Lista Rede IGADI
Vinculacións Investigadorxs Asociadxs
Xurista bávaro nado en 1996. Profesor substituto en Dereito internacional público e Relacións internacionais na Universidade da Coruña e investigador asociado do IGADI e delegado do IGADI no Campus Industrial de Ferrol. Actualmente está desenvolvendo a súa tese doutoral no ámbito do Dereito internacional do patrimonio cultural.
Artigos de Schreinmoser, Christoph
De Pontevedra a Polonia: a devolución de dúas obras desposuídas polos nacionalsocialistas
Cantas formas ten a paradiplomacia? E a cooperación internacional? Parabéns ao Museo de Pontevedra.
MONDIACULT 2022: A cultura como un ben público mundial
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
A semana pasada celebrouse en México un congreso internacional multilateral que, a pesar de pasar case desapercibido entre as noticias sobre outros eventos políticos de alcance global, é de maior importancia para o mundo e o sector da cultura. Convocada en conxunto pola UNESCO e o Estado latinoamericano, a Conferencia Mundial da UNESCO sobre Políticas Culturais e Desenvolvemento Sustentábel (ou MONDIACULT 2022) constitúe a maior conferencia a escala global no ámbito da cultura nos últimos corenta anos: do 28 ao 30 de setembro reuníronse na Cidade de México as delegacións de 150 Estados, 135 delas encabezadas polos seus respectivos ministras e ministros de cultura. 40 anos despois da primeira MONDIACULT (Cidade de México, 1982) e 24 anos após a Conferencia Intergobernamental sobre Políticas Culturais para o Desenvolvemento (Estocolmo, 1998), a MONDIACULT 2022 celébrase para reforzar a cooperación internacional fronte aos actuais e complexos desafíos da cultura, da diversidade das súas expresións e das sociedades multiculturais contemporáneas.
A invasión de Rusia en Ucraína: punto de inflexión histórico nas relacións xermano-rusas
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A política exterior alemá para con Rusia encontrouse moitas veces ao longo dos últimos anos coa incomprensión tanto dos socios internacionais, como dos comentaristas nacionais. Foi cualificada de “inxenua”, no mellor dos casos, e de “inmoral e hipócrita”1, no peor. O mantemento de boas relacións coa Federación Rusa foi durante moito tempo unha prioridade na política exterior e de seguridade de Alemaña, como un elemento central para garantir a seguridade e cooperación en Europa.2 Porén, os e as responsables políticos alemáns non souberon adaptar a súa política aos recentes cambios xeopolíticos.
Incerteza na recta final das eleccións alemás
Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Este domingo, o 26 de setembro de 2021, 60,4 millóns de cidadáns e cidadás teutóns están convocados a votar o próximo Bundestag, o parlamento alemán. Despois de 16 anos ao temón da chancelaría, este domingo rematara tamén a era Merkel. A de Hamburgo –a primeira muller en exercer o cargo–, conduciu a Alemaña a través …
O Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares: cara un mundo libre de armas nucleares?
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
“Prohibimos a bomba!”[1] Así se pronunciaba o Comité Internacional da Cruz Vermella en Twitter o pasado 24 de outubro. O eufórico anuncio chegaba tras a ratificación do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares por parte de Honduras, o quincuaxésimo Estado en ratificalo e o último necesario para a súa entrada en vigor. Segundo o …
Bayern no mundo: a paradiplomacia bávara
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O 15 de abril de 2019, a Oficina para África de Baviera abría as súas portas en Addis Abeba (Etiopía) co obxectivo de dar exemplo do compromiso de futuro de Baviera coa cooperación para o desenvolvemento e ser un punto de contacto permanente do Estado Libre con Etiopía e a Unión Africana, con sede na …
“Limpeza cultural” e tráfico ilícito: o patrimonio cultural e a seguridade internacional
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
Nos últimos anos, a importancia do patrimonio cultural material e inmaterial mundial para a seguridade internacional fíxose cada vez máis evidente. Entre o 2013 e o 2017, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, responsable do mantemento da paz e a seguridade internacionais, ocupouse da protección dos bens culturais en catro resolucións.
A detención de Félicien Kabuga: Unha vitoria tardía da xustiza que formula preguntas
Apartados xeográficos África
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Coa detención de Félicien Kabuga, de 84 anos, o pasado 16 de maio por parte das autoridades francesas, chega á súa fin -após máis de 25 anos- a procura dun dos considerados principais autores do xenocidio de Ruanda.