Nós no Mundo

Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das inmensas dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos. O Nós No Mundo é unha das nosas publicacións regulares de referencia dende o ano 2010.

O esforzo no acompañamento e seguimento da acción exterior de Galicia, súmase a unha preocupación que está na raíz da propia existencia do IGADI, promover a nosa proxección internacional e afirmarnos coma foro cívico onde as diferentes sensibilidades e demandas neste eido poden atopar un espazo de acomodo desde unha perspectiva tanto crítica como construtiva.

Nós no Mundo 2010

A acción exterior na axenda galega
  • Presentación
  • O Consello de Acción Exterior, Xulio Ríos
  • Elementos para unha actuación internacional en relación coa protección dos mariñeiros secuestrados, Antonio Martínez Puñal
  • Novos principios para a política de internacionalización empresarial, Fernando Bruna
  • Galiza e a nova Política Común da Pesca do 2012, Xavier Vázquez
  • A Galicia-Norte de Portugal. Agrupación Europea de Cooperación Territorial (GNP-AECT), Celso Cancela Outeda
  • Unha Delegación da Xunta en Lisboa, Gonzalo Mitchell Tenreiro
  • A invisibilidade de Galicia na emerxencia brasileira, Raul Juste Lores
  • Cooperación ao desenvolvemento: fin de ciclo e novos desafíos, Carlos Teijo García
  • Demografía: Galicia, un caso mundial, Manuel Blanco Desar
  • Na oferta mundial do ensino superior, Iván Area
  • Cita coa Cultura da Paz, Manuel Dios Diz
  • Os Autores

 

AnexoTamaño
Nós no Mundo 2010988.84 KB

Nós no Mundo 2011

¿Menos acción exterior para internacionalizarse máis?
  • Presentación
  • Crise económica e acción exterior, Xulio Ríos
  • Unha estratexia de cooperación interrexional no suroeste de Europa: a macrorrexión “RESOE”, Jesús Gamallo Aller
  • A reforma do voto exterior, Anxo Lugilde
  • Diáspora, galeguidade e sufraxio local, Xosé Luís Rodríguez Pardo
  • Galiza e o desafío da internacionalización, Xan López Facal
  • Apuntes para unha estratexia exterior cara os países emerxentes, Enrique Sáez Ponte
  • Eurorrexión, crise e Lusofonía, Constantino Cordal Rodríguez
  • As autoestradas do mar e a súa viabilidade no sistema portuario galego, Fernando González Laxe
  • A acción exterior do municipalismo galego no século XXI, Daniel González Palau
  • Galicia na sociedade do coñecementoDiego Carou Porto
  • Situación ambiental de Galicia e o avance (?) en 2010 no cumprimento dos compromisos internacionais, Xan Duro
  • Por que non funciona a exportación da cultura galega?, Xabier Cid
  • A universidade galega como promotora dun novo modelo de relación coa emigración e cos mercados asiáticos, Manuel J. Fernández Iglesias
  • O mellor Xacobeo da historia que non o foi, Ernesto S. Pombo
  • Os Autores

 

AnexoTamaño
Nós no Mundo 20113.44 MB

Nós no Mundo 2012

Un modelo de acción exterior crible para encarar a crise
  • Presentación
  • ¿Habemus Modelo?, Xulio Ríos
  • A acción exterior de Galicia en tempo de crise (I), Jesús Gamallo Aller
  • A acción exterior de Galicia en tempo de crise (II), José Luís Méndez Romeu
  • A acción exterior de Galicia en tempo de crise (III), Ana Miranda
  • O marco financeiro da Unión Europea para o período 2014-2020: A situación de Galicia, Ana Ramos Barbosa
  • A acción exterior nunha estratexia de gañar-gañar, María Xosé Porteiro e Ignacio R. Covelo Gil
  • Internacionalizar a economía galega, Xan López Facal
  • Retos internacionais do sector galego de peixes e mariscos, Juan M. Vieites Baptista De Sousa
  • Portugal como instrumento e non como fin, David Reinero
  • Galiza en BRIC, Enrique Sáez Ponte
  • Tempos difíciles na cooperación para o desenvolvemento, Carlos Teijo García
  • O galego, unha lingua no mundo, Anxo M. Lorenzo Suárez
  • A propósito da marca “Audiovisual galego”, Manuel González
  • Parlamento de Galicia e acción exterior, Pilar Rojo Noguera
  • Autores/as

 

AnexoTamaño
Nós no Mundo 20121.57 MB

Nós no Mundo 2013

Autonomías con valados nun mundo sen fronteiras
  • Presentación
  • Fronteiras para a acción exterior, Xulio Ríos
  • Galiza nos mercados comerciais externos, Xan L. Facal
  • Galicia e o dilema de Bruxelas, Celso Cancela
  • A sociedade reborda a atolada política eurorrexional, David Reinero e Iago Martínez
  • O anovamento xeracional na Galicia exterior, María Xosé Porteiro
  • Carencias da información internacional no declive do xornalismo. Alternativas desde a óptica galega, Luís Menéndez
  • O caso do Prestige e a diplomacia de desastres, Alvaro López Mira
  • O Gaiás, unha plataforma para internacionalizar a cultura, Beatriz G. Loroño
  • 25 anos do Programa Erasmus, Anselmo Seoane
  • Galiza na lusofonía sindicalXesús Ramón Boán González
  • Quince anos do Fondo Galego, Daniel González Palau
  • A acción exterior da Igrexa galega, Victorino P. Prieto
  • Autores/as

 

AnexoTamaño
We in the world 2013: Nós no Mundo 2013 (revisado 03/03/2013)1.84 MB

Nós no Mundo 2014

No Mundo a medias
  • Presentación
  • O perfil comercial de Galicia
    Xoán López Facal
  • Fin de ciclo para a empresa galega? O caso Pescanova
    Lara Graña e Santiago Lago Peñas
  • Bancos sen banqueiros
    Enrique Sáez Ponte
  • A Cooperación Transfronteiriza (2014-2020) nun contexto de crise económica
    Roberto Mansilla Blanco
  • Unha Eurorrexión en movemento
    Luis Vilachá
  • A unión das comunidades galegas no exterior. Unha galeguidade para o século XXI
    Antonio Rodríguez Miranda
  • O Presidente Feijóo en Cuba
    Felix Soria
  • Á terceira non vai a vencida: a propósito do III Plan Director da cooperación galega ao desenvolvemento 2014-2017
    Emilio M. Martinez Rivas
  • O libro galego no mundo: imaxinación e vontade
    Xosé Manuel Figueiras
  • A Asociación Mexicana de Oficinas de Asuntos Internacionais dos Estados (AMAIE)
    Manuel Martinez Justo
  • A nova xeira da Unión Europea
    Celso Cancela 
  • Vida paixón e morte do CAEX
    Xulio Ríos 
  • Autores/as
AnexoTamaño
Nós no Mundo 2014 / We in the World 20142.89 MB

Nós no Mundo 2015

Nós no Mundo 2015: Unha acción exterior descapitalizada

Unha acción exterior descapitalizada

  • Presentación
  • A descapitalización da acción exterior galega
    Xulio Ríos
  • A Axenda Exterior de Galicia
    Jesús Gamallo Aller
  • Novidades e perspectivas na Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal. A cuestión da mobilidade transfronteiriza
    Constantino Cordal Rodríguez e Enrique José Varela Álvarez
  • Galiza ante o imperativo do crecemento e a reconfiguración económica internacional
    Xoán López Facal
  • Entre as crises e o novo Plan Director 2014-2017
    Daniel González Palau
  • A diversidade lingüística de Europa e a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
    Valentín García Gómez
  • A Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias. O paradoxo dunha norma invulnerable con reiterada vulneración dos compromisos
    Alba Nogueira
  • O discurso da oposición non calla no exterior
    David Reinero
  • Galicia e a política de cohesión 2014-2020: reorientando o rumbo
    Celso Cancela
  • Presidencia galega da CALRE 2014. Balance e perspectivas
    Pilar Rojo Noguera
  • A presenza galega no Parlamento Europeo tralas eleccións de 2014
    Álvaro X. López Mira
  • Que esperamos de Europa? 
    Francisco Millán Mon, José Blanco López, Ana Miranda
  • Autores/as
     
AnexoTamaño
Nós no Mundo 2015 / We in the World 2015906.05 KB

Nós no Mundo 2016

Nós no Mundo 2016. A ruta da acción exterior de Galicia: ​do ambicioso Libro Branco a un pudoroso decreto

A ruta da acción exterior de G​alicia: 
do ambicioso Libro Branco a un pudoroso decreto

 

  • Presentación
  • O declive da acción exterior de Galicia
    Xulio Ríos 
  • A voz do Parlamento non sae ao exterior
    David Reinero e David Lombao
  • Errare humanum est ou leccións aprendidas tras 25 anos de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal
    Enrique José Varela Álvarez
  • A participación da Comunidade Autónoma de Galicia nas institucións e órganos da Unión Europea no ano 2015
    Constantino Cordal Rodríguez
  • O significado da acción exterior no escenario europeo de 2016
    Celso Cancela Outeda
  • Qué aporta o nivel rexional á boa gobernanza europea. Reivindicando a Europa das Rexións
    Argimiro Rojo Salgado
  • E se a UE non é a túa amiga?
    Antonio-Carlos Pereira Menaut
  • Internacionalización, o reto continúa
    Abel Veiga Copo
  • A perspectiva internacional da economía galega
    Xoán López Facal
  • A Lei Paz Andrade: uma avaliação do seu cumprimento aos dous anos
    Xosé Carlos Morell
  • As relacións Galicia-Cabo Verde 1977-2016: Un exemplo de paradiplomacia no contexto do século XXI
    Daniel González Palau
  • Plan Galego de Cooperación 2016: Un plan de supervivencia
    Emilio Manuel Martínez Rivas
  • Autores
     
AnexoTamaño
Obtén nesta ligazón o PDF do "Nós no Mundo 2016 / We in the World 2016"1011.29 KB

Nós no Mundo 2017

Nós no Mundo 2017. EGAEX Horizonte Post-2020: Que rumbo?

EGAEX Horizonte Post-2020: Que rumbo?

  • Presentación
  • Apuntamentos sobre a EGAEX
    Xulio Ríos
  • A Estratexia Galega de Acción Exterior (Egaex), a debate con PP, En Marea, PSdG-PSOE e BNG
    David Reinero
  • Os concellos galegos na xestión dos Fondos Estruturais europeos
    Constantino Cordal Rodríguez e Mónica López Viso
  • Panorama das accións Jean Monnet e as universidades galegas no período 1989-2016
    Celso Cancela Outeda
  • A cuarta onda nacionalista
    Bernabé González Fernández
  • Galiza sube un chanzo nas relacións con Portugal e a Lusofonía
    Enrique Sáez Ponte
  • Galiza na dinámica dos fluxos internacionais de capital
    Xoán López Facal
  • A nosa Axencia Municipal da Cooperación Galega
    Andrea M. García Corzo
  • Unha ollada á tradución ao galego en 2017
    Fernando Moreiras Corral
  • Os Autores/as

AnexoTamaño
Obtén nesta ligazón o PDF do "Nós no Mundo 2017 / We in the World 2017"2 MB

Nós no Mundo 2018

Nós no Mundo 2018. A paradiplomacia galega e a globalización do local

A paradiplomacia galega e a globalización do local

  • PRESENTACIÓN: A PARADIPLOMACIA GALEGA E A GLOBALIZACIÓN DO LOCAL. EGAEX. A ACCIÓN EXTERIOR INSTITUCIONALIZADA.
    Por Jesús Gamallo Aller, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local.

  • NOTAS PARA UNHA ESTRATEXIA EXTERIOR DA CORUÑA.
    Por Alberto Lema, Concelleiro de Emprego e Economía social do Concello da Coruña.

  • A ACCIÓN EXTERIOR NO CONCELLO DE LUGO.
    Por Lara Méndez López, Alcaldesa do Concello de Lugo.

  • OURENSE LÁNZASE AO MUNDO PARA BRILLAR CON LUZ PROPIA.
    Por Jesús Vázquez, Alcalde do Concello de Ourense.

  • PONTEVEDRA: INTRODUCIÓN, NUDOS E DESENLACES.
    Por Anabel Gulías, Concelleira de Promoción da cidade, turismo e urbanismo do Concello de Pontevedra.

  • A ECONOMÍA GALEGA EN CLAVE INTERNACIONAL NO 2017.
    Por Manuel González López, Grupo de Investigación ICEDE, Departamento de Economía Aplicada. USC

  • HAI DÚAS GALICIAS QUE PRECISAN CONEXIÓN. CENTROS GALEGOS, A PATRIA SIMBÓLICA.
    Por María Xosé Porteiro, xornalista e antiga delegada en Arxentina da Xunta de Galicia.

  • A PARADIPLOMACIA GALEGA NA UNIVERSIDADE? O EXEMPLO DOS CONGRESOS DE ESTUDOS INTERNACIONAIS DE GALICIA.
    Por Álvaro Xosé López Mira, Celso Cancela Outeda e Daniel González Palau, codirectores do 2º Congreso de Estudos Internacionais de Galicia.

  • A CONEXIÓN GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.
    Pola Coordinadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres.


Nós no Mundo (We in the World) é un informe reflexivo de periodicidade anual arredor da acción exterior galega, que presta especial atención ao acontecido no exercicio precedente mais tamén, á vista das inmensas dificultades existentes para establecer fronteiras cronolóxicas a certos niveis, afondar nas proxeccións temáticas máis sobresalientes respecto ao seguinte e vindeiros anos. O Nós No Mundo é unha das nosas publicacións regulares de referencia dende o ano 2010.

O esforzo no acompañamento e seguimento da acción exterior de Galicia, súmase a unha preocupación que está na raíz da propia existencia do IGADI, promover a nosa proxección internacional e afirmarnos coma foro cívico onde as diferentes sensibilidades e demandas neste eido poden atopar un espazo de acomodo desde unha perspectiva tanto crítica como construtiva.

 

AnexoTamaño
Obtén nesta ligazón o PDF do "Nós no mundo 2018: A paradiplomacia galega e a globalización do local"1.3 MB

Nós no Mundo 2019

Nós no Mundo 2019. A lusofonía en Galicia, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX

 

  • Presentación: A lusofonía, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX
  • A Lei Paz Andrade. O valor da categoria internacional
    Por Xosé Carlos Morell
  • A lusofonía na estratexia galega de acción exterior
    Por Jesús Gamallo Aller e Valentín García Gómez
  • O significado da presença do Camões, I.P. na Galiza, num contexto de aumento da atenção da Galiza a Portugal e à lusofonia
    Por Carla Sofia Amado
  • Galicia e Portugal, construíndo Europa
    Por Antonio Fontenla Ramil
  • A CIG na lusofonía
    Por Xesús Ramón González Boán
  • Encontro de mulheres da lusofonia
    Por María Seoane Dovigo
  • Novos camiños para a acción exterior
    Por Emilia García López
  • A eurorrexión (AECT) e a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal: o progama de estadías universitarias “Iacobus”
    Por Xosé Lago García
  • Os vínculos externos da economia galega
    Por Joam Lopes Facal
  • A unión xeográfica internacional desde Galicia
    Por Rubén C. Lois González
  • As BAEX e a Casa da Lusofonía
    Por Daniel González Palau
  • As autorías

No marco de traballo específico e histórico do IGADI, durante o 2018 vivimos o nacemento da vida real da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) coma un hito, tralo paso polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de febreiro tralo visto bo desde o Ministerio de Exteriores do Estado ao documento. 

Un hito que no seu primeiro ano de vida arrastrou todos os problemas estruturais que se detectaran nos últimos anos (véxanse os Informes anuais  do IGADI –Nós No Mundo 2016, 2017 e 2018): falta de integración das distintas dimensións da acción exterior na Xunta de Galicia, falta de plan de acción, falta de socialización entre a sociedade e os axentes máis activos na internacionalización de Galicia.... En calquera caso, a EGAEX é un marco institucional que ofrece unha ampla reflexión estratéxica sobre a importancia da nosa acción exterior, abrindo espazos, reflexións e liñas de traballo posibles. 

Así as cousas a EGAEX vén a confirmar de novo que coma galegas e galegos no mundo temos vantaxes comparativas e intereses estratéxicos á hora de relacionarnos co exterior, no contexto da sociedade global, que debemos aproveitar. Esa é a misión constituínte fundamental do IGADI nos seus vinte oito anos de historia; poñer o perfil global da nosa comunidade ao servizo do seu benestar e desenvolvemento colectivo: a diáspora e a galeguidade, a posición xeopolítica no Atlántico, a lingua, o mundo celta... 

En liña coa nosa misión constituínte seguimos a pensar, agora máis que nunca no contexto inmediato do Xacobeo 2021, que no 2019 a idea integral de construír unha arquitectura exterior digna, realista e ao tempo creativa especialmente no económico e cultural, aproveitando o capital relacional de facto e a identidade galega universal, é unha idea que non debe seguir agardando.

Desde esta nosa natureza constituínte decidimos centrar a nosa atención no -Nós No Mundo 2019 nas relacións de Galicia coa lusofonía, no marco do quinto aniversario da Lei Paz Andrade e neste primeiro aniversario que agora cumpre a EGAEX. Ámbolos dous marcos, pensamos, terán que desenvolver un plan de acción converxente, para que a nosa presenza internacional nese espazo intercontinental teña retornos positivos reais para a nosa sociedade. 

 
AnexoTamaño
PDF do Nós no Mundo 2019: "A lusofonía en Galicia, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX"1.08 MB

Nós no Mundo 2020

Nós no Mundo 2020. A paradiplomacia galega na nova normalidade. Podes descarregar o informe na ligazón ao final desta páxina.

 

  1. Presentación 

  2. Begin the beguine

    María Xosé Porteiro

  3. A acción exterior do Goberno Feijoo e a nova normalidade (2009-2020)

    Daniel González Palau

  4. A economía galega e comercio exterior

    Joám Lopes Facal

  5. Galicia e Axenda 2030: “Think global, Act local”

    Miguel Angel Martínez Pellitero

  6. Galicia-China, un binomio con forza. A acción exterior de Galicia e as relacións con China

    Marola Padín Novas

  7. Galicia e a lusofonía na década dos 20

    Daniel González Palau

  8. Inmigración e comercio tralo Brexit: os interrogantes reabertos pola pandemia global

    Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela (Presentadores do podcast Té con gotas) 

  9. O Brexit e a continuidade de Escocia, Irlanda e Gales no Reino Unido 

     Xoán Antón Pérez Lema

  10. Sen tradución non hai Acción exterior galega

    Silvia Montero Küpper

  11. Documento: Os 28 anos do IGADI e a futura Lei galega 

    de acción exterior e cooperación ao desenvolvemento

  12. Autorías


O informe anual Nós No Mundo cumpre no 2020 a súa undécima edición. Nacido para servir de documento de referencia e seguimento anual das políticas de acción exterior de Galicia, vén a luz neste atípico mes de xuño de 2020, tralo confinamento producido pola crise da Covid19 desde o 14 de marzo e agora, transitando a nova normalidade co ollo virado á convocatoria electoral á Xunta para o 12 de xullo.

Cando a comezos de 2020 pensabamos en organizar o anuario, co horizonte electoral incerto á Presidencia da Xunta de Galicia, centramos a proposta inicial do índice arredor dos debates e avances durante 2019 da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento. Procuramos a participación dos distintos partidos políticos presentes no Parlamento, así coma dos axentes públicos e privados máis importante da presenza internacional de Galicia, na liña destes 11 anos de Nós No Mundo (incorporando achegas plurais en galego arredor das nosas políticas públicas de acción exterior).

Sen embargo, coa convocatoria electoral ao Parlamento galego do 10 de febreiro para o 5 de abril, e a suspensión sine die do proxecto de Lei de acción exterior, (varada na mesa do Parlamento en disolución trala súa aprobación no último Consello da Xunta do 30 de xaneiro) decidimos amplificar o foco do anuario, revisando tamén a escala e o impacto do Brexit en Galicia. Finalmente, o trepidante mes de marzo de 2020 e o inicio do confinamento e normalización da distancia de seguridade fronte á Covid19 no conxunto da sociedade internacional, acabou por obrigarnos a flexibilizarmos aínda máis a proposta da edición deste ano (o Brexit e o impacto en Galicia ocupará de maneira monográfica no próximo número do Tempo Exterior). 

Con estes vimbios, a resolución final da duodécima edición do Nós No Mundo desenvólvese recorrendo varias temáticas fundamentais da nova normalidade da acción exterior de Galicia; a diáspora, a radiografía da nosa economía internacional no momento actual, o marco político e legal que deixa o Goberno Feijoo en acción exterior 2009-2020, a aterraxe no sistema institucional galego da Axenda 2030, as relacións de Galicia con China, a lusofonía e o Reino Unido ou o papel da tradución na nosa acción exterior. 

A pandemia amosou as fendas da globalización mais demostrou a necesidade do tempo exterior e do coñecemento rigoroso e sistemático arredor da acción internacional coma política pública. A singularidade e o valor engadido do noso selo exterior pasa tamén polo status de nacionalidade histórica. Agardamos que máis cedo que tarde este asunto prenda na axenda política e Galicia adique forzas a integrarse de maneira eficaz na sociedade internacional que xa chega, poñendo e actualizando a nosa marca en valor agora que a Covid19 suspendeu as partituras todas, emerxendo tamén con toda a súa forza a globalización do mundo online e a transformación dixital.

Por último agradecer con forza a todas as persoas colaboradoras co anuario a súa colaboración e paciencia para sacar adiante esta 12ª edición do Nós No Mundo. Aspiramos a manter vivo o debate construtivo e non por iso auto compracente sobre a necesidade da paradiplomacia galega, desenvolvida desde as institucións en complicidade coa sociedade.

 
AnexoTamaño
PDF do Nós no Mundo 2020: A paradiplomacia galega na nova normalidade1.09 MB

Nós no Mundo 2021

Nós no Mundo 2021. Novos tempos para a acción exterior de Galicia

 

  1. Presentación: Novos tempos para a acción exterior de Galicia

    1.1. Equipo Informe Nós No Mundo 2020-2021

    1.2. 30 Anos de IGADI

  2. Xacobeo 2021-2022: Oportunidade, reto, responsabilidade e ilusión
    Nava Castro

  3. As consecuencias do Brexit para Galicia
    Serafín Pazos Vidal

  4. A paradiplomacia local galega nos tempos do Brexit: pistas a explorar para unha nova relación coas cidades do Reino Unido
    Tamara Espiñeira

  5. As implicacións do Brexit no Sistema Educativo en Galiza 14
    Diego Sande

  6. Afinal encontramo-nos na União Europeia
    Xosé Carlos Morell

  7. I Informe de cumprimento da Axenda 2030 en Galicia
    Miguel Ángel Martínez Pellitero

  8. Ordenar a acción exterior de Galicia na Década Xacobea?
    Daniel González Palau

  9. A defensa do galego nas institucións internacionais
    Elsa Quintás

  10. Carvalho Calero 2020: o galego, o nosso português, é um elemento multiplicado
    Miguel Penas

  11. Unha lectura feminista a Xeración NÓS
    Encarna Otero


A aprobación da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia o pasado 23 de febreiro deste 2021 no Parlamento e a súa publicación no DOG o 15 de marzo abren un tempo novo para a acción exterior de Galicia. 

A Lei chega despois de décadas de evolución da nosa paradiplomacia, primeiramente desde a Xunta de Galicia e a icónica creación da Fundación Galicia Europa no 1988, a universalización dos Camiños a Santiago e o Xacobeo, a Lei de Cooperación ao Desenvolvemento (2003), o primeiro Libro Branco da Acción Exterior (2004), o desenvolvemento da Eurorexión ou fitos coma a a Lei da Galeguidade no 2013, a Lei Paz Andrade no 2014, ou a aprobación da primeira Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) no 2018. 

A Lei chega tamén despois dunha longa evolución da acción exterior das Cidades, Deputacións e Concellos, que ben por medio da participación en proxectos europeos, irmandamentos, redes de cidades, colaboración coa diáspora, impulso á cooperación ao desenvolvemento, a promoción do turismo ou os esforzos pola captación de investimentos, atesoran xa ducias de experiencias concretas na relación co internacional. 

Máis ala, as Universidades, as empresas e as entidades do tecido sociocultural entraron nas últimas décadas de cheo na globalización, alterando de maneira profunda a natureza do seu día a día, no obxectivo de relacionarse máis e mellor co internacional, coma todos os datos sinalan.

A Lei chega tamén 30 anos despois do nacemento do IGADI, polo que a aprobación da Lei representa para nós un fito particular á hora de pensar a globalización en Galicia e os mecanismos para sermos tan competitivos coma cooperativos na década dos anos 20. Para o IGADI, que desde o seu nacemento impulsou a necesidade de construír políticas públicas de acción exterior con intencionalidade estratéxica para o noso modelo de desenvolvemento, a aparición da Lei debe acompañarse de medidas para ordenar todo o noso capital relacional internacional. 

Nese salto de calidade por construír, a Xunta de Galicia pode e debera de ter un papel protagonista, mais é tarefa de todos os actores da nosa acción exterior apostar por fórmulas cooperativas e mecanismos de coordinación que de feito constrúan esas autopistas de conexión co mundo, en beneficio de todos.

Non é un problema menor para o impulso inicial da Lei o contexto de crise sanitaria produto da Covid-19. Os cambios tectónicos en curso na sociedade internacional, a suspensión radical que a pandemia provocou na globalización durante o 2020 ou a incerteza sobre a evolución da nova normalidade, condicionan a nosa acción exterior e este necesario proceso de ordenación. 

Así as cousas na edición deste ano do informe anual Nós No Mundo, decidimos poñer a atención naquelas cuestións máis inmediatas que deberemos afrontar en relación ao noso posicionamento internacional. Así, o Xacobeo 2021 redefinido en Xacobeo 2021-2022 e a Década Xacobea que acompañará os anos 20, os distintos impactos do Brexit en Galicia, as relacións con Portugal ou a Axenda 2030, acaparan o foco principal do anuario. Ten tamén o Nós No Mundo 2020-2021 espazo para pensar a nosa lingua en Europa e no mundo, así coma un artigo final desde unha lectura feminista do centenario da Xeración NÓS e a súa xenética universalista, trala conmemoración do mesmo celebrado no 2020.

Para despedirnos non temos máis que agradecer a todas as persoas e entidades que colaboraron na elaboración deste anuario a súa boa disposición a participar no mesmo, así coma recoñecer o apoio da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística que desde o ano 2010 apoia o impulso desta publicación. Nós seguiremos a darlle corda ao centro da nosa misión constituínte; promover a participación de Galicia na sociedade internacional.

 

  • DIRECCIÓN: Daniel González Palau (Director do IGADI)
  • EQUIPO COLABORADOR: Nava Castro, Serafín Pazos, Tamara Espiñeira, Diego Sande,
  • Xosé Carlos Morell, Miguel Angel Martínez Pellitero, Elsa Quintás,
  • Miguel Penas e Encarna Otero.
  • DIAGRAMACIÓN E EDICIÓN ELECTRÓNICA: BREO.gal
  • ISSN: 1989-9130
 
AnexoTamaño
PDF do "Nós no Mundo: Novos tempos para a acción exterior de Galicia"1.12 MB