Textos internacionais

Coa posta en marcha desta sección, o IGADI pretende cubrir unha lagoa existente no noso idioma e na nosa sociedade que debe sempre acudir a outras lingoas para acceder á lectura de materias ou textos internacionais que non están incorporados ó galego.

Declaración sobre o dereito ó desenvolvemento

A Asemblea Xeral

Tendo presentes os propósitos e principios da Carta das Nacións Unidas relativos á realización da cooperación internacional na solución dos problemas internacionais de carácter económico, social, cultural ou humanitario e no desenvolvemento e estímulo do respeto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos, sen facer distingos por motivos de raza , sexo, idioma ou relixión.

Recoñecendo que o desenvovemento é un proceso global económico, social , cultural e político, que tende ao melloramento constante do benestar de toda a poboación e de todos os individuos sobre a base da súa participación activa, libre, e significativa no desenvolvemento e na distribución xusta dos beneficios que del se derivan.

Considerando que, conforme ás disposicións da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, toda persoa ten dereito a unha orde social e internacional na que se poidan realizar plenamente os dereitos e as liberdades enunciadas nesa Declaración.

Lembrando as disposicións do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.

Lembrando asemesmo os acordos, convencións, resolucións, recomendacións e demais instrumentos pertinentes das Nacións Unidas e dos seus organismos especializados relativos á descolonización, á prevención de discriminacións, ao respeito e a observancia dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, ao mantenimento da paz e a seguridade internacional e o ulterior Fomento das relacións de amizade e cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta.

Lembrando o dereito dos pobos a libre determinación, en virtude do cal teñen dereito a determinar libremente a súa condición política e a realizar o seu desenvolmento económico, social e cultural.

Lembrado tamén o dereito dos pobos a exercer, con suxeción ás disposicións pertinentes de ambos Pactos Internacionais de dereitos humanos, a súa soberanía plena e completa sobre todos os seus recursos e riquezas naturais.

Conscente da obrigación dos Estados, en virtude da Carta, de pormover o respeto universal e a observación dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais par todos, sen distingos de ningunha clase por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de outra índole, orixe nacional ou social, situación económica, nacemento ou outra condición.

Considerando, que a eliminación das violacións masivas e patentes dos dereitos humanos dos pobos e individuos afectados por situacións tais como as resultantes do colonialismo, o neocolonialismo, o apartheit, todas as formas de racismo e discriminación racial, a dominación e a ocupación extranxeiras, a agresión e as ameazas contra da soberanía nacional, a unidade nacional e a integridade territorial, e as ameazas de guerra; contribuiría a establecer circunstancias propicias para o desenvolvemento de grande parte da humanidade.

Preocupada pola existencia de graves obstáculos, constituidos, entroutras cousas, pola denegación dos dereitos civís, políticos, económicos sociais e culturais, obstáculos que se opoñen ao desenvolvemento e á plena realización do ser humano e dos pobos, e considerando que todos os dereitos humanos son indivisibles e interdependientes e que, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento, debería examinarse coa mesma atención e urxencia a aplicación, promoción e protección dos dereitos civís, políticos, económicos sociais e culturais, e que, en consecuencia, a promoción, o respeito, o goce de certos dereitos humanos e liberdades fundamentais non poden xustificar a denegación doutros dereitos humanos e liberdades fundamentais.

Considerando que a paz e a seguridade internacionais son elementos esenciais para a realización do dereito ao desenvolvemento.

Reafirmando que existe unha estreita relación entre o desarme e o desenvolvemento, que os progresos na esfera do desarme promoverían considerablemente os progresos no eido do desenvolvemento e que os recursos liberados coas medidas de desarme deberían destinarse ao desenvolvemento económico e social e ao benestar de todos os pobos, e , en particular, dos paises en desenvolvemento.

Recoñecendo que a creación de condicións favorabeis ao desenvolvemento dos pobos e as persoas é o deber primordial dos respectivos Estados.

Consciente de que os esforzos para promover e protexer os dereitos humanos a nivel internacional deben ir acompañados de esforzos para establecer unha nova orde económica internacional.

Conformando que o dereito ao desenvolvemento é un dereito humano inalienable e que a igualdade de oportunidades para o desenvolvemento é unha prerrogativa tanto das nacións como dos individuos que compoñen as nacións.

Proclama a seguinte

Declaración sobre o dereito ao desenvolvemento

Artigo 1

1. O dereito ao desenvolvemento é un dereito humano inalienable en virtude co cal todo ser humano e todos os pobos están facultados para participar nun desenvolvemento económico, social, cultural e político no que poidan realizarse plenamente todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais, a contribuir a ese desenvolvemento e a gozar del,

2. O dereito humano ao desenvolmento humano implica tamén a plena realización do dereito dos pobos á libre determinación, que inclue, con suxeción ás disposicións pertinentes de ambos Pactos internaciónais de dereitos humanos, o exercicio do seu deretio inalienable á plena soberanía sobre todas as súas riquezas e recursos naturais.

Artigo 2

1. A persoa humana é o suxeito central do desenvolvemento e debe ser o participante activo e o beneficiario do dereito ao desenvolmento.

2. Todos os seres humanos teñen, individual e colectivamente, a responsabilidade do desenvolvemento, tendo en conta a necesidade do pleno respeto dos seus dereitos humanos e liberdades fundamentais, así como os seus deberes para coa comunidade, único dominio no que se pode asegurar a libre e plena realización do ser humano, e, por conseguinte deben promover e protexer unha orde política, social e aconómica axeitada para o desenvolvemento.

3. Os Estados teñen o dereito e o deber de formular políticas de desenvolvemento nacional adecuadas co fin de mellorar constantemente o benestar da poboación enteira e de todos os individuos sobre a base da súa participación, libre, e significativa no desenvolvemento e na equitativa distribución dos beneficios resultantes do mesmo.

Artigo 3

1. Os Estados teñen o deber primordial de crear condicións nacionais e internacionais favorables para a realización do dereito ao desenvolvemento.

2. A realización do dereito ao desenvolvemento esixe o pleno respeto dos principios do dereitos internacional referentes ás relacións de amizade e á cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

3. Os Estados teñen o deber de cooperar mutuamente para lograr o desenvolvemento e eliminar os obstaculos ao desenvolvemento. Os Estados deben realizar os seus dereitos e sos seus debees do modo que promovan unha nova orde económica internacional baseada na igualdade soberana, a interdependencia, o interese común e a cooperación entre todos os Estados, e que fomenten a observancia e o goce dos dereitos humanos.

Artigo 4

1. Os Estados teñen o deber de adoptar, individual e colectivamente, medidas para fomular políticas axeitadas de desenvolvemento internacional co propósito facer máis doada a plena realización do dereito ao desenvolvemento.

2. Requírese unha acción sostida para promover un desenvolvemento máis rápido dos países en desenvolvemento.

Como complemento dos esforzos dos países en desenvolvemento é indispensable unha cooperación internacional efectiva para proporcionarlles os medios e as facilidades adecuadas para fomentar o seu desenvolvemento global.

Artigo 5

Os Estados adoptarán enérxicas medidas para eliminar as violacións masivas e patentes dos dereitos humanos dos pobos e os seres humanos efectados por situacións como as resultantes do aparheid, todas as formas de racismo e discriminación racial, o colonialismo, a dominación e ocupación estranxeiras, a agresión, a inxerencia e as ameazas de guerra e a negativa a recoñecer o dereito fundamental dos pobos á libre determinación.

Artigo 6

1. Todos Estados deben de cooperar con miras a promover, fomentar e reforzar o respeito universal e á observancia de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos, sen ningunha distinción por motivos de raza, sexo, idioma e relixión.

2. Todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais son indivisibles e interdependentes ; compre dar igual atención e urxente consideración á aplicación, promoción e protección dos dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais.

3. Os Estados deben adoptar, no plano nacional, todas as medidas para eliminar os obstáculos ao desenvolvemento resultantes da inobservancia dos dereitos civís e políticos, así como dos dereitos económicos, sociais e culturais.

Artigo 7

Todos os Estados deben promover o establecemento, mantemento e afortalamento da paz e a seguridade internacionais e, con ese obxectivo, deben facer canto estea no seu poder para lograr o desarme xeral e completo baixo un control internacional eficaz, así como lograr que os resursos liberados con medidas efectivas de desarme se utilicen para o desenvolvemento global, en particular dos países en desenvolvemento.

Artigo 8

1. Os Estados deben adoptar, no plano nacional, todas as medidas necesarias para a realización do dereito ao desenvolvemento e garantirán, entroutras cousas, a igualdade de oportunidades para todos en canto ao acceso aos recursos básicos, á educación, aos servizos de saúde, aos alimentos, á vivenda, ao emprego, e á xusta distribución dos ingresos. Deben adoptarse medidas eficaces para lograr que a muller participe activamente no proceso de desenvolvemento. Deben facerse reformas económicas e sociais edecuadas co obxecto de erradicar todas as inxustizas sociais.

2. Os Estados deben alentar a participación popular en todas as esferas como factor importante para o desenvolvemento e para a plena realización de todos os dereitos humanos.

Artigo 9

1. Todos os aspectos do dereito ao desenvolvemento enunciados na presente Declaración son indivisibles e interdependentes e cada un debe ser interpretado no conexto do conxunto deles.

2. Nada do exposto na presente Declaración debe ser interpretado en menoscabo dos propósitos e principios das Nacións Unidas, nin no senso de que calquera Estado, grupo ou persoa teñen dereito a desenvolver calquera actividade ou realizar calquera acto que teña por obxecto a violación dos dereitos establecidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos e nos Pactos internacionais de dereitos humanos.

Artigo 10

Débense adoptar medidas para asegurar o pleno exercicio e a consolidación progresiva do dereito ao desenvolvemento, mesmo a formulación, adopción e aplicación de medidas políticas, lexislativas e doutra índole no plano nacional e internacional.

 

Declaración sobre a mellora da eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais

Nacións Unidas.

Convencida da necesidade da efectiva aplicación universal do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais e da importancia da función que compete ás Nacións Unidas a este respecto, a Asemblea Xeral en 1986 pediu ao seu Comité Especial, para mellorar a eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza relacións internacionais, que elaborase un proxecto de declaración referida ao tema e que o presentase á asemblea para aprobación.

Ao ano seguinte o Comité presentou o proxecto de declaración á Asemblea Xeral, dentro do período ordinario de sesións. O 18 de novembro de 1987 a Asemblea aprobou, sen voto????, a Declaración sobre a mellora da eficacia do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais. O texto da Declaración, que aparece recollido no anexo á resolución 42/22 da Asemblea Xeral, figura a continuación.

A Asemblea Xeral.

Lembrando a resolución 41/76, de 3 de decembro de 1986, na que se decidiu que o Comité Especial para mellorar a eficacia do principio da non utilización da forza nas relacións internacionais rematase un proxecto de declaración sobre a mellora da eficacia do principio, que incluise, cando procedese, recomendacións referentes ao arranxo pacífico das controversias, e que presentase no cuadraxésimo segundo período de sesións un informe definitivo que contivese un proxecto de declaración,
Tomando nota do informe do Comité Especial, que se reuniu en Nova Iorque do 9 ao 27 de marzo de 1987.

Considerando que o comité Especial ten rematado un proxecto de declaración sobre a mellora da eficacia do principio da abstención da ameaza ou da utilización da forza nas relacións internacionais e que xa ten decidido presentalo á ASEMBLEA Xeral para o seu exame e aprobación.

Convencida da necesidade da efectiva aplicación universal do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais e da importancia da función que incumbe ás Nacións Unidas, neste aspecto.

Convencida tamén de que a aprobación da Declaración sobre a mellora da eficaciá do principio do desestimento da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais contribuiría á mellora da relacións internacionais.

1. Aproba o texto da Declaración sobre a mellora da eficacia do principio da abstención da ameaza ou da utilización da forza nas relacións internacionais, que figura no anexo da presente resolución.

2. Expresa o seu recoñecemento ao Comité Especial para mellorar a eficacia do principio da non utilización da forza nas relacións internacionais por ter culminado o seu labor ao elaborar a Declaración.

3. Recomenda que se faga todo o posible para que a Declaración teña unha difusión xeral.

Declaración sobre a mellora da eficacia do principio do desestimento (absterse de recurrir) da utilización da ameaza ou da forza nas relacións internacionais

A Asemblea Xeral.

Lembrando o principio de que os Estados, nas suas relaciónS internacionais, absteranse e recurrir á ameaza ou ao uso da forza contra da integridade territorial ou da independencia política de calquera Estado, ou a calquera outro procedemento incompatible cos propósitos das Nacións Unidas.

Lembrando que este principio está consagrado no párrafo 4 do Artigo2 da Carta das Nacións Unidas e que ten sido reafirmado en diversos instrumentos (documentos) internacionais.

Reafirmando a Declaración sobre os principios do dereito internacional referentes ás relacións de amizade e á cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas, a Definición da agresión e a Declaración de Manila sobre o Arranxo Pacífico de Controversias Internacionais.

Reafirmando a obriga de manter a paz e a seguridade internacionais de conformidade cos propósitos das Nacións Unidas,
Expresando fonda preocupación ante a persistencia de situacións de conflicto e tensión ante os efectos que a continua violación do principio de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza teñen sobre o mantenEmento da paz e a seguridade internacional, así como diante das perdas de vidas humanas e os danos materiais nos países afectados, nos que o desenvolvemento pode, por tanto, verse postergado.

Desexando eliminar o risco de novos conflictos armados entre os Estados por medio dun cambio no clima internacional para pasar da confrontación ás relacións pacíficas e a cooperación e mediante a a adopción doutras medidas apropiadas para afortalar a paz e a seguridade internacionais.

Convencida de que a actual situación mundial, na que as armas nuclares son unha realidade, non existe ningunha outra alternativa razonable ás relacións pacíficas entre os Estados.

Plenamente conscente de que a cuestión do desarme xeral e completo é de suma importancia e de que a paz, a seguridade, as liberdades fundamentais e o desenvolvemento económico e social son indivisibles.

Observando con preocupación os efectivos perniciosos(sinistros) do terrorismo nas relacións internacionais ,
Destacando a necesidade de que todos os Estados desistan de recurrir a medidas de forza encamiñadas a privar aos pobos do seu dereito á libre determinación, á liberdade e á independencia.

Reafirmando a obriga dos Estados de arranxar as súas controversias internacionais por métodos pacíficos,
Conciente da importancia de afortalar o sistema de seguridade colectiva das Nacións Unidas.

Tendo presente a significación universal dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais como factores esenciais para a paz e a seguridade internacionais.

Convencida de que os Estados teñen un interese común en promover un clima económico mundial estable e equitativo como fundamento esencial da paz mundial e que, con ese fin, deberían afortalar a cooperación internacional para o desenvolvemento e traballar en pro dunha nova orde económica internacional.

Reafirmando o compromiso dos Estados co principio básico da igualdade soberana dos Estados.

Reafirmando o dereito inalienable do todos os Estados a elexir o seu sistema político, económico, social e cultural, sen ningún tipo de inxerencia por parte doutro Estado.

Lembrando que os Estados teñen a obriga de non intervir directa ou indirectamente, sexa cal fose o motivo, nos asuntos internos ou externos doutro Estado.

Reafirmando o deber dos Estados de absterse, nas súas relacións internacionais, de exercecer coerción militar, política, económica ou de calquera outra índole contra da indepenencia política ou da integridade territorial de calquera Estado.

Reafirmando o principio da igualdade de dereitos e da libre determinación dos pobos consagrado na Carta.

Reafirmando que os Estados teñen que cumprir de boa fe todas as súas obrigas de acordo co dereito internacional.

Consciente da apremiante necesidade de mellorar a eficacia do principio de que os Estados deben de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza para contribuir á instauración dunha paz e unha seguridade perdurables para todos os Estados.

DECLARA SOLEMNEMENTE que:

I

1. Todo Estado ten o deber de absterse, nas súas relacións internacionais, de recurrir á ameaza ou ao uso da forza contra da integridade territorial ou da independencia política de calquera Estado, ou de actuar de calquera outro xeito incompatible cos propósitos das Nacións Unidas. Semellante ameaza ou uso da forza constitue unha violación do dereito internacional e da Carta das Nacións Unidas e da lugar a responsabilidade internacional.

2. O principio de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza nas relacións internacionais é universasl no seu carácter e é obrigatorio para todos os Estados, calquera que sexa o seu sistema político, económico, social ou cultural ou as súas relacións de alianza.

3. Non poderá facerse valer consideración de natureza algunha para xustificar a ameaza ou o uso da forza en violación da Carta.

4. Os Estados teñen o deber de non instigar, alentar ou axudar a outros Estados a recurrir á ameaza ou ao uso da forza en violación da Carta.

5. En virtude do principio da igualdade de dereitos da libre determinación consagrado na Carta, todos os pobos teñen o dereito de determinar libremente, sen inxerencia externa, o seu sistema político e de percurar o seu desenvolvimento económico, social e cultural e todos os Estados teñen o deber de respetar este dereito de conformidade coas disposicións da Carta.

6. Os Estados cumprirán as obrigacións que lles impón o dereito internacional de absterse de organizar instigar, e apoiar noutros Estados actos paramilitares, terroristas ou subversivos, incluidos os actos mercenarios, así como de participar neles ou de dar o seu consentimento para a realización de actividades organizadas dentro do seu territorio que apunten á comisión de ditos actos.

7. Os Estados teñen o deber de absterse de toda intervención armada e de calquera outro xeito de inxerencia ou de tentativa de ameaza contra da personalidade do Estado ou dos seus elementos políticos, económicos e culturais.

8. Ningún Estado pode aplicar ou fomentar a aplicación de medidas económicas, ou políticas o de calquera outra natureza para exercer coacción sobre outro Estado a fin de que subordine o exercicio dos seus deteitos soberanos e obter del avantaxes de calquera orde.

9. De conformidade cos propositos e principios das Nacións Unidas, os Estados teñen o deber de absterse de facer propaganda en favor das guerras de agresión.

10. Non se recoñecerá como adquisición ou ocupación legal nin a adquisición de territorio que resulte da ameaza ou do uso da forza nin calquera ocupación de territorio que se derive da ameaza ou o uso da forza , en contravención do dereito internacional.

11. É nulo todo tratado no que a súa celebración se obtivese pola ameaza ou o uso da forza en violación ds principios do dereitos internacional incorporados na Carta.

12. Os Estados cumprirán de boa fé todas a súas obrigas internacionais de conformidade coa Carta e de acordo cos párrafos pertinentes da Declaración sobre os principios do dereito internacional referentes ás relacións de amizade e a cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas.

13. No caso de ataque armado, os Estados teñen o dereito inmanente de lexítima defensa, individual ou colectiva, tal como se establece na Carta.

II

14. Os Estados deberían de facer todo o posible por estructurar as súas relacións internacionais sobre unha base de entendimento, confianza, respecto e cooperación mutuos en todas as esferas.

15. Os Estados deberían promover asemesmo a cooperación bilateral e rexional como medio importante para mellorar a eficacia do principio de absterse de recurrir a ameaza ou o uso da forza nas súas relacións internacionais.

16. Os Estados respetarán escrupulosamente o principio do arranxo pacífico de controversias, que é inseparable do deber de absterse de recurrir á ameaza ou ao uso da forza nas súas relacións internacionais.

17. Os Estados que sexan partes en controversias internacionais as resolverán exclusivamente por medios pacíficos de tal xeito que non se poñan en perigo nin a paz e a seguridade internacionais nin a xustiza. Para este fin, utilizarán medios como a negociación, a investigación, a mediación, a conciliación, a arbitraxe, o arranxo xudicial, o recurso a organismos e acordos rexionais ou a outros medios pacíficos da súa elección, incluidos os bos oficios.

18. Os Estados adoptarán medidas eficaces que, polo seu alcance e natureza, contituirán avances cara o logro último do desarme xeral e completo baixo un estricto e eficaz control internacional.

19. Os Estados deberían adoptar medidas eficaces a fin de previr o risco de conflictos armados, incluidos aqueles nos que puideran utilizarse armas nucleares, previr a carreira de armamentos no espacio ultraterrestre e detela e investila na terra, reducir o nível de enfrontamento militar e consolidadr a estabilidade mundial.

20. Os Estados deberían cooperar a fin de realizar xestións concretas para lograr a diminución das tensións internacionais, a consolidación da orde xurídica internacional establecida pola Carta das Nacións Unidas.

21. Os Estados deberían adoptar medidas apropiadas de fomento da confianza para previr e reducir as tensións e crear un clima máis favorable entre os mesmos.

22. Os Estados reafirman, que o respeto polo exercicio efectivo de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais e a súa protección, constituen factores esenciais para a paz e a seguridade internacionais, así como para a xustiza e o desenvolvemento das relacións de amizade e de cooperación entre todos os Estados. Por tanto, deberían pomover e alentar o respeto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos, sen distingos por motivos de raza, sexo idioma ou relixión, entroutras cousas, cumprindo estrictamente o as súas obrigas internacionais e considerando, segundo proceda, a posibilidade de constituirense como partes nos principais instrumentos(foros) internacionais nesa materia.

23. Os Estados cooperarán nos planos bilaterais, rexional e internacional a fin de:

a) Previr e combater o terrorismo interncaional.

b) Contribuir activamente á eliminación das causas subxacentes do terrorismo internacional.

24. Os Estados procurarán adoptar medidas concretas e fomentar condiccións favorables no campo económico internacional a fin de lograr a paz, a seguridade e a xustiza internacionais; deberán de ter en conta o interese común en reducir as diferencias nos niveis de desenvolvimento económico e, en especial, o interese dos países en desenvolvemento de todo o mundo.

III

25. Os órganos competentes das Nacións Unidas deberían de utilizar plenamente as disposicións da Carta das Nacíóns Unidas no eido do mantenemento da Paz e a seguridade internacionais coa finalidade d mellorar a eficacia do principio de absterse da ameaza ou do uso da forza nas súas relacións internacionais.

26. Os Estados deberían de cooperar plenamente cos órganos das Nacións Unidas no apoio das medidas que se adoptasen en relación co mantenemento da paz e a seguridade internacionais e co arraxo pacífico das controversias internacionais de conformidade coa Carta. En particular, debería afortalarse o papel do Consello de Seguridade de xeito que poidese desempeñar plena e eficazmente as súas funcións. A este respecto, recae sobre os membros permanentes do Consello unha responsabilidade especial de conformidade coa Carta.

27. Os Estados deberían esforzarse por mellorar a eficacia do sistema de seguridade colectiva por medio da aplicación efectiva das disposicións da Carta, en particular as relativas á responsabilidade especial do Consello de Seguridade a este respecto. Deberían tamén cumprir plenamente as súas obrigas de apoiar as operacións de mantenemento da paz das Nacións Unidas aprobadas de conformidade coa Carta.

28. Os Estados deberían brindar ao Consello de Seguridade todo tipo de asistencia posible nas medidas que adopte para o arranxo xusto de situacións de crise e conflictos rexionais. Os Estados deberían afortalar a función que pode desempeñar o Consello na prevención de controversias e situacións nas que a súa continuación poida por en perigo o mantenemento da paz e a seguridade internacionais. Os Estados deberían axudar ao Consello a examinar o antes posible situacións que poidesen por en perigo a paz e a seguridade internacionais.

29. Debería afortalarse, segundo cada caso, a capacidade do Consello de Seguridade en materia de costatación dos feitos con arranxo ao disposto na Carta.

30. Os Estados deberían reforzar a importante función que confire a Carta a Asemblea Xeral no eido do arranxo pacífico de controversias e o mantenemento da paz e a seguridade internacionais.

31. Os Estados deberían de alentar ao Secretario Xeral a que exercese plenamente as súas funcións en relación co mantenemento da paz e a seguridade internacionais e no arranxo pacífico das controversias, de conformidade coa Carta, incluidas as mencionadas nos artigos 98 e 99, e cooperar plenamente con el a ese respecto.

32. Os Estados deberían ter en conta que, por regra xeral, as partes deben someterse as controversias de orde xurídica á Corte Internacional de Xustiza, de conformidade coas disposicións do Estatuto da Corte, como factor importante para afortalar o mantenemento da paz e a seguridade internacionais. A Asemblea Xeral e o Consello de Seguridade deberían considerar a conveniencia de recurrir ás disposicións da Carta respecto da posibilidade de recabar da Corte unha opinión consultiva sobre calquera cuestión xurídica.

33. Os Estados partes en acordos ou organismos rexionais deberían de considerar a posibilidade de recurrir a eles en maior medida para resolver cuestións relativas áo mantenemento da paz e a seguridade internacionais, segundo proceda, de conformidade co disposto no Artigo 52 da Carta.

DECLARA que nada do que figura na presente Declaración se entenderá de xeito que amplie ou diminua algunha das disposicións pertinentes da Carta dos Dereitos e obrigas dos Estados membros ou o alcance de funcións e atribucións dos órganos das Nacións Unidas conforme á Carta, en particular as relativas á ameaza ou o uso da forza.

DECLARA que nada do establecido na presente Declaración pode redundar en detrimento algún do dereito a libre determinación, a liberdade e a independencia, que emana da Carta, dos pobos aos que se ten privado pola forza dese dereito e que se menciona na Declaración sobre os principios do dereito internacional referentes ás relacións de amizade e á cooperación entre os Estados de conformidade coa Carta das Nacións Unidas, en particular os pobos sometidos a rexímenes coloniais e racistas ou a a outras formas de dominación extranxeiras, nin do dereito deses pobos a loitar con esta finalidade e pedir e recibir apoio, de acordo cos principios da Carta e de conformidade coa Declaración mencionada supra.

CONFIRMA que, no caso de conflicto entre as obrigas contraídas polos membros das Nacións Unidas en virtude da Carta e a súas obrigas contraídas en virtude de calquera outro convenio internacional, prevalecerán as obrigas impostas pola Carta de conformidade co disposto no seu artigo 103.

Declaración da Conferencia das Nacións Unidas sobre o medio humano

Estocolmo, 16 de xuño de 1972 (ONU, Doc. A/CONF.48/14/Rev.1)

 

A conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano,

Reunida en Estocolmo do 5 ao 16 de Xuño de 1972, e

Tendo en conta a necesidade dun criterio e uns principios comúns que servan aos pobos do mundo de inspiración e a guía para preservar e mellorar no medio humano,

PROCLAMA que:

1. O home é á vez obra e artífice do medio que o rodea, que lle da o sustento material e que lle brinda a oportunidade de se desenvolver intelectual, moral , social e espiritualmente. Na longa e sinuosa evolución da raza humana neste planeta chegouse a unha etapa na que, gracias á rápida aceleración da ciencia e a tecnoloxía, o home ten adquirido o poder de transformar, de innumerables xeitos e nunha gama sen precedentes, canto o rodea. Os dous aspectos do medio humano, o natural e o artificial, son esenciais para o benestar do home e para o goce dos dereitos humanos fundamentais, mesmo o dereito á vida.

2. A protección e o melloramento do medio humano é unha cuestión fundamental que afecta ao benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico do mundo enteiro, un desexo urxente dos pobos de todo o mundo e un deber de todos os gobernos.

3. O home debe facer constante recapitulación da súa experiencia e continuar descubrindo, inventando, creando e progresando. Hoxe en día, a capacidade do home de transformar o que o rodea, utilizada con discernimento, pode levar a todos os pobos os beneficios do desenvolvemento e ofrecerlles a posibilidade de ennoblecer a súa existencia. Aplicado errónea ou imprudentemente, o mesmo poder pode causar danos incalculables ao ser humano e ao seu medio. Arredor noso vemos multiplicarse as probas do dano causado polo home en moitas rexións da Terra: niveis perigosos de contaminación da auga, o aire, a terra e os seres vivos; grandes perturbacións no equilibrio ecolóxico da biosfera; destrucción e esgotamento de recursos insustituibles e graves deficiencias, nocivas para a saude física, mental e social do home, no medio por el creado, especialmente naquel no que vive e traballa.

4. Nos países en desenvolvemento, a maioría dos problemas ambientais están motivados polo subdesenvolvemento. Millóns de persoas seguen vivindo moi por baixo dos niveis mínimos necesarios ou adecuados para unha existencia humana digna, privadas de alimentación e vestido, de vivenda e educación, de sanidade e hixiene. Por tanto, os países en desenvolvemento deben dirixir os seus esforzos cara o desenvolvemento, tendo presente as súas prioridades e a necesidade de salvagardar e mellorar o medio. Co mesmo fin, os países industrializados deben esforzarse por reducir a distancia que os separa dos países en desenvolvemento. Nos países industrializados, os problemas ambientais están xeralmente relacionados coa industrialización e o desenvolvemento tecnolóxico.

5. O crecemento natural da poboación plantexa continuamente problemas relativos á preservación do medio, e compre adoptar normas e medidas apropiadas, segundo proceda, para facer fronte a eses problemas. De todas as cousas do mundo, os seres humanos son o máis valioso. Eles son quen promoven o progreso social, crean riqueza social, desenvolven a ciencia e a tecnoloxía, e, co seu duro traballo, transforman continuamente o medio humano. Co progreso social e os adiantos da producción, a ciencia e a tecnoloxía, a capacidade do home para mellorar o medio medra día a día.

6. Chegamos a un intre da historia no que debemos orientar os nosos actos, en todo o mundo, a atender coa maior dilixencia ás consecuencias que poidan ter para o medio. Por ignorancia ou indeferencia, podemos causar inmensos e irreparables danos ao medio terráqueo do que depende a nosa vida e o noso benestar. Pola contra, cun coñecemento máis profundo e unha acción máis prudente, podemos conquerir para nos e para a nosa posteridade unhas condicións de vida mellores nun medio máis en consonancia coas necesidades e aspiracións do home. As pespectivas de elevar a calidade do medio e de crear unha vida son grandes. O que se precisa é entusiasmo, mais tamén, serenidade de ánimo; traballo afanoso, mais sistemático. Para chegar á plenitude da súa libertade dentro da Natureza, o home debe aplicar os seus coñecementos para conseguir, en armonía con ela, un medio mellor. A defensa e o melloramento do medio humano para as xeracións presentes e futuras tense convertido nunha meta imperiosa para a humanidade, que ten que perseguirse ao mesmo tempo que as metas fundamentais xa establecidas da paz e o desenvolvemento económico e social en todo o mundo, e de conformidade con elas.

7. Para chegar a esa meta será preciso que cidadáns e comunidades, empresas e institucións, en todos os planos, acepten as responsabilidades que lles incumben e que todos eles participen equitativamente no labor común. Homes de todas condicións e organizacións de diferente índole plasmarán, coa aportación dos seus propios valores e a suma das súas actividades, o medio ambiente do futuro. Corresponderalle ás administracións locais e nacionais, dentro das súas respectivas xurisdicións, a maior parte da carga en canto ao establecemento de normas e a aplicación de medidas en gran escala sobre o medio. Tamén se require a cooperación internacional co obxecto de reunir recursos que axuden aos países en desenvolvemento a cumprir o seu cometido nesta esfera. Cada vez hai un número maior de problemas relativos ao medio que , por ser de alcance rexional ou mundial, ou por repercutir no ámbito internacional común, requerirán dunha ampla colaboración entre as nacións e a adopción de medidas para as organizacións internacionais en interese de todos . A Conferencia encarece aos gobernos e as pobos que aúnen os seus esforzos para preservar e mellorar o medio humano en beneficio do home e da súa posperidade.

PRINCIPIOS

Principio 1.
O Home ten o dereito fundamental á liberdade, a igualdade e o goce de condicións de vida axeitadas nun medio de calidade de forma que lle permida levar unha vida digna e gozar do benestar, e ten a solemne obriga de protexer e mallorar o medio para a xeracións presentes e futuras. A este respecto, as políticas que promoven ou perpetúan o "apartheid", a segregación racial, a discriminación, a opresión colonial e outras formas de opresión e de dominación extranxeira, quedan condeadas e deben eliminarse.

Principio 2.
Os recursos naturais da Terra, incluidos o aire, a auga, a terra, a flora e a fauna e especialmente mostras representativas dos ecosistemas naturais, deben preservarse en beneficio das xeneracións presentes e futuras mediante unha cuidadosa planificación ou ordenación, segundo conveña.

Principio 3.
Debe manterse e, sempre que sexa posible, restaurarse ou mellorarse a capacidade da Terra para producir recursos vitais renovables.

Principio 4.
O home ten a responsabilidade especial de preservar e administrar xuizosamente o patrimonio da flora e a fauna silvestres e o seu hábitat, que se atopa actualmente en grave perigo por unha combinación de factores adversos. Por tanto, ao planificar o desenvolvemento económico debe atribuirse importancia á conservación da Natureza, incluidas a fauna e a flora silvestres.

Principio 5.
Os recursos non renovables da Terra deben empregarse de forma que se evite o perigo do seu esgotamento e se asegure que toda a humanidade comparte os beneficios dese emprego.

Principio 6.
Debe porse fin á descarga(evacuación) de sustancias tóxicas ou de outras materias á liberación de calor, en cantidades ou concentracións tais que o medio non poida neutralizalas, para que non causen danos graves ou irreparables aos ecosistemas. Debe apoiarse a xusta loita dos pobos de todos os países contra a contaminación.

Principio 7.
Os Estados deberán tomar todas as medidas posibles para impedir a contaminación dos mares por sustancias que poidan por en perigo a saúde do home, danar os recursos vivos e a vida marina, menoscabar as posibilidades de lecer ou dificultar outras utilizacións lexítimas do mar.

Principio 8.
O desenvolvemento económico e social é indispensable para segurar ao home un ambiente de vida e traballo favorable e crear na Terra as condicións necesarias para mellorar a calidade de vida.

Principio 9.
As deficiencias do medio orixinadas polas condicións do subdesenvolvemento e os desastres naturais platenxan graves problemas, e o mellor xeito de subsanalos é o desenvolvemento acelerado mediante a transferencia de candidades considerables de asistencia financieira e tecnolóxica que complemente os esforzos internos dos propios países en desenvolvemento e a axuda oportuna que poida requerirse.

Principio 10.
Para os países en desenvolvemento, a estabilidade dos prezos e a obtención de ingresos adecuados dos productos básicos e as materias primas son elementos esenciais para a ordenación do medio, xa que deben terse en conta tanto nos factores económicos coma os procesos ecolóxicos.

Principio 11.
As políticas ambientais de todos os Estados deberían estar encamiñadas a aumentar o potencial de crecimento actual o futuro dos países en desenvolvemento e non debería coartar ese potencial nin obstaculizar o logro de mellores condicións de vida para todos, e os Estados e as organización internacionais deberían tomar as disposicións pertinentes con miras a chegar a un acordo para facer fronte ás consecuencias económicas que poidesen resultar, nos planos nacional e internacional, da aplicación de medidas ambientais.

Principio 12.
Debería destinarse recursos á conservación e melloramento do medio, tendo en conta as circunstancias e necesidades especiais dos países en desenvolvemento e calquera gastos que poidan orixinar a estes países a inclusión de medidas de conservación do medio nos seus planos de desenvolvemento, así como a necesidade de prestarlles, cando o soliciten, máis asistencia técnica e financieira internacional con este fin.

Principio 13.
A fin de lograr unha ordenación máis racional dos recursos e mellorar así as condicións ambientais, s Estados deberían acordar un enfoque integrado e coordenado da planificación do seu desenvolvemento, de xeito que quede asegurada a compatibilidade do desenvolvemento coa necesidade de protexer e mellorar o medio humano en beneficio da súa poboación.

Principio 14.
A planifiación racional constitue un instrumento indispensable para conciliar as diferencias que poidan xurdir entre as esixencias do desenvolvemento e a necesidade de protexer e mellorar o medio.

Principio 15.
Debe aplicarse a planificación aós asentamentos humanos e á urbanización con miras a evitar repercusións perxudiciais sobre o medio e a obter os máximos beneficios sociais, económicos e ambientais para todos. A este respecto deben abandoarse os proxectos destinados á dominación colonialista e racista.

Principio 16.
Nas rexións nas que exista o risco de que a taxa de crecemento demográfico ou as concentracións excesivas de poboación perxudiquen, ao medio ou ao desenvolvemento, ou en que a baixa densidade de poboación poida impedir a mellora do medio humano e obstaculizar o desenvolmento, deberían aplicarse políticas demográficas que respetasen os dereitos humanos fundamentais e contasen coa aprobación dos gobernos interesados.

Principio 17.
Debe confiarse ás institucións nacionais competentes a tarefa de planificar, administrar ou controlar a utilización dos recursos ambientais dos Estados so fin de mellorar a calidade do medio.

Principio 18.
Como parte da súa contribución ao desenvolvemento económico e social, se debe utilizar a ciencia e a tecnoloxía para descubrir, evitar e combater os riscos que ameazan ao medio, para solucionar os problemas ambientais e para o ben da Humanidade.

Principio 19.
É indispensable un labor de educación en cuestións ambientais, dirixida tanto ás xeracións mozas como ás adultas e que presten a debida atención ao sector da poboación menos privilexiada, para ensanchar as bases dunha opinión pública ben informada e dunha conducta dos individuos, das empresas e das colectividades inspirada no senso da súa responsabilidade en canto a protección e melloramento do medio en toda a súa dimensión humana. É tamén esencial que os medios de comunicación de masas eviten contribuir ao deterioro do medio humano e difundan, pola contra, información de carácter educativo sobre a necesidade de protexerlo e melloralo co obxecto de que o home poida desenvolverse en todos os aspectos.

Principio 20.
Débense fomentar en todos os países, especialmente nos países en desenvolvemento, a investigación e os progresos científicos referentes aos problemas ambientais, tanto nacionais como multinacionais. A este respecto, o libre intercambio de información científica actualizada e de experiencias sobre a transferencia debe ser obxecto de apoio e asistencia, a fin de facilitar a solución dos problemas ambientais; as tecnoloxías ambientais deben porse a disposición dos países en desenvolvemento nunhas condicións que favorezan a súa amplia difusión, sen que constitua unha carga económica excesiva para estes países.

Principio 21.
De conformidade coa Carta das Nacións Unidas e cos principios do dereito internacional, os Estados teñen o dereito soberano de explorar os seus propios recursos en aplicación da súa propia política ambiental e a obriga de asegurar que as actividades que se leven a cavo dentro da súa xurisdición ou baixo o control non perxudiquen ao medio de outros Estados ou de zonas situadas fora de toda xurisdicción nacional.

Principio 22.
Os Estados deben cooperar para seguir desenvolvendo o dereito internacional no referente á responsabilidade e á indennización ás víctimas da contaminación e outros danos ambientais que as actividades realizadas dentro da xurisdicción ou baixo o control de tais Estados causen a zonas situadas fora da súa xurisdicción.

Principio 23.
Sen perxuizo dos criterios que se poidan adoptar pola comunidade internacional e das normas que deberían ser definidas a nivel nacional, en todos os casos será indispensable considerar os sistemas de valores prevalecentes en cada país e a aplicabilidade dunhas normas que si ben son válidas para os países máis avanzados, poden ser inadecuadas e de alto costo social para os países en desenvolvemento.

Principio 24.
Todos os países, grandes ou pequenos, deben ocuparse con espíritu de cooperación e en pé de igualdade das cuestións internacionais relativas á protección e a mellora do medio. É indispensable cooperar, mediante acordos multilaterais ou bilaterais ou por outros medios apropiados, para controlar, evitar, reducir e eliminar eficazmente os efectos perxudiciais que as actividades que se realicen en calquera eido poidan ter para o medio, tendo en conta debidamente a soberanía e os intereses de todos os Estados.

Principio 25.
Os Estados se asegurarán de que as organizacións internacionais realicen un labor coordenado, eficaz e dinámico na conservación e melloramento do medio.

Principio 26.
É preciso liberar ao home e ao seu medio dos efectos das armas nucleares e de todos os demais medios de destrucción en masa. Os Estados deben esforzarse por chegar pronto a un acordo, nos órganos internacionais pertinentes, sobre a eliminación e destrucción completa de tais armas.

 

Declaración de Madrid

Os dirixentes e representantes de destacados organismos humanitarios e doantes, reunidos hoxe, 14 de decembro de 1995, nunha Cumbre Humanitaria.

CONSIDERANDO:

1.1 Que en resposta a unhas necesidades cada vez maiores, a axuda humanitaria global ten experimentado un aumento considerable nos últimos anos, ata superar os 4.000 millóns de dólares en 1995; cunha poboación total de 45 millós de persoas dependentes de tal axuda humanitaria. É evidente, nen bargantes, que ésta non é nin unha solución nin unha panacea para crises que son fundamentalmente de orixe humana. Isto, que é certo en Ruanda e Bosnia, tamén o é en moitas outras partes do mundo, como Afganistán, o norte de Irak, Liberia e Serra Leona, Taikistán e Sudán.

1.2 Que de acordo cos nosos respectivos mandatos e responsabilidades, seguimos firmemente comprometidos en aliviar, cando e onde sexa factible, as penurias que aqueixan á víctimas dos desastres naturais ou provocados polo home, e en apoiar as iniciativas locais e rexionais que contribuan a facer fronte ás crises. En concreto, protexeremos e suministraremos alimentos ás víctimas, percurándolles acobillo, prestándolles asistencia e cuidados médicos e reunindo aos nenos coas súas familias. Garantiremos unha estreita coordenación entre todos nos e os nosos "partenaires" de xeito que se actúe con eficacia para minguar o sofrimento.

1.3 Que dende a fin da Guerra Fría, uns 50 conflictos armados está desgarrando o mundo. Gran número de civís foron e están a ser, brutalmente asasinados, feridos ou forzados a abandoar os seus fogares a unha escala endexamais vista dende que se redactou a Carta das Nacións Unidas. Os que non poden fuxir ou non teñen onde refuxiarse, adoecen sofrimentos extremos, ven as súas vidas traumatizadas e, en moitos casos, a súa existencia destrozada. Os principios básicos da lexislación humanitaria internacional son ignorados frecuentemente; os dereitos humanos seguen a ser pisoteados e moitas zonas do mundo.

1.4 Que os desastres humanitarios adoitan ter as súas raices na inxustiza social e económica prevalente en innumerables países e asemesmo nas diferencias existentes entre os países ricos e pobres. As loitas polo poder a debilidade dos gobernos e a disputa duns recursos escasos tamén están na orixe da pobreza extrema, da superpoboación e da desigualdade social.

1.5 Que a tarefa das organizacións humanitarias oriéntase polos principios da humanidade, imparcialidade, neutralidade e independencia.

FACEMOS UN CHAMAMENTO Á COMUNIDADE INTERNACIONAL EN XERAL PARA:

2.1 Que teña a determinación suficiente para leva a cabo con resolución todas aquelas iniciativas decisivas que poidan ser necesarias para resolver as situacións de crise e que non utilice as accións humanitarias como sustitutivo da acción política. A independencia e imparcialidade da axuda humanitaria debe ser plenamene recoñecida e respetada. Isto é indispensable para salvar vidas nas situacións de crise.

2.2 Que desenvolva un sistema global de prevención proactiva de crises. Precisarase decisión e vontade política para facer fronte ás causas directas e indirectas dos conflictos e outras emerxencias humanitarias. Unha alerta rápida debe conducir a unha resposta inmediata.

2.3 Que se comprometa de forma imaxinativa e novidosa en favor da axuda ao desenvolvemento. As crises vense exacerbadas polo descenso actual da axuda ao desenvolvemento, nun momento no que debería aumentarse para reducir a gravidade das crises humanitarias. A pobreza conduce á vulnerabilidade e forza aos pobos a estratexias de supervivencia que poden acelerar ainda máis o desencadenamento das crises. A probabilidade das crises aumenta e, cando ocorren, a sua gravidade é maior.

2.4 Que se lance unha campaña global contra da fame, que está a afectar a un de cada sete habitantes da terra. A seguridade alimentaria é un dos aspectos que debe desenvolverse debido á especial importancia que teñen os alimentos nos fogares pobres do mundo en desenvolvemento. Non só debe asegurarse a producción de alimentos e o seu suministro senón tamén que os prezos sexan asequibles aos segmentos máis pobres da sociedade. Deberase condeder similar atención ao suministro de auga potable.

2.5 Que se preste máis atención e apoio ás medidas de prevención, especialmente fronte aos desastres naturais. A ausencia de financiación de iniciativa locais de programas de prevención e de apoio á autosuficiencia, posibilita non só os sofrimentos derivados das catástrofes cando estas xorden senón que acarrexan asemesmo maiores custos humanos e materiais.

2.6 Que se proporcionen os recursos necesarios para axudar e aportar solucións políticas á moitas crises "esquencidas" que non aparecen nas primeiras páxinas da prensa internacional ou que xa teñen desaparecido delas. Estas crises, como outras moitas, ameazan a supervivencia de millóns de persoas e poden desestabilizar rexións enteiras.

2.7 Que se leven a cabo con toda urxencia os esforzos oportunos para loitar contra da elección consciente de obxectivos civís nos conflictos actuais. Atrocidades como a limpeza étnica, a tortura ou as violacións téñense convertido en moitos casos en instrumentos e obxectivos da guerra, con flagrante desprezo da lexislación humanitaria internacional. Todas as partes en conflicto deben ser consideradas responsables. Compre rematar coa impunidade na violación dos dereitos humanos. Os Tribunais Internacionais de crimes de guerra na antiga Iugoslavia e Ruanda deberían poder executar os seus mandatos, e debería establecerse un Tribunal Internacional Permanente de Crimes de guerra que castigue o xenocidio, os crimes de guerra e os crimes contra da humanidade.

2.8 Que se tomen as medidas para facer fronte ás necesidades específicas de protección e asistencia a millóns de persoas que tiveron que desprazarse ao interior dos seus propios países como consecuencia dun conflicto. Deberanse formular principios que melloren a dificil situación na que se atopan estas persoas e salvagardar o seu dereito á seguridade física e material. Apoiamos tamén que as Nacións Unidas fagan todo o necesario para evitar a violación dos dereitos humanos en casos de conflicto interno. Por outra banda, debe manterse o dereito dos refuxiados a buscar e disfrutar de asilo noutros países fronte a persecución.

2.9 Que se preste atención inmediata ás necesidades e á protección de todas as víctimas, dando prioridade ás mulleres, aos nenos e aos anciáns, que son invariablemente a gran maioría das víctimas dos conflictos armados. Debe recoñecerse o papel fundamental da muller e reafirmar o seu papel na planificación, a xestión e a distribución da asistencia, ao ser o mellor xeito de asegurar que esta chegue aos máis vulnerables. Deberase ter en consideración sistematicamente a saúde reproductiva da muller. Os nenos, en particular, non deberían verse privados de fogar e familia, do seu dereitos á vida, á saúde psíquica e psicolóxica e á educación, así como a unha existencia en paz.

2.10 Que siga habendo recursos disponibles para facer fronte á reconstrucción das sociedades devastadas pola guerra e consolidar desta forma a paz, evitando que poidan sementarse as sementes de futuros desastres. Débense afortalar os vínculos entre a axuda humanitaria e a axuaa ao desenvolvemento e reforzar a capacidade local para facer fronte ás situacións de crise. A reconstrucción non só afecta aos sistemas de conducción de augas, pontes e estradas senón tamén á sociedade civil: a desmobilización dos combatentes e a reconstrucción do sistema xudicial, a administración e os servizos educativos e sociais. Debense atopar mecanismos flexibles que permitan suministrar máis fondos para a rehabilitación de emerxencia. Ao mesmo tempo débese administrar asistencia de tal xeito que a axuda humanitaria, unha vez que teña rematado o período de emerxencia, facilite o paso cara a outras formas de axuda.

2.11 Que se reitere o noso interese, en que se respete o carácter humanitario e non político da nosa tarefa, así como os nosos respectivos mandatos, en que se nos permita o libre acceso a todas as persoas necesitadas, en que se garanta a seguridade do persoal humanitario e en que se nos proporcione unha base maís segura de financiación. Reafirmamos, a este respecto, o noso compromiso, pero asemesmo a nosa preocupación a nivel internacional. Os recursos da solidariedade humana son enormes. As ameazas reais son o fatalismo e o tedio de tanta compasión. Os gobernos e os dirixentes deben recoñecer que, nun mundo cada vez máis interdependente,os intereses vitais de todas as nacións, no marco dunha paz e unha seguridade global, só poden acadarse mediante unha acción internacional concertada.


Brian Atwood, Administrados de USAID.
Carol Bellamy, directora executiva de UNICEF.
Catherine Bertini, directora executiva do Programa Mundial de Alimentos (PMA).
Emma Bonino, membro da Comisión Europea responsable da Axuda Humanitaria.

 

Tratado sobre os principios que deben rexer as actividades dos Estados na exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a lúa e outros corpos celestes

Os Estados Partes neste Tratado,

Inspirándose nas grandes perspectivas que se ofrecen á humanidade como consecuencia da entrada do home no espacio ultraterrestre,

Recoñecendo o interese xeral de toda a humanidade no progreso da exploración e utilización do espacio ultraterrestre con fins pacíficos,

Estimando que a exploración e a utilización do espacio ultraterrestre debe efectuarse en ben de tódolos pobos, sexa cal fora o seu grado de desenvolvemento económico e científico,

Desexando contribuir a unha ampla cooperación internacional no que se refire ós aspectos científicos e xurídicos da exploración e utilización do espacio ultraterrestre con fins pacíficos,

Estimando que tal cooperación contribuirá ó desenvolvemento da comprensión mutua e ó afianzamento das relacións amistosas entre os Estados e os pobos,

Lembrando a resolución 1962 (XVIII), titulada "Declaración dos principios xurídicos que deben rexer as actividades dos Estados na exploración e utilización do espacio ultraterrestre", que foi aprobada unánimemente pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas o 13 de decembro de 1963,

Lembrando a resolución 1884 (XVIII), na que se insta ós Estados a non poñer en órbita ó redor da Terra ningún obxecto portador de armas nucleares ou outras clases de armas de destrucción en masa, nin a emprazar tales armas nos corpos celestes, que foi aprobada unánimemente pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de outubro de 1963,

Tomando nota da resolución 110 (II), aprobada pola Asamblea Xeral o 3 de novembro de 1947, que condena a propaganda destinada a provocar ou alentar, ou susceptible de provocar ou alentar calquer ameaza á paz, quebrantamento da paz ou acto de agresión, e considerando que dita resolución é aplicable ó espacio ultraterrestre,

Convencidos de que un Tratado sobre os principios que deben rexer as actividades dos Estados na exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, promoverá os propósitos e principios da Carta das Nacións Unidas,

Conviñeron no seguinte:

Artigo 1

A exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, deberán facerse en proveito e en interese de tódolos países, sexa cal fora o seu grado de desenvolvemento económico e científico e incumben a toda a humanidade.

O espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, estará aberto para a súa exploración e utilización a tódolos Estados, sen discriminación algunha, en condicións de igualdade e en conformidade co dereito internacional, e haberá liberdade de acceso a tódalas rexións dos corpos celestes.

O espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, estarán abertos á investigación científica, e os Estados facilitarán e fomentarán a cooperación internacional en ditas investigacións.

Artigo 2

O espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, non poderá ser obxecto de apropiación nacional por reivindicación de soberanía, uso ou ocupación, nin de ningunha outra maneira.

Artigo 3

Os Estados Partes no Tratado deberán realizar as súas actividades de exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, de conformidade co dereito internacional, incluida a Carta das Nacións Unidas, en interese do mantemento da paz e a seguridade internacionais e do fomento da cooperación e a comprensión internacionais.

Artigo 4

Os Estados Partes no Tratado comprometense a non colocar en órbita ó redor da Terra ningún obxecto portador de armas nucleares nin de ningún outro tipo de armas de destrucción en masa, a non emprazar tales armas nos corpos celestes e a non colocar tales armas no espacio ultraterrestre en ningunha outra forma.

A Lúa e os demais corpos celestes utilizaranse exclusivamente con fins pacíficos por tódolos estados Partes no Tratado. Queda prohibido establecer nos corpos celestes bases, instalacións e fortificacións militares, efectuar ensaios con calquer tipo de armas e realizar manobras militares. Non se prohibe a utilización de persoal militar para investigacións científicas nin para calquer outro obxectivo pacífico. Tampouco se prohíbe a utilización de calquer equipo ou medios necesarios para a exploración da Lúa e doutros corpos celestes con fins pacíficos.

Artigo 5

Os Estados Partes no Tratado considerarán a tódolos astronautas como enviados da humanidade no espacio ultraterrestre e prestaranlles toda a axuda posible en caso de accidente, perigo ou aterraxe forzosa no territorio doutro Estado Parte ou en alta mar. Cando os astronautas fagan tal aterraxe serán devoltos con seguridade e sen demora ó Estado de rexistro do seu vehículo espacial.

Ó realizar actividades no espacio ultraterrestre, asi como nos corpos celestes, os astronautas dun Estado Parte no Tratado deberán prestar toda a axuda posible ós astronautas dos demais Estados Partes no Tratado.

Os Estados Partes no Tratado terán que informar inmediatamente ós demais Estados Partes no Tratado ou ó Secretario xeral das Nacións Unidas sobre os fenómenos por eles observados no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, que poderían constituir un perigo para a vida ou a saúde dos astronautas.

Artigo 6

Os Estados Partes no Tratado serán responsables internacionalmente das actividades nacionais que realicen no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, os Organismos gobernamentais ou as Entidades non gobernamentais, e deberán asegurar que ditas actividades efectúense en conformidade coas disposicións do presente Tratado. As actividades das Entidades non gobernamentais no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, deberán ser autorizadas e fiscalizadas constantemente polo pertinente Estado Parte no Tratado. Cando se trate de actividades que realiza no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, unha organización internacional, a responsabilidade en canto ó presente Tratado corresponderá a esa organización internacional e ós Estados Partes no Tratado que pertenzen a ela.

Artigo 7

Todo Estado Parte no Tratado que lance ou promova o lanzamento dun obxecto ó espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, e todo Estado Parte no Tratado, desde cuio territorio ou cuias instalacións se lance un obxecto, será responsable internacionalmente dos danos causados a outro Estado Parte no Tratado ou ás súas persoas naturais ou xurídicas por dito obxecto ou as súas partes compoñentes na Terra, no espacio aéreo ou no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes.

Artigo 8

O Estado Parte no Tratado, en cuio rexistro figura o obxecto lanzado ó espacio ultraterrestre, reterá a súa xurisdicción e control sobre tal obxecto, asi como sobre todo o seu persoal que vaia nel, mentres se atope no espacio ultraterrestre ou nun corpo celeste. O dereito de propiedade dos obxectos lanzados ó espacio ultraterrestre, incluso dos obxectos que descenderan ou se construan nun corpo celeste, e das súas partes compoñentes, non sofrerá ningunha alteración mentres esten no espacio ultraterrestre, incluso nun corpo celeste, nin no seu retorno á Terra. Cando eses obxectos ou esas partes compoñentes se atopen fora dos límites do Estado parte no Tratado en cuio rexistro figuran, deberán ser devoltos a ese Estado Parte, o que deberá proporcionar os datos de identificación que se lle soliciten antes de efectuarse a restitución.

Artigo 9

Na exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, os Estados Partes no Tratado deberán guiarse polo principio da cooperación e a asistencia mutua, e en todas as súas actividades no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, deberán ter debidamente en conta os intereses correspondentes dos demais Estados Partes no Tratado. Os Estados Partes no Tratado farán os estudios e investigacións do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, e procederán á súa exploración de tal forma que non se produza unha contaminación nociva nin cambios desfavorables no medio ambienteda Terra como consecuencia da introducción nel de materias extraterrestres, e cando sexa necesario adoptarán as medidas pertinentes a tal efecto. Se un Estado Parte no Tratado ten motivos para creer que unha actividade ou un experimento no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, proxectado por él ou polos seus nacionais, crearía un obstáculo capaz de perxudicar as actividades doutros Estados Partes no Tratado na exploración e utilización do espacio ultraterrestre con fins pacíficos, incluso na Lúa e outros corpos celestes, deberá celebrar as consultas internacionais oportunas antes de iniciar esa actividade ou ese experimento. Se un Estado Parte no Tratado ten motivos para creer que unha actividade ou un experimento no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e outros corpos celestes, proxectado por outro Estado Parte no Tratado, crearía un obstáculo capaz de perxudicar as actividades de exploración e utilización do espacio ultraterrestre con fins pacíficos, incluso na Lúa e outros corpos celestes, poderá pedir que se celebren consultas sobre dita actividade ou experimento.

Artigo 10

A fin de contribuir á cooperación internacional na exploración e a utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e doutros corpos celestes, conforme ós obxectivos do presente Tratado, os Estados Partes nel examinarán, en condicións de igualdade, as solicitudes formuladas por outros Estados Partes no Tratado para que se lles brinde a oportunidade a fin de observar o voo dos obxectos espaciais lanzados por ditos Estados.

A natureza de tal oportunidade e as condicións en que podería ser concedida determinaranse por acordo entre os Estados interesados.

Artigo 11

A fin de fomentar a cooperación internacional na exploración e utilización do espacio ultraterrestre con fins pacíficos, os Estados Partes no Tratado que desenvolvan actividades no espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e doutros corpos celestes, conveñen en informar, na maior medida posible dentro do viable e factible, ó Secretario xeral das Nacións Unidas, así como ó público e á comunidade científica internacional acerca da naturaleza, marcha, localización e resultados de ditas actividades. O Secretario Xeral das Nacións Unidas debe estar en condicións de difundir eficazmente tal información, inmediatamente despois de recibila.

Artigo 12

Todas as estacións, instalacións, equipo e vehículos espaciais situados na Lúa e outros corpos celestes serán accesibles ós representantes doutros Estados Partes no presente Tratado, sobre a base da reciprocidade. Ditos representantes notificarán con antelación razonable a súa intención de facer unha visita a fin de permitir celebrar as consultas que procedan e adoptar un máximo de precaucións para velar pola seguridade e evitar toda perturbación do funcionamento normal da instalación visitada.

Artigo 13

As disposicións do presente Tratado aplicaranse ás actividades de exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e doutros corpos celestes, que realicen os Estados Partes no Tratado, tanto no caso de que esas actividades as leve a cabo un estado Parte no Tratado por sí só ou xunto con outros Estados, incluso cando se efectúen dentro do marco de organizacións intergobernamentais internacionais.

Os Estados Partes no Tratado resolverán os problemas prácticos que poidan xurdir en relación coas actividades que desenvolvan as organizacións intergobernamentais internacionais na exploración e utilización do espacio ultraterrestre, incluso a Lúa e doutros corpos celestes, coa organización internacional pertinente ou con un ou varios Estados membros de dita organización internacional que sexan partes no presente Tratado.

Artigo 14

1. Este Tratado estará aberto á firma de tódolos Estados. O Estado que non firmare este Tratado antes da súa entrada en vigor, de conformidade co párrafo 3 deste artículo, poderá adherirse a él en calquer momento.

2. Este Tratado estará suxeito a ratificación polos Estados signatarios. Os instrumentos de ratificación e os instrumentos de adhesión depositaranse nos arquivos dos Gobernos do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, dos Estados Unidos de América e da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, ós que polo presente se designa como Gobernos depositarios.

3. Este Tratado entrará en vigor cando depositaran os instrumentos de ratificación cinco Gobernos, incluidos os designados como Gobernos depositarios en virtude do presente Tratado.

4. Para os Estados cuios instrumentos de ratificación ou de adhesión se depositaren despois da entrada en vigor deste Tratado, o Tratado entrará en vigor na data do depósito dos seus instrumentos de ratificación ou adhesión.

5. Os Gobernos depositarios informarán sen tardanza a tódolos Estados signatarios e a tódolos Estados que se adheriran a este Tratado, da data de cada firma, da data de depósito de cada instrumento de ratificación e de adhesión a este Tratado, da data da súa entrada en vigor e de calquer outra notificación.

6. Este Tratado será rexistrado polos Gobernos depositarios, de conformidade co artículo 102 da Carta das Nacións Unidas.

Artigo 15

Calquer Estado Parte no Tratado poderá propoñer enmendas ó mesmo. As enmendas entrarán en vigor para cada Estado Parte no Tratado que as aceptara cando éstas foran aceptadas pola maioría dos Estados Partes no Tratado, e no sucesivo para cada Estado restante que sexa parte no Tratado na data en que as acepte.

Artigo 16

Todo Estado Parte poderá comunicar a súa retirada deste Tratado ó cabo dun ano da súa entrada en vigor, mediante notificación por escrito dirixida ós Gobernos depositarios. Tal retirada surtirá efecto un ano despois da data en que se reciba a notificación.

Artigo 17

Este Tratado, cuios textos en inglés, ruso, español, francés e chinés son igualmente auténticos, depositarase nos arquivos dos Gobernos depositarios. Os Gobernos depositarios remitirán copias debidamente certificadas deste Tratado ós Gobernos dos Estados signatarios e dos Estados que se adhiran ó Tratado.

En testemuño do que, os infrascritos, debidamente autorizados, firman este Tratado.

Feito en tres exemplares, nas cidades de Londres, Moscova e Washington, o día vintesete de xaneiro de mil novecentos sesenta e sete.

 


Observación:

A lectura do Tratado que precede, pode complementarse co “Convenio sobre a responsabilidade internacional polos danos causados por obxectos espaciais”, adoptado en virtude da Resolución 2777 (XXVI) da Asamblea Xeral das Nacións Unidas, de 29 de novembro de 1971, entrando en vigor o 1 de setembro de 1972.

 

Tratado Antártico

Os Gobernos de Arxentina, Australia, Bélxica, Chile, a República Francesa, Xapón, Nova Zelanda, Noruega, a Unión de África do Sur, a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e os Estados Unidos de América,

Recoñecendo que é en interese de toda a humanidade que a Antártida continúe utilizándose sempre exclusivamente para fins pacíficos e que non chegue a ser escenario ou obxecto de discordia internacional,

Recoñecendo a importancia das contribucións aportadas ó coñecemento científico como resultado da cooperación internacional na investigación científica na Antártida,

Convencidos de que o establecemento dunha base sólida para a continuación e o desenvolvemento de dita cooperación, fundada na liberdade de investigación científica na Antártida, como fora aplicada durante o Ano Xeofísico Internacional, concorda cos intereses da ciencia e o progreso de toda a humanidade,

Convencidos, tamén, de que un Tratado que asegure o uso da Antártida exclusivamente para fins pacíficos e a continuación da armonía internacional na Antártida promoverá os propósitos e principios enunciados na Carta das Nacións Unidas,

Acordaron o seguinte:

Artigo 1

1. A Antártida utilizarase exclusivamente para fins pacíficos. Prohíbese, entre outras, toda medida de carácter militar, tal coma o establecemento de bases e fortificacións militares, a realización de manobras militares, así coma os ensaios de toda clase de armas.

2. O presente Tratado non impedirá o emprego de persoal ou equipos militares para investigacións científicas ou para calquer outra finalidade pacífica.

Artigo 2

A liberdade de investigación científica na Antártida e a cooperación hacia ese fin, como foran aplicadas durante o Ano Xeofísico Internacional, continuarán suxeitas ás disposicións do presente Tratado.

Artigo 3

1. Co fin de promover a cooperación internacional na investigación científica na Antártida, prevista no artículo 2º do presente Tratado, as Partes Contratantes acordan proceder, na media máis ampla posible:

a) Ao intercambio de información sobre os proxectos de programas científicos na Antártida, a fin de permitir o máximo de economía e eficiencia nas operacións.

b) Ao intercambio de persoal científico entre as expedicións e estacións na Antártida.

c) Ao intercambio de observacións e resultados científicos sobre a Antártida, os cales estarán dispoñibles libremente.

2. Ao aplicarse este artículo darase o maior estímulo ó establecemento de relacións cooperativas de traballo con aqueles Organismos especializados das Nacións Unidas e con outras organizacións internacionais que teñan interese científico ou técnico na Antártida.

Artigo 4

1. Ningunha disposición do presente Tratado interpretarase:

a) como unha renuncia, por calquera das Partes Contratantes, ós seus dereitos de soberanía territorial ou ás reclamacións territoriais na Antártida que houbera feito valer precedentemente.

b) Como unha renuncia ou menoscabo por calquera das Partes Contratantes a calquer fundamento de reclamación de soberanía territorial na Antártida que poidera ter, xa sexa como resultado das súas actividades ou das dos seus nacionais na Antártida, ou por calquer outro motivo.

c) Como perxudicial á posición de calquera das Partes Contratantes, no concerniente ó seu recoñecemento ou non recoñecemento do dereito de soberanía territorial, dunha reclamación ou dun fundamento de reclamación de soberanía territorial de calquer outro Estado na Antártida.

2. Ningún acto ou actividade que se leve a cabo mentres o presente Tratado se atope en vixencia constituirá fundamento para facer valer, apoiar ou negar unha reclamación de soberanía territorial na Antártida, nin para crear dereitos de soberanía nesta rexión. Non se farán novas reclamacións de soberanía territorial na Antártida, nin se ampliarán as reclamacións anteriormente feitas valer, mentras o presente Tratado se atope en vixencia.

Artigo 5

1. Toda explosión nuclear na Antártida e a eliminación de residuos radiactivos en dita rexión quedan prohibidas.

2. En caso de que se concluan acordos internacionais relativos ó uso da enerxía nuclear, comprendidas as explosións nucleares e a eliminación de residuos radiactivos, nos que sexan partes todas as Partes Contratantes cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º, as normas establecidas en tales acordos aplicaranse na Antártida.

Artigo 6

As disposicións do presente Tratado aplicaranse á rexión situada ó Sur dos 60º de latitude Sur, incluidas todas as barreiras de xelo; pero nada no presente Tratado perxudicará ou afectará en modo algún os dereitos ou o exercicio dos dereitos de calquer Estado conforme ó Dereito Internacional no relativo á alta mar dentro desa rexión.

Artigo 7

1. Co fin de promover os obxectivos e asegurar a aplicación das disposicións do presente Tratado, cada unha das Partes Contratantes, cuios representantes estén facultados a participar nas reunións a que se refire o artículo 9º deste Tratado, terá dereito a designar observadores para levar a cabo as inspeccións previstas no presente artículo. Os observadores serán nacionais da Parte Contratante que os designa. Os seus nomes comunicaranse a cada unha das demáis Partes Contratantes que teñen dereito a designar observadores e se lles dará igual aviso cando cesen nas súas funcións.

2. Todos os observadores designados de conformidade coas disposicións do párrafo 1 deste artículo gozarán de enteira liberdade de acceso, en calquer momento, a cada unha e a todas as rexións da Antártida.

3. Todas as rexións da Antártida e todas as estacións, instalacións e equipos que alí se atopen, así como todos os navíos e aeronaves nos puntos de embarque e desembarque de personal ou de carga na Antártida, estarán abertos en todo momento á inspección por parte de calquer observador designado de conformidade co párrafo 1 deste artículo.

4. A observación aérea poderá efectuarse, en calquer momento, sobre cada unha e todas as rexións da Antártida por calquera das Partes Contratantes que estén facultadas a designar observadores.

5. Cada unha das Partes Contratantes, ó entrar en vixencia respecto dela o presente Tratado, informará ás outras Partes Contratantes e, no sucesivo, lles informará por adiantado sobre:

a) Toda expedición á Antártida e dentro da Antártida na que participen os seus navíos ou nacionais, e sobre todas as expedicións á Antártida que se organicen ou partan do seu territorio.

b) Todas as estacións na Antártida ocupadas polos seus nacionais.

c) Todo personal ou equipos militares que se proxecte introducir na Antártida, con suxección ás disposicións do párrafo 2 do artículo 1º do presente Tratado.

Artigo 8

1. Co fin de facilitarlles o exercicio das funcións que lles otorga o presente Tratado, e sen perxuicio das respectivas posicións das Partes Contratantes no que concerne á xurisdicción sobre todas as demáis persoas n Antártida, os observadores designados dacordo co párrafo 1 do artículo 7º e o personal científico intercambiado dacordo co subpárrafo 1,b), do artículo 3º do Tratado, así coma os membros do personal acompañante de ditas personas, estarán sometidos só á xurisdicción da Parte Contratante da cal sexan nacionais, no referente ás accións ou omisións qye teñan lugar mentras se atopen na Antártida co fin de exercer as súas funcións.

2. Sen perxuicio das disposicións do párrafo 1 deste artículo, e en espera da adopción de medidas expresadas no subpárrafo 1, e), do artículo 9º, as Partes Contratantes implicadas en calquer controversia con respecto ó exercicio da xurisdicción na Antártida consultaranse inmediatamente co ánimo de acadar unha solución mutuamente aceptable.

Artigo 9

1. Os representantes das Partes Contratantes, nombradas no preámbulo do presente Tratado, reuniranse na cidade de Canberra dentro dos dous meses despois da entrada en vixencia do presente Tratado e, en adiante, a intervalos e en lugares apropiados, co fin de intercambiar informacións, consultarse mutuamente sobre asuntos de interese común relacionados coa Antártida e formular, considerar e recomendar ós seus Gobernos medidas para promover os principios e obxectivos do presente Tratado, inclusive medidas relacionadas con:

a) Uso da Antártida para fins exclusivamente pacíficos.

b) Facilidades para a investigación científica na Antártida.

c) Facilidades para a cooperación científica internacional na Antártida.

d) Facilidades para o exercicio dos dereitos de inspección previstos no artículo 7º do presente Tratado.

e) Cuestións relacionadas co exercicio da xurisdicción na Antártida.

f) Protección e conservación dos recursos vivos da Antártida.

2. Cada unha das Partes Contratantes que chegara a ser Parte do presente Tratado por adhesión, conforme ó artículo 13, terá dereito a nomear representantes que participarán nas reunións mencionadas no párrafo 1 do presente artículo, mentres dita Parte Contratante demostre o seu interese na Antártida mediante a realización nela de investigacións científicas importantes, como o establecemento dunha estación científica ou o envio dunha expedición científica.

3. Os informes dos observadores mencionados no artículo 7º do presente Tratado serán transmitidos ós representantes das Partes Contratantes que participen nas reunións a que se refire o párrafo 1 do presente artículo.

4. As medidas contempladas no párrafo 1 deste artículo entrarán en vixencia cando as aproben todas as Partes Contratantes, cuios representantes estiveron facultados a participar nas reunións que se celebraron para considerar estas medidas.

5. Calquera ou todos os dereitos establecidos no presente Tratado poderán ser exercidos desde a data da súa entrada en vixencia, xa sexa que as medidas para facilitar o exercicio de tales dereitos teñan sido ou non propostas, consideradas ou aprobadas conforme ás disposicións deste artículo.

Artigo 10

Cada unha das Partes Contratantes comprometese a facer os esforzos apropiados, compatibles coa Carta das Nacións Unidas, co fin de que ninguén leve a cabo na Antártida ningunha actividade contraria ós propósitos e principios do presente Tratado.

Artigo 11

1. No caso de xurdir unha controversia entre duas ou máis das Partes Contratantes, concerniente á interpretación ou á aplicación do presente Tratado, ditas Partes Contratantes consultaranse entre sí co propósito de resolver a controversia por negociación, investigación, mediación, conciliación, arbitraxe, decisión xudicial ou outros medios pacíficos, á súa elección.

2. Toda controversia desa naturaleza, non resolta por tales medios, será referida á Corte Internacional de Xustiza, co consentemento, en cada caso, de todas as partes en controversia, para a súa resolución; pero a falta de acordo para referila á Corte Internacional de Xustiza non dispensará ás partes en controversia da responsabilidade de seguir buscando unha solución por calquera dos diversos medios pacíficos contemplados no párrafo 1 deste artículo.

Artigo 12

1.

a) O presente Tratado poderá ser modificado ou enmendado, en calquer momento, co consentemento unánime das Partes Contratantes, cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º. Tal modificación ou tal enmenda entrará en vixencia cando o Goberno depositario fora notificado pola totalidade de ditas Partes Contratantes de que as ratificaron.

b) Subseguintemente, tal modificación ou tal enmenda entrará en vixencia para calquera outra Parte Contratante, cando o Goberno depositario recibira aviso da súa ratificación. Se non se recibe aviso de ratificación de dita Parte Contratante dentro de prazo de dous anos, contados desde a data de entrada en vixencia da modificación ou enmenda, en conformidade co disposto no subpárrafo 1, a), deste artículo, entenderase que deixou de ser Parte do presente Tratado na data de vencemento de tal prazo.

2.

a) Se despois de expirados trinta anos, contados desde a data de entrada en vixencia do presente Tratado, calquera das Partes Contratantes, cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º, así o solicita, mediante unha comunicación dirixida ó Goberno depositario, celebrarase, no menor prazo posible, unha Conferencia de todas as Partes Contratantes para revisar o funcionamento do presente Tratado.

b) Toda modificación ou toda enmenda ó presente Tratado, aprobada en tal Conferencia pola maioría das Partes Contratantes nela representadas, incluindo a maioría daqueles cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º, comunicarase a todas as Partes Contratantes polo Goberno depositario, inmediatamente despois de finalizar a Conferencia, e entrará en vixencia de conformidade co disposto no párrafo 1 do presente artículo.

c) Se tal modificación ou tal enmenda non houbera entrado en vixencia, de conformidade co disposto no subpárrafo 1, a), deste artículo, dentro dun período de dous anos, contados desde a data da súa comunicación a todas as Partes Contratantes, calquera das Partes Contratantes poderá, en calquer momento, despois da expiración de dito prazo, informar ó Goberno depositario que deixou de ser Parte do presente Tratado, e dito retiro terá efecto dous anos despois que o Goberno depositario recibira esta notificación.

Artigo 13

1. O presente Tratado estará suxeito á ratificación por parte dos Estados signatarios. Quedará aberto á adhesión de calquer Estado que sexa membro das Nacións Unidas, ou de calquer outro Estado que poida ser invitado a adherirse ó Tratado co consentemento de todas as Partes Contratantes cuios representantes estén facultados a participar nas reunións previstas no artículo 9º do Tratado.

2. A ratificación do presente Tratado ou a adhesión ó mesmo será efectuada por cada Estado dacordo cos seus procedementos constitucionais.

3. Os instrumentos de ratificación e os de adhesión serán depositados ante o Goberno dos estados Unidos de América, que será o Goberno depositario.

4. O Goberno depositario informará a todos os Estados signatarios e adherentes sobre a data de depósito de cada instrumento de ratificación ou de adhesión e sobre a data de entrada en vixencia do Tratado e de calquer modificación ou enmenda ó mesmo.

5. Unha vez depositados os instrumentos de ratificación por todos dos Estados signatarios, o presente Tratado entrará en vixencia para ditos Estados e para os Estados que teñan depositado os seus instrumentos de adhesión. No sucesivo, o Tratado entrará en vixencia para calquer Estado adherente unha vez que deposite o seu instrumento de adhesión.

6. O presente Tratado será rexitrado polo Goberno depositario conforme ó artículo 102 da Carta das Nacións Unidas.

Artigo 14

O presente Tratado, feito nos idiomas inglés, francés, ruso e español, sendo cada un destes textos igualmente auténtico, será depositado nos Arquivos do Goberno dos Estados Unidos de América, quen enviará copias debidamente certificadas do mesmo ós Gobernos dos Estados signatarios e dos adherentes.

En testemuño do cal, os infrascritos Plenipotenciarios, debidamente autorizados, suscriben o presente Tratado.

Feito en Washington o primeiro día do mes de decembro de 1959.

Convención sobre a protección do patrimonio mundial, cultural e natural

París, vintetrés de novembro de 1972.

A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, na súa 17a. Reunión celebrada en París do 17 de outubro ó 21 de novembro de 1972,

Constatando que o patrimonio cultural e o patrimonio natural están cada vez máis ameazados de destrucción, non soamente polas causas tradicionais de deterioro, senón tamén pola evolución da vida social e económica que as agrava con fenómenos de alteración ou de destrucción aínda máis temibles.

Considerando que o deterioro ou a desaparición dun ben do patrimonio cultural e natural constitue un empobrecemento nefasto do patrimonio de todos os pobos do mundo.

Considerando que a protección dese patrimonio a escala nacional é en moitos casos incompleto, dada a magnitude dos medios que require e a insuficiencia dos recursos económicos, científicos e técnicos do país en cuio territorio se atopa o ben que ha de ser protexido.

Tendo presente que a Constitución da Unesco estipula que a Organización axudará á conservación, ó progreso e á difusión do saber, velando pola conservación e a protección do patrimonio universal e recomendando ós interesados as convencións internacionais que sexan necesarias para ese obxecto.

Considerando que as convencións, recomendacións e resolucións internacionais existentes en favor dos bens culturais e naturais, demostran a importancia que ten para todos os pobos do mundo, a conservación deses bens únicos e irremplazables de calquera que sexa o país a que pertenzan.

Considerando que certos bens do patrimonio cultural e natural presentan un interese excepcional que esixe se conserven como elementos do patrimonio mundial da humanidade enteira.

Considerando que, ante a amplitude e a gravedade dos novos peligros que lles ameazan, incumbe á colectividade internacional enteira participar na protección do patrimonio cultural e natural de valor universal excepcional prestando unha asistencia colectiva que sen reemplazar a acción do Estado interesado a complete eficazmente.

Considerando que é indispensable adoptar para iso novas disposicións convencionais que establezan un sistema eficaz de protección colectiva do patrimonio cultural e natural de valor excepcional dunha maneira permanente, e segundo métodos científicos e modernos.

Habendo decidido, na súa décimosexta reunión, que esta cuestión sería obxecto dunha Convención internacional,

Aproba neste día dazaseis de novembro de 1972, a presente Convención:

I. DEFINICIÓNS DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL

Artigo 1

Aos efectos da presente Convención considerarase “patrimonio cultural”:

  • Os monumentos: obras arquitectónicas, de escultura ou de pintura monumentais, elementos ou estructuras de carácter arqueolóxico, inscripcións, cavernas e grupos de elementos que teñan un valor universal excepcional desde o punto de vista da historia, da arte ou da ciencia.
  • Os conxuntos: grupos de construccións, ailladas ou reunidas, cuia arquitectura, unidade e integración na paisaxe lles dea un valor universal excepcional desde o punto de vista da historia, da arte ou da ciencia.
  • Os lugares: obras do home ou obras conxuntas do home e a naturaleza así como as zonas incluidos os lugares arqueolóxicos que teñan un valor universal excepcional desde o punto de vista histórico, estético, etnolóxico ou antropolóxico.

Artigo 2

Aos efectos da presente Convención consideraranse “patrimonio natural”:

  • Os monumentos naturais constituidos por formacións físicas e biolóxicas ou por grupos desas formacións que teñan un valor universal excepcional desde o punto de vista estético ou científico.
  • As formacións xeolóxicas e fisiográficas e as zonas estrictamente delimitadas que constituan o habitat de especies animal e vexetal ameazadas, que teñan un valor universal excepcional desde o punto de vista estético ou científico.
  • Os lugares naturais ou as zonas naturais estrictamente delimitadas, que teñan un valor universal excepcional desde o punto de vista da ciencia, da conservación ou da beleza natural.

Artigo 3

Incumbirá a cada Estado na presente Convención identificar e delimitar os diversos bens situados no seu territorio e mencionados nos artículos 1 e 2.

II. PROTECCIÓN NACIONAL E PROTECCIÓN INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL

Artigo 4

Cada un dos Estados Partes na presente Convención recoñece que a obriga de identificar, protexer, conservar, rehabilitar e transmitir ás xeneracións futuras o patrimonio cultural e natural situado no seu territorio, incumbelle primordialmente. Procurará actuar con ese obxecto polo seu propio esforzo e ata o máximo dos recursos de que dispoña, e chegado o caso, mediante a asistencia e a cooperación internacionais de que se poida beneficiar, sobre todo nos aspectos financeiro, artístico, científico e técnico.

Artigo 5

Co obxecto de garantir unha protección e unha conservación eficaces e revalorizar o máis activamente posible o patrimonio cultural e natural situado no seu territorio e nas condicións adecuadas a cada país, cada un dos Estados Partes na presente Convención procurará dentro do posible:

a) Adoptar unha política xeral encamiñada a atribuir ó patrimonio cultural e natural unha función na vida colectiva e a integrar a protección dese patrimonio nos programas de planificación xeral.

b) Institutir no seu territorio, se non existen, un ou varios servicios de protección, conservación e revalorización do patrimonio cultural e natural, dotados dun persoal adecuado que dispoña de medios que lle permitan levar a cabo as tareas que lle incumban.

c) Desenvolver os estudios e a investigación científica e técnica e perfeccionar os métodos de intervención que permitan a un Estado facer fronte ós perigos que ameacen o seu patrimonio cultural e natural.

d) Adoptar as medidas xurídicas, científicas, técnicas, administrativas e financeiras adecuadas, para identificar, protexer, conservar, revalorizar e rehabilitar ese patrimonio; e

e) Facilitar a creación ou o desenvolvemento de centros naxionais ou rexionais de formación en materia de protección, conservación e revalorización do patrimonio cultural e natural e estimular a investigación científica neste campo.

Artigo 6

1. Respectando plenamente a soberanía dos Estados en cuios territorios se atope o patrimonio cultural e natural a que se refiren os artículos 1 e 2 e sen perxuicio dos dereitos reais previstos pola lexislación nacional sobre ese patrimonio, os Estados Partes na presente Convención recoñecen que constitue un patrimonio universal en cuia protección a comunidade internacional enteira ten o deber de cooperar.

2. Os Estados Partes obriganse, en consecuencia e de conformidade co disposto na presente Convención, a prestar o seu concurso para identificar, protexer, conservar e revalorizar o patrimonio cultural e natural de que trata o artículo 11, párrafos 2 e 4, se o pide o Estado en cuio territorio estea situado.

3. Cada un dos Estados Partes na presente Convención obrigase a non tomar deliberadamente ningunha medida que poida causar dano, directa ou indirectamente, ó patrimonio cultural e natural de que tratan os artículos 1 e 2 situado no territorio doutros Estados Partes nesta Convención.

Artigo 7

Para os fins da presente Convención, entendarase por protección internacional do patrimonio mundial cultural e natural o establecemento dun sistema de cooperación e asistencia internacional destinado a secundar aos Estados Partes na Convención nos esforzos que despreguen para conservar e identificar ese patrimonio.

III. COMITE INTERGOBERNAMENTAL DE PROTECCION DO PATRIMONIO MUNDIAL, CULTURAL E NATURAL

Artigo 8

1. Crease na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura un Comité intergobernamental de protección do patrimonio cultural e natural de valor universal excepcional, denominado "o Comité do Patrimonio Mundial". Estará composto de 15 Estados Partes na Convención, elixidos polos Estados Partes nela, constituidos en Asamblea Xeral durante as reunións ordinarias da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. O número de Estados Membros do Comité aumentarase ata 21, a partir da reunión ordinaria da Conferencia Xeral que siga á entrada en vigor da presente Convención en 40 ou máis Estados.

2. A elección dos membros do Comité garantirá a representación equitativa das diferentes rexións e culturas do mundo.

3. Ás sesións do Comité poderán asistir, con voz consultiva, un representante do Centro Internacional de estudios para a conservación e restauración dos bens culturais (Centro de Roma), un representante do Consello internacional de monumentos e lugares de interese artístico e histórico (ICOMOS) e un representante da Unión internacional para a conservación da naturaleza e os seus recursos (UICN), ós que se poderán engadir, a petición dos Estados Partes reunidos en Asamblea Xeral durante as reunións ordinarias da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, representantes doutras organizacións intergobernamentais ou non gobernamentais que teñan obxectivos semellantes.

Artigo 9

1. Os Estados Membros do Comité do patrimonio mundial deberán exercer o seu mandato desde que remate a reunión ordinaria da Conferencia Xeral na que foran elixidos ata a clausura da terceira reunion ordinaria seguinte.

2. Sen embargo, o mandato dun tercio dos membros designados na primera elección expirará ó fin da primeira reunión ordinaria da Conferencia Xeral seguinte a aquela na que se elixiran e o mandato dun segundo tercio dos membros designados ó mesmo tempo, expirará ó fin da segunda reunión ordinaria da Conferencia Xeral seguinte a aquela na que foran elixidos. Os nomes deses membros serán sorteados polo Presidente da Conferencia Xeral despois da primeira elección.

3. Os Estados Membros do Comité designarán, para que os representen nél, a persoas calificadas no campo do patrimonio cultural ou do patrimonio natural.

Artigo 10

1. O Comité do Patrimonio Mundial aprobará o seu regulamento.

2. O Comité poderá en todo momento invitar ás súas reunións a organismos publicos ou privados, asi como a persoas privadas, para consultarlles sobre cuestións determinadas.

3. O Comité poderá crear os órganos consultivos que considere necesarios para executar o seu labor.

Artigo 11

1. Cada un dos Estados Partes na presente Convención presentará ó Comité do Patrimonio Mundial, na medida do posible, un inventario dos bens do patrimonio cultural e natural situados no seu territorio e aptos para ser incliuidos na lista de que trata o párrafo 2 deste artigo. Este inventario, que non se considerará exhaustivo, habrá de conter documentación sobre o lugar en que esten situados os bens e sobre o interese que presenten.

2. A base dos inventarios presentados polos Estados segundo o disposto no párrafo 1, o Comité establecerá, levará ó día e publicará, co titulo de "Lista do patrimonio mundial", unha lista dos bens do patrimonio cultural e do patrimonio natural, tal como os definen os artigos 1 e 2 da presente Convención, que considere que posúan un valor universal excepcional seguindo os criterios que establecera. Unha lista revisada posta ó día distribuirá ó menos cada dous anos.

3. Será preciso o consentemento do estado interesado para inscribir un ben na Lista do patrimonio mundial. A inscripción dun ben situado nun territorio que sexa obxecto de reivindicación de soberanía ou de xurisdicción por parte de varios Estados non prexulgará nada sobre os dereitos das partes en litixio.

4. O Comité establecerá, levará ó día e publicará, cada vez que as circunstancias o esixan, co nome de "Lista do patrimonio mundial en perigo" unha lista dos bens que figuren na Lista do patrimonio mundial, cuia proteccion esixa grandes traballos de conservación para os cales se pedira axuda en virtude da presente Convención. Esta lista conterá unha estimación do custe das operacións. Só poderán figurar nesa lista os bens do patrimonio cultural e natural que estén ameazados por perigos graves e precisos como a ameaza de desaparición debida a un deterioro acelerado, proxectos de grandes obras públicas ou privadas, rápido desenvolvemento urbano e turístico, destrucción debida a cambios de utilización ou de propiedade da terra, alteracións profundas debidas a unha causa desconocida, abandono por calquer motivo, conflicto armado que estoupara ou ameace estoupar, catástrofes e cataclismos, incendios, terremotos, deslizamentos de terreo, erupcións volcánicas, modificacións do nivel das augas, inundacións e maremotos. O Comité poderá sempre, en caso de emerxencia, efectuar unha nova inscripción na Lista do patrimonio mundial en perigo e darlle unha difusión inmediata.

5. O Comité definirá os criterios que servirán de base para a inscripción dun ben do patrimonio cultural e natural nunha ou noutra das listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do presente artigo.

6. Antes de denegar unha petición de inscripción nunha das duas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do presente artigo, o Comité consultará co Estado Parte en cuio territorio esté situado o ben do patrimonio cultural ou natural de que se trate.

7. O Comité co acordo dos Estados interesados, coordinará e estimulará os estudios e as investigacións necesarios para constituir as listas a que se refiren os párrafos 2 e 4 do presente artigo.

Artigo 12

O feito de que un patrimonio cultural e natural non se inscribira nunha ou noutra das duas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do artigo 11 non significará en modo algun que non teña un valor universal excepcional para fins distintos dos que resultan da inscripción nestas listas.

Artigo 13

1. O Comité do Patrimonio Mundial recibirá e estudiará as peticións de asistencia internacional formuladas polos Estados Partes na presente Convención no que respecta ós bens do patrimonio cultural e natural situados nos seus territorios, que figuran ou son susceptibles de figurar nas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do artigo 11. Esas peticións poderán ter por obxecto a protección, a conservación, a revalorización ou a rehabilitación de ditos bens.

2. As peticións de axuda internacional, en aplicación do párrafo 1 do presente artigo, poderán ter tamén por obxecto a identificación dos bens do patrimonio cultural ou natural definidos nos artigos 1 e 2, cando as investigacióins preliminares demostraran que merecen ser proseguidas.

3. O Comité decidirá sobre esas peticións, determinará, chegado o caso, a índole e a importancia da súa axuda e autorizará a celebración no seu nome, dos acordos necesarios co Goberno interesado.

4. O Comité fixará a orde de prioridade das súas intervencións. Para iso terá en conta a importancia respectiva dos bens que se deban protexer para o patrimonio mundial cultural e natural, a necesidade de asegurar unha protección internacional ós bens máis representativos da naturaleza ou do xenio e a historia dos pobos do mundo, a urxencia dos traballos que se teñan que emprender, a importancia dos recursos dos Estados en cuio territorio se atopen os bens ameazados e en particular a medida en que poderán asegurar a salvagarda deses bens polos seus propios medios.

5. O Comité establecerá, porá ó día e difundirá unha lista dos bens para os que se prestara axuda internacional.

6. O Comité decidirá sobre a utilización dos recursos do Fondo creado en virtude do disposto no artigo 15 da presente Convención. Buscará a maneira de aumentar os recursos e tomará para iso as disposicións necesarias.

7. O Comité cooperará coas organizacións internacionais e nacionais gobernamentais e non gobernamentais, cuios obxectivos sexan análogos ós da presente Convención. Para elaborar os seus programas e executar os seus proxectos, o Comité poderá recurrir a esas organizacións e, en particular ó Centro internacional de estudios de conservación e restauración dos bens culturais (Centro de Roma), ó Consello internacional de monumentos e lugares de interese artístico e histórico (ICOMOS) ou á Unión Internacional para a conservación da naturaleza e os seus recursos (UICN), como tamén a organismos públicos e privados, e a particulares.

8. O Comité decidirá por maioría de dous tercios dos membros presentes e votantes. Constituirá quorum a maioría dos membros do Comité.

Artigo 14

1. O Comité do Patrimonio Mundial estará secundado por unha secretaría nomeada polo Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

2. O Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, utilizando o máis posible os servicios do Centro Internacional de estudios para a conservación e a restauración dos bens culturais (Centro Roma), do Consello Internacional de monumentos e de lugares de interese artístico e histórico (ICOMOS) e os da Unión Internacional para a Conservación da naturaleza e os seus recursos (UICN) dentro das súas competencias e das súas atribucións respectivas, preparará a documentación do Comité e a orde do día das súas reunións, e executará as súas decisións.

IV. FONDO PARA A PROTECCION DO PATRIMONIO MUNDIAL CULTURAL E NATURAL

Artigo 15

1. Crease un Fondo para a Protección do Patrimonio Cultural e Natural Mundial de Valor Universal Excepcional, denominado "o Fondo do Patrimonio Mundial".

2. O Fondo estará constituido como fondo fiduciario, de conformidade coas disposicións pertinentes do Regulamento Financieiro da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

3. Os recursos do Fondo estarán constituidos por:

a) As contribucións obrigatorias e as contribucións voluntarias dos Estados Partes na presente Convención.

b) As aportacións, donacións ou legados que poidan facer:

  • Outros Estados.
  • A Organización das Nacions Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, as demais organizacións do sistema das Nacións Unidas, especialmente o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e outras organizacións intergobernamentais.
  • Organismos públicos ou privados ou persoas privadas.

c) Todo interese producido polos recursos do Fondo.

d) O producto das colectas e as recaudacións das manifestacións organizadas en proveito do Fondo.

e) Todos os demais recursos autorizados polo Regulamento que elaborará o Comité do Patrimonio Mundial.

4. As contribucións ó Fondo e as demais formas de axuda que se presten ó Comité só se poderán dedicar ós fins fixados por él. O Comité poderá aceptar contribucións que deban ser destinadas a un determinado programa ou a un proxecto específico a condición de que él decidira poñer en práctica ese programa ou executar ese proxecto. As contribucións que se fagan ó fondo non han de estar supeditadas a condicións políticas.

Artigo 16

1. Sen perxuicio de calquera contribución voluntaria complementaria, os Estados Partes na presente Convención obriganse a ingresar normalmente, cada dous anos, no Fondo do Patrimonio Mundial, contribucións cuia cuantía en forma dunha porcentaxe única aplicable a todos os Estados decidirá a Asamblea Xeral dos Estados Partes na Convención, reunida durante a celebración da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Esa decisión da Asamblea Xeral requerirá a maioría dos Estados Partes presentes e votantes que non fixeran a declaración que menciona o párrafo 2 do presente artigo. A contribución obrigatoria dos Estados Partes na Convención non poderá exceder en ningún caso do 1% da contribución ó presuposto ordinario da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

2. Non obstante, calquera dos Estados a que se refire o artigo 31 ou o artigo 32 da presente Convención poderá, no momento de depositar o seu instrumento de ratificación, de aceptación ou de adhesión, declarar que non se considera obrigado polas disposicións do párrafo 1 do presente artigo.

3. Todo Estado Parte na Convención que formulara a declaración mencionada no párrafo 2 do presente artigo, poderá retirala en calquera momento, notificandollo ó Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. Sen embargo, o feito de retirar a declaración non producirá efecto algun respecto da contribución obrigatoria que adeude dito Estado ata a data da seguinte Aasemblea Xeral dos Estados Partes na Convención.

4. Para que o Comité esté en condicións de prever as súas operacións de maneira eficaz, as contribucións dos Estados Partes na presente Convención que fixeran a declaración de que trata o párrafo 2 do presente artigo habrán de ser entregadas dunha maneira regular, cada dous anos polo menos, e non deberán ser inferiores ás contribucións que tiveran que pagar se estiveran obrigados polas disposicións do párrafo 1 do presente artigo.

5. Todo Estado Parte na Convención que esté en retraso no pago da súa contribución obrigatoria ou voluntaria no que respecta ó ano en curso e ó ano civil inmediatamente anterior, non poderá ser elixido membro do Comité do Patrimonio Mundial, se ben esta disposición non será aplicable na primeira elección. Se tal Estado é xa membro do Comité non será aplicable na primeira elección. Se tal Estado é xa membro do Comité, o seu mandato extinguirase no momento en que se efectuen as eleccións previstas polo párrafo 1 do artigo 8 da presente Convención.

Artigo 17

Os Estados Partes na presente Convención considerarán ou favorecerán a creación de fundacións ou de asociacións nacionais públicas e privadas que teñan por obxecto estimular as liberalidades en favor da protección do patrimonio cultural e natural definido nos artigos 1 e 2 da presente Convención.

Artigo 18

Os Estados Partes na presente Convención prestarán o seu concurso ás campañas internacionais de colecta de fondos que se organicen en proveito do Fondo do Patrimonio Mundial baixo os auspicios da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.
Facilitarán as colectas feitas con este proposito polos organismos mencionados no párrafo 3 do artigo 15.

V. CONDICIÓNS E MODALIDADES DA ASISTENCIA INTERNACIONAL

Artigo 19

Todo Estado Parte na presente Convención poderá pedir asistencia internacional en favor dos bens do patrimonio cultural ou natural de valor universal excepcional situados no seu territorio. Unirá á súa petición os elementos de información e os documentos previstos no artigo 21 de que dispoña que o Comité necesite para tomar a súa decisión.

Artigo 20

Sen perxuicio das disposicións do párrafo 2 do artigo 13 do apartado c) do artigo 22 e do artigo 23, a asistencia internacional prevista pola presente Convención só se poderá conceder ós bens do patrimonio cultural e natural que o Comité do Patrimonio Mundial decidira ou decida facer figurar nunha ou nas dúas listas de que tratan os párrafos 2 e 4 do artigo 11.

Artigo 21

1. O Comité do Patrimonio Mundial determinará o procedemento de exame das peticións de asistencia internacional que estará chamado a prestar e indicará os elementos que deberá conter a petición que describirá a operación que se proxecte, os traballos necesarios, unha evaluación do seu custe, a súa urxencia e as razóns polas cales os recursos do Estado peticionario non lle permiten facer fronte á totalidade dos gastos. Sempre que sexa posible, as peticións apoiaranse nun dictame de expertos.

2. Por razón dos traballos que se poida ter que emprender, sen demora, o Comité examinará con preferencia as peticións que se presenten xustificadas por calamidades naturais ou por catástrofes. O Comité disporá para eses casos dun fondo de reserva.

3. Antes de tomar unha decisión, o Comité efectuará os estudios ou as consultas que estime necesarios.

Artigo 22

A asistencia do Comité do Patrimonio Mundial poderá tomar as formas seguintes:

a) Estudios sobre os problemas artísticos, científicos e técnicos que plantexan a protección, a conservación, a revalorización e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural definido nos párrafos 2 e 4 do artigo 11, da presente Convención.

b) Servicios de expertos, de técnicos e de man de obra cualificada para velar pola boa execución do proxecto aprobado.

c) Formación de especialistas de todos os niveis en materia de identificación, protección, conservación, revalorización, e rehabilitación do patrimonio cultural e natural.

d) Subministro de equipo que o Estado interesado non posúa ou non poda adquirir.

e) Préstamos a interese reducido, sen intereses ou reintegrables a longo prazo.

f) Concesión en casos excepcionais e especialmente motivados, de subvencións non reintegrables.

Artigo 23

O Comité do Patrimonio Mundial poderá tamén prestar asistencia internacional a centros nacionais ou rexionais de formación de especialistas de todos os grados en materia de identificación; protección, conservación, revalorización, e rehabilitación do patrimonio cultural e natural.

Artigo 24

Unha asistencia internacional moi importante só se poderá conceder despois dun estudio científico, económico e técnico detallado. Este estudio haberá de facer uso das técnicas máis avanzadas de protección, conservación, de revalorización e de rehabilitación do patrimonio cultural e natural e haberá de corresponder ós obxectivos da presente Convención. Haberá de buscar tamén a maneira de empregar racionamente os recursos disponibles no Estado interesado.

Artigo 25

O financiamento dos traballos necesarios non incumbirá, en principio, á comunidade internacional máis que parcialmente. A participación do Estado que reciba a asistencia internacional habrá de constituir unha parte cuantiosa da súa aportación a cada programa ou proxecto, salvo cando os seus recursos non llelo permitan.

Artigo 26

O Comité do Patrimonio Mundial e o Estado beneficiario definirán no acordo que concerten as condicións en que se levará a cabo un programa ou proxecto para o que se facilite asistencia internacional con arreglo ás disposicións desta Convención. Incumbirá ó Estado que reciba tal asistencia internacional seguir protexendo, conservando e revalorizando os bens así preservados, en cumprimento das condicións establecidas no acordo.

VI. PROGRAMAS EDUCATIVOS

Artigo 27

1. Os Estados Partes na presente Convención, por todos os medios apropiados, e sobre todo mediante programas de educación e de información, farán todo o posible por estimular nos seus pobos o respecto e o aprecio do patrimonio cultural e natural definido nos artigos 1 e 2 da presente Convención.

2. Obrigaranse a informar ampliamente ó público das ameazas que pesen sobre ese patrimonio e das actividades emprendidas en aplicación da presente Convención.

Artigo 28

Os Estados Partes na presente Convención, que reciban en virtude dela, unha asistencia internacional tomarán as medidas necesarias para facer que se coñeza a importancia dos bens que foran obxecto de asistencia e o papel que esta desempeñara.

Artigo 29

1. Os Estados Partes na presente Convención indicarán nos informes que presenten á Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, nas datas e na forma que esta determine, as disposicións lexislativas e regulamentarias, e as demáis medidas que tomaran para aplicar a presente Convención, asi como a experiencia que adquirisen neste campo.

2. Eses informes comunicaranse ó Comité do Patrimonio Mundial.

3. O Comité presentará un informe sobre os seus traballos en cada unha das reunións ordinarias da Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

VIII. CLAUSULAS FINAIS

Artigo 30

A presente Convención está redactada en árabe, español, francés, inglés e ruso, sendo os cinco textos igualmente idénticos.

Artigo 31

1. A presente Convención será sometida á ratificación ou á aceptación dos Estados Membros da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, de conformidade cos seus respectivos procedementos constitucionais.

2. Os instrumentos de ratificación ou de aceptación serán depositados en poder do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

Artigo 32

1. A presente Convención quedará aberta á adhesión de todos os Estados non membros da Organizaciíon das Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, invitados a adherirse a ela pola Conferencia Xeral da Organización.

2. A adhesión efectuarase depositando un instrumento de adhesión en poder do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

Artigo 33

A presente Convención entrará en vigor tres meses despois da data do depósito do vixésimo instrumento de ratificación, de aceptación ou de adhesión, pero só respecto dos Estados que depositaran os seus instrumentos respectivos de ratificación, de aceptación ou de adhesión nesa data ou anteriormente. Para os demáis Estados, entrará en vigor tres meses despois de efectuado o depósito do seu instrumento de ratificación, de aceptación ou de adhesión.

Artigo 34

Aos Estados Partes na presente Convención que teñan un sistema constitucional federal ou non unitario lles serán aplicables as disposicións seguintes:

a) No que respecta ás disposicións desta Convención cuia aplicación entrana unha acción lexislativa do poder lexislativo federal ou central, as obrigas do Goberno federal ou central serán as mesmas que as dos Estados Partes que non sexan Estados federais.

b) No que respecta ás disposicións desta Convención cuia aplicación dependa da acción lexislativa de cada un dos Estados, países, provincias ou cantóns constituintes, que en virtude do sistema constitucional da federación, non estén facultados para tomar medidas lexislativas, o Goberno federal comunicará esas disposicións, co seu dictame favorable, ás autoridades competentes dos Estados, países, provincias ou cantóns.

Artigo 35

1. Cada un dos Estados Partes na presente Convención terá a facultade de denunciala.

2. A denuncia notificarase por medio dun instrumento escrito, que se depositará en poder do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

3. A denuncia surtirá efecto doce meses despois da recepción do instrumento de denuncia. Non modificará en nada as obrigas financeiras que deba asumir o Estado denunciante ata a data en que a retirada sexa efectiva.

Artigo 36

O Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura informará ós Estados Membros da Organización, ós Estados non membros a que se refire o artigo 32, así como ás Nacións Unidas, do depósito de todos os instrumentos de ratificación, de aceptación ou de adhesión mencionados nos artigos 31 e 32, e das denuncias previstas no artigo 35.

Artigo 37

1. A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, poderá revisar a presente Convención. Pero esta revisión só obrigará ós Estados que cheguen a ser Partes na Convención revisada.

2. No caso de que a Conferencia Xeral aprobe unha nova Convención, que constitúa unha revisión total ou parcial da presente, e a menos que a nova Convención dispoña outra cousa, a presente Convención deixará de estar aberta á ratificación, á aceptación ou á adhesión, a partir da data de entrada en vigor da nova Convención revisada.

Artigo 38

En virtude do disposto no artigo 102 da Carta das Nacións Unidas, a presente Convención rexistrarase na Secretaría das Nacións Unidas a petición do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

 

Feito en París, neste día vintetrés de novembro de 1972, en dous exemplares auténticos que levan a firma do Presidente da Conferencia Xeral, na 17a. Reunión, e do Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para Educación, a Ciencia e a Cultura, que se depositarán nos arquivos da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura e cuias copias autenticadas entregaranse a todos os Estados a que se refiren os artigos 31 e 32, así como ás Nacións Unidas.

 

 

Declaración Universal dos Dereitos das Persoas

Nova York, 10 de decembro de 1948 
(Resolución 217 (III) da A. X. das Nacións Unidas)

Preámbulo

A liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana;

O descoñecemento e o menosprezo dos dereitos da persoa orixinaron actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade; proclamouse, como a aspiración máis elevada da persoa, o advento dun mundo no que os seres humanos, liberados do temor e da miseria, disfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas;

É esencial que os dereitos da persoa sexan protexidos por un réxime de dereito, co fin de que a persoa non se vexa compelida ó supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión;

É tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións amigables entre as nacións;

Os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais da persoa, na dignidade e o valor do ser humano e na igualdade de dereitos de homes e mulleres; declaráronse resoltos a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade;

Os estados membros comprometéronse a asegurar, en cooperación coa Organización das Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo ós dereitos e liberdades fundamentais da persoa; e

Unha concepción común destes dereitos e liberdades é da maior importancia para o pleno cumprimento de dito compromiso;

A Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos da Persoa como ideal común polo que tódolos pobos e nacións se deben esforzar, para que tanto os individuos coma as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, tanto entre os pobos dos estados membros coma entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdicción.

Artigo 1

Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.

Artigo 2

Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.

Ademais, non se fará ningunha distinción baseado na condición política, xurídica ou internacional do país ou territoiro da xurisdicción do cal dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente coma dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

Artigo 3

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.

Artigo 4

Ninguén estará sometido á escravitude nin a servidume; a escravitude e a trata de escravos está prohibida en tódalas súas maneiras.

Artigo 5

Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos e aldraxantes.

Artigo 6

Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó reconecemento da súa persoalidade xurídica.

Artigo 7

Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distinción, dereito á igual protección da lei. Todos teñen dereito á igual protección contra todo acto discriminatorio que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal acto.

Artigo 8

Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunais nacionais competentes, que a ampare contra os actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.

Artigo 9

Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.

Artigo 10

Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación contra ela en materia penal.

Artigo 11

1. Toda persoa acusada de delicto ten o dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen tódalas garantías precisas para a súa defensa.

2. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de se cometer non fosen delictivos segundo o dereito nacional ou internacional. Tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento de cometer o delicto.

Artigo 12

Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra estas inxerencias ou ataques.

Artigo 13

1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado. 
2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a voltar ó seu país.

Artigo 14

1. En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a disfrutar del, en calquera país. 
2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos comúns ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 15

1. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. 
2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade.

Artigo 16

1. Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito, sen ningunha restricción por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; disfrutarán de iguais dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio. 
2. Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o matrimonio. 
3. A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do estado.

Artigo 17

1. Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente. 
2. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.

Artigo 18

Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público coma en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.

Artigo 19

Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.

Artigo 20

1. Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación pacíficas. 
2. Ninguén poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación.

Artigo 21

1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos. 
2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país. 
3. A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que se haberán de celebrar periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou outro procedemento equivalente que garanta a liberdade de voto.

Artigo 22

Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social e a obter, mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional, habida conta da organización e os recursos de cada estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais indispensables á súa dignidade e ó libre desenvolvemento da súa personalidade.

Artigo 23

1. Toda persoa ten dereito ó traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego. 
2. Toda persoa ten dereito, sen ningunha discrminación, a igual salario por igual traballo. 
3. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outro medio de protección social. 
4. Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.

Artigo 24

Toda persoa ten dereito ó descanso, ó gozo do tempo libre, a unha limitación razoable da duración do traballo e a vacacións periódicas pagadas.

Artigo 25

1. Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais precisos; ten tamén dereito ós seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viúvez e vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. 
2. A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. Tódolos nenos e nenas, nacidos de matrimonio ou fóra do matrimonio, teñen dereito á mesma protección social.

Artigo 26

1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que atinxe á instrucción elemental e fundamental. A instrucción elemental será obrigatoria. A instrucción técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos. 
2. A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos da persoa e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre as nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos; promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz. 
3. Os pais teñen dereito preferente a escoller o tipo de educación que se haberá de dar ós seus fillos.

Artigo 27

1. Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten. 
2. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razóns das produccións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autor.

Artigo 28

Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan plenamente efectivos.

Artigo 29

1. Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, xa que só nela pode desenvolver  libre e plenamente a súa personalidade. 
2. No exercicio dos seus dereitos e no disfrute das súas liberdades, toda persoa estará soamente suxeita ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática. 
3. Estes dereitos e liberdades non poderán ser, en ningún caso, exercidos en oposición ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 30

Nada na presente Declaración poderá ser interpretado no sentido de que confire algún dereito ó estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración.


Fonte: Xulio Ríos. “Nacións Unidas, textos fundamentais”.
Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 1995.
Traducción ó Galego: María Benilda Castiñeira Souto.

 

 

Convención sobre a eliminación de todos os xeitos de discriminación da muller

 

Adoptada e aberta á sinatura, ou adhesión, pola Asemblea Xeral na súa resolución 34/1880, de 18 de decembro de 1979.

Entrada en vigor: 3 de setembro de 1981, de conformidade co artigo 27.

Os Estados Parte na presente Convención,

Consideran que a Carta das Nacións Unidas reafirma a fe nos dereitos humanos fundamentais, na dignidade e no valor da persoa humana e na igualdade de dereitos de homes e mulleres;

Consideran que a Declaración Universal de Dereitos Humanos reafirma o principio da non discriminación e proclama que todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e que toda persoa pode invocar todos os dereitos e liberdades proclamados nesa Declaración, sen distinción ningunha e, xa que logo, sen distinción de sexo;

Consideran que os Estados Parte nos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos teñen a obriga de lles garantir a homes e mulleres a igualdade no goce de todos os dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos;

Teñen en conta as convencións internacionais concertadas baixo os auspicios das Nacións Unidas e dos organismos especializados para favorecer a igualdade de dereitos entre o home e a muller;

Teñen en conta, así mesmo, as resolucións, declaracións e recomendacións aprobadas polas Nacións Unidas e polos organismos especializados para favorecer a igualdade de dereitos entre o home e a muller, preocupados, ó comprobar que a pesar destes diversos instrumentos as mulleres seguen a ser obxecto de importantes discriminacións;

Lembran que a discriminación contra a muller viola os principios da igualdade de dereitos e do respecto da dignidade humana, que dificulta a participación da muller, nas mesmas condicións có home, na vida política, social, económica e cultural do seu país, que constitúe un obstáculo para o aumento do benestar da sociedade e da familia e que entorpece o pleno desenvolvemento das posibilidades da muller para lle prestar servicio ó seu país e á humanidade;

Están preocupados polo feito de que en situacións de pobreza a muller ten un acceso mínimo á alimentación, saúde, ensino, capacitación e oportunidades de emprego, así como á satisfacción doutras necesidades;

Están convencidos de que o establecemento da nova orde económica internacional baseada na equidade e na xustiza contribuirá significativamente á promoción da igualdade entre o home e a muller;

Subliñan que a eliminación do Apartheid, de todos os xeitos de racismo, de discriminación racial, colonialismo, neocolonialismo, agresión, ocupación e dominación estranxeiras e da inxerencia nos asuntos internos dos Estados é indispensable para o goce cabal dos dereitos do home e da muller;

Afirman que o fortalecemento da paz e da seguridade internacional, o alivio da tensión internacional, a cooperación mutua entre todos os Estados con independencia dos seus sistemas sociais e económicos, o desarme xeral e completo, en particular o desarme nuclear baixo un control internacional estricto e efectivo, a afirmación dos principios da xustiza, a igualdade e o proveito mutuo nas relacións entre países e a realización do dereito dos pobos sometidos a dominación colonial e estranxeira ou a ocupación estranxeira á libre determinación e á independencia, así como o respecto da soberanía nacional e da integridade territorial, promoverán o progreso social e o desenvolvemento e, en consecuencia, contribuirán ó logro da plena igualdade do home e da muller.

Están convencidos de que a máxima participación da muller en todos os eidos, en igualdade de condicións có home, é indispensable para o desenvolvemento pleno e completo dun país, o benestar do mundo e a causa da paz.

Teñen presente a grande achega da muller ó benestar da familia e ó desenvolvemento da sociedade, ata o de agora non plenamente recoñecida, a importancia social da maternidade e a función tanto do pai coma da nai na familia e na educación dos fillos, e son conscientes de que o papel da muller na procreación non debe de ser causa de discriminación, senón que a educación dos nenos esixe a responsabilidade compartida entre homes e mulleres e da sociedade no seu conxunto.

Recoñecen que para lograr a plena igualdade entre o home e a muller é necesario modificar o papel tradicional tanto do home coma da muller na sociedade e na familia.

Están decididos a aplicar os principios enunciados na Declaración sobre a eliminación da discriminación contra a muller e, para iso, a adoptar as medidas necesarias para suprimir esta discriminación en todas as súas formas e manifestacións.

Xa que logo, acordan o seguinte:

Parte I

Artigo 1

Ós efectos da presente Convención, a expresión "discriminación contra a muller" denotará toda distinción, exclusión ou restricción baseada no sexo que teña por obxecto ou resultado menoscabar ou anular o recoñecemento, goce ou exercicio por parte da muller, independentemente do seu estado civil, sobre a base da igualdade do home e da muller, dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais nos eidos político, económico, social, cultural e civil ou en calquera outro eido.

Artigo 2

Os Estados Parte condenan a discriminación contra a muller en todas as súas formas, conveñen en seguir, por todos os medios axeitados e sen dilacións, unha política encamiñada a eliminar a discriminación contra a muller, e con tal obxecto comprométense a:

a) Consagrar, se aínda non o fixeron, nas súas constitucións nacionais e en calquera outra lexislación apropiada o principio da igualdade do home e da muller e asegurar por lei ou outros medios apropiados a realización práctica dese principio;

b) Adoptar medidas axeitadas, lexislativas e doutro carácter, coas sancións correspondentes, que prohiban toda discriminación contra a muller;

c) Establecer a protección xurídica dos dereitos da muller sobre unha base de igualdade cos do home e garantir, por conducto dos tribunais competentes e doutras institucións públicas, a protección efectiva da muller contra todo acto de discriminación;

d) Absterse de incorrer en todo acto ou práctica de discriminación contra a muller, e velar porque as autoridades e institucións públicas actúen de conformidade con esta obriga;

e) Tomar todas as medidas axeitadas para eliminar a discriminación contra a muller practicada por calquera persoa, organización ou empresa;

f) Adoptar todas as medidas axeitadas, incluso de carácter lexislativo, para modificar ou derrogar leis, regulamentos, usos e prácticas que constitúan discriminación contra a muller;

g) Derrogar todas as disposicións penais nacionais que constitúan discriminación contra a muller.

Artigo 3

Os Estados Parte tomarán en todos os eidos, en particular nos eidos político, social, económico e cultural todas as medidas axeitadas, incluso de carácter lexislativo, para asegurar o pleno desenvolvemento da muller, co obxecto de lle garantir o exercicio e o goce dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais en igualdade de condicións có home.

Artigo 4

1. Se os Estados Parte adoptan medidas especiais de carácter temporal orientadas a acelerar a igualdade de feito entre o home e a muller non se considerarán discriminación no xeito definido na presente Convención, pero de ningún xeito entrañarán, como consecuencia, o mantemento de normas desiguais ou separadas; estas medidas cesarán cando se acadasen os obxectivos de igualdade de oportunidade e trato.

2. Se os Estados Parte adoptan medidas especiais, incluso as contidas na presente convención, orientadas a protexer a maternidade, non se considerarán discriminatorias.

Artigo 5

Os Estado Parte tomarán todas as medidas axeitadas para:

a) Modificar os patróns socioculturais de conducta de homes e mulleres, con miras a acadar a eliminación dos prexuízos e as prácticas consuetudinarias e de calquera outra índole que estean baseadas na idea da inferioridade ou superioridade de calquera dos sexos ou en funcións estereotipadas de homes e mulleres;

b) Garantir que a educación familiar inclúa unha comprensión axeitada da maternidade como función social e o recoñecemento da responsabilidade común de homes e mulleres en canto á educación e ó desenvolvemento dos seus fillos, na intelixencia de que o interese dos fillos constituirá a consideración primordial en todos os casos.

Artigo 6

Os Estados Parte tomarán todas as medidas axeitadas, incluso de carácter lexislativo, para suprimir todos os xeitos de trata de mulleres e explotación da prostitución da muller.

Parte II

Artigo 7

Os Estados Parte tomarán todas as medidas axeitadas para eliminar a discriminación contra a muller na vida política e pública do país, e, en particular garantiranlles ás mulleres, en igualdade de condicións cós homes, o dereito a:

a) Votar en todas as eleccións e referendos públicos e ser elixibles para todos os organismos dos que os seus membros sexan obxecto de eleccións públicas.

b) Participar na formulación das políticas gobernamentais e na execución destas, ocupar cargos públicos e exercer todas as funcións públicas en todos os planos gobernamentais;

c) Participar en organizacións e en asociacións non gobernamentais que se ocupen da vida pública e política do país.

Artigo 8

1. Os Estados Parte outorgaranlles ás mulleres iguais dereitos ca ós homes para adquirir, cambiar ou conservar a súa nacionalidade. Garantirán, en particular, que nin o matrimonio cun estranxeiro nin o cambio de nacionalidade do marido durante o matrimonio cambien automaticamente a nacionalidade da esposa, a convertan en apátrida ou a obriguen a adoptar a nacionalidade do cónxuxe.

2. Os Estados Parte outorgaranlle á muller os mesmos dereitos ca ó home con respecto á nacionalidade dos seus fillos.

Parte III

Artigo 10

Os Estados Parte adoptarán todas as medidas apropiadas para eliminar a discriminación contra a muller, a fin de lle asegurar a igualdade de dereitos co home na esfera do ensino e en particular para asegurar, en condicións de igualdade entre homes e mulleres:

a) As mesmas condicións de orientación en materia de carreiras e capacitación profesional, acceso ós estudios e obtención de diplomas nas institucións de ensino de todas as categorías, tanto nas zonas rurais coma nas urbanas; esta igualdade deberá asegurarse no ensino preescolar, xeral, técnico, profesional e técnico superior, así como en todos os tipos de capacitación profesional;

b) Acceso ós mesmos programas de estudios, ós mesmos exames, a persoal docente do mesmo nivel profesional e a locais e equipos escolares da mesma calidade;

c) A eliminación de todo concepto estereotipado dos papeis masculino e feminino en todos os niveis e en todas as formas de ensino, mediante o estímulo do ensino mixto e doutros tipos de ensino que contribúan a lograr este obxectivo e, en particular, mediante a modificación dos libros e programas escolares e a adaptación dos métodos de ensino;

d) As mesmas oportunidades para obter bolsas e outras subvencións para cursar estudios;

e) As mesmas oportunidades de acceso ós programas de ensino permanente, incluídos os programas de alfabetización funcional e de adultos, con miras, en particular, a reducir, o antes posible, toda diferencia de coñecementos que exista entre homes e mulleres;

f) A reducción da taxa de abandono feminino dos estudios e a organización de programas para aquelas mozas e mulleres que deixasen os estudios prematuramente;

g) As mesmas oportunidades para participar activamente no deporte e na educación física;

h) Acceso ó material informativo específico que contribúa a asegurar a saúde e o benestar da familia, incluída a información e o asesoramento sobre planificación da familia.

Artigo 11

1. Os estados Parte adoptarán todas as medidas apropiadas para eliminar a discriminación contra a muller na esfera do emprego a fin de lle asegurar á muller, en condicións de igualdade cos homes, os mesmos dereitos, en particular:

a) O dereito ó traballo como dereito inalienable de todo ser humano;

b) O dereito ás mesmas oportunidades de emprego, inclusive á aplicación dos mesmos criterios de selección nas cuestións de emprego;

c) O dereito a elixir libremente profesión e emprego, o dereito ó ascenso, á estabilidade no emprego e a todas as prestacións e outras condicións de servicio, e o dereito á formación profesional e ó readestramento, incluído a aprendizaxe, a formación profesional superior e o adestramento periódico;

d )O dereito a igual remuneración, inclusive prestacións, e a igualdade de trato con respecto a un traballo de igual valor, así como a igualdade de trato con respecto á avaliación da calidade do traballo;

e) O dereito á seguridade social, en particular en casos de xubilación, desemprego, enfermidade, invalidez, vellez ou outra incapacidade para traballar, así como o dereito a vacacións pagadas;

f) O dereito á protección da saúde e á seguridade nas condicións de traballo, incluso a salvagarda da función de reproducción.

2. A fin de impedir a discriminación contra a muller por razóns de matrimonio ou maternidade e asegurar a efectividade do seu dereito a traballar, os Estados Parte tomarán medidas adecuadas para:

a) Prohibir, baixo pena de sancións, o despido por motivo de embarazo ou licencia de maternidade e a discriminación nos despidos sobre a base do estado civil;

b) Implantar a licencia de maternidade con soldo pagado ou con prestacións sociais comparables sen perda do emprego previo, a antigüidade ou os beneficios sociais;

c) Alentar a subministración dos servicios sociais de apoio necesarios para permitir que os pais combinen as súas obrigas para coa súa familia coas responsabilidades do traballo e a participación na vida pública, especialmente mediante o fomento da creación e desenvolvemento dunha rede de servicios destinados ó coidado dos nenos;

d) Prestarlle protección especial á muller durante o embarazo nos tipos de traballos nos que se probase que puidesen ser prexudiciais para ela.

3. A lexislación protectora relacionada coas cuestións comprendidas neste artigo será examinada periodicamente á luz dos coñecementos científicos e tecnolóxicos e será revisada, derrogada ou ampliada segundo corresponda.

Artigo 12

1. Os Estados Parte adoptarán todas as medidas apropiadas para eliminar a discriminación contra a muller na esfera da atención médica a fin de asegurar, en condicións de igualdade entre homes e mulleres, o acceso ós servicios de atención médica, inclusive os que se refiren á planificación da familia.

2. Sen prexuízo do exposto no parágrafo 1 supra, os Estados Parte garantiranlle á muller servicios apropiados en relación co embarazo, o parto e o período posterior ó parto, proporcionando servicios gratuítos cando cumprise, e aseguraranlle unha nutrición adecuada durante o embarazo e a lactancia.

Artigo 13

Os Estados Parte adoptarán todas as medidas apropiadas para eliminar a discriminación contra a muller noutras esferas da vida económica e social a fin de asegurar, en condicións de igualdade entre homes e mulleres, os mesmos dereitos, en particular:

a) O dereito a prestacións familiares;

b) O dereito a obter empréstitos bancarios, hipotecas e outros xeitos de crédito financeiro;

c) O dereito a participar en actividades de lecer, deportes e en todos os aspectos da vida cultural.

Artigo 14

1. Os Estados Parte terán en conta os problemas especiais ós que lle fai fronte a muller rural e o importante papel que desempeña na supervivencia económica da súa familia, incluído o seu traballo nos sectores non monetarios da economía, e tomarán todas as medidas apropiadas para asegurar a aplicación das disposicións da presente Convención á muller nas zonas rurais.

2. Os Estados Parte adoptarán todas as medidas apropiadas para eliminar a discriminación contra a muller nas zonas rurais a fin de asegurar, en condicións de igualdade entre homes e mulleres, a súa participación no desenvolvemento rural e nos seus beneficios, e en particular aseguraranlle o dereito a:

a) Participar na elaboración e execución dos planos de desenvolvemento a todos os niveis;

b) Ter acceso ós servicios adecuados de atención médica, inclusive información, asesoramento e servicios en materia de planificación da familia;

c) Beneficiarse directamente dos programas de seguridade social;

d) Obter todos os tipos de educación e de formación académica e non académica, incluídos os relacionados coa alfabetización funcional, así como, entre outros, os beneficios de todos os servicios comunitarios e de divulgación a fin de aumentar a súa capacidade técnica;

e) Organizar grupos de autoaxuda e cooperativas a fin de obter igualdade de acceso ás oportunidades económicas mediante o emprego por conta propia ou por conta allea;

f) Participar en todas as actividades comunitarias;

g) Obter acceso ós créditos e préstamos agrícolas, ós servicios de comercialización e ás tecnoloxías apropiadas e recibir un trato igual nos planos de reforma agraria e de reasentamento;

h) Gozar de condicións de vida adecuadas, particularmente nas esferas da vivenda, os servicios sanitarios, a electricidade e o abastecemento de auga, o transporte e as comunicacións.

Parte IV

Artigo 15

1. Os Estados Parte recoñeceranlle á muller a igualdade co home ante a lei.

2. Os Estados Parte recoñeceránlle á muller, en materias civís, unha capacidade xurídica idéntica á do home e as mesmas oportunidades para o exercicio desa capacidade. En particular, recoñeceranlle á muller iguais dereitos para asinar contratos e administrar bens e dispensaranlle un trato igual en todas as etapas do procedemento nas cortes de xustiza e os tribunais.

3. Os Estados Parte conveñen en que todo contrato ou calquera outro instrumento privado con efecto xurídico que tenda a limitar a capacidade xurídica da muller será considerado nulo.

4. Os Estados Parte recoñeceranlles ó home e á muller os mesmos dereitos con respecto á lexislación relativa ó dereito das persoas a circular libremente e á liberdade para elixir a súa residencia e domicilio.

Artigo 16

1. Os Estados Parte adoptarán todas as medidas adecuadas para eliminar a discriminación contra a muller en todos os asuntos relacionados co matrimonio e as relacións familiares e, en particular, asegurarán en condicións de igualdade entre homes e mulleres:

a) O mesmo dereito para contraer matrimonio;

b) O mesmo dereito para elixir libremente cónxuxe e contraer matrimonio só polo seu libre albedrío e o seu pleno consentimento;

c) Os mesmos dereitos e responsabilidades durante o matrimonio e con ocasión da súa disolución;

d) Os mesmos dereitos e responsabilidades como proxenitores, calquera que sexa o seu estado civil, en materias relacionadas cos seus fillos; en todos os casos, os intereses dos fillos serán a consideración primordial;

e) Os mesmos dereitos a decidir libre e responsablemente o número dos seus fillos e o intervalo entre os nacementos e a ter acceso á información, á educación e ós medios que lles permitan exercer estes dereitos;

f) Os mesmos dereitos e responsabilidades respecto da tutela, curadoría, custodia e adopción dos fillos, ou institucións análogas cando queira que estes conceptos existan na lexislación nacional; en todos os casos, os intereses dos fillos serán a consideración primordial;

g) Os mesmos dereitos persoais como marido e muller, entre eles o dereito a elixir apelido, profesión e ocupación;

h) Os mesmos dereitos a cada un dos cónxuxes en materia de propiedade, compras, xestión, administración, goce e disposición de bens, tanto a título gratuíto coma oneroso.

2. Non terán ningún efecto xurídico os esponsais e o matrimonio de nenos e adoptaranse todas as medidas necesarias, incluso de carácter lexislativo, para fixar unha idade mínima para celebrar o matrimonio e facer obrigatoria a inscrición do matrimonio nun rexistro oficial.

Parte V

Artigo 17

1. Co fin de examinar os progresos realizados na aplicación da presente Convención, establecerase un Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (denominado de agora en diante o Comité) composto, no momento da entrada en vigor da Convención, de dezaoito e, despois da súa ratificación ou adhesión polo trixésimo quinto Estado Parte, de vintetrés expertos de gran prestixio moral e competencia na esfera abarcada pola Convención. Os expertos serán elixidos polos Estados Parte entre os seus nacionais e exercerán as súas funcións a título persoal; terase en conta unha distribución xeográfica equitativa e a representación das diferentes formas de civilización, así como os principais sistemas xurídicos.

2. Os membros do Comité serán elixidos en votación secreta dunha lista de persoas designadas polos Estados Parte. Cada un dos Estados Parte poderá designar unha persoa entre os seus propios nacionais.

3. A elección inicial celebrarase seis meses despois da data da entrada en vigor da presente Convención. Polo menos tres meses antes da data de cada elección, o Secretario Xeral das Nacións Unidas dirixirálles unha carta ós Estados Parte incitándoos a presentar as súas candidaturas nun prazo de dous meses. O secretario Xeral preparará unha lista por orde alfabética de todas as persoas designadas deste modo, indicando os Estados Parte que as designaron, e comunicaralla ós Estados Parte.

4. Os membros do Comité serán elixidos nunha reunión dos Estados Parte que será convocada polo Secretario e celebrarase na Sede das Nacións Unidas. Nesta reunión, para a cal formarán quórum dous tercios dos Estados Parte, consideraranse elixidos para o Comité os candidatos que obteñan o maior número de votos e a maioría absoluta dos votos dos representantes dos Estados Parte presentes e votantes.

5. Os membros do Comité serán elixidos por catro anos. Non obstante, o mandato de nove dos membros elixidos na primeira elección expirará ó cabo de dous anos; inmediatamente despois da primeira elección o Presidente do Comité designará por sorteo os nomes deses nove membros.

6. A elección dos cinco membros adicionais do Comité celebrarase de conformidade co disposto nos parágrafos 2, 3 e 4 do presente artigo, despois de que o trixésimo quinto Estado Parte ratificase a Convención ou se adherise a ela. O mandato de dous dos membros adicionais elixidos nesta ocasión, que designará por sorteo o Presidente do Comité, expirará ó cabo de dous anos.

7. Para cubrir as vacantes imprevistas, o Estado Parte do que o experto cesase nas súas funcións como membro do Comité designará entre os dous nacionais outro experto a reserva da aprobación do Comité.

8. Os membros do Comité, previa aprobación da Asemblea Xeral, percibirán emolumentos dos fondos das Nacións Unidas no xeito e condicións que a Asemblea determine, tendo en conta a importancia das funcións do Comité.

9. O Secretario Xeral das Nacións Unidas proporcionará o persoal e os servicios necesarios para o desempeño eficaz das funcións do Comité en virtude da presente Convención.

Artigo 18

1. Os Estados Parte comprométense a someter ó Secretario Xeral das Nacións Unidas, para que o examine o Comité, un informe sobre as medidas lexislativas, xudiciais, administrativas ou doutra índole que fosen adoptadas para facer efectivas as disposicións da presente Convención e sobre os progresos realizados neste senso:

a) No prazo dun ano a partir da entrada en vigor da Convención para o Estado do que se trate;

b) No sucesivo polo menos cada catro anos e, ademais, cando o Comité o solicite.

2. Poderanse indicar nos informes os factores e as dificultades que afecten ó grao de cumprimento das obrigas impostas pola presente Convención.

Artigo 19

1. O Comité aprobará o seu propio regulamento.

2. O Comité elixirá a súa Mesa por un período de dous anos.

Artigo 20

1. O Comité reunirase normalmente todos os anos por un período que non exceda de dúas semanas para examinar os informes que se lle presenten, de conformidade co artigo 18 da presente Convención.

2. As reunións do Comité celebraranse normalmente na Sede das Nacións Unidas ou en calquera outro sitio conveniente que determine o Comité.

Artigo 21

1. O Comité, por conducto do Consello Económico e Social, informará anualmente á Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre as súas actividades e poderá facer suxestións e recomendacións de carácter xeral baseadas no exame dos informes e dos datos transmitidos polos Estados Parte. Estas suxestións e recomendacións de carácter xeral incluiranse no informe do Comité xunto coas observacións, se as houbese, dos Estados Parte.

2. O Secretario Xeral das Nacións Unidas transmitirá os informes do Comité á Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller para a súa información.

Artigo 22

Os organismos especializados terán dereito a estar representados no exame da aplicación das disposicións da presente Convención que corresponden á esfera das actividades. O Comité poderá invitar ós organismos especializados a que presenten informes sobre a aplicación da Convención nas áreas que lle correspondan á esfera das súas actividades.

Parte VI

Artigo 23

Nada do disposto na presente Convención lle afectará a disposición ningunha que sexa máis conducente ó logro da igualdade entre homes e mulleres e que poida formar parte de:

a) A lexislación dun Estado Parte; ou

b) Calquera outra convención, tratado ou acordo Internacional vixente nese Estado.

Artigo 24

Os Estados Parte comprométense a adoptar todas as medidas necesarias no ámbito nacional para acadar a plena realización dos dereitos recoñecidos na presente Convención .

Artigo 25

1. A presente Convención estará aberta á sinatura de todos os Estados.

2. Desígnase o Secretario Xeral das Nacións Unidas como depositario da presente Convención.

3. A presente Convención está suxeita á ratificación. Os instrumentos de ratificación depositaranse en poder do Secretario Xeral de Nacións Unidas.

4. A presente Convención estará aberta á adhesión de todos os Estados. A adhesión efectuarase depositando un instrumento de adhesión en poder do Secretario Xeral de Nacións Unidas.

Artigo 26

1. En calquera momento, calquera dos Estados Parte poderá formular unha solicitude de revisión da presente Convención mediante comunicación escrita dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas.

2. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidirá as medidas que, en caso necesario, se teñan que adoptar no que respecta a esa solicitude.

Artigo 27

1. A presente Convención entrará en vigor o trixésimo día a partir da data en que fose depositado en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas o vixésimo instrumento de ratificación ou adhesión.

2. Para cada Estado que ratifique a Convención ou se adhira a ela despois de ser depositado o vixésimo instrumento de ratificación ou de adhesión, a Convención entrará en vigor o trixésimo día a partir da data na que tal Estado depositase o seu instrumento de ratificación ou de adhesión.

Artigo 28

1. O Secretario Xeral das Nacións Unidas recibirá e comunicaralles a todos os Estados o texto das reservas formuladas polos Estados no momento da ratificación ou da adhesión.

2. Non se aceptará ningunha reserva incompatible co obxecto e o propósito da presente Convención.

3. Toda reserva poderá ser retirada en calquera momento por medio dunha notificación a estes efectos dirixidá ó Secretario Xeral das Nacións Unidas e informarase a todos os Estados. Esta notificación terá efecto na data da súa recepción.

Artigo 29

1. Toda controversia que xurda entre dous ou máis Estados Parte con respecto á interpretación ou aplicación da presente Convención que non se solucione mediante negociacións someterase á arbitraxe a petición dun deles. Se no prazo de seis meses contados a partir da data de presentación de solicitude de arbitraxe as partes non conseguen poñerse de acordo sobre a forma do mesmo, calquera das partes poderá someter a controversia á Corte Internacional de Xustiza, mediante unha solicitude presentada de conformidade co estatuto da Corte.

2. Todo Estado Parte no momento de asinar ou ratificar a presente Convención ou de adherirse á mesma, poderá declarar que non se considera obrigado polo parágrafo 1 do presente artigo. Os demais Estados Parte non estarán obrigados por ese parágrafo ante ningún Estado Parte que formulase esa reserva.

3. Todo Estado Parte que formulase a reserva prevista no parágrafo 2 do presente artigo poderá retirala en calquera momento notificándollo ó Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 30

A presente Convención, da que os textos en árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso son igualmente auténticos, depositarase no poder do Secretario Xeral da ONU.

En testemuño do cal, os infraescritos, debidamente autorizados, asinan a presente Convención.

 

Convención para a Prevención e a Sanción do Delicto de Xenocidio

Adoptada e aberta a firma e ratificación, ou adhesión, pola Asemblea Xeral na súa resolución 260 A (III), de 9 de decembro de 1948.

Entrada en vigor: 12 de xaneiro de 1951, de conformidade co artigo XIII.

As Partes Contratantes,

Considerando que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, pola súa resolución 96 (I) de 11 de decembro de 1946, declarou que o xenocidio é un delicto de dereito internacional contrario ó espírito e os fins das Nacións Unidas e que o mundo civilizado condena,

Recoñecendo que en tódolos períodos da historia o xenocidio infrinxiu grandes perdas á humanidade,

Convencidas de que para libera-la humanidade dun flaxelo tan odioso necesítase a cooperación internacional,

Conveñen no seguinte:

Artigo I

As Partes contratantes confirman que o xenocidio, xa sexa cometido en tempo de paz ou en tempo de guerra, é un delicto de dereito internacional que elas se comprometen a previr e a sancionar.

Artigo II

Na presente Convención, enténdese por xenocidio calquera dos actos mencionados a continuación, perpetrados coa intención de destruír, total ou parcialmente, a un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso, como tal:

a) Matanza de membros do grupo;

b) Lesión grave á integridade física ou mental dos membros do grupo;

c) Sometemento intencional do grupo a condicións de existencia que motivasen a súa destrucción física, total ou parcial;

d) Medidas destinadas a impedi-los nacementos no seno do grupo;

e) Traslado por forza de nenos do grupo a outro grupo.

Artigo III

Serán castigados os actos seguintes:

a) O xenocidio;

b) A asociación para cometer xenocidio;

c) A instigación directa e pública a cometer xenocidio;

d) A tentativa de xenocidio;

e) A complicidade no xenocidio.

Artigo IV

As persoas que cometeran xenocidio ou calquera dos outros actos enumerados no artigo III, serán castigadas, xa se trate de gobernantes, funcionarios ou particulares.

Artigo V

As Partes contratantes comprométense a adoptar conforme a súas Constitucións respectivas, as medidas lexislativas necesarias para asegura-la aplicación das disposicións da presente Convención, e especialmente a establecer sancións penais eficaces para castigar ás persoas culpables de xenocidio ou de calquera outro dos actos enumerados no artigo III.

Artigo VI

As persoas acusadas de xenocidio ou de calquera dos actos enumerados no artigo III, serán xulgadas por un tribunal competente do Estado no cal onde o acto foi cometido no seu territorio, ou ante a corte penal internacional que sexa competente respecto a aquelas das Partes contratantes que recoñeceran a súa xurisdicción.

Artigo VII

Ós efectos de extradición, o xenocidio e os outros actos enumerados no artigo III non serán considerados como delictos políticos.

As Partes contratantes comprométense, en tal caso, a concede-la extradición conforme a súa lexislación e ós tratados vixentes.

Artigo VIII

Toda Parte contratante pode recorrer ós órganos competentes das Nacións Unidas a fin de que estes tomen, conforme á Carta das Nacións Unidas, as medidas que xulguen apropiadas para a prevención e a represión de actos de xenocidio, ou de calquera dos outros actos enumerados no artigo III.

Artigo IX

As controversias entre as Partes contratantes, relativas á interpretación, aplicación ou execución da presente Convención, incluso as relativas á responsabilidade dun Estado en materia de xenocidio ou en materia de calquera dos outros actos enumerados no artigo III, serán sometidas á Corte Internacional de Xustiza a petición dunha das Partes na controversia.

Artigo X

A presente Convención, nos seus textos en: inglés, chino, español, francés e ruso –todos igualmente válidos–, levará a data do 9 de decembro de 1948.

Artigo XI

A presente Convención estará aberta ata o 31 de decembro de 1949 á firma de tódolos Estados membros das Nacións Unidas e de tódolos Estados non membros a quen a Asemblea Xeral dirixira unha invitación a este afecto.

A presente Convención será ratificada e os apeiros de ratificación serán depositados na Secretaría Xeral das Nacións Unidas.

A partir do 1? de xaneiro de 1950, será posible adherir á presente Convención no nome de todo Estado non membro que recibira a invitación arriba mencionada.

Os apeiros de adhesión serán depositados na Secretaría Xeral das Nacións Unidas.

Artigo XII

Toda Parte contratante poderá, en todo momento, por notificación dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas, estende-la aplicación da presente Convención a tódolos territorios ou a un calquera dos territorios dos que é responsable das súas relacións exteriores.

Artigo XIII

Na data na que foron depositados os vinte primeiros apeiros de ratificación ou de adhesión, o Secretario Xeral levantará unha acta e transmitirá copia de dita acta a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e ós Estados non membros a que se fai referencia no artigo XI.

A presente Convención entrará en vigor o nonaxésimo día despois da data na que se faga o depósito do vixésimo apeiro de ratificación apeiro de ratificación ou de adhesión.

Toda ratificación ou adhesión efectuada posteriormente á derradeira data terá efecto o nonaxésimo día despois da data na que se faga o depósito do apeiro de ratificación ou de adhesión.

Artigo XIV

A presente Convención terá unha duración de dez anos a partir da súa entrada en vigor.

Permanecerá despois en vigor por un período de cinco anos; e desta maneira sucesivamente, respecto das Partes contratantes que non a denunciaran polo menos seis meses antes da expiración do prazo.

A denuncia farase por notificación dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo XV

Se, como resultado de denuncias, o número das Partes na presente Convención redúcese a menos de dezaseis, a Convención cesará de estar en vigor a partir da data na que a derradeira desas denuncias teña efecto.

Artigo XVI

Unha demanda de revisión da presente Convención poderá ser formulada en calquera tempo por calquera das Partes contratantes, por medio de notificación escrita dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas.

A Asemblea Xeral decidirá respecto ás medidas que deban tomarse, se houbera lugar, respecto a tal demanda.

Artigo XVII

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e ós Estados non membros a que se fai referencia no artigo XI:

  • As firmas, ratificacións e adhesións recibidas en aplicación do artigo XI;
  • As notificacións recibidas en aplicación do artigo XII;
  • A data na que a presente Convención entrará en vigor en aplicación do artigo XIII;
  • As denuncias recibidas en aplicación do artigo XIV;
  • A abrogación da Convención, en aplicación do artigo XV;
  • As notificacións recibidas en aplicación do artigo XVI.

Artigo XVIII

O orixinal da presente Convención será depositado nos arquivos das Nacións Unidas.

Unha copia certificada será dirixida a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e ós Estados non membros a que se fai referencia no artigo XI.

Artigo XIX

A presente Convención será rexistrada polo Secretario Xeral das Nacións Unidas na data da súa entrada en vigor.

 

Convención sobre os Dereitos do Neno

Adoptada e aberta a firma e ratificación pola Asemblea Xeral na súa resolución 44/25 de 20 de novembro de 1989.

Entrada en vigor: 2 de setembro de 1990, de conformidade co artigo 49.

Preámbulo.

Os Estados Parte na presente Convención,

Considerando que, de conformidade cos principios proclamados na Carta das Nacións Unidas, a liberdade, a xustiza e a paz no mundo baséanse no recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana,

Tendo presente que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home e na dignidade e o valor da persoa humana, e que decidiron promover o progreso social e elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade,

Recoñecendo que as Nacións Unidas proclamaron e acordaron na Declaración Universal de Dereitos Humanos e nos pactos internacionais de dereitos humanos, que toda persoa ten tódolos dereitos e liberdades enunciados neles, sen distinción algunha, por motivos de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición,

Recordando que na Declaración Universal de Dereitos Humanos as Nacións Unidas proclamaron que a infancia ten dereito a coidados e asistencia especiais,

Convencidos de que a familia, como grupo fundamental da sociedade e medio natural para o crecemento e benestar de tódolos membros, e en particular dos nenos, debe recibir protección e asistencia necesarias para poder asumir plenamente as súas responsabilidades dentro da comunidade,

Recoñecendo que o neno, para o pleno e harmonioso desenrolo da súa personalidade, debe medrar no seo dunha familia, nun ambiente de felicidade, amor e comprensión,

Considerando que o neno debe estar plenamente preparada para unha vida independente na sociedade e ser educado no espírito dos ideais proclamados na Carta das Nacións Unidas e, en particular, en un espírito de paz, dignidade, tolerancia, liberdade, igualdade e solidariedade,

Tendo presente que a necesidade de proporcionar o neno unha protección especial foi enunciada na Declaración de Xenebra de 1924 sobre os Dereitos do Neno adoptada pola Asemblea Xeral o 20 de novembro de 1959, e recoñecida na Declaración Universal de Dereitos Humanos, no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (en particular nos artigos 23 e 24), no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (en particular no artigo 10) e nos estatutos e instrumentos pertinentes dos organismos especializados e das organizacións internacionais que se interesan no benestar do neno,

Tendo presente que, como se indica na Declaración de Dereitos do Neno, ?o neno pola súa falta de madurez física e mental, necesita protección e coidado especiais, incluso a debida protección legal, tanto antes como despois do nacemento?,

Recordando o disposto na Declaración sobre principios sociais e xurídicos relativos a protección e benestar dos nenos, con particular referencia a adopción e colocación en fogares de garda, nos planos nacional e internacional; as regras Mínimas das Nacións Unidas para a administración de xustiza de menores (regras de Beijing); e a Declaración sobre a protección da muller e o neno en estados de emerxencia ou conflicto armado,

Recoñecendo que en tódolos países do mundo hai nenos que viven en condicións excepcionalmente difíciles e que eses nenos necesitan especial consideración,

Tendo debidamente en conta a importancia das tradicións e os valores culturais de cada pobo para a protección e desenrolo harmonioso do neno,

Recoñecendo a importancia da cooperación internacional para o melloramento das condicións de vida dos nenos en tódolos países, en particular nos países en desenrolo,

Conviñeron o seguinte:
PARTE I

Artigo 1

Para os efectos da presente Convención, enténdese por neno todo ser humano menor de dezaoito anos de idade, salvo que, en virtude da lei que lle sexa aplicable, alcanzase antes a maioría de idade.

Artigo 2

1. Os Estados Parte respectarán os dereitos enunciados na presente Convención e asegurarán a súa aplicación a cada neno suxeito a súa xurisdicción, sen distinción algunha, independentemente da raza, o color, o sexo, o idioma, a relixión, a opinión política ou de outra índole, a orixe nacional, étnica ou social, a posición económica, os impedimentos físicos, o nacemento ou calquera outra condición do neno, dos seus pais ou dos seus representantes legais.

2. Os Estados Partes tomarán tódalas medidas apropiadas para garantir que o neno se vexa protexido contra toda forma de discriminación ou castigo por causa da condición, as actividades, as opinións expresadas ou as crenzas dos pais, dos seus titores ou dos seus familiares.

Artigo 3

1. En tódalas medidas concernentes os nenos que tomen institucións públicas ou privadas de benestar social, os tribunais , as autoridades administrativas ou os órganos lexislativos, unha consideración primordial a que se atenderá será o interese superior do neno.

2. Os Estados Parte comprométense a asegurar o neno a protección e o coidado que sexan necesarios para o seu benestar, tendo en conta os dereitos e deberes dos seus pais, titores ou outras persoas responsables de el ante a lei e, con ese fin, tomarán todas as medidas lexislativas e administrativas adecuadas.

3. Os Estados Partes aseguraranse de que as institucións, servicios e establecementos encargados do coidado ou a protección dos nenos cumpran as normas establecidas en materia polas autoridades competentes, especialmente en materia de seguridade, sanidade, número e competencia do seu persoal así como en relación a existencia dunha supervisión adecuada.

Artigo 4

Os Estados Parte adoptarán tódalas medidas administrativas, lexislativas, e de outra índole para dar efectividade os dereitos recoñecidos na presente convención. No que respecta os dereitos económicos, sociais e culturais, os Estados Partes adoptarán esas medidas hasta o máximo dos recursos de que dispoñan e, cando sexa necesario, dentro do marco da cooperación internacional.

Artigo 5

Os Estados Partes respectarán as responsabilidades, os dereitos e os deberes dos pais ou, no seu caso, dos membros da familia ampliada ou da comunidade, segundo estableza a costume local, dos titores ou de outras persoas encargadas legalmente do neno de impartirlle, en consonancia coa evolución das súas facultades, dirección e orientación apropiadas para que o neno exerza os dereitos recoñecidos na presente Convención.

Artigo 6

1. Os Estados Partes recoñecen que todo neno ten dereito intrínseco a vida.

2. Os Estados Partes garantirán na máxima medida posible a supervivencia e o desenrolo do neno.

Artigo 7

1. O neno será inscrito inmediatamente despois do seu nacemento e terá dereito dende que nace a un nome, a adquirir unha nacionalidade e, na medida do posible a coñecer os seus pais e a ser coidado por eles.

2. Os Estados Partes velarán pola aplicación de estes dereitos en conformidade coa súa lexislación nacional e as obrigas que contraeran en virtude dos instrumentos internacionais pertinentes nesta esfera, sobre todo cando o neno resultase de outro modo apátrida.

Artigo 8

1. Os Estados Parte comprométense a respectar o dereito do neno a preservar a súa identidade, incluídos nacionalidade, o nome e relacións familiares de conformidade coa lei sen inxerencias ilícitas.

2. Cando un neno sexa privado ilegalmente de algúns elementos da súa identidade ou de todos eles, os Estados Parte deberán prestar asistencia e protección apropiadas con miras a restablecer rapidamente a súa identidade.

Artigo 9

1. Os Estados Parte velarán porque o neno non sexa separado dos seus pais contra a vontade de estes, excepto cando, a reserva de revisión xudicial, as autoridades competentes determinen, de conformidade coa lei e os procedementos aplicables, que tal separación é necesaria no interese superior do neno. Tal determinación pode ser necesaria en casos particulares, por exemplo, nos casos nos que o neno sexa obxecto de maltrato ou descoido por parte dos seus pais ou cando estes viven separados e debe adoptarse unha decisión acerca do lugar de residencia do neno.

2. En calquera procedemento entaboado de conformidade co parágrafo 1 do presente artigo, ofrecerase a tódalas partes interesadas a oportunidade de participar nel e dar a coñecer as súas opinións.

3. Os Estados Parte respectarán o dereito do neno que estea separado de un ou de ambos pais a manter relacións persoais e contacto directo con ambos pais de modo regular, salvo se esto é contrario o interese superior do neno.

4. Cando esta separación sexa o resultado dunha medida adoptada por un Estado Parte, como a detención, o encarceramento, o exilio, a deportación ou a morte (incluído o falecemento debido a calquera causa mentres a persoa estea baixo custodia do Estado) de un dos pais do neno, ou de ambos, ou do neno, o Estado Parte proporcionaralle, cando se lle pida, os pais, o neno ou se procede, a outro familiar, información básica acerca do paradoiro do familiar ou familiares ausentes, a non ser que esto resultase prexudicial para o benestar do neno. Os Estados Parte cercióranse, ademais, de que a presentación de tal petición non entrañe por si mesma consecuencias desfavorables para a persoa ou persoas interesadas.

Artigo 10

De conformidade coa obriga que incumbe os Estados Partes a tenor do disposto no parágrafo 1 do artigo 9, toda solicitude feita por un neno ou polos seus pais para entrar en un Estado Parte ou para saír del os efectos de reunión da familia será atendida polos Estados Partes de maneira positiva, humanitaria e expeditiva.

Os Estados Partes garantirán, ademais, que a presentación de tal petición non traerá consecuencias desfavorables para os peticionarios nin para os seus familiares.

O neno que teña os pais residindo en Estados diferentes terá dereito a manter periodicamente, salvo en circunstancias excepcionais, relacións persoais e contactos directos con ambos pais. Con tal fin, e de conformidade coa obriga asumida polos Estados Parte en virtude do parágrafo 1 artigo 9, os Estados Partes respectarán o dereito do neno e dos seus pais a saír de calquera país, incluído o propio, e de entrar no seu propio país.

O dereito de saír de calquera país estará suxeito soamente as restriccións estipuladas pola lei e que sexan necesarias para protexer a seguridade nacional, a orde pública, a saúde ou a moral publicas e os dereitos e liberdades de outras persoas e que estean en consonancia cos demais dereitos recoñecidos pola presente Convención.

Artigo 11

1. Os Estados Parte adoptarán medidas para loitar contra os traslados ilícitos de nenos o estranxeiro e a retención ilícita de nenos no estranxeiro.

2. Para este fin, os Estados Parte promoverán a concertación de acordos bilaterais ou multilaterais ou a adhesión a acordos existentes.

Artigo 12

1. Os Estados Partes garantirán o neno que estea en condicións de formarse un xuízo propio e o dereito de expresar a súa opinión libremente en tódolos asuntos que afecten o neno, téndose en conta as opinións do neno, en función da idade e da madurez do neno.

2. Con tal fin, darase en particular o neno a oportunidade de ser escoitado , en todo procedemento xudicial ou administrativo que afecte o neno, xa sexa directamente ou por medio de un representante ou de un órgano apropiado, en consonancia coas normas de procedemento da lei nacional.

Artigo 13

1. O neno terá dereito a liberdade de expresión, ese dereito incluirá a liberdade de buscar, recibir e difundir informacións e ideas de todo tipo, sen consideración de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou impresas, en forma artística ou por calquera outro medio escollido polo neno.

2. O exercicio de tal dereito poderá estar suxeito a certas restriccións, que serán unicamente as que a lei prevea e sexan necesarias:

a) Para o respecto dos dereitos ou a reputación dos demais; ou

b) Para a protección da seguridade nacional ou a orde pública ou para protexer a saúde ou moral públicas.

Artigo 14

1. Os Estados Partes respectarán o dereito do neno a liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión.

2. Os Estados Partes respectarán os dereitos e deberes dos pais e, no seu caso, dos representantes legais, de guiar o neno no exercicio do seu dereito de modo conforme a evolución das súas facultades.

3. Liberdade de profesar a propia relixión ou as propias crenzas estará suxeita unicamente as limitacións prescritas pola lei que sexan necesarias para protexer a seguridade, a orde, a moral ou a saúde públicos ou os dereitos e liberdades fundamentais dos demais.

Artigo 15

1. Os Estados Partes recoñecen os dereitos dos nenos a liberdade de asociación e a liberdade de celebrar reunións pacíficas.

2. Non se imporán restriccións o exercicio de estes dereitos distintas das establecidas en conformidade coa lei e que sexan necesarias nunha sociedade democrática, en interese da seguridade nacional ou pública, a orde pública, a protección da saúde e a moral públicas ou a protección dos dereitos e liberdades dos demais.

Artigo 16

1. Ningún neno será obxecto de inxerencias arbitrarias ou ilegais na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia nin de ataques ilegais a súa honra e a súa reputación.

2. O neno ten dereito á protección da lei contra esas inxerencias ou ataques.

Artigo 17

Os Estados Partes recoñecen a importante función que desempeñan os medios de comunicación e celarán porque o neno teña acceso a información e material que teñan por finalidade promover o seu benestar social, espiritual e moral e a súa saúde física e mental, con tal obxecto, os Estados Partes:

a) Alentarán os medios de comunicación a difundir información e materiais de interese social e cultural para o neno, de conformidade co espírito do artigo 29;

b) Promoverán a cooperación internacional na producción, intercambio e na difusión de esa información e eses materiais procedentes de diversas fontes culturais, nacionais e internacionais;

c) Alentarán a producción e difusión de libros para nenos;

d) Alentarán os medios de comunicación a que teñan particularmente en conta as necesidades lingüísticas do neno pertencente a un grupo minoritario ou que sexa indíxena;

e) Promoverán a elaboración de directrices apropiadas para protexer o neno contra toda información e material prexudicial para o seu benestar, tendo en conta as disposicións dos artigos 13 e 18.

Artigo 18

1. Os Estados Partes porán o máximo empeño en garantir o recoñecemento do principio de que ambos pais teñen obrigas comúns no que respecta a crianza e desenrolo do neno. Incumbirá os pais, ou , no seu caso, os representantes legais, a responsabilidade primordial da crianza e do desenrolo do neno. A súa preocupación fundamental será o interese superior do neno.

2. Os efectos de garantir e promover os dereitos enunciados na presente Convención, os Estados Partes prestarán a asistencia apropiada os pais e os representantes legais para o desempeño das súas funcións no que respecta a crianza do neno e velarán pola creación de institucións, instalacións e servicios para o coidado dos nenos.

3. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas apropiadas para que os nenos os que os seus pais traballan teñan dereito a beneficiarse dos servicios e instalacións de garda de nenos para os que reúnan as condicións requiridas.

Artigo 19

1. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas lexislativas, administrativas, sociais e educativas apropiadas para protexer o neno contra toda forma de prexuízo ou abuso físico ou mental, descoido ou trato neglixente, malos tratos ou explotación, incluído o abuso sexual, mentres o neno se atope baixo a custodia dos pais, de un representante legal ou de calquera outra persoa que o teña o seu cargo.

2. Esas medidas de protección deberían comprender, segundo corresponda, procedementos eficaces para o establecemento e programas sociais en obxecto de promover a asistencia necesaria o neno e a quen coiden del, así como para outras formas de prevención e para a identificación, notificación, remisión a unha institución, investigación, tratamento e observación ulterior dos casos antes descritos de malos tratos o neno e, segundo corresponda, a intervención xudicial.

Artigo 20

1. Os nenos temporal ou permanentemente privados do seu medio familiar, ou que o seu superior interese esixa que non permanezan nese medio, terán dereito a protección e asistencia especiais do estado.

2. Os Estados Partes garantirán, de conformidade coas súas leis nacionais, outros tipos de coidado para eses nenos.

3. Entre eses coidados figurarán, entre outras cousas, a colocación en fogares de garda, a Kafala do dereito islámico, a adopción ou de ser necesario, a colocación en institucións adecuadas de protección de menores. O considerar as solucións, prestarase particular atención a conveniencia de que haxa continuidade na educación do neno e a súa orixe étnica, relixiosa, cultural e lingüística.

Artigo 21

Os Estados Partes que recoñecen ou permiten o sistema de adopción coidarán de que o interese superior do neno sexa a consideración primordial e:

a) Velarán porque a adopción do neno só sexa autorizada polas autoridades competentes, as que determinarán, con arranxo as leis e os procedementos aplicables e sobre a base de toda información pertinente e fidedigna, que a adopción é admisible en vista da situación xurídica do neno en relación cos seus pais, parentes e representantes legais e que cando así se requira, as persoas interesadas deran con coñecemento de causa o seu consentimento á adopción sobre a base do asesoramento que puidera ser necesario;

b) Recoñecerán que a adopción en outro país pode ser considerada como outro medio de coidar do neno, en caso de que este non poida ser colocado nun fogar de garda ou entregado a unha familia adoptiva ou non poida ser atendido de maneira adecuada no país de orixe;

c) Velarán porque o neno que deba ser adoptado en outro país goce de salvagardas e normas equivalentes as existentes respecto da adopción no país de orixe;

d) Adoptarán todas as medidas apropiadas para garantir que, no caso de adopción en outro país, a colocación non de lugar a beneficios financeiros inadecuados para quen participan nela;

e) Promoverán, cando corresponda, os obxectivos do presente artigo mediante a concertación de arranxos ou acordos bilaterais ou multilaterais e e esforzaranse, dentro deste marco, por garantir que a colocación do neno en outro país efectúese por medio das autoridades ou organismos competentes.

Artigo 22

1. Os Estados Partes adoptarán medidas adecuadas para lograr que o neno que trate de obter o estatuto de refuxiado ou que sexa considerado refuxiado de conformidade co dereito e os procedementos internacionais ou internos aplicables que reciba, tanto se está solo como se está acompañado dos seus pais ou de calquera outra persoa, a protección e a asistencia humanitaria adecuadas para o aproveitamento dos dereitos pertinentes enunciados na presente Convención e en outros instrumentos internacionais de dereitos humanos ou de carácter humanitario no que ditos Estados sexan partes.

2. A tal efecto os Estados Partes cooperarán, na forma que estimen apropiada, en todos os esforzos das Nacións Unidas e demais organizacións intergobernamentais competentes ou organizacións non gobernamentais que cooperen coas Nacións Unidas por protexer e axudar a todo neno refuxiado e localizar os seus pais ou a outros membros da súa familia, a fin de obter a información necesaria para que se reúna coa súa familia. Nos casos en que non se poida localizar a ningún dos pais ou membros da familia, concederáselle o neno a mesma protección que a calquera outro neno privado permanente ou temporalmente dp seu medio familiar, por calquera motivo, como se dispón na presente convención.

Artigo 23

1. Os Estados Partes recoñecen que o neno mental ou fisicamente impedido deberá gozar dunha vida plena e decente en condicións que aseguren a súa dignidade, e que lle permitan chegar a bastarse por si mesmo e faciliten a participación activa do neno na comunidade.

2. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno a recibir coidados especiais e alentarán e asegurarán, con suxeición os recursos dispoñibles, a prestación o neno que reúna as condicións requiridas e os responsables do seu coidado da asistencia que se solicite e que sexa adecuada o estado do neno e as circunstancias dos seus pais ou de outras persoas que coiden del.

3. En atención as necesidades especiais do neno impedido, a asistencia que se preste conforme o parágrafo 2 do presente artigo será gratuíta sempre que sexa posible, habida conta da situación económica dos pais ou de outras persoas que coiden o neno e estará destinada a asegurar o neno impedido a educación, capacitación, os servicios sanitarios, os servicios de rehabilitación, a preparación para o emprego e as oportunidades de esparexemento e reciba tales servicios co obxecto de que o neno logre a integración social e o desenvolvemento individual, incluído o seu desenvolvemento cultural e espiritual, na máxima medida posible.

4. Os Estados Partes promoverán, con espírito de cooperación internacional, o intercambio de información adecuada na esfera da atención sanitaria preventiva e do tratamento médico, psicolóxico e funcional dos nenos impedidos, incluída a difusión de información sobre os métodos de rehabilitación e os servicios de ensinanza e formación profesional, así como o acceso a esa información a fin de que os Estados Partes poidan mellorar a súa capacidade e coñecementos e ampliar a súa experiencia en estas esferas. A este respecto, teranse especialmente en conta as necesidades dos países en desenrolo.

Artigo 24

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno o aproveite do máis alto nivel posible de saúde e a servicios para o tratamento das enfermidades e a rehabilitación da saúde. Os Estados Partes esforzaranse por asegurar que ningún neno sexa privado do seu dereito o aproveitamento de eses servicios sanitarios.

2. Os Estados Partes asegurarán a plena aplicación de este dereito e, en particular, adoptarán as medidas apropiadas para:

a) Reducir a mortaldade infantil e na nenez;

b) Asegurar a prestación da asistencia médica e a atención sanitaria que sexan necesarias o todos os nenos, facendo fincapé no desenvolvemento da atención primaria da saúde;

c) Combater enfermidades e a malnutrición no marco da atención primaria da saúde , entre outras cousas, a aplicación da tecnoloxía dispoñible e o abastecemento de alimentos nutritivos adecuados e auga potable salubre, tendo en conta os perigos e riscos da contaminación do medio ambiente;

d) Asegurar a atención sanitaria prenatal e posnatal apropiada as nais;

e) Asegurar que tódolos sectores da sociedade , en particular os pais e os fillos , coñezan os principios básicos da saúde e nutrición dos nenos, as vantaxes da lactación materna, a hixiene e o saneamento ambiental e as medidas de prevención de accidentes, teñan acceso a educación pertinente e reciban apoio na aplicación de eses coñecementos;

f) Desenvolver a atención sanitaria preventiva, a orientación os pais e a educación e servicios en materia de planificación da familia.

3. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas eficaces e apropiadas posibles para abolir as prácticas tradicionais que sexan prexudiciais para a saúde dos nenos.

4. Os Estados Partes comprométense a promover e alentar a cooperación internacional con miras a lograr progresivamente a plena realización do dereito recoñecido no presente artigo. A este respecto, teranse plenamente en conta as necesidades dos países en desenrolo.

Artigo 25

Os Estados Partes recoñecen os dereitos do neno que foi internado nun establecemento polas autoridades competentes para os fins de atención, protección ou tratamento da saúde física ou mental a un exame periódico do tratamento a que estea sometido e de todas as demais circunstancias propias do seu internamento.

Artigo 26

1. Os Estados Partes recoñecerán a tódolos nenos o dereito a beneficiarse da seguridade social, incluso do seguro social, e adoptarán medidas necesarias para lograr a plena realización de este dereito de conformidade coa súa lexislación nacional.

2. As prestacións deberían concederse, cando corresponda, tendo en conta os recursos e a situación do neno e das persoas que sexan responsables do mantemento do neno, así como calquera outra consideración pertinente a unha solicitude de prestacións feita polo neno ou no seu nome.

Artigo 27

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito de todo neno a un nivel de vida adecuado para p seu desenvolvemento físico mental, espiritual, moral e social.

2. Os pais ou outras persoas encargadas do neno incúmbelles a responsabilidade primordial de proporcionar, dentro das súas posibilidades e medios económicos, as condicións de vida que sexan necesarias para o desenvolvemento do neno.

3. Os Estados partes, de acordo coas condicións nacionais e con arranxo os seus medios, adoptarán medidas apropiadas para asegurar o pago da pensión alimenticia por parte dos pais ou outras persoas que teñan a responsabilidade financeira polo neno, tanto se viven no Estado Parte como se viven no estranxeiro. En particular, cando a persoa teña a responsabilidade financeira polo neno resida nun Estado diferente de aquel no que resida o neno,os Estados Partes promoverán a adhesión os convenios internacionais ou a concertación de ditos convenios, así como a concertación de calquera outros arranxos apropiados.

Artigo 28

1. Os Estados Partes recoñecen os dereitos do neno a educación e, a fin de que se poida exercer progresivamente e en condicións de de igualdade de oportunidades ese dereito , deberán en particular:

a) Implantar a ensinanza primaria obrigatoria e gratuíta para todos;

b) Fomentar o desenrolo, nas súas distintas formas, da ensinanza secundaria, incluída a ensinanza secundaria, incluída a ensinanza xeral e profesional, facer que tódolos nenos dispoñen de ela e teñan acceso a ela e adoptar medidas apropiadas tales como da ensinanza gratuíta e a concesión de asistencia financeira en caso de necesidade;

c) Facer a ensinanza superior accesible a todos, sobre a base da capacidade, por cantos medios sexan apropiados;

d) Facer que tódolos nenos dispoñan de información e orientación en cuestións educacionais e profesionais e teñan acceso a elas;

e) Adoptar medidas para fomentar a asistencia regular as escolas e reducir as taxas de deserción escolar.

2. Os Estados Partes adoptarán cantas medidas sexan adecuadas para velar por que a disciplina escolar se administre de modo compatible coa dignidade humana do neno e de conformidade coa presente convención.

3. Os Estados Partes fomentarán e alentarán a cooperación internacional en cuestións de educación, en particular a fin de contribuír a eliminar a ignorancia e o analfabetismo en todo o mundo e de facilitar o acceso os coñecementos técnicos e os métodos modernos de ensinanza. A este respecto, teranse especialmente en conta as necesidades dos países en desenvolvemento.

Artigo 29

1. Os Estados Partes conveñen en que a educación do neno deberá estar encamiñada a:

a) Desenvolver a personalidade, as aptitudes e a capacidade mental e física do neno hasta o máximo das súas posibilidades;

b) Inculcar o neno o respecto os dereitos humanos e as liberdades fundamentais e dos principios consagrados na Carta das Nacións Unidas;

c) Inculcar o neno o respecto dos seus pais, da súa propia identidade cultural, do seu idioma e dos seus valores nacionais do país en que vive, do país de que sexa orixinario e das civilizacións distintas da súa;

d) Preparar o neno para asumir unha vida responsable nunha sociedade libre, con espírito de comprensión, paz, tolerancia, igualdade de sexos e amizade entre tódolos pobos, grupos étnicos, nacionais, e relixiosos e persoas de orixe indíxena;

e) Inculcar o neno o respecto do medio ambiente natural.

2. Nada do disposto no presente artigo ou no artigo 28 se interpretará como unha restricción a liberdade dos particulares e das entidades para establecer e dirixir as institucións de ensinanza, a condición de que se respecten os principios enunciados no parágrafo 1 do presente artigo e de que a educación impartida en tales institucións se axuste as normas mínimas que prescribe o Estado.

Artigo 30

Nos Estados en que existan minorías étnicas, relixiosas ou lingüísticas ou persoas de orixe indíxena , non se negará a un neno que pertenza a tales minorías ou que sexa indíxena o dereito que lle corresponde, en común cos demais membros do seu grupo, a ter a súa propia vida cultural, a profesar a súa propia relixión , ou a empregar o seu propio idioma.

Artigo 31

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno o descanso e o esparexemento, o xogo, e as actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

2. Os Estados Partes respectarán e promoverán o dereito do neno a participar plenamente na vida cultural e artística e propiciarán oportunidades apropiadas, en condicións de igualdade, de participar na vida cultural e artística , recreativa e de esparexemento.

Artigo 32

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno a estar protexido contra a explotación económica e contra o desempeño de calquera traballo que poida ser perigoso ou entorpecer a súa educación, ou que sexa nocivo para a súa saúde ou para o seu desenrolo físico, mental, espiritual, moral ou social.

2. Os Estados Partes adoptarán medidas lexislativas, administrativas, sociais, educacionais para garantir a aplicación do presente artigo. Con ese propósito e tendo en conta disposicións pertinentes de outros instrumentos internacionais, os Estados Partes, en particular:

a) Fixarán unha idade ou idades mínimas para traballar;

b) Disporán a regramentación apropiada dos horarios e condicións de traballo;

c) Estipularán as penalidades ou outras sancións apropiadas para asegurar a aplicación efectiva do presente artigo.

Artigo 33

Os Estados Partes adoptarán todas as medidas apropiadas, incluídas medidas lexislativas, administrativas , sociais, e educacionais, para protexer os nenos contra o uso ilícito dos estupefacientes e sustancias sicotrópicas enumeradas nos tratados internacionais pertinentes, e para impedir que se utilice os nenos na producción e no tráfico ilícito destas sustancias.

Artigo 34

Os Estados Partes comprométense a protexer o neno contra todas formas de explotación e abuso sexuais. Con este fin , os Estados Partes tomarán en particular, tódalas medidas de carácter nacional, bilateral e multilateral que sexan necesarias para impedir:

a) A incitación ou a coacción para que un neno se dedique a calquera actividade sexual ilegal;

b) A explotación do neno na prostitución ou noutras prácticas sexuais ilegais;

c) A explotación do neno en espectáculos materiais pornográficos.

Artigo 35

Os Estados Partes tomarán as medidas de carácter nacional, bilateral, e multilateral que sexan necesarias para impedir o secuestro, a venta ou a trata de nenos para calquera fin ou en calquera forma.

Artigo 36

Os Estados Partes protexerán o neno contra todas as demais formas de explotación que sexan prexudiciais para calquera aspecto do seu benestar.

Artigo 37

Os Estados Parte velarán por que:

a) Ningún neno sexa sometido a torturas nin a outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes. Non se imporá a pena capital nin a de prisión perpetua sen posibilidade de excarceración por delictos cometidos por menores de 18 anos de idade;

b) Ningún neno sexa privado da súa liberdade ilegal ou arbitrariamente. A detención, o encarceramento ou a prisión dun neno levarase a cabo de conformidade coa lei e utilizarase tan só como medida de último recurso e durante o período máis breve que proceda;

c) Todo neno privado de liberdade será tratado con humanidade e o respecto que merece a dignidade inherente a persoa humana, e de maneira que se teñan en conta as necesidades das persoas da súa idade. En particular, todo neno privado de liberdade estará separado dos adultos, a menos que esto se considere superior o interese do neno, e terá dereito a manter contacto coa súa familia por medio de correspondencia e visitas, salvo en circunstancias excepcionais;

d) Todo neno privado da súa liberdade terá dereito a un pronto acceso a asistencia xurídica e outra asistencia adecuada, así como o dereito a impugnar a legalidade da privación da súa liberdade ante un tribunal ou institución competente, independente e imparcial e a unha pronta decisión sobre dita acción.

Artigo 38

1. Os Estados Partes comprométense a respectar e velar porque se respecten as normas do dereito internacional humanitario que lles sexan aplicables nos conflictos armados e que sexan pertinentes para o neno.

2 . Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas posibles para asegurar que as persoas que aínda non cumpriran os 15 anos de idade non participen directamente nas hostilidades.

Os Estados Partes absteranse de recrutar nas forzas armadas a persoas que aínda non cumpriran os 15 anos de idade. Se recrutan persoas que xa cumpriran os 15 anos, pero que sexan menores de 18, os Estados Partes procurarán dar prioridade os de máis idade.

De conformidade coas obrigas emanadas do dereito internacional humanitario de protexer a poboación civil durante os conflictos armados, os Estados Partes adoptarán tódalas medidas posibles para asegurar a protección e o coidado dos nenos afectados por un conflicto armado.

Artigo 39

Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas apropiadas para promover a recuperación física e psicolóxica e a reintegración social de todo neno víctima de: calquera forma de abandono, explotación ou abuso; tortura ou outra forma de tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes; ou conflictos armados. Esa recuperación e reintegración levarase a cabo nun ambiente que fomente a saúde, o respecto de si mesmo e a dignidade do neno.

Artigo 40

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito de todo neno de quen se alegue que infrinxiu as leis penais ou a quen se acuse ou declare culpable de infrinxir esas leis a ser tratado de maneira acorde co fomento do seu sentido da dignidade e do valor, que fortaleza o respecto do neno polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de terceiros e na que se teñan en conta a idade do neno e a importancia de promover a reintegración do neno e de que este asuma unha función constructiva na sociedade.

2. Con este fin, e habida conta das disposicións pertinentes dos instrumentos internacionais, os Estados Partes garantirán, en particular:

a) Que non se alegue que ningún neno infrinxiu as leis penais, nin se acuse ou declare culpable a ningún neno de haber infrinxido esas leis, por actos ou omisións que non estaban prohibidos polas leis nacionais ou internacionais no momento en que se cometeron;

b) Que a todo neno do que se alegue que infrinxiu as leis penais ou a quen se acuse de infrinxir esas leis se lle garanta , polo menos , o seguinte:

i) Que se lle presumirá inocente mentres non se probe a súa culpabilidade conforme a lei;

ii) Que será informado sen demora e directamente ou, cando sexa procedente, por intermedio dos seus pais ou dos seus representantes legais, dos cargos que pesan contra el e que disporá de asistencia xurídica ou de outra asistencia apropiada na preparación e presentación da súa defensa;

iii) Que a causa será dirimida sen demora por unha autoridade ou órgano xudicial competente, independente e imparcial en audiencia equitativa conforme a lei , en presencia de un asesor xurídico ou outro tipo de asesor adecuado e, polo menos que se considerase que elo fora contrario o interese superior do neno , tendo en conta en particular a súa idade ou situación e os seus pais ou representantes legais;

iv) Que non será obrigado a prestar testemuño ou declararse culpable , que poderá interrogar ou facer que se interrogue a testemuñas de cargo e obter a participación e o interrogatorio de testemuñas de descargo en condicións de igualdade;

v) Si se considerase que infrinxira, en efecto, as leis penais, que esta decisión e toda medida imposta a consecuencia de ela , serán sometidas a unha autoridade ou órgano xudicial superior competente, independente e imparcial conforme a lei;

vi) Que o neno contará coa asistencia gratuíta dun intérprete se non comprende ou fala o idioma utilizado,

vii) Que se respectará plenamente a súa vida privada en tódalas fases do procedemento.

3. Os Estados Partes tomarán tódalas medidas apropiadas para promover o establecemento de leis, procedementos , autoridades e institucións específicas para os nenos de quen se alegue que infrinxiran as leis penais ou a quen se acuse ou aclare culpables de infrinxir esas leis, e en particular:

a) O establecemento dunha idade mínima antes da cal presumirase que os nenos non teñen capacidade para infrinxir leis penais;

b) Sempre que sexa apropiado e desexable, a adopción de medidas para tratar a eses nenos sen recorrer a procedementos xudiciais, no entendemento de que se respectarán plenamente os dereitos humanos e as garantías legais.

4. Disporase de diversas medidas, tales como o coidado, as ordenes de orientación e supervisión, o asesoramento, a liberdade vixiada , a colocación en fogares de garda, os programas de ensinanza e formación profesional, así como outras posibilidades alternativas a internamento en institucións para asegurar que os nenos sexan tratados de maneira apropiada para o seu benestar e que garde proporción tanto coas súas circunstancias como coa infracción.

Artigo 41

Nada do disposto na presente Convención afectará as disposicións que sexan máis conducentes a realización dos dereitos do neno e que poidan estar recollidas en :

a) O dereito dun Estado Parte; ou

b) O dereito internacional vixente con respecto a dito Estado.

PARTE II

Artigo 42

Os Estados Parte comprométense a dar a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados tanto a adultos como a nenos.

Artigo 43

1. Coa finalidade de examinar os progresos realizados no cumprimento das obrigas contraídas polos Estados Partes na presente Convención, establecerase un Comité dos Dereitos do Neno que desempeñará as funcións que a continuación se estipulan.

2. O comité estará integrado por dez expertos de gran integridade moral e recoñecida competencia nas esferas reguladas pola presente Convención, os membros do Comité serán elixidos polos Estados Partes e exercerán as súas funcións a título persoal, téndose debidamente en conta a distribución xeográfica, así como os principais sistemas xurídicos.

3. Os membros do Comité serán elixidos, en votación secreta, dunha lista de persoas escollida entre os seus propios nacionais.

4. A elección inicial celebrarase a máis tardar seis meses despois da entrada en vigor da presente Convención e ulteriormente cada dous anos. Con catro meses, como mínimo , de antelación respecto a data de cada elección , o secretario xeral das Nacións Unidas dirixirá unha carta os Estados Partes invitándoos a que presenten as súas candidaturas nun prazo de dous meses. O Secretario Xeral preparará despois unha lista na que figurarán por orde alfabético tódolos candidatos propostos, con indicación dos Estados Partes que os designaran, e comunicaraa os Estados Partes na presente Convención.

5. As eleccións celebraranse nunha reunión dos Estados Partes convocada polo Secretario Xeral na Sede das Nacións Unidas. En esa reunión, na que a presencia de dous tercios dos Estados Partes constituirá quórum , as persoas seleccionadas para formar parte do comité serán aqueles candidatos que obteñan o maior número de votos e unha maioría absoluta dos votos dos representantes dos Estados partes presentes e votantes.

6. Os membros do comité serán elixidos por un período de catro anos. Poderán ser reelixidos se se presenta de novo a súa candidatura . O mandato de cinco dos membros elixidos na primeira elección expirará o cabo dos dous anos; inmediatamente despois de efectuada a primeira elección, o presidente da reunión en que esta se celebre elixirá por sorteo os nomes de eses cinco membros.

7. Se un membro do comité falece ou dimite ou declara que por calquera causa non pode seguir desempeñando as funcións no Comité, o Estado Parte que propuxo a ese membro designará entre os seus propios nacionais a outro experto para exercer o mandato ata o seu termo, a reserva da aprobación do comité.

8. O Comité adoptará o seu propio regramento.

9. O Comité elixirá a súa mesa por un período de dous anos.

10. As reunións do Comité celebraranse normalmente na Sede das Nacións Unidas ou en calquera outro lugar conveniente que determine o Comité. O Comité reunirase normalmente tódolos anos. A duración das reunións do Comité será determinada e revisada, se procedera, por unha reunión dos Estados Partes presente Convención, a reserva da aprobación da Asemblea Xeral.

11. O Secretario Xeral das Nacións Unidas proporcionará o persoal e os servicios necesarios para o desempeño eficaz das funcións do Comité establecido en virtude da presente Convención.

12.Previa aprobación da Asemblea Xeral, os membros do Comité establecido en virtude da presente Convención recibirá emolumentos con cargo os fondos das Nacións Unidas, segundo as condicións que a Asemblea poida establecer.

Artigo 44

Os Estados Partes comprométense a presentar o comité, por conducto do Secretario Xeral das Nacións Unidas, informes sobre as medidas que adoptaran para dar efecto os dereitos recoñecidos na Convención e sobre o progreso que realizaran en canto o goce deses dereitos:

No prazo de dous anos a partir da data na que para cada Estado Parte entrara en vigor a presente Convención;

No sucesivo cada cinco anos.

Os informes preparados en virtude do presente artigo deberán indicar as circunstancias e dificultades se as houbera, que afecten o grao de cumprimento das obrigas derivadas da presente Convención. Deberán así mesmo, conter información suficiente para que o Comité teña cabal comprensión da aplicación da convención no país que se trate.

Os Estados parte que presentaran un informe inicial completo o Comité non necesitan repetir, en sucesivos informes presentados de conformidade co disposto no inciso b) do parágrafo 1 do presente artigo, a información básica presentada anteriormente.

O Comité poderá pedir os Estados Parte máis información relativa a aplicación da Convención.

O comité presentará cada dous anos a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, por conducto do Consello Económico e Social, informes sobre as súas actividades.

Os Estados Partes darán os seus informes unha ampla difusión entre o público dos seus países respectivos.

Artigo 45

Con obxecto de fomentar a aplicación efectiva da Convención e de estimular a cooperación internacional na esfera regulada pola Convención:

Os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e demais órganos das Nacións Unidas terán dereito a estar representados no exame da aplicación de aquelas disposicións da Presente Convención comprendidas no ámbito do seu mandato. O Comité poderá invitar os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e a outros órganos competentes que considere apropiados a que proporcionen asesoramento especializado sobre a aplicación da Convención nos sectores que son de incumbencia dos seus respectivos mandatos. O Comité poderá invitar os organismos especializados , o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e demais órganos das Nacións Unidas a que presenten informes sobre a aplicación de aquelas disposicións da presente Convención comprendidas nos ámbitos das súas actividades;

O comité transmitirá, segundo estime conveniente, os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e a outros órganos competentes, os informes dos Estados Partes que conteñan unha solicitude de asesoramento ou de asistencia técnica, ou nos que se indique esta necesidade, xunto coas observacións e suxestións do Comité, se as houbera, acerca desas solicitudes ou indicacións ;

O comité poderá recomendar a Asemblea Xeral que pida o Secretario Xeral que efectúe no seu nome, estudios sobre cuestións concretas relativas os dereitos do neno;

O Comité poderá formular suxestións e recomendacións xerais baseadas na información recibida en virtude dos artigos 44 e 45 da presente Convención. Ditas suxestións e recomendacións xerais deberán transmitirse os Estados Partes interesados e notificarse a asemblea Xeral, xunto cos comentarios, se os houbera dos Estados Partes.

PARTE III

Artigo 46

A presente Convención estará aberta a firma de tódolos Estados.

Artigo 47

A presente Convención estará suxeita a ratificación. Os instrumentos de ratificación depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 48

A presente Convención permanecerá aberta a adhesión de calquera Estado. Os instrumentos de adhesión depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 49

A presente Convención entrará en vigor o trixésimo día seguinte a data na que fora depositado o vixésimo instrumento de de ratificación ou adhesión, a Convención entrará en vigor o trixésimo día despois do depósito por tal Estado do seu instrumento de ratificación ou de adhesión.

Artigo 50

1. Todo Estado Parte poderá propoñer unha emenda e depositala en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas. O Secretario Xeral comunicará a emenda proposta os Estados Partes, pedíndolles que lles notifiquen se desexan que se convoque unha conferencia de Estados Partes co fin de examinar a proposta e sometela a votación. Se dentro dos catro meses seguintes a data de esa notificación un tercio, polo menos, dos Estados Partes se declara a favor de tal conferencia , o Secretario Xeral convocará unha conferencia co auspicio das Nacións Unidas. Toda emenda adoptada pola maioría dos Estados Partes, presentes e votantes na conferencia, será sometida polo Secretario a Asemblea Xeral das Nacións Unidas para a súa aprobación.

2. Toda emenda adoptada de conformidade co parágrafo 1 do presente artigo entrará en vigor cando sexa aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e aceptada por unha maioría de dous tercios dos estados Partes.

3. Cando as emendas entren en vigor serán obrigatorias para os Estados Partes que as aceptaran, en tanto que os demais Estados Partes seguirán obrigados polas disposicións da presente Convención e polas emendas anteriores que aceptaran.

Artigo 51

1. O Secretario Xeral das Nacións Unidas recibirá e comunicará a tódolos Estados o texto das reservas formuladas polos Estados no momento da ratificación ou da adhesión.

2. Non se aceptará ningunha reserva incompatible co obxecto e co propósito da presente Convención.

3. Toda reserva poderá ser retirada en calquera momento por medio dunha notificación feita a ese efecto e dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas, quen informará a tódolos Estados. Esa notificación surtirá efecto na data da súa recepción polo Secretario Xeral.

Artigo 52

Todo Estado Parte poderá denunciar na Presente Convención mediante notificación feita por escrito o Secretario Xeral das Nacións Unidas . A denuncia surtirá efecto un ano despois da data na que a notificación fose recibida polo Secretario Xeral.

Artigo 53

Designase depositario da presente Convención o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 54

O orixinal da presente Convención , que ten textos en árabe, chino, español, francés, inglés e ruso son igualmente auténticos, depositaranse no poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

 

EN TESTEMUÑA DO CAL, os infraescritos plenipotenciarios, debidamente autorizados para elo polos seus respectivos gobernos, firmaron a presente Convención.

 

 

Convenio para a represión da trata de persoas e a explotación da prostitución allea

 

Adoptado pola Asemblea Xeral na súa resolución 317 (IV), de 2 de decembro de 1949.

Entrada en vigor: 25 de xullo de 1951, de conformidade co artigo 24.


Preámbulo

Considerando que a prostitución e o mal que a acompaña, a trata de persoas para fins de prostitución , son incompatibles coa dignidade e o valor da persoa humana e poñen en perigo o benestar do individuo, da familia e da comunidade,

Considerando que, con respecto a represión da trata de mulleres e nenos, están en vigor os seguintes instrumentos internacionais:

1) Acordo internacional do 18 de maio de 1904 para a represión da trata de brancas, modifico polo protocolo aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 3 de decembro de 1948 ,

2) Convenio Internacional do 4 de maio de 1910 para a trata de brancas, modificado polo precipitado Protocolo,

3) Convenio Internacional do 30 de setembro de 1921 para a represión da trata de mulleres e nenos, modificado polo Protocolo aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de outubro de 1947,

4) Convenio Internacional 11 de outubro de 1933 para a represión da trata de mulleres maiores de idade, modificado polo precipitado Protocolo,

Considerando que a Sociedade de Nacións redactou en 1937 un proxecto de Convenio para estender o alcance de tales instrumentos, e

Considerando que a evolución da situación dende 1937 fai posible a conclusión dun Convenio para fusionar os instrumentos precipitados un que recolla o fondo do proxecto de Convenio de 1937, así como as modificacións que se estime adecuada introducir,

Polo tanto,

As partes contratantes

Conveñen polo presente no que a continuación se establece:

Artigo 1

As Partes no presente Convenio comprométense a castigar a toda persoa que, para satisfacer as paixóns así mesmode outra:

1) Concertase a prostitución doutra persoa , aínda co consentimento de tal persoa;

2) Explorase a prostitución doutra persoa, aínda co consentimento de tal persoa.

Artigo 2

As Partes no presente Convenio comprométense asi mesmo a castigar a toda persoa que:

1) Mantiveraunha casa de prostitución, administrara ou a sabendas sostivera ou participase no seu financiamento;

2) Dera ou tomara en arrendo un edificio ou outro local, ou calquera parte dos mesmos, para explotar a prostitución allea.

Artigo 3

Na medida no que o permitan as leis nacionais serán tamén castigados toda tentativa de cometer as infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 e todo acto preparatorio da súa comisión.

Artigo 4

Na medida que o permitan as leis nacionais, será tamén punible a participación intencional en calquera dos actos delictuosos mencionados nos artigos 1 e 2.

Na medida en que o permitan as leis nacionais, os actos de participación serán considerados como infraccións distintas en tódolos casos nos que esto sexa necesario para evitar a impunidade.

Artigo 5

Cando as persoas perxudicadas tiveran dereito , con arreglo as leis nacionais, a constituirse en parte civil respecto a calquera das infraccións mencionadas no presente Convenio, os estranxeiros terán os mesmos dereitos en condicións de igualdade cos nacionais.

Artigo 6

Cada unha das Partes no presente Convenio convén en adoptar tódalas medidas necesarias para derogar ou abolir unha lei, regramento ou disposición administrativa vixente, en virtude de cal das persoas dedicadas a prostitución ou de quen se sospeite que se adiquen a ela , teñan que inscribirse nun rexistro especial, que poseer un documento especial ou que cumprir algún requisito excepcional para fins de vixilancia ou notificación.

Artigo 7

Na medida en que o permitan as leis nacionais, as condenas anteriores pronunciadas en Estados Estranxeiros polas infraccións mencionadas no presente Convenio, teranse en conta para:

1) Determinar a reincidencia;

2) Inhabilitar o infractor para o exercicio dos seus dereitos civís ou políticos.

Artigo 8

As infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 do presente convenio serán consideradas como casos de extradición en todo tratado de extradición xa concertado ou que ulteriormente se concerte entre calqueira das Partes do
Convenio.

As Partes do Convenio que non subordinen a extradición a existencia dun tratado, deberán recoñecer en adiante as infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 do presente Convenio como casos de extradición entre elas.

A extradición será concedida con arreglo as leis do Estado o que se formulase a petición de extradición.

Artigo 9

Nos Estados que teñan unha lexislación que non admita a extradición de nacionais , os nacionais que houberan regresado o seu país despois de cometer no estranxeiro calquera das infraccións mencionadas nos artigos 1 e 2 do presente Convenio, serán enxuiciados e castigados polos tribunais do propio Estado.

Non se aplicará esta disposición cando, en casos análogos entre as partes no presente Convenio, non poida concederse a extradición dun estranxeiro.

Artigo 10

As disposicións do artigo 9 non se aplicarán cando o inculpado fora xulgado nun Estado estranxeiro e, caso de ter sido condenado, cumprira a súa condena ou condonáranlla ou reducido a pena con arreglo o disposto nas leis de tal
Estado estranxeiro.

Artigo 11

Ningunha das disposicións do presente Convenio deberá interpretarse no sentido de prexulgar a actitude de calquera das Partes respecto a cuestión xeral dos límites da xurisdicción penal en dereito internacional.

Artigo 12

No presente Convenio non afecta o principio de que as infraccións a que se refiren terán que ser definidas, enxuiciadas e castigadas, en cada Estado, conforme as súas leis nacionais.

Artigo 13

As Partes no presente Convenio estarán obrigadas a executar as comisións rogatorias relativas as infraccións mencionadas neste Convenio, conforme as súas leis e prácticas nacionais.

A transmisión de comisións rogatorias efectuarase:

1) Por comunicación directa entre as autoridades xudiciais;

2) Por comunicación directa entre ministros de xustiza dos dous Estados , ou por comunicación directa de outra autoridade competente do Estado que formulase a solicitude o ministro de xustiza do Estado o que se lle foi formulada a solicitude;

3) Por conducto do representante diplomático ou consular do Estado que formulase a solicitude, acreditado no Estado o que se lle foi formulada a solicitude; tal representante enviará as comisións rogatorias directamente a autoridade xudicial competente ou a autoridade indicada polo goberno do Estado o que lle fose formulada a solicitude, e deberá decidir, directamente de tal autoridade, os documentos que constitúan a execución das comisións rogatorias.

Nos casos 1 e 3 , enviarase sempre unha copia da comisión rogatoria a autoridade superior do Estado o que lle fose formulada a solicitude.

Salvo acordo en contrario, as comisións rogatorias serán redactadas no idioma da autoridade que formulase a solicitude , pero o Estado o que lle foi formulada a solicitude poderá pedir unha traducción o seu propio idioma, certificada conforme o orixinal pola autoridade que formulase a solicitude.

Cada unha das Partes do Presente Convenio notificará a cada unha das demais Partes cal ou cales dos medios de transmisión anteriormente mencionados recoñecerá para as comisións rogatorias de tal Parte.

Ata que un Estado fixera tal notificación, seguirá en vigor o procedemento que utilice normalmente en canto as comisións rogatorias.

A execución das comisións rogatorias non dará lugar a reclamación de reembolso por dereitos ou gastos de ningunha clase, salvo gastos de peritaxe.

Nada do disposto no presente artigo deberá interpretarse no sentido de comprometer as Partes no presente Convenio a adoptar en materia penal calquera forma ou método de proba que sexa incompatible coas súas leis nacionais.

Artigo 14

Cada unha das Partes no presente Convenio establecerá ou manterá un servicio encargado de coordinar e centralizar os resultados das investigacións sobre as infraccións que se refire o presente Convenio.

Tales servicios terán o seu cargo a compilación de toda a información que poida facilitar a prevención e o castigo das infraccións as que se refire o presente Convenio e deberán manter estreitas relacións cos servicios correspondentes os demais Estados.

Artigo 15

Na medida no que o permitan as leis nacionais e en que as autoridades encargadas dos servicios mencionados no artigo 14 o estimen convinte, tales autoridades deberán subministrar os encargados dos servicios correspondentes de outros Estados os datos seguintes:

1) Información detallada respecto a calquera das infraccións mencionadas no presente Convenio ou as tentativas de cometelas,

2) Información detallada acerca de calquera enxuiciamento , detención, condena, negativa de admisión ou expulsión de persoas culpables de calquera das infraccións mencionadas no presente Convenio, así como dos desprazamentos de tales persoas e calesqueira outros datos pertinentes.

Os datos subministrados nesta forma haberán de incluír a descrición dos infractores, as súas impresións dixitais, fotografías, antecedentes policiais e antecedentes penais.

Artigo 16

As Partes no presente Convenio comprométense a adoptar medidas para a prevención da prostitución e para a rehabilitación e adaptación social das víctimas da prostitución e das infraccións as que se refire o presente Convenio, ou a estimular a adopción de tales medidas, polos seus servicios públicos ou privados de carácter educativo, sanitario, social, económico e outros servicios conexos.

Artigo 17

As Partes no presente Convenio comprométense a adoptar ou manter , en relación coa emigración ou inmigración, as medidas que sexan necesarias, con arreglo as súas obrigas en virtude do Presente Convenio, para combater a trata de persoas de un ou outro sexo para fins da prostitución.

En especial comprométense a:

1) A promulgar as disposicións regramentarias que sexan necesarias para protexer os inmigrantes ou emigrantes, e en particular as mulleres e os nenos, tanto no lugar de chegada como no de partida como durante a viaxe;

2) A adoptar as disposicións para organizar unha publicidade adecuada na que se advirta o público o perigo de dita trata;

3) A adoptar medidas adecuadas para garantir a vixilancia nas estacións de ferrocarril, nos aeroportos,en portos marítimos e durante as viaxes e en outros lugares públicos, a fin de impedir a trata internacional de persoas para fins da prostitución;

4) A adoptar medidas adecuadas para informar as autoridades competentes da chegada de persoas que prima facie parezan ser culpables ou cómplices de dita trata ou víctimas delas.

Artigo 18

As Partes no presente Convenio comprométense, con arreglo as condicións prescritas nas súas leis nacionais , a tomar declaracións as persoas estranxeiras adicadas a prostitución, con obxecto de establecer a súa identidade e estado civil e de determinar as causas que lles obrigaron a saír do seu Estado. Os datos obtidos desta forma serán comunicados as autoridades do Estado de orixe de tales personas, con miras a súa repatriación eventual.

Artigo 19

As Partes no presente Convenio comprométense, con arreglo as condicións prescritas nas súas leis nacionais e sen prexuízo do enxuiciamento ou de outra acción por violacións das súas disposicións, en canto sexa posible:

1) A adoptar as medidas adecuadas para proporcionar axuda e manter as víctimas indixentes da trata internacional de persoas para fins da prostitución, mentres se tramita a súa repatriación;

2) A repatriar as persoas as que se refire o artigo 18 que desexaran ser repatriadas ou que foran reclamadas por persoas que teñan autoridade sobre elas, ou que a expulsión se ordenase conforme a lei. A repatriación levarase a cabo unicamente previo acordo co Estado de destino en canto a identidade e a nacionalidade das persoas das que se trate, así como respecto o lugar e a data de chegada as fronteiras.Cada unha das Partes no presente Convenio facilitará o tránsito de tales persoas a través do seu territorio.

Cando as persoas as que se refire o parágrafo precedente non puideran devolver o importe dos gastos da súa repatriación e carecera de cónxuxe, parentes ou titores que puideran sufragalos, a repatriación ata a fronteira, o porto de embarque ou o aeroporto máis próximo en dirección o Estado de orixe, será costeada polo Estado de residencia e o costo do resto do viaxe
será sufragado polo Estado de orixe.

Artigo 20

As Partes no presente Convenio, se non o fixeran xa, deberán adoptar as medidas necesarias para a inspección das axencias de colocación, a fin de impedir que as persoas que buscan traballo, en especial mulleres e nenos, se expoñan o perigo da prostitución.

Artigo 21

As Partes no presente Convenio comunicarán o Secretario Xeral das Nacións Unidas as leis e regramentos que xa foran promulgados nos seus Estados, e, no sucesivo, comunicarán anualmente toda lei ou regramento que promulgaron respeto as materias a que se refire o presente Convenio, así como toda medida adoptada por elas en canto a aplicación do Convenio. As informacións recibidas serán publicadas periodicamente polo Secretario Xeral e enviadas a tódolos membros das Nacións Unidas e os Estados non membros os que se comunique oficialmente o presente Convenio con arreglo o artigo 23.

Artigo 22

En caso de que xurdira unha controversia entre as Partes no presente Convenio, respeto a súa interpretación ou aplicación, e que tal controversia non puidera ser resolta por outros medios, será sometida a Corte Internacional de Xustiza, a petición de calquera das Partes na controversia.

Artigo 23

O presente Convenio quedará aberto a firma de todo membro das Nacións Unidas, así como de calquera outro Estado o que o Consello Económico e Social dirixira unha invitación o efecto.

O presente Convenio será ratificado e os instrumentos de ratificación serán depositados na Secretaría Xeral das Nacións Unidas.

Os Estados os que se refiere o parágrafo primeiro, que non firmaran o Convenio , poderán adherirse a el.

A adhesión efectuarase mediante o depósito de un instrumento de adhesión na Secretaria Xeral das Nacións Unidas.

Os efectos do presente Convenio, o termo AEstado@comprenderá igualmente a tódalas colonias e territorios baixo fideicomiso dun Estado que firme o Convenio ou se adhira a el, así como a tódolos demais territorios dos que o Estado sexa responsable das súas relacións internacionais.

Artigo 24

O presente Convenio entrará en vigor noventa días despois da data de depósito do segundo instrumento de ratificación ou adhesión.

Respecto a cada estado que ratifique o Convenio , ou se adhira a el, despois do depósito do segundo instrumento de ratificación ou adhesión, o Convenio entrará en vigor en noventa días despois do depósito por tal Estado do seu instrumento de ratificación ou adhesión.

Artigo 25

Transcorridos cinco anos despois da súa entrada en vigor, calquera parte no presente Convenio poderá denuncialo mediante notificación por escrito dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Tal denuncia surtirá efecto, con respecto a parte que a formule, un ano despois da data na que sexa recibida polo Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 26

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos membros das Nacións Unidas e os Estados non membros os que se refiere o artigo 23:

a) De firmas, ratificacións e adhesións, recibidas con arreglo ó artigo 23;

b) Da data no que o presente Convenio entrará en vigor , con arreglo ó artigo 24;

c) Das denuncias recibidas con arreglo ó artigo 25.

Artigo 27

Cada parte no presente Convenio comprométese a adoptar, de conformidade coa súa Constitución, as medidas lexislativas ou de outra índole necesarias para garantir o presente Convenio.

Artigo 28

As disposicións do presente convenio avogarán, nas relacións entre as partes no mesmo, as disposicións dos instrumentos internacionais mencionados nos incisos 1, 2, 3, e 4 do segundo parágrafo do Preámbulo, cada un dos cales considerarase caducado cando tódalas Partes no mesmo chegasen a ser Partes no presente Convenio.

Protocolo final

Nada no presente Convenio poderá interpretarse en perxuicio de calquera lexislación que, para a aplicación das disposicións encamiñadas a obter a represión da trata de persoas e da explotación da prostitución allea, prevea as condicións máis severas que as estipuladas polo presente Convenio.

Las disposicións dos artigos 23 a 26 inclusive do convenio aplicaranse a este Protocolo.

 

 

Convención para reducir os casos de apátrida

Adoptada o 30 de agosto de 1961 por unha Conferencia de Plenipotenciarios que se reuniu en 1959 e novamente en 1961, en cumprimento coa Resolución 896 (IX) da Asemblea Xeral , de 4 de decembro de 1954.

Entrada en vigor: 13 de decembro de 1975, de conformidade co artigo 18.

 

Os Estados contratantes,

Actuando en cumprimento da resolución 896 (IX), adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 4 de decembro de 1954, e

Considerando conveniente reducir a apatridia mediante un acordo internacional,

Conviñeron no seguinte:

Artigo 1

1. Todo Estado contratante concederá a súa nacionalidade a persoa nacida no seu territorio que de 
outro modo sería apátrida. Esta nacionalidade concederase:

a) De pleno dereito no momento do nacemento, ou

b) Mediante solicitude presentada ante a autoridade competente polo interesado ou no seu nome, na forma prescrita pola lexislación do Estado de que se trate . Salvo o disposto no parágrafo 2 do presente artigo, a solicitude non poderá ser rexeitada.

2. Todo Estado contratante que teña unha lexislación que prevea a concesión da súa nacionalidade mediante solicitude, segundo o apartado b do presente parágrafo, poderá así mesmo conceder a súa nacionalidade de pleno dereito a idade e as condicións que prescriba a súa lexislación nacional.

3. Todo Estado contratante poderá subordinar a concesión da súa nacionalidade segundo o apartado do parágrafo 1 do presente artigo a unha ou máis das condicións seguintes:

a) Que a solicitude se presente dentro dun período fixado polo Estado contratante, que deberá comezar a máis tardar a idade de 18 anos e que non poderá rematar antes da idade de 21 anos, entendéndose que o interesado deberá dispoñer de un prazo dun ano, polo menos, para subscribir a solicitude persoalmente e sen habilitación;

b) Que o interesado residira habitualmente no territorio nacional por un período fixado polo Estado contratante, sen que poida esixirse unha residencia de máis de dez anos en total nin que o período inmediatamente anterior a presentación da solicitude exceda os cinco anos;

c) Que o interesado non fose condenado por un delicto contra a seguridade nacional nin a unha pena de cinco ou máis anos de prisión por un feito criminal;

d) Que o interesado non adquirira unha nacionalidade ó nacer ou posteriormente.

Non obstante o disposto no apartado b do parágrafo 1 e no parágrafo 2 do presente artigo, todo fillo nacido dentro do matrimonio no territorio dun Estado contratante que teña unha nai que sexa nacional dese Estado , adquirirá no momento do nacemento da nacionalidade de dito Estado si de outro modo sería apátrida.

4. Todo Estado contratante concederá a súa nacionalidade a persoa que de outro modo sería apátrida e que non puido adquirir a nacionalidade do Estado contratante cando naceu no territorio deste Estado por pasar a idade fixada para a presentación da solicitude ou por non reunir os requisitos de residencia esixidos, se no momento do nacemento do interesado un dos pais tiña nacionalidade do Estado contratante mencionado en primeiro termo.

Se os pais non tiñan a mesma nacionalidade no momento do nacemento da persoa, a lexislación do Estado contratante o que se lle solicite a nacionalidade determinará se esta persoa segue a condición do pai ou da nai . Se a nacionalidade así determinada se concede mediante a presentación dunha solicitude, tal solicitude deberá ser presentada pola persoa interesada ou no seu nome ante a autoridade competente e na forma prescrita polo lexislación do Estado contratante.

5. Todo Estado contratante poderá subordinar a concesión da súa nacionalidade segundo o parágrafo 4 do presente artigo a unha ou varias das condicións seguintes:

a) Que a solicitude se presente antes de que o interesado alcance a idade determinada polo Estado contratante, que non poderá ser inferior os 23 anos;

b) Que o interesado residira habitualmente no territorio do Estado contratante durante un período inmediatamente anterior á presentación da solicitude determinado por ese Estado, sen que poida esixirse que dito período exceda de tres anos;

c) Que o interesado non adquirise unha nacionalidade ó nacer ou posteriormente.

Artigo 2

Salvo proba en contrario, presúmese que un expósito que fora atopado no territorio dun Estado contratante nacido nese territorio, de pais que posúen a nacionalidade dese Estado.

Artigo 3

A efectos de determinar as obrigacións dos Estados contratantes na presente Convención, o nacemento a bordo dun buque ou nunha aeronave considerarase, segundo sexa o caso, como ocorrido no territorio do Estado pabellón enarbore o buque ou no territorio do Estado en que este matriculada a aeronave.

Artigo 4

1.Todo Estado contratante concederá a súa nacionalidade a unha persoa que non houbera nacido no territorio dun Estado contratante e que de outro modo sería apátrida se no momento do nacemento do interesado un dos pais tiña a nacionalidade do primeiro deses Estados. Se os pais non teñen a mesma nacionalidade no momento do nacemento da persoa, a lexislación de dito Estado contratante determinará se o interesado segue a condición do pai ou da nai. A nacionalidade a que se refire este parágrafo concederase:

a) De pleno dereito no momento do nacemento, ou;

b) Mediante solicitude presentada ante a autoridade competente polo interesado ou no seu nome, na forma prescrita pola lexislación do Estado de que se trate. Salvo o disposto no parágrafo 2 do presente artigo, a solicitude non poderá ser rexeitada.

2. Todo Estado contratante poderá subordinar a concesión da nacionalidade, segundo o parágrafo 1 do presente artigo, a unha ou varias condicións seguintes:

a) Que a solicitude se presente antes de que o interesado acade a idade determinada polo Estado contratante, a que non poderá ser inferior a 23 anos;

b) Que o interesado residira habitualmente no territorio do Estado contratante durante un período inmediatamente anterior a presentación da solicitude determinado por ese Estado, sen que poida esixírselle que dito período exceda de tres anos;

c) Que o interesado non fose condenado por un delicto contra a seguridade nacional;

d) Que o interesado non adquirira unha nacionalidade ó nacer ou posteriormente.

Artigo 5

Se a lexislación dun Estado contratante prevé a perda da nacionalidade como consecuencia dun cambio de estado tal como o matrimonio, a disolución do matrimonio , a lexitimación, o recoñecemento ou a adopción, dita perda estará suxeita a posesión ou a adquisición da nacionalidade de outro Estado.

Se, de conformidade coa lexislación dun Estado contratante, un fillo natural perde a nacionalidade de dito Estado como consecuencia de un recoñecemento de filiación, ofreceráselle a posibilidade de recobrala mediante unha solicitude presentada ante a autoridade competente, solicitude que non poderá ser obxecto de condicións máis estrictas que as determinadas no parágrafo 2 do artigo 1 da presente Convención.

Artigo 6

Se a lexislación dun Estado contratante prevé que o feito de que unha persoa perda a súa nacionalidade ou se vexa privada de ela entraña a perda de esa nacionalidade polo cónxuxe ou os fillos, a perda da nacionalidade por estes últimos estará subordinada a posesión ou a adquisición de outra nacionalidade.

Artigo 7

1.

a) Se a lexislación dun Estado contratante prevé a renuncia á nacionalidade, dita renuncia soamente será efectiva se o interesado ten ou adquire outra nacionalidade;

b) A disposición do apartado a do presente parágrafo non se aplicará cando a súa aplicación sexa incompatible cos principios enunciados nos artigos 13 e 14 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, aprobada o dez de decembro de 1948 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

2. O nacional dun Estado contratante que solicite a naturalización nun país estranxeiro non perderá a súa nacionalidade a menos que adquira ou se lle dera a seguridade de que adquirirá a nacionalidade de dito país.

Salvo no disposto nos parágrafos 4 e 5 do presente artigo, o nacional dun Estado contratante non poderá perder a súa nacionalidade, se o perdela se convertera en apátrida, polo feito de abandonar o país da nacionalidade que ten, residir no estranxeiro, deixar de inscribirse no rexistro correspondente a calquera outra razón análoga.

Os naturalizados poden perder a nacionalidade por residir no estranxeiro durante un período fixado pola lexislación do Estado contratante, que non poderá ser menor de sete anos consecutivos, se non declaran ante as autoridades competentes a súa intención de conservar a súa nacionalidade.

No caso dos nacionais dun Estado contratante nacidos fora do seu territorio, a lexislación de ese Estado poderá subordinar a conservación da nacionalidade, a partir do ano seguinte a data no que o interesado alcance a maioría d idade, o cumprimento do requisito de residencia en aquel momento no territorio do Estado ou de inscrición no rexistro correspondente.

Salvo nos casos a que se refire o presente artigo, unha persoa non perderá a nacionalidade de un Estado contratante, se dita pérdida pode convertela en apátrida, aínda que dita perda non este expresamente prohibida por ningunha outra disposición da presente convención.

Artigo 8

1. Os Estados contratantes non privarán da súa nacionalidade a unha persoa se esa privación a convertese en apátrida.

2. Non obstante o disposto no parágrafo 1 do presente artigo, unha persoa poderá ser privada da nacionalidade dun Estado contratante:

a) Nos casos en que, con arreglo os parágrafos 4 e 5 do artigo 7, cabe prescribir que perda a súa nacionalidade;

b) Cando esa nacionalidade fose obtida por declaración falsa ou fraude.

3. No obstante o disposto no parágrafo 1 do presente artigo, os Estados contratantes poderán conservar a facultade para privar a unha persoa da súa nacionalidade se no momento da firma, ratificación ou adhesión especifican que se reservarán tal facultade por un ou varios dos seguintes motivos, sempre que estes estén previstos na súa lexislación nacional nese momento:

a) Cando, en condicións incompatibles co deber de lealdade ó Estado contratante, a persoa,

i) A pesar de unha prohibición expresa do Estado contratante, prestara ou seguira prestando servicios a outro Estado, recibira ou seguira recibindo cartos de outro Estado, ou

ii) Se conducira dunha maneira gravemente prexudicial para os intereses esenciais do Estado;

b) Cando a persoa prestara xuramento de lealdade ou feito unha declaración formal de lealdade a outro Estado, ou dado probas decisivas da súa determinación de repudiar a lealdade que debe ó Estado contratante.

4. Os Estados contratantes só exercerán a facultade de privar a unha persoa da súa nacionalidade, nas condicións definidas nos parágrafos 2 ou 3 do presente artigo, en conformidade coa lei, a cal proporcionará o interesado a posibilidade de servirse de tódolos seus medios de defensa ante un tribunal ou calquera outro órgano independente.

Artigo 9

Os Estados contratantes non privarán da súa nacionalidade a ningunha persoa ou a ningún grupo de persoas, por motivos raciais relixiosos, étnicos ou políticos.

Artigo 10

Todo tratado entre os Estados contratantes que dispoña a transferencia dun territorio incluirá disposicións para asegurar que ningunha persoa se converterá en apátrida como resultado de dita transferencia. Os Estados contratantes porán o maior empeño en asegurar que ditas disposicións figuren en todo tratado de esa índole que concerten con un Estado que non sexa parte na presente Convención.

A falta de tales disposicións, o Estado contratante o que se cedera un territorio ou que de outra maneira adquirira un territorio concederá a súa nacionalidade as persoas que de outro modo converteríanse en apátridas como resultado da transferencia ou adquisición de dito territorio.

Artigo 11

Os Estados contratantes comprométense a promover a creación dentro da órbita das Nacións Unidas, tan pronto como sexa posible despois do depósito do sexto instrumento de ratificación ou adhesión, de un organismo o que poderán acudir as persoas que se crean con dereito a acollerse a presente Convención, para que examine a súa pretensión e as asista na presentación da mesma ante a autoridade competente.

Artigo 12

En relación con un Estado contratante que non conceda a súa nacionalidade de pleno dereito, segundo o parágrafo 1 do artigo 1 ou do artigo 4 da presente Convención, no momento do nacemento da persoa, unha ou outra disposición, segundo sexa o caso, será de aplicación as persoas nacidas tanto antes como despois da data de entrada en vigor da presente Convención.

O parágrafo 4 do artigo 1 da presente Convención será de aplicación as persoas nacidas tanto antes como despois da data de entrada en vigor da presente Convención.

O artigo 2 da presente Convención aplicarase só os expósitos emprazados no territorio dun Estado contratante despois da data de entrada en vigor da presente Convención para ese Estado.

Artigo 13

Nada do establecido na presente Convención oporase a aplicación das disposicións máis favorables para a reducción dos casos de apatridia que figuren na lexislación nacional en vigor nos Estados contratantes, ou en calquera outro tratado, convención ou acordo que este en vigor ou que se poña en vigor nos Estados contratantes, ou en calquera outro tratado, convención ou acordo que estr en vigor ou que entre en vigor entre dous ou máis Estados contratantes.

Artigo 14

Toda controversia que xurda entre Estados contratantes referente á interpretación ou a aplicación da presente Convención , que non poida ser solucionada por outros medios, poderá ser sometida a Corte Internacional de xustiza por calquera das partes na controversia.

Artigo 15

1. A presente Convención aplicarase a tódolos territorios non autónomos, en fideicomiso, coloniais e outros territorios non metropolitanos dos que as súas relacións internacionais estea encargado calquera Estado contratante; o Estado contratante interesado deberá, sen prexuicio das disposicións do parágrafo 2 do presente artigo, declarar no momento da firma, ratificación ou adhesión a que territorio ou territorios non metropolitanos aplicarase ipso facto a Convención en razón de tal firma, ratificación ou adhesión.

2. Nos casos en que, para os efectos da nacionalidade, un territorio non metropolitano non sexa considerado parte integrante do territorio metropolitano, ou nos casos en que se requira o previo consentimento de un territorio non metropolitano en virtude das leis ou prácticas constitucionais do Estado contratante ou do territorio non metropolitano para que a Convención se aplique a dito territorio, o Estado contratante tratará de lograr o consentimento necesario do territorio non metropolitano dentro do termo de 12 meses a partir da data da firma da Convención por ese Estado contratante, e cando se lograra tal consentimento o Estado contratante notificarao o Secretario Xeral das Nacións Unidas. A presente convención aplicarase o territorio ou territorios mencionados en tal notificación dende a data na que a reciba o Secretario Xeral.

3. Despois da expiración do remate de 12 meses mencionado no parágrafo 2 do presente artigo, os Estados contratantes interesados informarán o Secretario Xeral dos resultados das consultas celebradas con aqueles territorios non metropolitanos dos cales están encargados das súas relacións internacionais e dos que o seu consentimento para a aplicación da presente Convención quedara pendente

Artigo 16

A presente Convención quedará aberta a firma na Sede das Nacións Unidas do 30 de agosto de 1961 ó 30 de maio de 1962.

A presente Convención quedará aberta a firma:

a) De todos os Estados Membros das Nacións Unidas;

b) De calquera outro Estado invitado a Conferencia das Nacións Unidas sobre a supresión ou a reducción da apatridia no porvir;

c) De todo Estado o cal a Asemblea Xeral das Nacións Unidas dirixe unha invitación ó efecto da firma ou da adhesión.

A presente Convención será ratificada e os instrumentos de ratificación depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Os Estados a que se refire o parágrafo 2 do presente artigo poderán adherirse a esta Convención. A adhesión efectuarase mediante o depósito de un instrumento de adhesión efectuarase mediante o depósito dun instrumento de adhesión en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 17

No momento da firma, a ratificación ou adhesión, todo Estado pode formular reservas os artigos 11, 14 e 15.

Non poderá facerse ningunha outra reserva á presente Convención.

Artigo 18

A presente Convención entrará en vigor dous anos despois da data de depósito so sexto instrumento de ratificación ou adhesión.

Para todo Estado que ratifique ou se adira á presente Convención despois do depósito do sexto instrumento de ratificación ou adhesión, a Convención entrará en vigor o nonaxésimo día seguinte a data do depósito por dito Estado do seu instrumento de ratificación ou adhesión ou na data de entrada en vigor da Convención de acordo co parágrafo 1 do presente artigo se esta última data é posterior.

Artigo 19

Todo Estado contratante poderá renunciar a presente Convención en calquera momento, mediante notificación escrita dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas. A denuncia surtirá efecto respecto de dito Estado un ano despois da data en que o Secretario Xeral a recibise.

Nos casos en que, de conformidade co disposto no artigo 15, a presente Convención se fixera aplicable a un territorio non metropolitano dun Estado contratante, este, co consentimento do territorio de que se trate, poderá dende entonces, notificar en calquera momento ó Secretario Xeral das Nacións Unidas que denuncia a Convención polo que respecta a dito territorio, a denuncia surtirá efecto un ano despois da data en que foi recibida a notificación e da data en que recibira a tódolos demais Estados contratantes.

Artigo 20

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e os Estados non Membros mencionados no artigo 16;

a) As firmas, ratificacións e adhesións previstas no artigo 16;

b) As reservas formuladas con arreglo ó previsto no artigo 17;

c) A data na que a presente Convención entrará en vigor en aplicación do disposto no artigo 18;

d) As denuncias previstas no artigo 19.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas sinalará a atención da Asemblea Xeral, a máis tardar despois do depósito do sexto instrumento de ratificación ou adhesión, a cuestión da creación de conformidade co disposto no artigo 11, do organismo mencionado neste artigo.

Artigo 21

A presente Convención será rexistrada polo Secretario Xeral das Nacións Unidos na data da súa entrada en vigor.

EN FE DO CAL, os plenipotenciarios infraescritos firmaron a presente Convención.

FEITO EN NOVA YORK, o trinta de agosto de mil novecentos sesenta e un, en un só exemplar, con textos en chino, español, francés, inglés e ruso fan fe por igual, que será depositado nos arquivos das Nacións Unidas e do cal o Secretario Xeral das Nacións Unidas entregará copias debidamente certificadas a tódolos Estados Membros das Nacións Unidas e a tódolos Estados non membros os que se fai referencia no artigo 16 da presente Convención.

 

Convención sobre a nacionalidade da muller casada

 

Aberta a firma e ratificación pola Asemblea Xeral na súa Resolución 1040 (XI), de 29 de xaneiro de 1957.
Entrada en vigor: 11 de agosto de 1958, de conformidade co artigo 6.

 

Os Estados Contratantes,

Recoñecendo que xorden conflictos de lei e de práctica en materia de nacionalidade a causa das disposicións sobre a perda e a adquisición da nacionalidade da muller como resultado do matrimonio, da súa disolución, ou do cambio de nacionalidade do marido durante o matrimonio,

Recoñecendo que, no artigo 15 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou que toda persoa ten dereito a unha nacionalidade e que a ninguén se lle privará arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade,

Desexosos de cooperar coas Nacións Unidas para estender o respeto e a observancia universais dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais para todos sen distinción de sexo, 

Conviñeron nas seguintes disposicións:

Artigo 1

Os Estados contratantes conveñen en que nin a celebración nin a disolución do matrimonio entre nacionais e estranxeiros, nin o cambio de nacionalidade do marido durante o matrimonio, poderán afectar automaticamente nacionalidade da muller.

Artigo 2

Os Estados contratantes conveñen en que o feito de que un dos seus nacionais adquira voluntariamente a nacionalidade de outro Estado ou o de que renuncie a súa nacionalidade, non impedirá que a cónxuxe conserve a nacionalidade que posúe.

Artigo 3

1. Os Estados contratantes conveñen en que unha muller estranxeira casada con un dos seus nacionais poderá adquirir, se o solicita, a nacionalidade do marido, mediante un procedemento especial de naturalización privilexiada, con suxeición as limitacións que poidan impoñerse por razóns de seguridade ou de interese público.

2. Os Estados contratantes conveñen en que a presente Convención non poderá interpretarse no sentido de que afecte á lexislación ou a práctica xudicial que permitan a muller estranxeira de un dos seus nacionais adquirir de pleno dereito, se o solicita, a nacionalidade do marido.

Artigo 4

3. A presente Convención queda aberta á firma e a ratificación de calquera Estado Membro das Nacións Unidas e de calquera outro Estado que sexa ou chegue a ser membro de algún organismo especializado das Nacións Unidas, ou que sexa ou chegue a ser parte no Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, ou de calquera outro Estado o que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas dirixise unha invitación ó efecto.

4. A presente Convención deberá ser ratificada e os instrumentos de ratificación deberán ser depositados en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 5

5. Todos os Estados os que se refire o parágrafo 1 do artigo 4 poderán adherirse á presente Convención.

6. A adhesión efectuarase depositando un instrumento de adhesión en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 6

7. A presente Convención entrará en vigor noventa días despois da data en que se depositara o sexto instrumento de adhesión ou de ratificación.

8. Para cada un dos Estados que ratifiquen a Convención ou se adhiran e ela despois de depositado o sexto instrumento de ratificación ou de adhesión, a Convención entrará en vigor noventa días despois da data en que ese Estado depositara o respectivo instrumento de ratificación ou adhesión.

Artigo 7

9. A presente Convención aplicarase a tódolos territorios non autónomos, en fideicomiso, coloniais e outros territorios non metropolitanos dos que das súas relacións internacionais este encargado calquera Estado contratante; o Estado contratante interesado deberá con suxeición ás disposicións do parágrafo 2 do presente artigo, declarar no momento da firma, ratificación ou adhesión a que territorio non metropolitano ou a que outros territorios se aplicará ipso facto a Convención en razón de tal firma, ratificación ou adhesión.

10. Nos casos en que, para os efectos da nacionalidade, un territorio non metropolitano non sexa considerado parte integrante do territorio metropolitano, ou nos casos en que se requira o previo consentimento dun territorio non metropolitano en virtude das leis ou prácticas constitucionais do Estado contratante ou do territorio non metropolitano para que a Convención se aplique a dito territorio, aquel Estado contratante tratará de lograr o consentimento necesario do territorio non metropolitano dentro dun prazo de doce meses a partir da data da firma da Convención por ese Estado contratante, e cando se lograra tal consentimento do Estado contratante notificarao o Secretario Xeral das Nacións Unidas . A presente Convención aplicarase ó territorio ou territorios mencionados en tal notificación a partir da data da súa recepción polo Secretario Xeral.

11. Despois da expiración do lapso de doce meses mencionando no parágrafo 2 do presente artigo, os Estados contratantes interesados informarán ó Secretario Xeral sobre os resultados das consultas celebradas con aqueles territorios non metropolitanos dos que as súas relacións internacionais estén encargados e o seu consentimento para a aplicación quedara pendente.

Artigo 8

12. No momento da firma, da ratificación ou da adhesión, todo Estado poderá formular reservas a calquera artigo da presente Convención, con excepción dos artigos 1 e 2.

13. Toda reserva formulada conforme ó parágrafo 1 do presente artigo non afectará o carácter obrigatorio da Convención entre o Estado que fixera a reserva e os demais Estados partes, con excepción da disposición ou as disposicións que foran obxecto de reserva. O Secretario Xeral das Nacións Unidas comunicará o texto de esa reserva a tódolos Estados que sexan ou cheguen a ser partes na Convención. Todo Estado parte na Convención ou que chegue a ser parte na mesma poderá notificar ó Secretario Xeral que non está disposto a considerarse obrigado pola Convención con respecto ó Estado que formulase a reserva. Esta notificación deberá facerse, no que concerne a Estados que xa sexan partes na Convención, dentro dos noventa días seguintes a data da comunicación do Secretario Xeral e, no que concerne a Estados que os Estados que ulteriormente cheguen a ser partes na Convención dentro dos noventa días seguintes a data do depósito do instrumento de ratificación ou adhesión. En caso de que se houbera feito tal notificación, considerarase que a Convención non é aplicable entre o Estado autor da notificación e o Estado que fixera a reserva.

14. O Estado que formule unha reserva conforme o parágrafo 1 do presente artigo poderá retirala, na súa totalidade ou en parte, en calquera momento despois da súa aceptación, enviando para elo unha notificación do Secretario Xeral das Nacións Unidas. Esta notificación surtirá efecto na data da súa recepción.

Artigo 9

15. Todo Estado contratante poderá denunciar á presente Convención mediante unha notificación escrita dirixida ó Secretario Xeral das Nacións Unidas. A denuncia surtirá efecto un ano despois da data en que o Secretario Xeral reciba a notificación.

16. A presente Convención quedará derogada na data en que surta efecto a denuncia que reduza a menos de seis o número de Estados contratantes.

Artigo 10

Toda cuestión que xurda entre dous ou máis Estados contratantes sobre a interpretación ou a aplicación da presente Convención, que non sexa resolta por medio de negociacións, será sometida a Corte Internacional de Xustiza , para que a resolva, a petición de calquera das partes en conflicto, salvo que as partes interesadas conveñan en outro modo de solucionala.

Artigo 11

O Secretario Xeral das Nacións Unidas notificará a tódolos Estados membros das Nacións Unidas e os Estados non membros os que se refire o parágrafo 1 do artigo 4 da presente Convención:

a) As firmas e os instrumentos de ratificación depositados en cumprimento do artigo 4;

b) Os instrumentos de adhesión depositados en cumprimento do artigo 5;

c) A data en que a presente Convención entrará en vigor segundo o artigo 6;

d) As comunicacións e notificacións que se reciban, segundo o disposto no artigo 8;

e) As notificacións de denuncias recibidas segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 9;

f) A derogación da Convención segundo o disposto no parágrafo 2 do artigo 9.

Artigo 12

17. A presente Convención, con textos en chino español, francés, inglés e ruso fan fe por igual, quedará depositada nos arquivos das Nacións Unidas.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas enviará copia certificada da Convención a tódolos Estados Membros e os Estados non Membros a que se refire o parágrafo 1 do artigo 4.

 

 

Convención internacional sobre a protección dos dereitos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares

Adoptada pola Asemblea Xeral na súa resolución 45/158, de 18 de decembro de 1990.

Preámbulo

Os Estados Partes na presente Convención,

Tendo en conta os principios consagrados nos instrumentos fundamentais das Nacións Unidas en materia de dereitos humanos, en particular a Declaración Universal de Dereitos Humanos, o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, a Convención Internacional sobre a Eliminación de tódalas formas de Discriminación Racial, a Convención sobre a eliminación de tódalas formas de discriminación contra a muller e a Convención sobre os Dereitos do Neno,

Tendo en conta tamén os principios e normas establecidas nos instrumentos pertinentes elaborados no marco da Organización Internacional do Traballo, en especial o Convenio relativo os traballadores migrantes (nº97), o Convenio sobre as migracións en condicións abusivas e a promoción da igualdade de oportunidades e de trato dos traballadores migrantes (Nª 143), a Recomendación sobre os traballadores migrantes (Nº86), a Recomendación sobre os traballadores migrantes (Nº 151), o Convenio relativo o traballo forzoso ou obrigatorio, (Nº 29) e o Convenio relativo a abolición do traballo forzoso (105),

Reafirmando a importancia dos principios consagrados na Convención relativa á loita contra as discriminacións na esfera da ensinanza, da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a ciencia e a cultura , recordando a Convención contra a Tortura e Outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes, a Declaración do Cuarto Congreso das Nacións Unidas sobre Prevención do Delicto e Tratamento do Delincuente, o código de conducta para funcionarios encargados de facer cumprir a lei e as Convencións sobre a escravitude,

Recordando que un dos obxectivos da Organización internacional do Traballo, como se establece na súa Constitución, é a protección dos intereses dos traballadores empregados en países distintos do propio, e tendo en conta os coñecementos e a experiencia en dita organización nas cuestións relacionadas cos traballadores migratorios e cos seus familiares,

Recoñecendo a importancia do traballo realizado en relación cos traballadores migratorios e os seus familiares en distintos órganos das Nacións Unidas, particularmente na Comisión de Dereitos Humanos e a Comisión de Desenvolvemento Social, así como na Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura e a Organización Mundial da Saúde e en outras organizacións internacionais.

Recoñecendo tamén os progresos realizados por algúns Estados mediante acordos rexionais ou bilaterais para a protección dos dereitos dos traballadores migratorios e dos seus familiares, así como a importancia e a utilidade dos acordos bilaterais e multilaterais nesta esfera,

Comprendendo a importancia e a magnitude do fenómeno das migracións, que abarca a millóns de persoas e afecta a un gran número de Estados da Comunidade Internacional,

Conscientes da repercusión que as corrente de traballadores migratorios teñen sobre os Estados e os pobos interesados, e desexosos de establecer normas que poidan contribuír a harmonizar as actitudes dos estados mediante a aceptación dos principios fundamentais relativos o tratamento dos traballadores migratorios dos seus familiares,

Considerando a situación de vulnerabilidade en que con frecuencia se atopan os traballadores migratorios e as súas familias debido, entre outras cousas, á súa ausencia do Estado de orixe e as dificultades coas que tropezan en razón da súa presencia no Estado de emprego,

Convencidos de que os dereitos dos traballadores migratorios e dos seus familiares non foron debidamente recoñecidos en todas partes e, por tanto, requiren unha protección internacional apropiada,

Tendo en conta o feito de que a miúdo a migración é causa de graves problemas para os familiares dos traballadores migratorios, así como para os propios traballadores, particularmente debido á dispersión da familia,

Tendo presente que os problemas humanos que establece a migración son aínda máis graves no caso da migración irregular, e convencidos por tanto de que se debe alentar a adopción de medidas a fin de evitar e e eliminar os movementos e o tránsito clandestinos dos traballadores migratorios, asegurándolles á vez a protección dos seus dereitos humanos fundamentais,

Considerando que os traballadores non documentados ou que se atopan en situación irregular son empregados frecuentemente en condicións de traballo menos favorables que as de outros traballadores e que para determinadas empresas esto constitúe un aliciente para buscar ese tipo de man de obra co obxecto de obter os beneficios de unha competencia desleal,

Considerando tamén que a práctica de empregar a traballadores migratorios que estean en situación irregular será desalentada si se recoñecen máis amplamente os dereitos humanos fundamentais de tódolos traballadores migratorios e, ademais, que a concesión de determinados dereitos adicionais os traballadores migratorios e os seus familiares que estean en situación regular alentará a tódolos traballadores migratorios a respectar e cumprir as leis e procedementos establecidos polos interesados,

Convencidos, por esto, da necesidade de lograr a protección internacional dos dereitos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares, reafirmando e establecendo normas fundamentais nunha convención ampla que teña aplicación universal,

Conviñeron no seguinte:

PARTE I - Alcance e definicións

Artigo 1

1. A presente Convención será aplicable, salvo cando en ela se dispoña outra cousa, a tódolos traballadores migratorios e os seus familiares sen distinción algunha por motivos de sexo, raza, color, idioma, relixión ou convicción, opinión política ou de outra índole, orixe nacional, étnico ou social, nacionalidade ou idade, situación económica, patrimonio, estado civil, nacemento ou calquera outra condición.

2. A presente Convención será aplicable durante todo proceso de migración dos traballadores migratorios e os seus familiares, que comprende a preparación para a migración, a partida, o tránsito e todo período de estancia e de exercicio dunha actividade remunerada no Estado de emprego, así como o regreso o Estado de orixe ou o Estado de residencia habitual.

Artigo 2

Os efectos da presente Convención:

1. Entenderase por “traballador migratorio” toda persoa que vaia a realizar, realice ou realizase unha actividade remunerada en un Estado do que non sexa nacional;

2.

a) Entenderase por “traballador fronteirizo” todo traballador migratorio que conserve a súa residencia habitual nun Estado veciño, o que normalmente regrese cada día ou polo menos unha vez por semana;

b) Entenderase por “traballador de temporada” todo traballador migratorio para o que o traballo, pola súa propia natureza, dependa de condicións estacionais e só se realice durante parte do ano;

c) Entenderase por “mariño”, termo que inclúe os pescadores, todo traballador migratorio empregado a bordo dunha embarcación rexistrada nun Estado do que non sexa nacional;

d) Entendemos por “traballador dunha estructura mariña” todo traballador migratorio empregado en unha estructura mariña que se atope baixo a xurisdicción dun Estado do que non sexa nacional;

e) Entenderase por “traballador itinerante” todo traballador migratorio que, aínda tendo a súa residencia habitual nun Estado, teña que viaxar a outro Estado ou outros Estados por períodos breves, debido a súa ocupación;

f) Entenderase por “traballador vinculado a un proxecto” todo traballador migratorio admitido a un Estado de emprego por un prazo definido para traballar soamente nun proxecto concreto que realice en ese Estado o seu empregados;

g) Entenderase por “traballador con emprego concreto” todo traballador migratorio:

  • Que fose enviado polo seu empregados por un prazo limitado e definido a un Estado de emprego para realizar unha tarefa ou función concreta;
  • Que realice, por un prazo limitado e definido, un traballo que requira coñecementos profesionais, comerciais, técnicos ou altamente especializados de outra índole; ou
  • Que, a solicitude do seu empregador no Estado de emprego, realice por un prazo limitado e definido un traballo de carácter transitorio ou breve;
  • E que deba saír do Estado de emprego ó expirar o prazo autorizado da súa estancia,ou antes, si deixa de realizar a tarefa ou función concreta ou o traballo a que se fixo referencia;

h) Entenderase por “traballador por conta propia” todo traballador migratorio que realice unha actividade remunerada sen ter contrato de traballo e obteña a súa subsistencia mediante esta actividade, traballando normalmente só ou xunto cos seus familiares, así como todo traballador migratorio recoñecido como traballador por conta propia pola lexislación aplicable do Estado de emprego ou polos acordos bilaterais ou multilaterais.

Artigo 3

A presente Convención non se aplicará a:

a) As persoas enviadas ou empregadas por organizacións e organismos internacionais e as persoas enviadas ou empregadas por un Estado fora do seu territorio para desempeñar funcións oficiais, para as que a admisión e a condición xurídica estean regulados polo dereito internacional xeral ou por acordos ou convenios internacionais concretos;

b) As persoas enviadas ou empregadas por un Estado fora do seu territorio, ou por un empregador no seu nome, que participen en programas de desenrolo e en outros programas de cooperación, a súa admisión e condición xurídica estean reguladas por un acordo co Estado de emprego e que, de conformidade con ese acordo, non sexan considerados traballadores migratorios;

c) As persoas que se instalen en un país distinto do seu Estado de orixe en calidade de investidores;

d) Os refuxiados e os apátridas, a menos que estea previsto que se aplique a estas persoas na lexislación nacional pertinente do Estado Parte de que se trate ou en instrumentos internacionais en vigor nese Estado;

e) Os estudiantes e as persoas que reciben capacitación;

f) Os mariños e os traballadores en estructuras mariñas que non fosen autorizadas a residir e exercer unha actividade remunerada no Estado de emprego.

Artigo 4

Os efectos da presente Convención, o termo “familiares” refírese as persoas casadas con traballadores migratorios ou que manteñan con eles unha relación que, de conformidade co dereito aplicable, produza efectos equivalentes ó matrimonio, así como os fillos o seu cargo e a outras persoas o seu cargo recoñecidas como familiares pola lexislación aplicable ou por acordos bilaterais ou multilaterais aplicables entre os Estados de que se trate.

Artigo 5

Os efectos da presente Convención, os traballadores migratorios e os seus familiares:

a) Serán considerados documentados ou en situación regular se foron autorizados a ingresar, a permanecer e a exercer unha actividade remunerada no Estado de emprego de conformidade coas lais dese Estado e os acordos internacionais en que ese Estado sexa parte;

b) Serán considerados non documentados ou en situación irregular senón cumpren as condicións establecidas no inciso a) de este artigo.

Artigo 6

Os efectos da presente Convención

a) Por “Estado de orixe” entenderase o Estado do que sexa nacional a persoa de que se trate;

b) Por “Estado de emprego” entenderase o Estado onde o traballador migratorio vaia a realizar, realice ou realizase unha actividade remunerada, segundo o caso;

c) Por “Estado de tránsito” entenderase calquera Estado polo que pase o interesado en un viaxe o Estado de emprego ou do Estado de emprego o Estado de orixe ou o Estado de residencia habitual.

PARTE II - Non discriminación do recoñecemento de dereitos

Artigo 7

Os Estados Partes comprometeranse, de conformidade cos instrumentos internacionais sobre dereitos humanos, a respectar e asegurar a tódolos traballadores migratorios e os familiares que estean dentro do seu territorio ou sometidos á xurisdicción os dereitos previstos na presente Convención, sen distinción algunha por motivos de sexo, raza, color, idioma, relixión ou convicción, opinión política ou de outra índole, orixe nacional, étnico ou social, nacionalidade, idade, situación económica, patrimonio, estado civil, nacemento ou calquera outra condición.

PARTE III - Dereitos humanos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares

Artigo 8

a) Os traballadores migratorios e os seus familiares poderán saír libremente de calquera Estado, incluído o seu Estado de orixe. Ese dereito non estará sometido a restricción algunha, salvo as que sexan establecidas pola lei, sexan necesarias para protexer a seguridade nacional, a orde pública, a saúde ou a moral públicas ou os dereitos e liberdades alleos e que sexan compatibles con outros dereitos recoñecidas na presente parte da Convención.

b) Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a regresar en calquera momento o seu Estado de orixe e permanecer en el.

Artigo 9

O dereito á vida dos traballadores migratorios e os seus familiares estará protexido por lei.

Artigo 10

Ningún traballador migratorio ou familiar seu será sometido a torturas nin a tratos inhumanos ou crueis, inhumanos ou degradantes.

Artigo 11

1. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será sometido a escravitude nin servidume.

2. Non se esixirá os traballadores migratorios nin os seus familiares que realicen traballos forzosos ou obrigatorios.

3. O parágrafo 2 do presente artigo non obstará para que os Estados nos cales a súa lexislación admita para certos delictos penas de prisión con traballos forzosos poidan impoñer estes en cumprimento da sentencia dictada por un tribunal competente.

4. Os efectos deste artigo, a expresión “traballos forzosos ou obrigatorios” non incluirá:

a) Ningún traballo ou servicio, no previsto no parágrafo 3 deste artigo, que normalmente deba realizar unha persoa que, en virtude de unha decisión da xustiza ordinaria, estea detida ou fose posta ulteriormente en situación de liberdade condicional;

b) Ningún servicio esixido en casos de emerxencia ou de desastre que ameacen a vida ou o benestar da comunidade;

c) Ningún traballo ou servicio que forme parte das obrigacións civís normais, na medida en que se impoña tamén os cidadáns do Estado de que se trate.

Artigo 12

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a liberade de pensamento, de conciencia e de relixión. Este dereito incluirá liberdade de profesar ou de adoptar a relixión ou crenza da súa elección, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou crenza, individual ou colectivamente, tanto en público como en privado, mediante o culto, a celebración de ritos, as prácticas e a ensinanza.

2. Os traballadores migratorios e os seus familiares non serán sometidos a coacción algunha que limite a súa liberdade de profesar e adoptar unha relixión ou crenza da súa elección.

3. O exercicio do dereito previsto no parágrafo 2 do presente artigo entraña obrigas e responsabilidades especiais. Polo tanto, poderá ser sometido a certas restriccións, a condición de que estas foran establecidas por lei e sexan necesarias para:

a) Respectar os dereitos o bo nome dos alleos;

b) Protexer a seguridade nacional dos Estados de que se trate, a orde pública ou a saúde e moral públicas;

c) Previr toda propaganda en favor da guerra;

d) Previr toda apoloxía do odio nacional, racial ou relixioso que constitúa incitación á discriminación, a hostilidade e a violencia.

Artigo 13

O dereito de opinión dos traballadores migratorios e os seus familiares non será obxecto de inxerencia algunha.

Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á liberdade de expresión; este dereito comprende a liberdade de recabar, recibir e difundir información e ideas de toda índole, sen limitacións de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou en forma impresa ou artística, ou por calquera outro medio da súa elección.

O exercicio do dereito previsto no párrafo 2 do presente artigo entraña obrigas e responsabilidades especiais. Polo tanto, poderá ser sometido a certas restriccións, a condición de que éstas fosen establecidas por lei e sexan necesarias para:

a) Respectar os dereitos ou o bo nome alleos;

b) Protexer a seguridade nacional dos Estados de que se trate, a orde pública ou a saúde ou a moral públicas;

c) Previr toda a propaganda en favor da guerra;

d) Previr toda apoloxía do odio nacional, racial ou relixioso que constitúa incitación á discriminación, a hostalidade ou a violencia.

Artigo 14

Ningún traballador migratorio ou familiar seu será sometido a inxerencias arbitrarias ou ilegais na súa vida privada, familia, fogar, correspondencia ou outras comunicacións nin ataques ilegais contra o seu honor e o seu bo nome, Tódolos traballadores migratorios terán dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques.

Artigo 15

Ningún traballador migratorio ou familiar seu será privado arbitrariamente dos seus bens, xa sexan de propiedade persoal exclusiva ou en asociación con outras persoas. Cando en virtude da lexislación vixente no estado de emprego, os bens dun traballador migratorio ou de un familiar seu sexan expropiados total ou parcialmente, a persoa interesada terá dereito a unha indemnización xusta e apropiada.

Artigo 16

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á liberdade e a seguridade persoais.

2. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á protección efectiva do Estado contra toda violencia, dano corporal, ameaza ou intimidación por parte de funcionarios públicos ou de particulares, grupos ou institucións.

3. A verificación polos funcionarios encargados de facer cumprir a lei da identidade dos traballadores migratorios ou dos seus familiares realizarase con arreglo os procedementos establecidos pola lei.

4. Os traballadores migratorios ou os seus familiares non serán sometidos, individual nin colectivamente, a detención ou previsións arbitrarias; non serán privadas da súa liberdade, salvo por motivos e de conformidade cos procedementos que a lei estableza.

5. Os traballadores migratorios e os seus familiares que sexan detidos serán informados no momento da detención, de ser posible en un idioma que comprendan, dos motivos de esta detención, e notificaráselles prontamente, en un idioma que comprendan, as acusacións que se lles formularon.

6. Os traballadores migratorios e os seus familiares detidos ou presos a causa dunha infracción penal serán levados sen demora ante un xuíz ou outro funcionario autorizado pola lei para exercer funcións xudiciais e terán dereito a ser xulgados nun prazo razoable ou a ser postos en liberdade. A prisión preventiva das persoas que deberán ser xulgadas non debe ser a regra xeral, pero a súa liberdade poderá estar subordinada a garantías que aseguren a comparecencia do acusado no acto do xuízo ou en calquera outro momento das dilixencias procesuais e, no seu caso, para a execución do fallo.

7. Cando un traballador migratorio ou un familiar sexa arrestado, recluído en prisión ou detido en espera de xuízo ou sometido a calquera outro tipo de detención:

a) As autoridades consulares ou diplomáticos do seu Estado de orixe, ou de un Estado que represente os intereses do Estado de orixe, serán informados sen demora, e o interesado terá tamén dereito a recibir sen demora as comunicacións de ditas autoridades;

b) A persoa interesada terá dereito a comunicarse con esas autoridades. Toda comunicación dirixida polo interesado a esas autoridades será remitida sen demora, e o interesado terá tamén dereito a recibir sen demora as comunicacións de ditas autoridades;

c) Informarase sen demora o intereso de este dereito e dos dereitos derivados dos tratados pertinentes, si son aplicables entre os Estados de que se trate, a intercambiar correspondencia e reunirse con representantes de esas autoridades e a facer xestións con eles para a súa representación legal.

8. Os traballadores migratorios e os seus familiares que sexan privados da súa liberdade por detención ou prisión terán dereito a incoar procedementos ante un tribunal, a fin de que este poida decidir sen demora acerca da legalidade da súa detención e ordenar a súa liberdade se a detención non fose legal. No exercicio de este recurso, recibirán a asistencia, gratuíta se fose necesario, de un intérprete cando non puideron entender ou falar no idioma utilizado.

9. Os traballadores migratorios e os seus familiares que foran víctimas de detención ou prisión ilegal terán dereito a esixir unha indemnización.

Artigo 17

1. Todo traballador migratorio ou familiar seu privado de liberdade será tratado humanamente e co respecto debido á dignidade inherente ó ser humanos e a súa identidade cultural.

2. Os traballadores migratorios e os seus familiares acusados estarán separados dos condenados, salvo en circunstancias excepcionais, e sometidos a un réxime distinto, adecuado a súa condición de persoas non condenadas. Se foran menores de idade, estarán separados dos adultos e a vista da súa causa terá lugar con maior celeridade.

3. Todo traballador migratorio ou familiar seu que se atope detido nun Estado de tránsito ou no Estado de emprego por violación das disposicións sobre migración será aloxado, na medida do posible, nos locais distintos dos destinados ás persoas condenadas ou as persoas detidas que esperen a ser xulgadas.

4. Durante todo o período de prisión en cumprimento dunha sentencia imposta por un tribunal, o tratamento do traballador migratorio ou familiar seu terá por finalidade esencial da súa reforma e readaptación social. Os menores delincuentes estarán separados dos adultos e serán sometidos a un tratamento adecuado á súa idade e condición xurídica.

5. Durante a detención ou prisión, os traballadores migratorios e os seus familiares terán o mesmo dereito que os nacionais a recibir visitas de membros da súa familia.

6. Cando un traballador migratorio sexa privado da súa liberdade, as autoridades competentes do Estado do que se trate prestarán atención os problemas que se plantexen os seus familiares, en particular o cónxuxe e os fillos menores.

7. Os traballadores migratorios e os seus familiares sometidos a calquera forma de detención ou de prisión prevista polas leis vixentes no Estado de emprego ou no Estado de tránsito gozarán dos mesmos dereitos que os nacionais de ditos Estados que se atopen en igual situación.

8. Se un traballador migratorio ou un familiar seu é detido co obxecto de verificar unha infracción das disposicións sobre a migración, non correrán pola súa conta os gastos que ocasione este procedemento.

Artigo 18

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán iguais dereitos que os nacionais do Estado de que se trate ante os tribunais e as cortes de xustiza. Terán dereito a ser oídos publicamente e coas debidas garantías por un tribunal competente, independente e imparcial, establecido pola lei, na substanciación de calquera acusación de carácter penal formulada contra eles ou para a determinación dos dereitos ou obrigas de carácter civil.

2. Todo traballador migratorio ou familiar seu acusado dun delicto terá dereito a que se presuma a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade conforme a lei.

3. Durante o proceso, todo traballador migratorio ou familiar seu acusado dun delicto terá dereito as seguintes garantías mínimas:

a) A ser informado sen demora, nun idioma que comprenda e en forma detallada, da natureza e as causas da acusación formulada na súa contra;

b) A dispoñer do tempo e dos medios adecuados para a preparación da súa defensa e comunicarse con un defensor da súa elección;

c) A ser xulgado sen dilacións indebidas;

d) A estar presente no proceso e a defenderse persoalmente ou ser asistido por un defensor da súa elección; a ser informado, se non tivera defensor, do dereito que lle asiste a telo, e, sempre que o interese da xustiza o esixa, a que se lle nome defensor de oficio, gratuitamente se carecese de medios suficientes para pagalo;

e) A interrogar ou facer interrogar os testemuñas de cargo e a obter a comparecencia dos testemuñas de descargo e a que estes sexan interrogados nas mesmas condicións que os testemuñas de cargo;

f) A ser asistido gratuitamente por un intérprete, se non comprende ou non fala o idioma empregado polo tribunal;

g) A non ser obrigado a declarar contra sí mesmo nin considerarse culpable.

4. No procedemento aplicable ós menores, terase en conta a súa idade e a importancia de promover a súa readaptación social.

5. Todo traballador migratorio ou familiar seu declarado culpable dun delicto terá dereito a que o fallo condenatorio e a pena que se lle impuxo sexan examinados por un tribunal superior, conforme o prescrito pola lei.

6. Cando unha sentencia condenatoria firme contra un traballador migratorio ou un familiar seu fora ulteriormente revocada ou o condenado fose indultado por producirse ou descubrirse un feito plenamente probatorio da comisión de erro xudicial, quen sufrira unha pena como resultado de tal sentencia deberá ser indemnizado conforme a lei, a menos que se demostre que lle é imputable en todo ou en parte o non revelarse oportunamente o feito descoñecido.

7. Ningún traballador migratorio ou familiar seu poderá ser xulgado nin sancionado por un delicto mediante sentencia firme de acordo coa lei e o procedemento penal do Estado interesado.

Artigo 19

1. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non foran delictivos segundo o dereito nacional ou internacional; tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento da comisión. Se con posteridade a comisión do delicto a lei dispón a imposición dunha pena máis leve, o interesado beneficiarase desa disposición.

2. Ó dictar unha sentencia condenatoria por un delicto cometido por un traballador migratorio ou un familiar seu, deberanse considerar os aspectos humanitarios relacionados coa súa condición, en particular con respecto o seu dereito de residencia ou de traballo.

Artigo 20

1. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será encarcerado polo solo feito de non cumprir unha obriga contractual.

2. Ningún traballador migratorio ou familiar seu será privado da súa autorización de residencia ou permiso de traballo nin expulsado polo solo feito de non cumprir unha obriga emanada dun contrato de traballo, a menos que o cumprimento desa obriga constitúa unha condición necesaria para dita autorización ou permiso.

Artigo 21

Ningunha persoa que non sexa un funcionario público debidamente autorizado pola lei poderá confiscar, destruír ou intentar destruír documentos de identidade, autorizacións de entrada, estancia, residencia ou permanencia no territorio dun país nin permisos de traballo. Nos casos en que a confiscación de eses documentos estea autorizado, non poderá efectuarse sen a previa entrega dun recibo detallado. En ningún caso estará permitido destruír o pasaporte ou o documento equivalente de un traballador dun traballador migratorio ou dun familiar seu.

Artigo 22

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares non poderán ser obxecto de medidas de expulsan colectiva. Cada caso de expulsión será examinado e decidido individualmente.

2. Os traballadores e os seus familiares só poderán ser expulsados do territorio dun Estado Parte en cumprimento de unha decisión adoptada pola autoridade competente conforme á lei.

3. A decisión seralles comunicada nun idioma que o poidan entender. Seralles comunicada por escrito se o solicitasen e esto non fose obrigatorio por outro concepto, e salvo circunstancias excepcionais xustificadas por razóns de seguridade nacional, indicaranse tamén os motivos da decisión. Informarase os interesados de estes dereitos antes de que se pronuncie a decisión ou, a máis tardar, en ese momento.

4. Salvo cando unha autoridade xudicial dicte unha decisión definitiva, os interesados terán dereito a expoñer as razóns que lles asistan para opoñerse a súa expulsión, así como someter o seu caso a revisión ante a autoridade competente, a menos que razóns imperiosas de seguridade nacional se opoña a esto. Ata tanto se faga dita revisión, terán dereito a solicitar que se suspenda a execución da decisión de expulsión.

5. Cando unha decisión de expulsión xa executada sexa ulteriormente revocada, a persoa interesada terá dereito a reclamar a indemnización conforme a lei, e non se fará valer a decisión anterior para impedir a esa persoa que volva a ingresar o Estado do que se trate.

6. En caso de expulsión, o interesado terá oportunidade razoable antes ou despois da partida, par a arreglar o concernente o pago dos salarios e outras prestacións que se lle deban e o cumprimento das súas obrigas pendentes.

7. Sen perxuicio da execución de unha decisión de expulsión, o traballador migratorio ou familiar seu que sexa obxecto de ela poderá solicitar autorización de ingreso nun Estado que non sexa o seu Estado de orixe.

8. Os gastos a que de lugar o procedemento de expulsión de un traballador migratorio ou familiar seu non correrán pola súa conta. Poderá esixírselle que pague os seus propios gastos de viaxe.

9. A expulsión do Estado de emprego non menoscabará por sí sola ningún dos dereitos que adquirise de conformidade coa lexislación de ese Estado un traballador migratorio ou un familiar seu, incluído o dereito a recibir os salarios e outras prestacións que se lle deban.

Artigo 23

Os traballadores migratorios e os familiares terán dereito a recorrer a protección e a asistencia das autoridades consulares ou diplomáticas do seu estado de orixe, ou do Estado que represente os intereses de ese estado, en tódolos casos en que queden menoscabados os dereitos recoñecidos na presente Convención, en particular, en caso de expulsión, informarase sen demora de este dereito á persoa interesada, e as autoridades do Estado que dispuxera a expulsión facilitarán o exercicio do dereito.

Artigo 24

Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito, en todas partes, ó recoñecemento da súa personalidade xurídica.

Artigo 25

1. Os traballadores migratorios gozarán dun trato que non sexa menos favorable que o que reciben os nacionais do Estado de emprego no tocante a remuneración e de:

a) Outras condicións de traballo, e dicir, horas extraordinarias, horario de traballo, descanso semanal, vacacións pagadas, seguridade, saúde, fin da relación de emprego e calesqueira outras condicións de traballo que, conforme á lexislación e a práctica nacionais, estean comprendidas en ese termo;

b) Outras condicións de emprego, é dicir, idade mínima de emprego, restricción do traballo a domicilio e calquera outro asuntos que, conforme á lexislación e a práctica nacionais, se consideren condicións de emprego.

2. Non será legal menoscabar nos contratos privados de emprego o principio de igualdade de trato que se menciona na parágrafo 1 do presente artigo.

3. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas adecuadas para asegurar que os traballadores migratorios non sexan privados de ningún dos dereitos derivados de este principio a causa de irregularidades na súa permanencia ou emprego. En particular, os empregadores non quedarán exentos de ningunha obriga xurídica nin contractual, nin as súas obrigas se verán limitadas en forma algunha a causa de calquera de esas irregularidades.

Artigo 26

1. Os Estados Partes recoñecerán o dereito dos traballadores migratorios e os seus familiares a:

a) Participar nas reunións e actividades dos sindicatos ou de calquera outras asociacións establecidas conforme a lei, con miras a protexer os seus intereses económicos, sociais, culturais e de outra índole, con suxeición soamente as normas da organización pertinente;

b) Afiliarse libremente a calquera sindicato ou a calquera das asociacións citadas, con suxeición soamente as normas da organización pertinente;

c) Solicitar axuda e asistencia de calquera sindicato ou de calquera das asociacións citadas.

2. O exercicio de tales dereitos só poderá estar suxeito as restriccións previstas pola lei que sexan necesarias nunha sociedade democrática en interese da seguridade nacional ou da orde pública ou para protexer os dereitos e liberdades dos demais.

Artigo 27

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares gozarán no Estado de emprego, con respecto a seguridade social, do mesmo trato que os nacionais na medida en que cumpran los requisitos previstos na lexislación aplicable de ese Estado ou en tratados bilaterais e multilaterais aplicables. As autoridades competentes de ese Estado de orixe e do Estado de emprego poderán tomar en calquera momento as disposicións necesarias para determinar as modalidades de aplicación de esta norma.

2. Cando a lexislación aplicable non permita que os traballadores migratorios ou os seus familiares gocen de algunha prestación, o Estado de que se trate, sobre a base do trato outorgado os nacionais que estiveran en situación similar, considerará a posibilidade de reembolsarlles o monto das contribucións que houberan aportado en relación con esas prestacións.

Artigo 28

Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a recibir calquera tipo de atención médica urxente que resulte necesaria para preservar a súa vida ou para evitar danos irreparables a súa saúde en condicións de igualdade de trato cos nacionais do Estado de que se trate. Esa atención médica de urxencia non poderá negarse por motivos de irregularidade no que respecta a permanencia ou o emprego.

Artigo 29

Tódolos fillos dos traballadores migratorios terán dereito a ter un nome, o rexistro do seu nacemento e a ter unha nacionalidade.

Artigo 30

Tódolos fillos dos traballadores migratorios gozarán do dereito fundamental de acceso á educación en condicións de igualdade de trato cos nacionais do Estado de que se trate. O acceso dos dos fillos de traballadores migratorios as institucións de ensinanza preescolar ou as escolas públicas non poderá denegarse nin limitarse a causa da situación irregular no que respecta á permanencia ou o emprego de calquera dos pais, nin o carácter irregular da permanencia do fillo no Estado de emprego.

Artigo 31

1. Os Estados Partes velarán porque se respecte a identidade cultural dos traballadores migratorios e dos seus familiares e non impedirán que estes manteñan vínculos culturais cos seus Estados de orixe.

2. Os Estados Partes poderán tomar as medidas apropiadas para axudar e alentar os esforzos a este respecto.

Artigo 32

Os traballadores migratorios e os seus familiares, o rematar a súa permanencia no Estado de emprego, terán dereito a transferir os seus ingresos e aforros e, de conformidade coa lexislación aplicable dos Estados de que se trate, os seus efectos persoais e outras pertenzas.

Artigo 33

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a que o Estado de orixe , o Estado de emprego ou o Estado de tránsito, segundo corresponda, lles proporcione información acerca de:

a) Os seus dereitos con arreglo a presente Convención;

b) Os requisitos establecidos para a súa admisión, os seus dereitos e obrigas con arreglo a lei e a práctica do Estado interesado e calesqueira outras cuestións que lles permitan cumprir formalidades administrativas ou de outra índole en dito Estado.

2. Os Estados Partes adoptarán tódalas medidas que se consideren apropiadas para difundir a información mencionada ou velar porque sexa subministrada por empregadores, sindicatos ou outros órganos ou institucións apropiadas. Segundo corresponda, cooperarán cos demais Estados interesados.

3. A información adecuada será subministrada os traballadores migratorios e os seus familiares que a soliciten gratuitamente e, na medida do posible, en un idioma que poidan entender.

Artigo 34

Ningunha das disposicións da presente Convención terá por efecto eximir os traballadores migratorios e os seus familiares da obriga de cumprir as leis e regramentacións de tódolos Estados de tránsito e do Estado de emprego nin da obriga de respectar a identidade cultural dos habitantes deses Estados.

Artigo 35

Ningunha das disposicións da presente Parte da Convención interpretarse no sentido de que implica a regularización da situación de traballadores migratorios ou de familiares seus non documentados ou en situación irregular ou o dereito ou o dereito de que a súa situación sexa así regularizada, nin menoscabará as medidas encamiñadas a asegurar as condicións satisfactorias e equitativas para a migración internacional previstas na parte VI da presente Convención.

PARTE IV - Outros dereitos dos traballadores migratorios e os seus familiares que estean documentados ou se atopen en situación regular

Artigo 36

Os traballadores migratorios e os seus familiares que estean documentados ou se atopen en situación regular no Estado de emprego gozarán dos dereitos enunciados na presente Parte da Convención, ademais dos enunciados na presente Parte da Convención, ademais dos enunciados na Parte III.

Artigo 37

Antes da súa partida, ou a máis tardar no momento da súa admisión no Estado de emprego, os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a ser plenamente informados polo Estado de orixe ou polo Estado de emprego, segundo corresponda, de tódalas condicións aplicables a súa admisión e, particularmente, as relativas á súa estancia e as actividades remuneradas que poderán realizar, así como dos requisitos que deberán cumprir no Estado de emprego e as autoridades a que deberán dirixirse para que se modifiquen esas condicións.

Artigo 38

1. Os Estados de emprego farán todo o posible por autorizar os traballadores migratorios e os seus familiares a ausentarse temporalmente sen que esto afecte á autorización que teñan que permanecer ou traballar, segundo sexa o caso.

2. O facelo, os Estados de emprego deberán ter presentes as necesidades e obrigas especiais dos traballadores migratorios e os seus familiares, particularmente nos seus Estados de orixe.

3. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a ser informados plenamente das condicións en que estean autorizadas esas ausencias temporais.

Artigo 39

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito á liberdade de movemento no territorio do Estado de emprego e a escoller libremente en el a súa residencia.

2. Os dereitos mencionados no parágrafo 1 do presente artigo non estarán suxeitos a ningunha restricción, salvo as que estean establecidas por lei, sexan necesarias para protexer a seguridade nacional, a orde pública, a saúde ou a moral pública ou os dereitos e as liberdades dos demais e que sexan congruentes cos dereitos recoñecidos na presente Convención.

Artigo 40

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a establecer asociacións e sindicatos no Estado de emprego para o fomento e a protección de intereses económicos, sociais, culturais e de outra índole.

2. Non poderán impoñerse restriccións o exercicio de este dereito, salvo que as prescriba a lei e resulten necesarias nunha sociedade democrática en interese da democrática en interese da seguridade nacional ou da orde pública ou para protexer os dereitos e liberdades dos demais.

Artigo 41

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares terán dereito a participar nos asuntos públicos do seu Estado de orixe e a votar e ser elixidos en eleccións celebradas nese Estado, de conformidade coa súa lexislación.

2. Os Estados de que se trate facilitarán, segundo corresponda e de conformidade coa súa lexislación, o exercicio deses dereitos.

Artigo 42

1. Os Estados Partes considerarán a posibilidade de establecer procedementos ou institucións que permitan ter en conta, tanto nos Estados de orixe como nos Estados de emprego, as necesidades, aspiracións ou obrigas especiais dos traballadores migratorios e os seus familiares e considerarán tamén, segundo proceda, a posibilidade de que os traballadores migratorios e os seus familiares teñan en esas institucións os seus propios representantes libremente elixidos.

2. Os Estados de emprego facilitarán, de conformidade coa súa lexislación, a consulta ou a participación dos traballadores migratorios e os seus familiares nas decisións relativa á vida e a administración das comunidades locais.

3. Os traballadores migratorios poderán disfrutar de dereitos políticos no Estado de emprego se ese Estado, no exercicio da súa soberanía, concédelles tales dereitos.

Artigo 43

1.Os traballadores migratorios gozarán de igualdade de trato respecto dos nacionais do Estado de emprego en relación con:

a) Acceso a institucións e servicios de ensinanza, con suxeición os requisitos de admisión e outras regramentacións das institucións e servicios de que se trate;

b) Acceso a servicios de orientación profesional e colocación;

c) Acceso a servicios e institucións de formación profesional e readestramento;

d) Acceso á vivenda, con inclusión dos plans sociais de vivenda, e a protección contra a explotación en materia de alugamentos;

e) Acceso a cooperativas e empresas en réxime de autoxestión, sen que implique un cambio da súa a condición de traballadores migratorios e con suxeición as normas e os regramentos por que se rexan os órganos interesados;

f) Acceso a vida cultural e a participación en ela.

2. Os Estados Partes promoverán condicións que garantan unha efectiva igualdade de trato, a fin de que os traballadores migratorios poidan gozar dos dereitos enunciados no parágrafo 1 do presente artigo, sempre que as condicións establecidas para a súa estancia, con amaño a autorización do Estado de emprego, satisfagan os requisitos correspondentes.

3. Os Estados de emprego non impedirán que un empregador de traballadores migratorios instale vivendas ou servicios sociais ou culturais para elo. Con suxeición ó disposto no artigo 70 da presente Convención, o Estado de emprego poderá subordinar a instalación de eses servicios os requisitos xeralmente esixidos en ese Estado en relación coa súa instalación.

Artigo 44

1. Os Estados Partes, recoñecendo que a familia é o grupo básico natural e fundamental da sociedade e ten dereito a protección por parte da sociedade e do Estado, adoptarán as medidas apropiadas para asegurar a protección da unidade da familia do traballador migratorio.

2. Nos Estados Partes tomarán as medidas que estimen apropiadas e entren na esfera da súa competencia para facilitar a reunión dos traballadores migratorios cos seus cónxuxes ou con aquelas persoas que manteñan co traballador migratorio unha relación que, de conformidade co dereito aplicable, produza efectos equivalentes o matrimonio, igual que cos seus fillos solteiros menores de idade que estean ó seu cargo.

3. Os Estados de emprego, por razóns humanitarias, considerarán favorablemente conceder un trato igual o previsto no parágrafo 2 do presente artigo a outros familiares dos traballadores migratorios.

Artigo 45

1. Os familiares dos traballadores migratorios gozarán, no Estado de emprego, de igualdade de trato respecto dos nacionais de ese Estado en relación con:

a) Acceso a institucións e servicios de ensinanza, con suxeición os requisitos de ingreso e a outras normas das institucións e dos servicios dos que se trate;

b) Acceso a institucións e servicios de orientación e capacidade vocacional, a condición de que se cumpran os requisitos para a participación nos plans correspondentes;

c) Acceso a servicios sociais e de saúde, a condición de que se cumpran os requisitos para a participación nos plans correspondentes;

d) Acceso a vida cultural e a participación en ela.

2. Os Estados de emprego, en colaboración cos Estados de orixe, cando proceda, aplicarán unha política encamiñada a facilitar a integración dos fillos dos traballadores migratorios no sistema escolar local, particularmente no tocante a ensinanza do idioma local.

3. Os Estados de emprego procurarán facilitar os fillos dos traballadores migratorios a ensinanza na súa lingua e cultura maternas e, cando proceda, os Estados de orixe colaborarán a eses efectos.

4. Os Estados de emprego poderán establecer plans especiais de ensinanza na lingua materna dos fillos dos traballadores migratorios, en colaboración cos Estados de orixe se esto fose necesario.

Artigo 46

Os traballadores migratorios e os seus familiares estarán exentos, con suxeición á lexislación aplicable dos Estados de que se trate e os acordos internacionais pertinentes e as obrigas de ditos Estados dimanantes da súa participación en unións aduaneiras, do pago de dereitos e impostos en concepto de importación e exportación polos seus efectos persoais e aparellos domésticos , así como polo equipo necesario para o desempeño da actividade remunerada para a que foran admitidos no Estado de emprego:

a) No momento de saír do Estado de orixe ou do Estado de residencia habitual;

b) No momento da súa admisión inicial no Estado de emprego;

c) No momento da súa saída definitiva do Estado de emprego;

d) No momento do seu regreso definitivo ó Estado de orixe ou o Estado de residencia habitual.

Artigo 47

1. Os traballadores migratorios terán dereito a transferir os seus intereses e aforros, en particular, os fondos necesarios para o sustento dos seus familiares, do Estado de emprego o seu Estado de orixe ou a calquera outro Estado. Esas transferencias faranse con arreglo os procedementos establecidos na lexislación aplicable do Estado interesado ou de conformidade cos acordos internacionais aplicables.

2. Os Estados interesados adoptarán as medidas apropiadas para facilitar ditas transferencias.

Artigo 48

1. Sen perxuicio dos acordos aplicables sobre dobre tributación, os traballadores migratorios e os seus familiares, no que respecta os ingresos no Estado de emprego:

a) Non deberán pagar impostos, dereitos nin gravames de ningún tipo que sexan máis elevados ou gravosos que os que deban pagar os nacionais en circunstancias análogas;

b) Terán dereito a deduccións ou exencións de impostos de todo tipo e as desgravacións tributarias aplicables os nacionais en circunstancias análogas, incluídas as desgravacións tributarias por familiares o seu cargo.

2. Os Estados Partes procurarán adoptar as medidas apropiadas para evitar que os ingresos e os aforros dos traballadores migratorios e os seus familiares sexan obxecto de dobre tributación.

Artigo 49

1. Nos casos en que a lexislación nacional esixa autorizacións separadas de residencia e de emprego, os Estados de emprego outorgarán os traballadores migratorios unha autorización de residencia polo menos polo mesmo período de duración do seu permiso para desempeñar unha actividade remunerada.

2. Nos Estados de emprego nos que os traballadores migratorios teñan liberdade de elixir unha actividade remunerada, non se considerará que os traballadores migratorios atópanse en situación irregular, nin se lles retirará a súa autorización de residencia, polo solo feito do cese da súa actividade remunerada con anterioridade o vencemento do seu permiso de traballo ou autorización análoga.

3. A fin de permitir que os traballadores migratorios mencionados no parágrafo 2 do presente artigo teñan tempo suficiente para atopar outra actividade remunerada, non se lles retirará a súa autorización de residencia, polo menos por un período correspondente a aquel no que tiveran dereito a prestacións por desemprego.

Artigo 50

1. En caso de falecemento dun traballador migratorio ou de disolución do matrimonio, o Estado de emprego considerará favorablemente conceder a autorización para permanecer en el os familiares dese traballador migratorios que residan nese Estado en consideración da unidade da familia; o Estado de emprego terá en conta o período de tempo que eses familiares residiran nel.

2. Darase os familiares a quenes se conceda esa autorización tempo razoable para arreglar os seus asuntos no Estado de emprego antes de saír del.

3. Non poderá interpretarse que as disposicións dos parágrafos 1 e 2 de este artigo afectan adversamente o dereito a permanecer e traballar concedido a eses familiares pola lexislación do Estado de emprego ou por tratados bilaterais e multilaterais aplicables a ese Estado.

Artigo 51

Non se considerará que se atopen en situación irregular os traballadores migratorios que no seu Estado de emprego non están autorizados a elixir libremente a súa actividade remunerada, nin tampouco se lles retirará a súa autorización de residencia polo solo feito de que cesase a súa actividade remunerada con anterioridade o vencemento do seu permiso de traballo, excepto nos casos nos que a autorización de residencia dependa expresamente da actividade remunerada, con suxeición ás condicións e limitacións que se establezan en dito permiso.

Artigo 52

1. Os traballadores migratorios terán no Estado de emprego liberdade de elixir a súa actividade remunerada, con suxeición as restriccións ou condicións seguintes.

2. Respecto de calquera traballador migratorio, o Estado de emprego poderá:

a) Restrinxir o acceso a categorías limitadas de emprego, funcións, servicios ou actividades, cando esto era necesario en beneficio do Estado e estea previsto pola lexislación nacional;

b) Restrinxir a libre elección de unha actividade remunerada de conformidade coa súa lexislación relativa as condicións de recoñecemento de cualificacións profesionais adquiridas fora do territorio do Estado de Emprego. Sen embargo, os Estados Partes interesados tratarán de recoñecer estas cualificacións.

3. No caso de traballadores migratorios que teñan permiso de traballo de tempo limitado, o Estado de emprego tamén poderá:

a) Subordinar o dereito de libre elección de unha actividade remunerada a condición de que o traballador migratorio residira legalmente no territorio do Estado de emprego para os fins de exercer unha actividade remunerada por un período de tempo determinado na lexislación nacional de dito Estado que non sexa superior a dous anos;

b) Limitar o acceso do traballador migratorio a unha actividade remunerada en aplicación de unha política de outorgar prioridade os seus nacionais ou as persoas que estean asimiladas os seus nacionais para eses fins en virtude da lexislación vixente ou de acordos bilaterais ou multilaterais. As limitacións deste tipo non se aplicarán a un traballador migratorio que residira legalmente para os fins de exercer unha actividade remunerada por un período determinado na lexislación nacional de dito Estado que non sexa superior a cinco anos.

4. O Estado de emprego fixará as condicións en virtude das cales un traballador migratorio que fora admitido para exercer un emprego poderá ser autorizado a realizar traballos por conta propia. Terase en conta o período durante o cal o traballador residira legalmente no Estado de emprego.

Artigo 53

1. Os familiares dun traballador migratorio que teña autorización de residencia ou admisión non teña limite de tempo ou se renove automaticamente poderán elixir libremente unha actividade remunerada nas mesmas condicións aplicables a dito traballador migratorio de conformidade co artigo 52 da presente Convención.

2. En canto os familiares dun traballador migratorio a quenes non se lle permita elixir libremente a súa actividade remunerada, os Estados Partes considerarán favorablemente darlles prioridade, a efectos de obter o permiso para exercer unha actividade remunerada, respecto de outros traballadores que traten de lograr admisión no Estado de emprego, con suxeición os acordos bilaterais e multilaterais aplicables.

Artigo 54

1. Sen perxuicio das condicións da súa autorización residencia ou do seu permiso de traballo nin dos dereitos previstos nos artigos 25 e 27 da presente Convención, os traballadores migratorios gozarán de igualdade de trato respecto dos nacionais do Estado de emprego en relación con:

a) A protección contra os despedimentos;

b) As prestacións de desemprego;

c) Acceso os programas de obras públicas destinados a combater o desemprego;

d) Acceso a outro emprego en caso de quedar sen traballo ou darse termo a outra actividade remunerada, con suxeición o disposto no artigo 52 da presente Convención.

2. Se un traballador migratorio alega que o seu empregados violou as condicións do seu contrato de traballo , terá dereito a recorrer ante as autoridades competentes do Estado de emprego, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 18 da presente Convención.

Artigo 55

Os traballadores migratorios que obtiveran permiso para exercer unha actividade remunerada, con suxeición as condicións adscritas a dito permiso, terán dereito a igualdade de trato respecto dos nacionais do Estado de emprego no exercicio de esa actividade remunerada.

Artigo 56

1. Os traballadores migratorios e os seus familiares os que se refire a presente parte da Convención non poderán ser expulsados dun Estado de emprego salvo por razóns definidas na lexislación nacional de ese Estado e con suxeición as salvagardas establecidas na Parte III.

2. Non se poderá recorrer á expulsión como medio de privar a un traballador migratorio ou a un familiar seu dos dereitos emanados da autorización de residencia e o permiso de traballo.

3. O considerar se se vai a expulsar a un traballador migratorio ou a un familiar seu, deben terse en conta consideracións de carácter humanitario e tamén o tempo que a persoa de que se trate leve residindo no Estado de emprego.

PARTE V - Disposicións aplicables a categorías particulares de traballadores migratorios e os seus familiares

Artigo 57

Os traballadores migratorios e os seus familiares incluídos nas categorías particulares enumeradas na presente Parte da Convención que estean documentados ou en situación regular gozarán dos dereitos establecidos na Parte III e, con suxeición as modificacións que se especifican a continuación, dos dereitos establecidos na Parte IV.

Artigo 58

1. Os traballadores fronteirizos, definidos no inciso a) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na Parte IV que poidan corresponderlles en virtude da súa presencia e o seu traballo no territorio do Estado de emprego, tendo en conta que non estableceron a súa residencia habitual en dito Estado.

2. Os Estados de emprego considerarán favorablemente a posibilidade de outorgar os traballos fronteirizos do dereito a escoller libremente unha actividade remunerada logo dun período determinado. O outorgamento de ese dereito non afectará á súa condición de traballadores fronteirizos.

Artigo 59

1. Os traballadores de temporada, definidos no inciso b) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na parte IV que poidan corresponderlles en virtude da súa presencia e o seu traballo no territorio do Estado de emprego e que sexan compatibles coa súa condición de traballadores de temporada en ese Estado, tendo en conta o feito de que se atopen en ese Estado só unha parte do ano.

2. Estado de emprego, con suxeición o parágrafo 1 dese artigo, examinará a conveniencia de conceder os traballadores de temporada que estiveran empregados no seu territorio durante un período de tempo considerable a posibilidade de realizar outras actividades remuneradas, outorgándolles prioridade respecto de outros traballadores que traten de lograr a admisión en ese Estado, con suxeición os acordos bilaterais e multilaterais aplicables.

Artigo 60

Os traballadores itinerantes, definidos no inciso e) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán de todos os dereitos recoñecidos na Parte IV que poidan corresponderlles en virtude da súa presencia e o seu traballo no territorio do Estado de emprego e que sexan compatibles coa súa condición de traballadores itinerantes.

Artigo 61

1. Os traballadores vinculados a un proxecto, definidos no inciso f) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, e os familiares gozarán dos dereitos recoñecidos na Parte IV, salvo os establecidos nos incisos b) e c) do parágrafo 1 do artigo 43, no inciso d) do parágrafo 1 do artigo 45 e nos artigos 52 a 55.

2. Se un traballador vinculado a un proxecto alega que o seu empregador violou as condicións do seu contrato de traballo, terá dereito a recorrer ante as autoridades competentes do Estado que teñan xurisdicción sobre o empregador, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 18 da presente Convención.

3. Con suxeición os acordos bilaterais ou multilaterais que se lles apliquen, os Estados Partes procurarán conseguir que os traballadores vinculados a un proxecto estean debidamente protexidos polos sistemas de seguridade social dos seus Estados de orixe ou de residencia habitual durante o tempo que estean vinculados o proxecto. Os Estados Partes interesados tomarán medidas apropiadas a fin de evitar toda denegación de dereitos ou duplicación de pagos a este respecto.

4. Sen perxuicio do disposto no artigo 47 da presente Convención e nos acordos bilaterais ou multilaterais pertinentes, os Estados Partes interesados permitirán que os ingresos dos traballadores vinculados a un proxecto se abonen no seu Estado de orixe ou de residencia habitual.

Artigo 62

1. Os traballadores con emprego concreto, definidos no inciso g) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na parte IV, con excepción do disposto nos incisos b) e c) do parágrafo 1 do artigo 43, no inciso d) do parágrafo 1 do artigo 43 no referente os plans sociais de vivenda, no artigo 52 e no inciso d) do parágrafo 1 do artigo 54.

2. Os familiares dos traballadores con emprego concreto gozarán dos dereitos que se lles recoñecen os familiares dos traballadores migratorios na Parte IV, da presente Convención, con excepción do disposto no artigo 53.

Artigo 63

1. Os traballadores por conta propia, definidos no inciso h) do parágrafo 2 do artigo 2 da presente Convención, gozarán dos dereitos recoñecidos na parte IV, salvo os que sexan aplicables exclusivamente os traballadores que teñen contrato de traballo.

2. Sen perxuicio do disposto nos artigos 52 e 79 da presente Convención, a terminación da actividade económica dos traballadores por conta propia non implicará de seu o retiro da autorización para que eles ou os seus familiares permanezan no Estado de emprego ou se dediquen en el a unha actividade remunerada concreta para a cal foron admitidos.

PARTE VI - Promoción de condicións satisfactorias, equitativas, dignas e lícitas en relación coa migración internacional dos traballadores e os seus familiares

Artigo 64

1. Sen perxuicio das disposicións do artigo 79 da presente Convención, os Estados Partes interesados consultaranse e colaboraranse entre sí, segundo sexa apropiado, con miras a promover condicións satisfactorias, equitativas e dignas en relación coa migración internacional de traballadores e os seus familiares.

2. A ese respecto, teranse debidamente en conta non só as necesidades e recursos de man de obra, senón tamén as necesidades sociais, económicas e culturais e de outro tipo dos traballadores migratorios e os seus familiares, así como as consecuencias de tal migración para as comunidades de que se trate.

Artigo 65

1. Os Estados Partes manterán servicios apropiados para atender as cuestións relacionados coa a migración internacional de traballadores e os seus familiares. As súas funcións serán entre outras:

a) A formulación e a execución de políticas relativas a esa clase de migración;

b) Intercambio de información, as consultas e a cooperación coas autoridades competentes de outros Estados Partes interesados en esa clase de migración;

c) Suministro de información apropiada, en particular empregadores, traballadores e as súas organizacións, acerca das políticas, leis e regramentos relativos a migración e o emprego, os acordos sobre migración concertados con outros Estados e outros temas pertinentes;

d) Suministro de información e asistencia apropiada os traballadores migratorios e os seus familiares no relativo as autorizacións e formalidades e arreglos requiridos para a partida, o viaxe, a chegada, a estancia, as actividades remuneradas, a saída e o regreso, así como en o relativo as condicións de traballo e de vida no Estado de emprego, as normas aduaneiras, monetarias e tributarias e outras leis e regramentos pertinentes.

2. Os Estados Partes facilitarán, segundo corresponda, a provisión de servicios consulares adecuados e outros servicios que sexan necesarios para atender as necesidades sociais, culturais e de outra índole dos traballadores migratorios e dos seus familiares.

Artigo 66

1. Con suxeición ó disposto no parágrafo 2 deste artigo, o dereito a realizar operacións para a contratación de traballadores en outro Estado só corresponderá a:

a) Os servicios ou organismos públicos do Estado no que teñan lugar esas operacións;

b) Os servicios ou organismos públicos do Estado de emprego sobre a base dun acordo entre os Estados interesados;

c) Un organismo establecido en virtude dun acordo bilateral ou multilateral.

2. Con suxeición á autorización, a aprobación e a supervisión das autoridades públicas dos Estados Partes interesados que se establezan con arreglo as lexislacións e prácticas de eses Estados, poderá permitirse tamén que organismos, futuros empregadores ou persoas que actúen no seu nome realicen as operacións mencionadas.

Artigo 67

1. Os Estados Partes interesados cooperarán da maneira que resulte apropiada na adopción de medidas relativas o regreso ordenado dos traballadores migratorios e os seus familiares o Estado de orixe cando decidan regresar, cando expire o seu permiso de residencia ou emprego, ou cando se atopen en situación irregular no Estado de emprego.

2. Polo que respecta os traballadores migratorios e os seus familiares que se atopen en situación regular, os Estados Partes interesados cooperarán da maneira que resulte apropiada, nas condicións convidas por eses Estados, con miras a fomentar condicións económicas adecuadas para o seu reasentamento e para facilitar a súa reintegración social e cultural duradeira no Estado de orixe.

Artigo 68

1. Os Estados Partes, incluídos os Estados de tránsito, colaborarán con miras a impedir e eliminar os movementos e o emprego ilegal ou clandestinos dos traballadores migratorios en situación irregular. Entre as medidas que se adopten con ese obxecto dentro da xurisdicción de cada Estado interesado, contaranse:

a) Medidas adecuadas contra a difusión de información enganosa no concernente á emigración e a inmigración;

b) Medidas para detectar e eliminar os movementos ilegais ou clandestinos de traballadores migratorios e os seus familiares e para impoñer sancións efectivas as persoas, grupos ou entidades que organicen ou dirixan eses movementos ou presten asistencia a tal efecto;

c) Medidas para impoñer sancións efectivas ás persoas, grupos ou entidades que fagan uso da violencia ou de ameazas ou intimidación contra os traballadores migratorios ou os seus familiares en situación irregular.

2. Os Estados de emprego adoptarán tódalas medidas necesarias e efectivas para eliminar a contratación no seu territorio de traballadores migratorios en situación irregular, incluso, se procede, mediante a imposición os empregadores de eses traballadores. Esas medidas non menoscabarán os dereitos dos traballadores migratorios fronte os seus empregadores en relación co seu emprego.

Artigo 69

1. Os Estados Partes que teñan no seu territorio traballadores migratorios e os seus familiares en situación irregular tomarán medidas apropiadas para asegurar que esa situación non persiste.

2. Cando os Estados Partes interesados consideren a posibilidade de regularizar a situación de ditas persoas de conformidade coa lexislación nacional e os acordos bilaterais ou multilaterais aplicables, teranse debidamente en conta as circunstancias da súa entrada, a duración da súa estancia nos Estados de emprego e outras consideracións pertinentes, en particular as relacionadas coa súa situación familiar.

Artigo 70

Os Estados Partes deberán tomar medidas non menos favorable que as aplicadas os seus nacionais para garantir que as condicións de traballo e de vida dos traballadores migratorios e os seus familiares en situación regular estean en consonancia coas normas de idoneidade, seguridade e saúde, así como os principios da dignidade humana.

Artigo 71

1. Os Estados Partes facilitarán, sempre que sexa necesario, a repatriación o Estado de orixe dos restos mortais dos traballadores migratorios ou dos seus familiares.

2. No tocante as cuestións relativas á indemnización pola causa de falecemento dun traballador migratorio ou de un dos seus familiares, os Estados Partes, segundo proceda, prestarán asistencia as persoas interesadas con miras a lograr o pronto arreglo de ditas cuestións. O arreglo de ditas cuestións realizarase sobre a base do dereito nacional aplicable de conformidade coas disposicións da presente Convención e dos acordos bilaterais ou multilaterais pertinentes.

PARTE VII - Aplicación da Convención

Artigo 72

1.

a) Co fin de observar a aplicación da presente Convención establecerase un Comité de protección dos dereitos de tódolos traballadores migratorios e dos seus familiares (denominado en adiante “o Comité”);

b) O Comité estará composto, no momento en que entre en vigor a presente Convención, de dez expertos e despois da entrada en vigor da Convención para o cuadraxésimo primeiro Estado Parte, de catorce expertos de gran integridade moral, imparciais e de recoñecida competencia no sector abarcado pola Convención.

2.

a) Os membros do Comité serán elixidos por votación secreta polos Estados Partes dunha lista de persoas designadas polos Estados Partes. Prestarase a debida consideración á distribución xeográfica equitativa, incluíndo tanto Estados de orixe como Estados de emprego, e a representación dos principais sistemas xurídicos.

Cada Estado Parte poderá propoñer a candidatura dunha persoa elixida entre os seus propios nacionais;

b) Os membros serán elixidos e exercerán as súas funcións a título persoal.

3. A elección inicial celebrarase a máis tardar seis meses despois da data de entrada en vigor da presente Convención, e as eleccións subseguintes celebraranse cada dous anos. Polo menos catro meses antes da data de cada elección, o Secretario Xeral das Nacións Unidas dirixirá unha carta a todos os Estados Partes para invitalos a que presenten as súas candidaturas nun prazo de dous meses. O Secretario Xeral preparará unha lista por orde alfabético de tódolos candidatos, na que indicará os Estados Partes que os designen, e transmitiraa os Estados Partes a máis tardar un mes antes da data da correspondente elección, xunto coas notas biográficas dos candidatos.

4. Os membros do Comité serán escollidos nunha reunión dos Estados Partes que será convocada polo Secretario Xeral e celebrarase na sede das Nacións Unidas. Na reunión, para a cal constituirán quórum dous tercios dos Estados Partes, consideraranse elixidos para o Comité os candidatos que obteñan o maior número de votos e da maioría absoluta dos votos dos Estados Partes presentes e votantes.

5.

a) Os membros do comité serán escollidos por catro anos. Non obstante, o mandato de cinco dos membros elixidos en primeira elección expirará o cabo de dous anos ; inmediatamente despois da primeira elección, o presidente da reunión dos Estados Partes designará por sorteo os nomes de eses cinco membros;

b) A elección dos catro membros adicionais do Comité realizarase, de conformidade coas disposicións dos parágrafos 2,3 e 4 do presente artigo, inmediatamente despois da entrada en vigor da Convención para o cuadraxésimo primeiro Estado Parte. O mandato de dous dos membros adicionais elixidos en esa ocasión expirará o cabo de dous anos; o Presidente da reunión dos Estados Partes designará por sorteo o nome deses membros;

c) Os membros do Comité poderán ser reelixidos se a súa candidatura volve a presentarse.

6. Se un membro do Comité falece ou renuncia ou declara que por algún outro motivo non pode continuar desempeñando as súas funcións no Comité, o Estado Parte que presentou a candidatura de ese experto nomeará a outro experto de entre os seus propios nacionais para que cumpra a parte restante do mandato. O novo nomeamento quedará suxeito a aprobación do Comité.

7. O Secretario Xeral das Nacións Unidas proporcionará o persoal e os servicios necesarios para o desempeño eficaz das funcións do Comité.

8. Os membros do Comité percibirán emolumentos con cargo os recursos das Nacións Unidas nos termos e condicións que decida a Asemblea Xeral.

9. Os membros do Comité terán dereito as facilidades, prerrogativas e inmunidades dos expertos en misión das Nacións Unidas que se estipulan nas seccións pertinentes da Convención sobre Prerrogativas e Inmunidades das Nacións Unidas.

Artigo 73

1. Os Estados Partes presentarán ó Secretario Xeral das Nacións Unidas, para o seu exame polo Comité, un informe sobre as medidas lexislativas, xudiciais, administrativas e de outra índole que adoptaran para dar efecto as disposicións da presente Convención:

a) No prazo dun ano a partir da entrada en vigor da Convención para o Estado Parte de que se trate;

b) No sucesivo, cada cinco anos e cada vez que o Comité o solicite.

2. Nos informes presentados con arreglo o presente artigo indicaranse tamén os factores e as dificultades, segundo o caso, que afecten á aplicación da Convención e proporcionarase información acerca das características das correntes de migración que se produzan no Estado Parte de que se trate.

3. O Comité establecerá as demais directrices que corresponda aplicar a ese respecto do contido dos informes.

4. Os Estados Partes darán unha ampla difusión pública os seus informes nos seus propios países.

Artigo 74

1. O Comité examinará os informes que presente cada Estado e transmitirá as observacións que considere apropiadas o Estado Parte interesado. Ese Estado Parte poderá presentar o Comité os seus comentarios sobre calquera observación feita polo Comité con arreglo o presente artigo. O examinar eses informes, o Comité poderá solicitar os Estados Partes que presenten información complementaria.

2. O Secretario Xeral das Nacións Unidas , coa debida antelación á apertura de cada período ordinario de sesións do Comité, transmitirá ó Director Xeral da Oficina Internacional do Traballo copias dos informes, a fin de que a Oficina poida proporcionar o Comité os coñecementos especializados de que dispoña respecto das cuestións tratadas na presente Convención que caian entro do ámbito de competencia da Organización Internacional do Traballo. O Comité examinará nas súas deliberacións os comentarios e materiais que a Oficina poida proporcionarlle.

3. O Secretario Xeral das Nacións Unidas poderá tamén, tras celebrar consultas co Comité, transmitir a outros organismos especializados, así como as organizacións intergubernamentais, copias das partes de eses informes que sexan da súa competencia.

4. O Comité poderá invitar os organismos especializados e a órganos das Nacións Unidas, así como de organizacións intergubernamentais e demais órganos interesados, a que presenten, para o seu exame polo Comité, información escrita respecto das cuestións tratadas na presente Convención que caian dentro do ámbito das súas actividades.

5. O Comité invitará á Oficina Internacional do Traballo a nomear representantes para que participen, con carácter consultiva nas súas sesións.

6. O Comité poderá invitar a representantes de outros organismos especializados e órganos das Nacións Unidas, así como de organizacións intergubernamentais, a estar presentes e ser escoitados nas sesións cando se examinen cuestións que caian dentro do ámbito da súa competencia.

7. O Comité presentará un informe anual á Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre a aplicación da presente Convención, na que se exporá as súas propias opinións e recomendacións, baseadas, en particular, no exame dos informes dos Estados Partes e nas observacións que estes presenten.

8. O Secretario Xeral das Nacións Unidas transmitirá os informes anuais do Comité os Estados Parte na presente Convención, ó Consello Económico e Social, á Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, o Director Xeral da Oficina Internacional de Traballo e a outras organización pertinentes.

Artigo 75

1. O Comité aprobará o seu propio regramento.

2. O Comité elixirá a súa Mesa por un período de dous anos.

3. O Comité reunirase ordinariamente tódolos anos.

4. As reunións do Comité celebraranse ordinariamente na Sede das Nacións Unidas.

Artigo 76

1. Todo Estado Parte na presente Convención poderá declarar en calquera momento, con arreglo a este artigo, que recoñece a competencia do Comité para recibir e examinar as comunicacións nas que nun Estado Parte alegue que outro Estado Parte non cumpre as súas obrigas dimanadas da presente Convención. As comunicacións presentadas conforme a este artigo só se poderán recibir e examinar se as presenta un Estado Parte que fixera unha declaración pola cal recoñece con respecto a sí mesmo a competencia do Comité. O Comité non recibirá ningunha comunicación que se refira a un Estado Parte que non fixera esa declaración. As comunicacións que se reciban conforme a este artigo quedarán suxeitas o seguinte procedemento:

a) Se un Estado Parte na presente Convención considera que outro Estado Parte non está cumprindo as súas obrigas dimanadas da presente Convención, poderá, mediante comunicación por escrito, sinalar o asunto a atención do Estado Parte. O Estado Parte poderá tamén informar o Comité do asunto. Nun prazo de tres meses contado dende a recepción da comunicación, o Estado receptor ofrecerá o estado que enviou a comunicación unha explicación ou outra exposición por escrito na que aclare o asunto e que, na medida do posible e pertinente, faga referencia os procedementos e recursos internos feitos vales, pendentes ou existentes sobre a materia;

b) Se o asunto non se resolve a satisfacción de ambos Estados Partes interesados dentro de seis meses de recibida a comunicación inicial polo Estado receptor, calquera deles poderá recibir o asunto o Comité, mediante notificación cursada o Comité, mediante notificación cursada o Comité e a outro Estado;

c) O Comité examinará o asunto que se lle referira só despois de cerciorarse de que se fixeron valer e esgotáronse tódolos recursos internos sobre a materia, de conformidade cos principios de dereito internacional xeralmente recoñecidos. Non se aplicará esta norma cando, a xuízo do Comité, a tramitación deses recursos se prolongue inxustificadamente;

d) Con suxeición o disposto no inciso c) do presente parágrafo, o Comité porá os seus bos oficios a disposición dos Estados Partes interesados con miras a chegar a unha solución amigable da cuestión sobre a base do respecto as obrigas establecidas na presente Convención;

e) O Comité celebrará sesións privadas cando examine comunicacións con arreglo o presente artigo;

f) En todo asunto que se lle refire de conformidade co inciso b) do presente parágrafo, o Comité poderá pedir os Estados Partes interesados, que se mencionan no inciso b), que faciliten calquera outra información pertinente;

g) Ambos Estados Partes interesados, conforme ó mencionado no inciso b) do presente parágrafo, terán dereito a estar representados cando o asunto sexa examinado polo Comité e a facer declaracións oralmente ou por escrito;

h) O Comité, nun prazo de doce meses a partir da data de recepción da notificación con arreglo o inciso b) do presente parágrafo, presentará un informe, como se indica a continuación:

  • Si se chega a unha solución con arreglo ó disposto no inciso d) do presente parágrafo, o Comité limitará o seu informe a unha breve exposición dos feitos e da solución á que se chegara;
  • Se non se chega a unha solución con arreglo ó disposto no inciso d), o Comité indicará no seu informe os feitos pertinentes relativos o asunto entre os dous Estados Partes. Anexaranse ó informe as declaracións por escrito e unha relación das declaracións orais feitas polos Estados Partes interesados. O Comité poderá tamén transmitir unicamente os Estados Parte interesados calesqueira observacións que considere pertinentes ó asunto entre ambos.

En todos casos o informe transmitirase os Estados Partes interesados.

2. As disposicións do presente artigo entrarán en vigor cando dez Estados Partes na presente Convención fixeran unha declaración con arreglo ó parágrafo 1 do presente artigo. Os Estados Partes depositarán ditas declaracións en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas, quen remitirá copia de elas os demais Estados Partes. Toda declaración poderá retirarse en calquera momento mediante notificación dirixida o Secretario Xeral. Dito retiro non será obstáculo para que se examine calquera asunto que sexa obxecto dunha comunicación xa transmitida en virtude do presente artigo; despois de que o Secretario Xeral recibise a notificación de retiro da declaración, non se recibirán novas comunicacións de ningún Estado Parte con arreglo o presente artigo, a menos que o Estado Parte interesado fixera unha nova declaración.

Artigo 77

1. Todo Estado Parte na presente Convención poderá declarar en calquera momento, con arreglo ó presente artigo, que recoñece a competencia do Comité para recibir e examinar as comunicacións enviadas por persoas sometidas á súa xurisdicción, ou no seu nome, que aleguen que ese Estado Parte violou os dereitos individuais que lles recoñece a presente Convención. O Comité non admitirá comunicación algunha relativa a un Estado Parte que non fixera esa declaración.

2. O Comité considerará inadmisible toda comunicación recibida de conformidade co presente artigo que sexa anónima ou que, o seu xuízo constitúa un abuso de dereito a presentar ditas comunicacións ou sexa incompatible coas disposicións da presente Convención.

3. O Comité non examinará comunicación algunha presentada por unha persoa de conformidade co presente artigo amenos que se cerciorase de que:

a) A mesma cuestión non foi, nin está sendo, examinada por outro procedemento de investigación ou solución internacional;

b) A persoa esgotara tódolos recursos que existan na xurisdicción interna; non se aplicará esta norma cando, a xuízo do Comité, a tramitación dos recursos se prolongue inxustificadamente ou non ofreza posibilidades de dar un amparo eficaz a esa persoa.

4. Sen perxuicio do disposto no parágrafo 2 do presente artigo, o Comité sinalará as comunicacións recibidas de conformidade co presente artigo á atención do Estado Parte na presente Convención que fixera unha declaración conforme o parágrafo 1 e respecto do cal se alegue que violou unha disposición da Convención. Nun prazo de seis meses, o Estado receptor proporcionará o Comité unha explicación ou outra exposición por escrito na que aclare o asunto e expoña , no seu caso, a medida correctiva que adoptara.

5. O Comité examinará as comunicacións recibidas de conformidade co presente artigo á luz de toda a información presentada pola persoa ou no seu nome ou polo Estado Parte de que se trate.

6. O Comité celebrará sesións privadas cando examine as comunicacións presentadas conforme ó presente artigo.

7. O Comité comunicará as súas opinións o Estado Parte de que se trate e a persoa que presentara a comunicación.

8. As disposicións do presente artigo entrarán en vigor cando dez Estados Partes na presente Convención fixeran as declaracións a que se fai referencia no parágrafo 1 do presente artigo. Os Estados Partes depositarán ditas declaracións en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas. Dito retiro non será obstáculo para que se examine calquera asunto que sexa obxecto de unha comunicación xa transmitida en virtude do presente artigo; despois de que o Secretario Xeral recibise a notificación de retiro da declaración non se recibirán novas comunicacións presentadas por unha persoa, ou no seu nome, con arreglo o presente artigo, a menos que o Estado Parte de o Estado parte de que se trate fixera unha nova declaración.

Artigo 78

As disposicións do artigo 76 da Presente Convención aplicaranse sen perxuicio de calquera procedemento para solucionar as controversias ou denuncias relativas á esfera da presente Convención establecido nos instrumentos constitucionais das Nacións Unidas e os organismos especializados ou en Convencións aprobadas por eles, e non privarán os Estados Partes de recorrer a outros procedementos para resolver unha controversia de conformidade con convenios internacionais vixentes entre eles.

PARTE VIII - Disposición xerais

Artigo 79

Nada do disposto na presente Convención afectará o dereito de cada Estado Parte a establecer os criterios que rexan a admisión dos traballadores migratorios e dos seus familiares. En canto a outras cuestións relacionadas coa súa situación legal e o trato que se lles dispense como traballadores migratorios e familiares destes, os Estados Partes estarán suxeitos as limitacións establecidas na presente Convención.

Artigo 80

Nada do disposto na presente Convención deberá interpretarse de maneira que menoscabe as disposicións da Carta das Nacións Unidas ou das Constitucións dos organismos especializados en que se definen as responsabilidades respectivas dos diversos órganos das Nacións Unidas e dos órganos das Nacións Unidas e dos organismos especializados en relación cos asuntos de que se ocupa a presente Convención.

Artigo 81

1. Nada do disposto na presente Convención afectará a ningún dereito ou liberdade máis favorable que se conceda os traballadores migratorios e os seus familiares en virtude de:

a) Dereito ou a práctica dun Estado Parte; ou

b) Todo trato bilateral ou multilateral vixente para o Estado Parte interesado.

2. Nada do disposto na presente Convención poderá interpretarse no sentido de conceder dereito algún a un Estado, grupo ou individuo para emprender actividades ou realizar actos que poidan menoscabar calquera dos dereitos ou liberdades recoñecidas na presente Convención.

Artigo 82

Os dereitos dos traballadores migratorios e dos seus familiares previstos na presente Convención non poderán ser obxecto de denuncia. Non se permitirá exercer ningunha forma de presión sobre os traballadores migratorios nin sobre os seus familiares para facelos renunciar a calquera dos dereitos mencionados ou privarse de algún deles. Non se poderán revocar mediante contrato os dereitos recoñecidos na presente Convención. Os Estados Partes tomarán medidas apropiadas para asegurar que se respecten estes principios.

Artigo 83

Cada un dos Estados Partes na presente Convención comprometese a garantir que:

a) Toda persoa que teña os seus dereitos e liberdades recoñecidas nesta Convención foran violados poida obter unha reparación efectiva, aínda cando tal violación fora cometida por persoas que actuaban en exercicio das súas funcións oficiais;

b) A autoridade xudicial, administrativa ou lexislativa competente, ou calquera outra autoridade competente prevista no sistema xurídico do Estado, decida sobre a procedencia da demanda de toda persoa que interpoña tal recurso, e que se amplíen as posibilidades de obter reparación pola vía xudicial;

c) As autoridades competentes cumpran toda decisión no que o recurso se estimara procedente.

Artigo 84

Cada un dos Estados Partes comprométese a adoptar as medidas lexislativas e de outra índole que sexan necesarias para aplicar as disposicións da presente Convención.

PARTE IX - Disposicións finais

Artigo 85

O Secretario Xeral das Nacións Unidas será depositario da presente Convención.

Artigo 86

1. A presente Convención quedará aberta á firma de tódolos Estados. Estará suxeita á ratificación.

2. A presente Convención quedará aberta á firma de tódolos Estados.

3. Os instrumentos de ratificación ou de adhesión depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 87

1. A presente Convención entrará en vigor o primeiro día do mes seguinte a un prazo de tres meses contado a partir da data en que fora depositado o vixésimo instrumento de ratificación ou adhesión.

2. Respecto de todo Estado que ratifique a Convención ou se adhira a ela despois da súa entrada en vigor, a Convención entrará en vigor o primeiro día do mes seguinte a un prazo de tres meses contado a partir da data en que ese Estado depositara o seu instrumento de ratificación ou adhesión.

Artigo 88

Os Estados que ratifiquen a presente Convención ou se adhiran a ela non poderán excluír a aplicación de ningunha parte dela nin tampouco, sen perxuicio do disposto no artigo 3, poderán excluír da súa aplicación ningunha categoría determinada de traballadores migratorios.

Artigo 89

1. Todo Estado Parte poderá denunciar a presente Convención, unha vez transcorridos cinco anos dende a data en que a Convención entrara en vigor para ese Estado, mediante comunicación por escrito dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

2. A denuncia farase efectiva o primeiro día do mes seguinte á expiración dun prazo de doce meses contando a partir da data en que o Secretario Xeral das Nacións Unidas recibira a comunicación.

3. A denuncia non terá o efecto de liberar o Estado Parte das obrigas contraídas en virtude da presente Convención respecto de ningún acto ou omisión que acontecera antes da data en que se fixo efectiva a denuncia, nin impedirá en modo algún que continúe o exame de calquera asunto que se sometera a consideración do Comité antes da data en que se fixo efectiva a denuncia.

4. A partir da data en que se faga efectiva a denuncia dun Estado Parte, o Comité non poderá iniciar o exame de ningún novo asunto relacionado con ese Estado.

Artigo 90

1. Pasados cinco anos da data en que a presente Convención entrara en vigor, calquera dos Estados Partes na mesma poderá formular unha solicitude de emenda da Convención mediante comunicación escrita dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas. O Secretario Xeral comunicará acto seguido as emendas propostas os Estados Partes e solicitaralles que lle notifiquen si se pronuncian a favor da celebración de unha Conferencia de Estados Partes para examinar e someter a votación as propostas. No caso de que, dentro dun prazo de catro meses a partir da data de dita comunicación, polo menos un tercio dos Estados Partes se pronuncie a favor da celebración da Conferencia baixo os auspicios das Nacións Unidas. Toda emenda aprobada pola maioría dos Estados Partes presentes e votantes na Conferencia presentarase á Asemblea Xeral das Nacións Unidas para a súa aprobación.

2. Tales emendas entrarán en vigor cando foron aprobadas pola asemblea Xeral das Nacións Unidas e aceptadas por unha maioría de dous tercios dos Estados Partes na presente Convención, de conformidade cos seus respectivos procedementos constitucionais.

3. Cando tales emendas entren en vigor, serán obrigatorias para os Estados Partes que as aceptaran, en tanto que os demais Estados Partes seguirán obrigados polas disposicións da presente Convención e por toda emenda anterior que aceptaran.

Artigo 91

1. O Secretario Xeral das Nacións Unidas recibirá e comunicará a tódolos Estados Partes o texto das reservas formuladas polos Estados no momento da firma, a ratificación ou adhesión.

2. Non se aceptará ningunha reserva incompatible co obxecto e o propósito da presente Convención.

3. Toda reserva poderá ser retirada en calquera momento por medio de unha notificación a tal fin dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas, quen informará de esto a tódolos Estados. Esta notificación surtirá efecto na data da súa recepción.

Artigo 92

1. Toda controversia que xurda entre dous ou máis Estados con respecto a interpretación ou a aplicación da presente Convención e non se solucione mediante negociacións someterase a arbitraxe a petición de un deles. Se no prazo de seis meses contados a partir da data de presentación da solicitude de arbitraxe as Partes non conseguen pórse de acordo sobre a organización do arbitraxe , calquera das Partes poderá someter a controversia á Corte Internacional de Xustiza mediante unha solicitude presentada de conformidade co Estatuto da Corte.

2. Todo Estado Parte, no momento da firma ou ratificación da Convención ou da súa adhesión a ela, poderá declarar que non se considera obrigado polo parágrafo 1 do presente artigo. Os demais Estados Partes non estarán obrigados por ese parágrafo ante ningún Estado Parte que formulase esa declaración.

3. Todo Estado Parte que formulase a declaración prevista no parágrafo 2 do presente artigo poderá retirala en calquera momento mediante notificación dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Artigo 93

1. A presente Convención, que ten o seu texto en árabe, chino, español, francés, inglés e ruso son igualmente auténticos, depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.

2. O Secretario Xeral das Nacións Unidas enviará copias certificadas da presente Convención a tódolos Estados.

EN TESTIMONIO DO CAL, os infrascritos plenipotenciarios, debidamente autorizados para esto polos seus respectivos gobernos, firmaron a presente Convención.
 

Declaración de Dereitos Lingüísticos do Eixo Atlántico

Introducción

Calquera que nos vexa de fóra encontrará ridícula a comunicación que establecemos portugueses e galegos cando nos vemos. Os mesmos diccionarios dan conta da falta de comunicación: biombo, marexada, monzón, volcán, crioulo, mandarín, tiburón ou barroco son palabras que o portugués deu ó castelán e ós galegos nos chegaron polo castelán. Son poucas as que entraron ó galego directamente do portugués, e case sempre a través da terminoloxía do mar (arroaz, cachalote, curricán), polo contacto entre mariñeiros, ou da literatura (saudade).

Precisamente na literatura descansaron moitos intentos de achegamento, pola sensibilidade cultural que se lles supón ós escritores e por traballaren estes co elemento que máis nos recorda a nosa irmandade, a lingua; pero nunca houbo concreccións de colaboración, agás pequenos xestos que quedaron no ámbito particular: a relación de Teixeira de Pascoães con Aquilino Iglesia Alvariño, o fondo coñecemento que tiña Miguel Torga de Galicia (máis có tamén veciño Eça de Queiroz, que preferiu Londres e París), algunha novela de Torrente Ballester (en castelán), os relatos de Méndez Ferrín desdebuxando a raia fronteiriza, ou a literatura de Bento da Cruz e Luís García Mañá, que ben puideran corresponder a calquera dos dous lados.

Os escasos intentos de achegamento vía cultural e vía comercio non funcionaron. E seguramente do intercambio mercantil que se está a producir nestes últimos anos tampouco poidamos esperar sorpresas favorables.

¿Cal consideramos, entón, que debe se-lo camiño? Seguramente o mutuo coñecemento e a concienciación. O coñecemento máis aló do bacalhao á grelha e El Corte Inglés, e a concienciación de convivencia, respecto e estratexias compartidas.

A historia non fixo máis que separarnos, por nós mesmos fomos incapaces de buscar puntos de encontro. O común marco actual europeo vennos prestar unha axuda cando establece políticas que favorecen o intercambio en tódolos sentidos, desde o lingüístico ó económico. Consideramos, entón, que sexa este o momento ideal de establece-las pontes de converxencia que logren facer da nosa proximidade unha convivencia proveitosa.

Cómpre insistir nos elementos que nos unen e esquece-los que puideran diferenciar, a través de campañas de sensibilización social, dosificadas pero continuas. O panorama histórico que nos toca vivir considerámolo propicio e determinante, como nunca se nos presentou na vida, por tanto o sentido da responsbilidade debe estar activado coma nunca por ámbalas partes.

Antes mencionaba a palabra saudade, que antigamente para os galegos correspondía á soidade e máis recentemente á morriña. Son tres conceptos que nos pertencen e nos definen, intransferibles ás culturas portuguesa e galega, con matices diferenciadores pero moi próximos. Entendamos esta apreciación lingüística como metáfora de que, aínda con certas personalizacións -que nos imos respectar-, compartimos moitos aspectos que nos diferencian, á súa vez, doutras culturas europeas ás que tamén respectamos e coas que queremos tamén convivir.

É tempo de falarmos do noso futuro...

Proposta

Por todo isto, a Fundación dos Premios da Crítica Galicia exponlle ó EIXO ATLÁNTICO a proposta da seguinte Declaración:

DECLARACIÓN DE DEREITOS LINGÜÍSTICOS DO EIXO ATLÁNTICO

As institución que forman o EIXO ATLÁNTICO, reunidas en .........., o día ...... de abril de dous mil un, DECLARAN QUE

1. Considerando que a Constitución Española, a Portuguesa e o Estatuto de Autonomía de Galicia declaran cooficiais a tódolos efectos nas actividades do EIXO ATLÁNTICO as linguas portuguesa, española e galego, de xeito que

1.1. as intervencións e documentos escritos terán plena validez en calquera das tres linguas;

1.2. tódolos galegos e portugueses teñen dereito a expresáresen, seren atendidos e obteren documentación oficial en lingua galega ou portuguesa, respectivamente, polos concellos do EIXO ATLÁNTICO, en forma de papel, soporte informático ou calquera outra.

2. Considerando a forza do actual proceso de restauración social do uso da lingua galega e maila necesidade de impulsala de conformidade coa Carta Europea das Linguas Minorizadas, o EIXO ATLÁNTICO promoverá iniciativas propias e apoiará iniciativas alleas que impulsen aquel proceso:

2.1. Tenderá a que as relacións se realicen preferentemente en lingua portuguesa ou en lingua galega.

2.2. Terá como válidos tódolos documentos notariais ou autorizados por funcionarios que exercen a fe pública, que estean redactados en lingua galega.

2.3. Promoverá campañas para promove-los hábitos dos portugueses de acepta-las relacións orais e escritas, oficiais e comerciais, dos galegos con eles en lingua galega.

2.4. Promoverá a libre circulación dos productos galegos ou portugueses etiquetados respectivamente en lingua galega ou en lingua portuguesa.

2.5. Promoverá actividades culturais que contribúan a impulsa-la actividade comercial e cultural en lingua galega.

3. Considerando a Lei de Normalización Lingüística de Galicia, refrendada polo Tribunal Constitucional español, e mailas Recomendacións da ONU en materia toponímica, declaran que os topónimos portugueses terán no EIXO ATLÁNTICO unha forma oficial que será a portuguesa, e os topónimos galegos terán unha forma oficial que será a galega.

4. Considerando que o modelo economicista de crecemento propugnado polos grupos económicos transnacionais, que identifica progreso con desregulación e liberdade con individualismo competitivo, xera graves e crecentes desigualdades económicas, sociais, culturais e lingüísticas, o EIXO ATLÁNTICO

4.1. propugna un modelo de desenvolvemento sostible e equitativo para toda a humanidade, e propicia un marco de organización política da diversidade lingüística baseado no respecto, a convivencia e o beneficio recíprocos;

4.2. entende que o espacio comunicativo mundial é compatible coa participación equitativa de tódolos pobos, de tódalas comunidades lingüística e de tódalas persoas no proceso de desenvolvemento;

4.3. coherentemente, o EIXO ATLÁNTICO constitúese como unha forma de vertebración internacional que permita mante-la diversidade dentro da mundialización da economía e do mercado da información;

4.4. comprométese a orientar tódalas súas actividades na liña de mante-la cohesión interna de cada comunidade lingüística, independentemente da súa limitación demográfica, dispersión, precariedade económica ou modelo cultural distinto do predominante.

5. O EIXO ATLÁNTICO recoñece o dereito dos galegos e dos portugueses a obteren nas súas respectivas linguas unha información completa, tanto oral coma escrita, sobre os productos e servicios que propoñen os establecementos comerciais (como, por exemplo, as instruccións de uso, as etiquetas, as listas de ingredientes, a publicidade, as garantías e outros), así coma as indicacións públicas referentes á seguridade dos cidadáns en condicións non inferiores ás de calquera outra lingua. O EIXO ATLÁNTICO promoverá campañas de mentalización para que nos intercambios entre empresas e entidades galegas e portuguesas se faga efectivo este dereito que todo cidadán, cliente ou suario ten de ser informado, oralmente ou por escrito, na lingua propia do territorio nos establecementos abertos ó público, aquén e alén do Miño.

Vigo, 18 de abril de 2001.

Xosé González Martínez,
presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia.