Ríos

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Ríos, Xulio

Nome: 
Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Director do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Autor de “Taiwán, el problema de China” (La Catarata, 2006). Autor-editor de “Política exterior de China” (Bellaterra, 2005).

xrios@igadi.org


984 artigos publicados
Praza
11/03/2020
A quen non lle interesa acabar coas guerras? Basta seguir a pista dos principais vendedores de armamento... Segundo o mais recente informe do SIPRI (Stockholm International Peace Research Institute), os cinco maiores exportadores son os EUA, Rusia, Francia, Alemaña e China, por esta orde. Catro deles son membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas….
Tempos Novos
06/03/2020
A eclosión da epidemia dun novo coroavirus con epicentro na cidade chinesa de Wuhan, provincia de Hubei, alertou ao mundo enteiro, sacudiu os cimentos da China e abriu novas incertezas sobre o futuro da economía global e a propia estabilidade social e política chinesas. Ao maxín viñeron as imaxes do anterior episodio similar de 2002-2003, con foco na provincia de Guangdong. A alarma agrandouse á vista da enorme progresión dos contaxiados, que rapidamente foron detectados por todo o territorio da China e varias ducias de países, se ben a mortandade confirmouse como menor. Aínda así, cóntase que serán superadas con creces as cifras da crise do SARS (Síndrome Respiratorio Agudo Severo).
Praza
02/03/2020
Donald Trump fixo a súa primeira visita de Estado á India cunha importante misión xeopolítica en axenda. Moi atrás semellan quedar definitivamente os anos en que a India formaba parte activa do Movemento dos Países non Aliñados, e mesmo sen el, obsoleto semella o propósito de se conformar como unha forza anti-hexemónica, calquera que fose o signo desa supremacía.
Nós Diario
21/02/2020
Co argumento da “desoccidentalización”, a Conferencia de Seguridade de Múnic, Alemaña, volveu servir de barómetro das tensións estratéxicas globais, afirmándose como o mais influente escenario da política de seguridade a nivel global.
Praza
24/01/2020
As drásticas medidas adoptadas polas autoridades chinesas para conter a propagación da epidemia de coronavirus extreman a preocupación sobre a súa gravidade. O virólogo e recoñecido experto en problemas respiratorios Zhong Nanshan, xefe dun equipo de facultativos de alto nivel organizado pola Comisión Nacional de Saúde, dixo que non terá o impacto na sociedade e a economía que o SARS (síndrome respiratorio agudo severo) tivo fai 17 anos. Outros, con todo, como Guan Yi, da Universidade de Hong Kong, cre que esta epidemia podería ser ata 10 veces máis potente que a do SARS que causou a morte a unhas 800 persoas en todo o mundo. Esa mesma división de pareceres confirmouse na Organización Mundial da Saúde. Zhong Nanshan xogou un papel moi importante no descubrimento da síndrome respiratorio agudo severo en 2003. 
Praza
18/01/2020
O presente será un ano de confirmación da viraxe. Un informe de Davos sinala que en 2020, Asia rexistrará o maior PIB mundial, o que podería acelerar igualmente a nivelación e transferencia de poder na gobernanza global. Enfrontados á hipótese da desaceleración do comercio mundial, en boa medida produto do incremento do proteccionismo, a tendencia liderada polos EUA contrastará coa previsible entrada en vigor da Asociación Económica Integral Rexional que lideran China, Xapón e Corea do Sur, asentando unha maior vitalidade na rexión de Asia-Pacífico. A bandeira do multilateralismo e da integración económica cambiará de escenario de forma decidida se logran salvar as reticencias de India, que non será doado.
Praza
13/01/2020
A presidenta taiwanesa Tsai Ing-wen desquitouse este sábado da severa derrota padecida nos comicios locais de novembro de 2018. Naquel entón, o seu partido, o Minjindang, de corte soberanista, foi literalmente varrido de municipios e condados onde os pan-chineses do Kuomintang lograban recuperar e alargar o seu poder. Con esa poderosa base local, estaban convencidos de que a vitoria ía sorrirlles nos comicios presidenciais e lexislativos de 2020. Non foi así. Tsai logrou o 57,1 por cento dos votos, cunha diferenza de case vinte puntos respecto ao seu inmediato rival Han Kuo-yu, e conseguiu reter a maioría absoluta no parlamento.
Catálogo Exposición "Un relato no Mundo"
27/12/2019
Estamos afeitos a ser considerados do Norte. Ou do noroeste, para ser mais precisos. Pasamos a vida convivindo con ese cardinal peninsular, así que só nos pode ser familiar. Pero, cal é o norte de Galicia? Vivimos sen norte? Para Plácido Castro, un dos nosos universalistas mais prezados, a orientación cara as terras célticas precisamente do Norte debía ser unha parte esencial, a máis importante, do que puideramos chamar a nosa política exterior intelectual, a cabalo dun Atlántico entendido como un lazo que axunta e non como un abismo que arreda.
Tempos Novos
02/12/2019
Na segunda feira mundial de importacións de China, celebrada en Xangái a primeiros de novembro, o presidente Xi Jinping coidou de expresar publicamente o seu firme apoio á Xefa Executiva da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong, Carrie Lam, quen afronta desde xuño deste ano continuas protestas, en moitos casos violentas, contra a súa xestión. O simbólico xesto de Xi, no que foi o primeiro encontro entre ambos dirixentes nos últimos cinco meses, foi interpretado como a expresión dun claro voto de confianza do Partido Comunista na capacidade das autoridades locais para recuperar a estabilidade e como un desmentido contundente das filtracións de días antes no xornal Financial Times, quen avanzaba a primicia dunha inminente dimisión da líder hongkonesa. Para Beijing, non chegou ese momento.
Praza
09/11/2019
Tan desafortunada consigna probablemente gozaría hoxe de certo predicamento simbólico en boa parte das sociedades dos países do Leste europeo. E quizais non só. Hai escasos días, algúns medios facíanse eco de diferentes enquisas reveladoras da amplitude da frustración actual, que contrasta coas esperanzas de finais dos oitenta.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais