Ríos

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Ríos, Xulio

Nome: 
Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Director do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Autor de “Taiwán, el problema de China” (La Catarata, 2006). Autor-editor de “Política exterior de China” (Bellaterra, 2005).

xrios@igadi.org


933 artigos publicados
ECO
01/03/2017
Os libros de texto tamén poden ser campos de batalla. Acontece en Asia e involucra a potencias principais como China ou Xapón con feridas abertas que ninguén consegue pechar e que van camiño de se converter en toda unha expresión da pugna permanente pola hexemonía rexional.
OPCh
21/02/2017
1. Informe O KMT persevera no seu peculiar vía crucis. Cando non se disiparon aínda os ecos da afiliación dunhas 307 persoas relacionadas co crime organizado, saltou a noticia dunha solicitude de afiliación masiva de “azafatas” que traballaban nun club nocturno de Taichung. Alguén non identificado trataba así de influír nos resultados das eleccións internas para a presidencia do partido.
OPCh
12/02/2017
1. Informe O venres 10 de febreiro, os presidentes chinés e estadounidense conversaron por teléfono, a primeira conversación entre ambos desde a toma de posesión o 20 de xaneiro en Washington. O portavoz presidencial, Alex Huang, asegurou que Taiwán mantén estreitos contactos e comunicación con EUA para asegurar “cero sorpresas”. 
El Periódico
10/02/2017
A contaminación en China reviste niveis de gravidade crecente. Nas últimas semanas emitiuse a primeira alerta vermella a nivel nacional por polución atmosférica. Ducias de cidades do norte do país víronse afectadas. Os avisos dan conta de que ata un 62 por cento das cidades chinesas controladas sofren un alto nivel de contaminación, impoñéndose por todas as partes os plans de emerxencia. Na capital anúnciase a instalación de filtros de aire nas escolas mentres o ministro do ramo, Chen Jining, entoa o mea culpa pola situación pero tamén pola impotencia á hora de propoñer solucións que non poden ter efecto inmediato.
OPCh
05/02/2017
1.      Informe Con motivo do Ano Novo Lunar, a presidenta Tsai Ing-wen visitou diferentes templos do país e departiu cos moitos taiwaneses que cumprían co ritual ao uso nestas datas. Tamén visitou dependencias militares. Na súa páxina de Facebook, publicou unha petición para o novo ano: “Que nos permita elevar o noso espírito e facer da reforma un éxito”. Similares desexos formulou o primeiro ministro Lin Chuan. 
OPCh
29/01/2017
1. Informe
Praza/Público
27/01/2017
A carreira cara ao XIX Congreso do PCCh discorre como unha maratón que agora vive algúns dos seus tramos crave. O espello dese proceso é a substitución de líderes nos chanzos intermedios de alto nivel, xa sexa nas entidades centrais ou no poder territorial. Nas últimas semanas, trala sexta sesión plenaria do Comité Central de outubro do pasado ano que encumbrou a Xi Jinping como “núcleo” da dirección do partido, producíronse relevos significativos. 
OPCh
22/01/2017
1. Informe Donald Trump é xa presidente de EUA. Taipei e Beijing están á expectativa. Nunha recente entrevista concedida ao Wall Street Journal, sinalou que a política dunha Soa China estaba suxeita a negociacións. Beijing advirte de que responderá con dureza si Trump continúa provocando con este tema. Taipei resaltou os “valores comúns” que comparten e o desexo de establecer unha relación estreita en todos os ámbitos.
Diario El Correo
19/01/2017
O Vaticano e a China Popular parecen estar máis preto que nunca de chegar a un acordo que facilite a reanudación das relacións diplomáticas interrompidas en 1951. O Papa Francisco, a diferenza de anteriores papados, recoñeceu en máis dunha ocasión o seu desexo de visitar China, onde é visto con simpatía polas súas declaracións de signo progresista, a adscrición ao cristianismo latinoamericano e o seu compromiso na mediación en numerosos conflitos enquistados (desde Colombia a Cuba-EUA ou Venezuela, entre outros). Esas actitudes dan conta dunha maior proximidade con algunhas visións dos países do Sur coas que China tamén comulga. 
El País
18/01/2017
Nos seus xa catro anos de mandato, Xi Jinping conformou unha vasta operación de centralización do poder político e da súa propia autoridade. Convertido en “home forte” de China, a súa cualificación como “núcleo da dirección do Partido” elévalle a un novo status que pode supoñer unha creba no liderado colectivo que Deng Xiaoping, o arquitecto da reforma e apertura, dispuxo para evitar o rexurdir do culto á personalidade e a acumulación dun poder excesivo por parte dun único líder. No argot político chinés, ser considerado “núcleo” engade un plus significativo ao seu titular aínda que non lle aporte atribucións específicas a maiores, polo menos estatutariamente.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais