlamento Europe, Parlamento Escocés e Parlamento Británico.  Membro da Comisión Institucional e de Acción Exterior do Consello da Cultura Galega. Anteriormente traballou na Fundación Galicia Europa en Bruxelas e na Secretaría Xeral de Acción Exterior do Goberno Vasco, entre outros.   Columnista mensual en Galicia Confidencial e colaborador habitual de Luzes, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Agenda Pública de El País.

Como investigador académico é membro da Research Network on Cohesion Policy da Regional Studies Association,  colaborador habitual do Observatory of Local Authonomy (OLA), Grupo Democracia Y Autonomías: Sociedad y Política de la Universidade Pablo de Olavide; membro dos grupos de Paradiplomacia e axenda urbana da AECPA,  membro do Consello Social da Facultade de Políticas da Universidade de Padua. Ten traballado e publicado sobre todo en procesos de descentralización comparada, a gobernanza multinivel na UE, a Política Rexional europea e as axendas urbanas.  Autor do Libro Subsidiarity and EU Multilevel Governance Actors Networks and Agendas (Routledge, 2019).


3 artigos publicados
17/01/2021
Achegamos texto de Serafín Pazos Vidal no que presenta, en chave galega, o marco teórico e as principais ideas forzas do seu libro “Subsidiarity and EU Multilevel Governance: Actors Networks and Agendas “ (Routledge, 2019) que presentará na Charla "O Mundo Desde Aquí" na IGADI TV o próximo mércores 27 de xaneiro ás 20:30. A actividade ten unha especial relevancia, agora que no Parlamento de Galicia atopámonos diante da aprobación final da Lei galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento, e que no contexto estatal existe unha forte discusión sobre as formas e eficacias dos fondos europeos Next Generation.  
08/01/2021
Hai que dar a benvida a este proxecto de Lei de Acción Exterior que complementa o traballo previo de máis de 30 anos de acción exterior de Galicia e supón un paso adiante verbo das Estratexias Anteriores. Hai que resaltar o enfoque holístico, polo cal se entende a acción exterior de Galicia coma un fenómeno colectivo que non se limita á propio goberno senón que implica a toda a sociedade.
07/12/2020
Pode que a historia non se repita pero Bruxelas é cada vez máis unha cidade sen memoria. Logo dun exercicio de case tres anos o chamado proceso Bratislava-Roma-Sibiu (setembro 2016-maio 2019) a UE, tal que montaña, decidiu parir un rato. Oficialmente para examinar o futuro da UE aos sesenta anos do Tratado de Roma, en realidade un exercicio terapéutico pola retirada do Reino Unido, tivo como grande proposta a creación dun novo proceso de reflexión: a Conferencia para o futuro de Europa. 
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais